Charles de Gaulle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Charles de Gaulle
De Gaulle-OWI.jpg
Charles André Joseph Marie de Gaulle
Presidente do Goberno Provisional da República Francesa
Período3 de xullo de 1944
20 de xaneiro de 1946
SucesorFélix Gouin
Ministro de Defensa da República Francesa
Período1 de xuño de 1958
8 de xaneiro de 1959
SucesorPierre Guillaumat
Primeiro Ministro da República Francesa
Período1 de xuño de 1958
8 de xaneiro de 1959
SucesorMichel Debré
Presidente da República Francesa
Período8 de xaneiro de 1959
28 de abril de 1969
SucesorGeorges Pompidou
Datos persoais
Nacemento22 de novembro de 1890
LugarLille
Falecemento9 de novembro de 1970
(79 anos)
LugarColombey
OrganizaciónUnión de Demócratas pola República
CónxuxeYvonne de Gaulle
ProfesiónPolítico e militar
RelixiónCatólico
Charles de Gaulle Signature 2.svg

Charles André Joseph Marie de Gaulle, máis coñecido como Xeneral de Gaulle, nado o 22 de novembro de 1890 en Lille e finado o 9 de novembro de 1970 en Colombey-les-Deux-Églises, foi un militar, resistente e home de estado francés.

Foi o líder do goberno da Francia Libre, líder do Comité de Liberación Nacional francesa durante a segunda guerra mundial, presidente do Goberno Provisional da República Francesa de 1944 ata 1946. presidente do Consello Francés de Ministros de 1958 a 1959, instigador da Quinta República Francesa fundada en 1958, 18º presidente da República Francesa desde o 8 de xaneiro de 1959 o 28 de abril de 1969 é foi o primeiro en ocupar o máis alto cargo baixo a Quinta República.[1]

A súa política ideolóxica, conservadora, é coñecida como gaullismo, tendo aínda moita influencia na vida política francesa. En Francia, e coñecido como Général de Gaulle ou simplemente Le Général, o polos seus detractores como "Grande Zora".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

Combatiu na primeira guerra mundial, sendo ferido no seu primeiro combate, Dinant, o 15 de agosto de 1914 reincorporase ao 33º Rexemento de Infantería da fronte de Champagne, dirixindo a 7ª compañía. O 10 de marzo do ano seguinte é ferido de novo na Batalla do Somme.

O 2 de marzo de 1916 e capturado xunto aos restos da súa compañía preto de Verdún, tras un intento de fuga é trasladado ao Forte de Ingolstadt, en Baviera, de onde tenta fugarse varias veces e onde traba amizade con Mijaíl Tujachevsky, o que sería un dos xenerais soviéticos máis importantes.

Finalmente é liberado despois do armisticio que puxo fin á contenda.

En 1921 casou con Yvonne Vendroux, e tivo tres fillos: Philippe (París, 1921), Elizabeth (París, 1924 - 2013) e Anne (1928 - 1948).

Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

Antes da segunda guerra mundial, era coñecido como un gran táctico de batallas de tanques e defensor do uso concentrado das forzas blindadas e da aviación.

No período de entreguerras mostrouse moi crítico ca política militar francesa, que se basaba nas fortificacións como a Liña Maginot e desprezaba os corpos motorizados, coma tanques, aviación... Estas discrepancias materializounas en 1935 no libro L'armée de metier, o que lle granxeou moitos detractores.

Co comezo da segunda guerra mundial e a invasión de Francia en 1940, parte das súas predicións cumpríronse ao demostrarse a inutilidade da Liña Maginot. De Gaulle era partidario de que o Goberno abandonase Francia e se refuxiase na colonia de Alxeria, porén ao caer o goberno e establecerse o goberno títere do mariscal Philippe Pétain abandona o país o 16 de xuño de 1940 con destino a Reino Unido. Dende alí asumiu a dirección da Francia Combatente ata o fin da segunda guerra mundial.

Durante os anos da contenda escribiu o libro L'Appel, onde destaca o labor que na súa opinión realizaron as forzas da Francia Libre durante a contenda en contraste co espírito derrotista e entreguista do goberno francés, o que lle permitiría a Francia ocupar un lugar de honra entre os vencedores.

O referencialidade militar da Francia Liberada fixo que fora chamado a presidir o Goberno Provisional da República Francesa ata 1946.

Inestabilidade e V República[editar | editar a fonte]

Charles de Gaulle co Chanceler Alemán Konrad Adenauer.

Unha vez restablecido o goberno francés este atopouse cunha situación inestábel, por unha parte as miserias produto da guerra mundial e a reconstrución necesaria, e por outro o movemento independentista alxerino de Ahmed Ben Bella e a formación dun grupo de ultradereita pro-Colonos chamada Organisation de l'Armée Secrète (OAS), o que desembocou en constantes tensións e conflitos. Chegouse así ata o golpe de Estado contra o último Primeiro Ministro da IV República, Pierre Pflimlin, De Gaulle asumiu entón o cargo (1 de xuño de 1958) e logrou da Asemblea Xeral plenos poderes e a creación da V República, aprobada en referendo.

Ao ano seguinte realizaríanse eleccións, acadando De Gaulle o 78% dos votos por encima do comunista Georges Marrane (13%) e o independente André Châtelet (9%). Con este impulso creou un movemento político entorno a súa figura, Unión pola Nova República, nacendo así a ideoloxía conservadora Gaullismo.

Durante o seu mandato finalmente Alxeria acada a independencia en 1962 tras unha longa guerra de guerrillas. Outro fito importante foi a sinatura do Tratado do Elíseo o 22 de xaneiro de 1963 entre De Gaulle e o Chanceler da Alemaña Federal, Konrad Adenauer, o que simbolizaba a reconciliación franco-xermana.

O seu mandato desgastara moito a súa popularidade chegando en mínimos ás eleccións presidenciais de 1965, nestas non conseguiu gañar na primeira volta á Federación de Esquerdas de François Mitterrand, porén gañaría na segunda cun axustado 54 a 46% dos votos.

Ao final da súa segunda lexislatura a conflitividade social desembocou no chamado Maio do 68, unha revolta estudantil e obreira que forza a caída do Primeiro Ministro, Georges Pompidou. Para gañar lexitimidade convoca un referendo, que perde, tras o cal dimite e retirase da política.


Predecesor:
René Coty
 Armoiries république française.svg
Presidente da República Francesa
 
1959 - 1969
Sucesor:
Georges Pompidou
Predecesor:
René Coty
 Coat of arms of Andorra.svg
Copríncipe de Andorra
(Con Ramon Iglesias i Navarri)
 
1959 - 1969
Sucesor:
Georges Pompidou

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Assemblée Nationale Française, ed. (2008). "Histoire de l'Assemblée nationale". Historie (en francés). Consultado o 30 de decembro do 2015. 
  2. Malnom originalment utilitzat pels colons francesos a Algèria [1]Le Nouvel Observateur 09-02-1976, secció "Tableaux de chasse"; Vialatte Alexandre, Sigoda Pascal "Alexandre Vialatte L'Age d'Homme". (31 de juliol de 1997). Col·lecció: Les Dossiers h. p.150. ISBN 2-8251-2453-2 ISBN 978-2-8251-2453-6 google books

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Biografía na páxina da Fundación Charles de Gaulle (en francés)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Charles_de_Gaulle&oldid=4848532"