Cesáreo de Monserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cesáreo de Monserrat
Falecemento981
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Cesáreo de Monserrat, finado no ano 981, foi un eclesiástico catalán, fundador e primeiro abade do mosteiro de Santa Cecilia de Monserrat (944 - 981).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe mozárabe, buscou refuxio en Cataluña á cabeza dun grupo de monxes, protexido pola condesa Riquilda de Barcelona, concedeulle terreo para fundar un mosteiro, dependente eclesiasticamente do bispo de Narbona. Cesáreo, enfrontado ao bispo, tentou restaurar a sé eclesiástica de Tarragona e peregrinou no ano 959 a Santiago de Compostela, para buscar a axuda do bispo de Santiago. No ano 966 os bispos galegos e leoneses recoñeceron a Cesáreo como metropolitano de Tarragona, pero a decisión contou coa oposición dos bispos cataláns e do de Narbona, aínda así Cesáreo utilizou o título de arcebispo de Tarragona.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cesáreo_de_Monserrat&oldid=4958101"