Cesáreo Sánchez Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cesáreo Sánchez Iglesias
Cesareosancheziglesias2011.png
Cesáreo Sánchez no 2011.
Nacemento26 de xaneiro de 1951
 O Irixo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosPoesía
EstudosArquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas
editar datos en Wikidata ]

Cesáreo Sánchez Iglesias, nado en Dadín (O Irixo) o 26 de xaneiro de 1951,[1] é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid[2] e foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lóstrego, que presidiu. Foi cofundador da Agrupación Cultural Avantar, do Carballiño e presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña. Foi tamén fundador e director editorial de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. Así mesmo participou na fundación do Sindicato Galego de Funcionarios da Administración Pública.

Desde 2005 foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega[3] e traballou como director do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia na Coruña.[4]

É autor dunha ampla obra poética, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. A súa poesía caracterízase por unha elaboración en chave simbolista e evocativa, realizada en versos breves.

Obra[editar | editar a fonte]

Pontevedra, 14/05/2018. Falando sobre María Victoria Moreno

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
  • III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • Desde 1936. Homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
  • Historia da literatura galega. 5 volumes, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Codirector do proxecto xunto a Alberte Ansede.
  • Polo Reino de Galiza, 1998, A Nosa Terra. Coeditor xunto a Xosé Henrique Acuña.
  • Antón Avilés de Taramancos, 2002, A Nosa Terra. Coeditor xunto a Xosé Henrique Acuña.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
  • Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Editorial Trifolium.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • Queixas, M.; Sánchez, C. (eds.). Renacer á descuberta das palabras. De Nós. Monografías con perspectiva galega. Sermos Galiza. ISBN 978-84-09-01583-2. 

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cesáreo Sánchez". www.aelg.gal. 2002. Consultado o 20-5-2019. 
  2. "Cesáreo Sánchez Iglesias". bvg.udc.es. 2002. Consultado o 20-5-2019. 
  3. "Cesáreo Sánchez Iglesias. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 20-5-2019. 
  4. "Cesáreo Sánchez Iglesias.Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 20-5-2019. 
  5. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  6. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 20-5-2019. 
  7. "«Caderno do Nilo», a presentación de Antía Otero. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 20-5-2019. 
  8. "Kalandraka Editora presenta "Tempo Transfigurado", de Cesáreo Sánchez Iglesias, en Vigo". Asociación Galega de EDITORAS. 2018-01-16. Consultado o 20-5-2019. 
  9. Nicolás, Ramón (2018-12-28). "A poesía de Cesáreo ten olor a napalm". La Voz de Galicia. Consultado o 2018-12-28. 
  10. Nicolás, Ramón (29-12-2018). "As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias". Caderno da crítica. Consultado o 20-05-2019. 
  11. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 20-5-2019. 
  12. "Kalandraka: Detalle". www.kalandraka.com. Consultado o 2019-05-20. 
  13. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-20. 
  14. "Uece entrega Medalha Alberto Nepomuceno ao poeta galego Cesário Sánchez Iglesias". UNIVERSIDADE ESTADUAL DO CEARÁ (en portugués). 2019-05-17. Consultado o 2019-05-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cesáreo_Sánchez_Iglesias&oldid=5153236"