Cemiterio de Pereiró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°12′31.64″N 8°44′0.72″O / 42.2087889, -8.7335333

A Cruz Vermella de Vigo aos soldados repatriados de Cuba e Filipinas, 1898. A Vigo chegaron 153 deles mortos.

O cemiterio de Pereiró, de titularidade municipal, é un camposanto do lugar de Pereiró, na parroquia viguesa de Matamá, deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez, inaugurado en marzo de 1898, sendo alcalde Antonio López de Neira e bispo Valeriano Menéndez Conde y Álvarez, que recibiron as chaves do recinto.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do cemiterio vai parella á prosperidade de finais do século XIX da cidade de Vigo. A poboación aumentou, e os defuntos tamén. Ó quedar insuficientes os dous cemiterios que había daquela (Picacho e Santiago), a Corporación Municipal deu inicio a un cemiterio novo e máis hixiénico no ano 1889. Optouse polo lugar de Pereiró. Gastando 38.604 pesetas nas expropiacións de 121 terreos e 100.000 na construción, fíxose un camposanto de 62.500 m², rodeado dum muro de pedra de tres metros e medio de altura, con dous grandes paseos centrais e oito corredores, dividido en 16 cadrados para panteóns, sepulturas ordinarias, foxa común e cemiterio civil, con arboredo separándoos.[1]José Elduayen foi o seu principal impulsor e quen financiou a capela, adicada á Virxe das Dores, onde están inhumados o propio Elduayen, que finou no mesmo ano da inauguración, e a súa familia.

Fusilamentos de 1936[editar | editar a fonte]

Tumba ós asasinados durante a Guerra Civil.

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 27 de agosto, foron fusilados no cemiterio o alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o alcalde do Concello de Lavadores, José Antela, Ramón González Brunet, Ubaldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez, Apolinar Torres e os deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía.[2][3]

Persoeiros inhumados [1][editar | editar a fonte]

Arte funeraria[editar | editar a fonte]

No cemiterio hai varias obras do escultor Francisco Asorey González.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Familias Glez. de Haz e Quiroga. 
Familia de Tomás Mirambell Maristany. 
Familia de Marcelino Barreras Casellas. 
Familia de Francisco Solleiro. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Otero Rodríguez, Isaac Ángel (11/11/2013). "Historia y arte funerario del Cementerio de Pereiró de Vigo". 
  2. «"Lo más selecto" de Vigo en 1936», El País, 28 de agosto de 2008.
  3. Sentenza, páx. 99-100 en Claridade. Revista da Fundación Luís Tilve. Setembro de 2007
  4. Foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 a Pereiró: Vida Gallega, Ano IV Número 38 - 1912 abril
  5. Os restos foron trasladados do Pereiro de Aguiar a Pereiró o 9 de agosto de 1932.
  6. 6,06,1 Galicia, Traslado de restos, ABC, 7 de novembro de 1924 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blanco, Lino (18/3/2018). "Pereiró, un cementerio com mucha historia". Faro de Vigo (en español). p. 12. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cemiterio_de_Pereiró&oldid=4695035"