Chaparela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Chaparela
Diplodus vulgaris
Diplodus vulgaris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Sparidae
Xénero: Diplodus
Especie: D. vulgaris
Nome binomial
'Diplodus vulgaris'
(Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)

A chaparela (Diplodus vulgaris) é un peixe teleósteo, da familia dos espáridos que pode chegar a medir ata 45 cm e pódeselle identificar por ter un corpo ovalado, moi aplanado polos costados, coa cabeza un pouco en punta, acabada nunha boca grande. Ten unha cor prateada cunha franxa negra detrás da cabeza e outra na base da cola. A cada lado aparecen unhas bandas lonxitudinales, finas e de cor dourada, que van seguindo as fileiras de escamas, das que hai quince ou dezaseis. Sobre os ollos atópase unha mancha avermellada.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Adoitan vivir preto da costa, desde menos dun metro de profundidade ata máis de cincuenta, entre rochas e nos areais do fondo.

Adoitan ser peixes sociables e viven en grandes grupos, máis ou menos numerosos segundo a especie, aínda que os podemos atopar sos ou ben integrados en grupos doutros tipos de peixes. No Mediterráneo atopamos cinco especies do xénero Diplodus.

Esta especie é coñecida en Cataluña como "variada", "vidriada" ou "verada", mentres que en castelán coñéceselle como "mojarra" ou "saifía". En toda a costa Norte de España e Portugal coñéceselle como "mucharra".

Esta especie é herbívora. Aliméntase das algas que atopa á súa ao redor. Reprodúcese de setembro a novembro e, ao longo da súa vida, presenta os dous sexos, primeiro macho e despues femia, como todos os membros da familia Sparidae. Péscase comercialmente posto que a súa carne é de boa calidade.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

As formas de cociñar este peixe son moi similares ás do sargo.

Outros nomes comúns[editar | editar a fonte]

  • Cantabria: mojarra
  • Cataluña (Levante): vidriada, verada, variada
  • País Vasco: : muxarra, mujarra, muxar arrunta, muxkarra
  • Reino Unido: Two banded seabream

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Chaparela&oldid=4756772"