Cibarcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Localización aproximada da pobo dos Cibarcos na provincia romana da Gallaecia.

Os cibarcos ou cabarcos (latín: cibarci ou cabarci) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado por Plinio (Nat. Hist., 4, 20, 111) no Convento xurídico lucense e que cita, en orde, despois dos albións e antes dos egovarros.

Redución xeográfica[editar | editar a fonte]

Asígnaselles territorio costeiro, en torno ao actual Ribadeo, de xeito que o río Eo os separaría dos albións, mentres máis a Occidente se localizarían os egovarros. A identificación, xa desde Vicetto, na súa Historia de Galicia, apóiase na continuidade do seu nome nas dúas freguesías denominadas Cabarcos, sitas no concello de Barreiros. Identificación que logo manterían Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas e outros. Aínda con interrogantes é mantida polo francés A. Tranoy.

Porén, Santos Yanguas sitúa os cibarcos no centro costeiro que vai entre o río Navia e o Eo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schulten, Adolf, Los cántabros y astures y su guerra con Roma. Madrid. Espasa Calpe. 1945
  • Cuevillas, Florentino L., Prehistoria, t. III, in Otero Pedrayo, Ramón, Historia de Galiza, reimpresión. Madrid. Edit. Akal. 1980
  • Tranoy, A., La Galice Romaine: Recherches sur le Nord-Ouest da la Péninsule Ibérique dans l'Antiquité. Paris. Diffusion de Boccard. 1981.
  • Santos Yanguas, Narciso, La romanización de Asturias. Madrid. Edic. Istmo. 1992
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cibarcos&oldid=3834348"