Centro de Visitantes Cambón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia - Edificio Cambón
Centro de Visitantes Cambón, Vigo.jpg
Edificio Cambón.
Coordenadas 42°14′21.3″N 8°43′32″O / 42.239250, -8.72556
País Galicia
Cidade Vigo
Administrador Consellería de Medio Ambiente
Director José Antonio Fernández Bouzas [1]
Inauguración 26/12/2012 [2]
Superficie 1.500
Visitantes 150.000/ano (previsión)
Sitio Web ParqueNacionalIllasAtlanticas.com

O Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un centro de interpretación aberto en decembro de 2012 na cidade de Vigo, de titularidade autonómica.[3] A temática é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada), o único Parque Nacional en Galicia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Situase no Edificio Cambón (trala Colexiata de Santa María), na rúa Palma do casco vello. Dotado de área expositiva, auditorio, aulas, e zonas de oficinas, fixéronse nel obras de rehabilitación por un importe superior aos catro millóns de euros, achegados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.[4]

O espazo inclúe pinturas, esculturas, fotografías, vídeos, sons e relevos. Entre o equipamento destacan catro teletransportadores, un por arquipélago, que son cabinas nas que sobe o usuario e experimenta efectos visuais e interactivos.

A entrada é gratuíta.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

 
 
Paneis. 
Teletransportadores. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Centro_de_Visitantes_Cambón&oldid=4891364"