Chuvia de meteoros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chuvia de meteoros

A chuvia de meteoros, popularmente coñecida como "chuvia de estrelas", é un fenómeno astronómico que se produce cando a Terra atravesa os restos da cola dun cometa (estes restos, mentres se atopan no espazo exterior, chámanse meteoroides), o que permite que durante uns días podanse ver entrando na atmosfera un gran número de meteoros, que parecen irradiar todos dun punto chamado radiante.

Tipos e características[editar | editar a fonte]

Calquera meteoro capaz de provocar sombras ten magnitude superior a -4 (refulxir de Venus),e denomínase bólido. Estes bólidos poden sobrevivir a entrada na atmosfera, estoupar (coma en Tunguska), ou chegar ao chan (meteorito).

Calquera noite despexada e con boa visibilidade pódense atopar meteoros no ceo, para diferencialos e importante determinar o radiante, esperar se aparece algún outro na mesma zona, e despois acudir as listas de chuvias de meteoros para saber se estaba identificada. De tal xeito que se non se repite a observación nesa noite e nas sucesivas tan só sería un meteoro illado.

Algunhas estelas de cometas pódense atopar divididas en grandes fragmentos debido ao paso do cometa polo influxo gravitacional de Xúpiter e Saturno, podéndose ver espectaculares chuvias coma as dos restos do cometa Biela do 27 de novembro de 1877.

Principais chuvias de meteoros[editar | editar a fonte]

Estas son as chuvias anuais máis notables, segundo a constelación situada na posición de entrada dos meteoros (radiante):

  • Quadántridas (xaneiro), con radiante na antiga constelación Quadrans Muralis, hoxe parte de Boötes, considéranse restos da estela do planeta anano 2003 EH1 e os cometas C/1490 Y1 e C/1385 U1.
  • Líridas (abril), con radiante en Vega, constelación de Lyra, considéranse restos da estela do cometa Tatcher.
  • Perseidas (agosto), con radiante en Perseo, tamén chamadas bágoas de San Lourenzo (eran obxecto de culto dende a antigüidade), considéranse restos da estela do cometa Swift-Tuttle.
  • Oriónidas (outubro), con radiante na constelación de Orión, considéranse restos da estela do Cometa Halley.
  • Leónidas (novembro), con radiante en Leo, considéranse restos da estela do cometa Temple-Tuttle .
  • Xemínidas (decembro), con radiante en Xémini, considéranse restos da estela do planeta anano 3200 Phaetom.

Parámetros que caracterizan unha chuvia de meteoros[editar | editar a fonte]

  • Radiante: é o punto do ceo do cal parecen saír os meteoros dunha chuvia. Mídese mediante as coordenadas Alfa e Delta. Alfa é a ascensión recta e Delta é a declinación.
  • Taxa Horaria Zenital (THZ): é o número máximo de meteoros por hora observables en condicións ideais (un ceo perfectamente claro co radiante da chuvia xusto sobre a cabeza).
  • Índice poboacional: relación da distribución de magnitudes (brillo) dunha chuvia de meteoros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Chuvia_de_meteoros&oldid=4119104"