Celestino Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celestino Noya
Nacemento1905
 Barro
Falecementoxaneiro de 1994
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e político
editar datos en Wikidata ]

Celestino Noya Rodríguez, nado en Barro en 1905 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1994,[1] foi un político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Morta!. Lar. 1927.

Estudou o bacharelato en Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia no Colexio León XIII e no instituto de Noia como catedrático de Xeografía, e despois foi catedrático do Instituto de Lugo (1933-1936). Colaborou na prensa, foi correspondente de El Pueblo Gallego en Pontecesures, e en 1927 publicou a noveliña Morta! na colección Lar. Militante do Partido Republicano Gallego, despois pasou a Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Lugo en febreiro de 1936, elixido Presidente da Deputación de Lugo o 31 de marzo de 1936[2], presidiu a Comisión Executiva para a propaganda do Estatuto, e viaxou a Madrid para presentar o Estatuto ás Cortes Españolas. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Cando rematou a guerra civil foi detido sen proceso nun campo de concentración no castelo de Santa Bárbara de Alacant. Depurado como profesor de instituto, pasou a dar clases no Colexio León XIII que dirixía Xesús Garrido Álvarez. Rehabilitado, foi catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Sánchez Cantón e secretario do Instituto. Xubilouse en 1975. Recibiu a Gran Cruz de Afonso X O Sabio.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Morta!, 1927, número 31 da colección Lar.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 19-1-1994, p. 92.
  2. El Pueblo Gallego, 1-4-1936, p. 11.
  3. Iglesias, Xabier (25/1/2013). "Morta!". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
?
 Escudo Diputación de Lugo.svg
Presidente da Deputación de Lugo
 
1936
Sucesor:
?
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Celestino_Noya&oldid=4975294"