Centro Galego de Arte Contemporánea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CGAC
Siza Konpostelan.JPG
Coordenadas42°52′58″N 8°32′22″O / 42.882662, -8.53944
PaísGalicia, España
CidadeSantiago de Compostela
TipoArte contemporánea
DirectorSantiago Olmo García
Inauguración1993
Sitio Webcgac.org
Jürgen Partenheimer, Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, Santiago de Compostela, 1999.

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC é un centro con sede en Santiago que ten como fin fomentar a cultura en Galiza mediante a exhibición, deleite e coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea.

A institución[editar | editar a fonte]

O CGAC creouse ao amparo competencial do artigo 27.19º do Estatuto de Autonomía para Galiza e mediante o Decreto 308/1989. Foi inaugurado no ano 1993, cunha exposición antolóxica de Maruxa Mallo, e conta con programación estable dende 1995.

Ten como obxectivos e funcións principais os seguintes:

  1. Promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea.
  2. Garantir a protección, conservación e restauración das obras artísticas que o integran.
  3. Exhibir coleccións para a súa contemplación e estudo.
  4. Desenvolver programas de exposicións temporais de arte contemporánea.
  5. Fomentar o acceso ás coleccións dos visitantes.
  6. Configurar un fondo bibliográfico e documental.
  7. Desenvolver as actividades didácticas respecto ós seus contidos.
  8. Estudo e ditames técnicos que lles sexan requiridos.
  9. Formación e perfeccionamento de persoal especializado en arte contemporánea.
  10. Desenvolve-los programas de investigación e elaborar e publicar catálogos e monografías.
  11. Establecer relacións de cooperación e colaboración con outras institucións.
  12. Desenvolver accións conxuntas con outras entidades.

A súa colección de arte contemporánea está composta polos fondos da Xunta de Galiza, polos fondos que adquiriu o propio centro, e os procedentes de depósitos ou doazóns. Destaca a súa inclusión de obras de artistas galegos en continuo diálogo coa creación artística do resto do estado e a do ámbito internacional.

Na actualidade a súa regulamentación está dirixida polo seguintes órganos reitores:

  1. O padroado.
  2. A dirección do Centro.
  3. A xerencia.

A Dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea foi exercida dende a súa fundación polas seguintes persoas:

Pertence na actualidade á estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. O seu horario de apertura é de martes a domingo de 11 horas a 20 horas. O enderezo Rúa Valle Inclán, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono de contacto: 981 54 66 29. O prezo de entrada é gratuíto.

O edificio[editar | editar a fonte]

Atópase no límite da cidade monumental de Santiago de Compostela, nun espazo no que comparte veciñanza do convento de San Domingos de Bonaval, onde se atopa o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego. Tamén a recuperación do parque de San Domingos no espazo contiguo ó Centro Galego de Arte Contemporánea, respecta a distribución da antiga horta do convento, coa sucesión de socalcos, solución galaica ó aproveitamento do desnivel do terreo para a utilización agrícola.

Deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira (Matosinhos, 1933), veu resolver a posta en valor dunha parte de Santiago de Compostela.

Conta con varias salas de exposicións permanentes e temporais, obradoiros, auditorio, biblioteca, cafetaría como de uso público, e a zona de despachos de uso dos servizos administrativos do Centro.

Salientar a sala denominada "dobre espazo", entre a planta baixa e a planta de exposición permanente, o seu vestíbulo de recepción e distribución, a terraza etcétera.

Os materiais empregados na construción respectan os propios e definitorios da cidade de Santiago de Compostela, pedra e cristal nas fachadas, e no interior mármore e madeira.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Centro_Galego_de_Arte_Contemporánea&oldid=4836494"