Cilenos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os cilenos (latín: cileni) foron un pobo galaico que ocupaba o territorio que media entre os ríos Ulla e Lérez, no territorio costeiro norte da actual provincia de Pontevedra. Tolomeo, Hidacio e Plinio o Vello consideraron que o núcleo ou capital deste territorio era “Aquae Celenae” ("pobo das augas cilenas"), lugar que hoxe podería corresponderse coa vila actual de Caldas de Reis. Pertencían ó convento xurídico lucense.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cilenos&oldid=4344287"