Celso Currás Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celso Currás Fernández
 Trabada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Celso Currás Fernández, nado en Trabada o 17 de xullo de 1953, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Celso Currás López. É doutor en Ciencias da Educación e diplomado en Psicoloxía e Maxisterio. Foi Director Xeral de Formación e Emprego da Consellería de Familia e deputado do Parlamento de Galicia. O 28 de maio de 1996 o presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne nomeouno Conselleiro de Educación, en substitución de Juan Piñeiro Permuy. Permaneceu nese cargo durante varias lexislaturas até a perda da maioría absoluta do PPdG nas eleccións autonómicas de 2005.

Xestión como conselleiro[editar | editar a fonte]

Impulsou a Oferta Inicial de Ensinanzas postobrigatorias nos Centros de Ensino Público de Galicia, a figura do Centro público integrado, como resposta á dispersión e caída da poboación no espazo rural galego, e as denominadas axudas á escolarización. Apoiou a educación musical mediante proxectos de novos conservatorios e axudas e subvencións aos centros de música. Abriu varios Centros de Formación e Recursos para o profesorado. Puxo en marcha o Sistema de Información da Educación Galega e o Museo Pedagóxico de Galicia. No eido universitario deseñou un Programa de Financiamento e creou a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Así mesmo, estableceu un Plan de promoción e estabilidade do profesorado[1].

No ano 2004 o Presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, encárgalle a sinatura do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, negociado con múltiples sectores e que acadou a unanimidade de todas as forzas parlamentarias.


Predecesor:
Xoán Piñeiro Permuy
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
 
1996-2005
Sucesor:
Laura Sánchez Piñón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia 2003, Xunta de Galicia, pp. 218 a 250 ISBN 84-453-3459-X
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Celso_Currás_Fernández&oldid=4973701"