Celia Brañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Celia Brañas y Fernández Miranda")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Celia Brañas
Celia Brañas y Fernández Miranda.jpg
Nome completo Celia Brañas y Fernández Miranda
Nacemento 20 de maio de 1880
  A Coruña
Falecemento 12 de xuño de 1948
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación científica
Pai Gonzalo Brañas Sánchez-Boado
Irmáns Gonzalo Brañas Fernández
editar datos en Wikidata ]

Celia Brañas Fernández Miranda, nada na Coruña o 20 de maio de 1880 e finada na mesma cidade o 12 de xuño de 1948,[1] foi unha científica galega.

É considerada unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Consuelo Fernández Miranda e do periodista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas Sánchez-Boado.[2] Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na Escola Normal da Coruña. En 1911 converteuse en profesora titular e foi directora da escola en varias ocasións ata a súa xubilación en 1946.[3]

En 1919 participou como poñente no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña,[2] no que defendeu o tema da importancia que para a rexión galega tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña e os medios prácticos para establecela. Un ano máis tarde logrou que o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña. Este curso foi o precursor da creación en 1932 da estación biolóxica de Marín.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi irmá do tamén científico Gonzalo Brañas Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Celia_Brañas&oldid=4781389"