Cirilo Vladimirovich de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Cirilo Vladimirovich Romanov
Gran Duque de Rusia
Великий князь Кирилл Владимирович.jpg
Cirilo Vladimirovich Romanov

Outros títulos Emperador titular de Todas as Rusias
Nacemento 12 de outubro de 1876
Tsarskoe Selo, San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento 12 de outubro de 1938
París, Flag of France.svgFrancia
Predecesor Miguel Aleksandrovich
Sucesor Vladimir Kirilovich
Proxenitores Vladimir Aleksandrovich de Rusia
María Pavlovna

Cirilo Vladímirovich de Rusia (en ruso Кири́лл Влади́мирович Рома́нов), nado en Tsarskoe Selo o 12 de outubro de 1876 e finado en París o 12 de outubro de 1938, foi un Gran Duque de Rusia, fillo do Gran Duque Vladimir Aleksandrovich de Rusia e da Gran Duquesa María de Mecklemburgo-Schwerin, nada Duquesa de Mecklemburgo-Schwerin.

As súas diferenzas co tsar[editar | editar a fonte]

As súas diferenzas co tsar duraron de 1905 a 1909, pola opinión desfavorable que este último, como xefe da Casa Imperial, tiña sobre a súa intención de esposarse con Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha, divorciada dun irmán da tsarina, Ernesto Luís de Hesse-Darmstadt.

Revolución e Guerra Civil[editar | editar a fonte]

Durante a Revolución de febreiro de 1917, que destronou ao Tsar, Cirilo Vladimirovich simpatizaba, a pesar do seu xuramento de fidelidade ao emperador, coas faccións revolucionarias, chegando a enarborar a bandeira vermella na súa casa e portando, segundo parece, a camisa vermella baixo a casaca militar. Encabezou a expedición que toma a Duma Imperial para impedir que esta fose disolta polo Tsar. Segundo os seus defensores, tomou parte en iniciativas para defender o trono.

O 8 de marzo de 1917, cando o goberno ordenou a detención do ex-tsar Nicolao II de Rusia e a súa familia, Cirilo Vladimirovich dimitiu dos seus cargos en sinal de protesta. Pouco antes viaxara ilegalmente a Finlandia, que seguía formando parte do Imperio Ruso, e onde naceu o seu fillo Vladimir Kirilovich.

Durante a guerra civil rusa (1917-1923), Cirilo Vladimirovich buscou a restauración da monarquía na súa persoa. Celebrou reunións con militares alemáns pero terminou por recoñecer o fracaso dos Brancos e emigrou a Suíza.

Exilio e autoproclamación como Emperador[editar | editar a fonte]

Trala confirmación da morte da familia imperial e da do irmán do tsar Miguel Aleksandrovich, o Gran Duque Cirilo Vladimirovich converteuse no home agnado da dinastía. A desaparición abriu numerosas dificultades para resolver a sucesión ao trono de Rusia. Ante o recoñecemento das potencias á República Soviética, proclamouse Tsar de Rusia co nome de Cirilo I. A decisión foi reprobada polos demais membros da familia, en razón da súa participación nos acontecementos revolucionarios de febreiro de 1917.

No exilio esforzouse por axudar aos rusos tamén exiliados e en difíciles situacións de supervivencia. En reiteradas ocasións condenou o réxime soviético e as súas exaccións sobre o pobo ruso.

Cirilo Vladimirovich finou o 12 de outubro de 1938 nunha clínica de París. Nun primeiro tempo foi enterrado na capela ancestral da familia da súa esposa en Coburgo (Alemaña). O 7 de marzo de 1995 foi enterrado solemnemente xunto á súa esposa na Fortaleza de San Pedro e San Paulo en San Petersburgo.

A sucesión á xefatura da Familia Imperial[editar | editar a fonte]

Unha soa cousa é segura, Cirilo era o home agnado da dinastía trala morte de Nicolao II, do tsarévich Alexei e de Miguel Aleksandrovich, que reinou só por un día. Neste punto, os dereitos poden ser discutidos por diferentes príncipes, pero o home maior da súa dinastía era el. Desde o momento en que Cirilo Vladimirovich converteuse en herdeiro maior dos Romanov, os seus dereitos foron contestados por outros dos seus curmáns, primeiro por razóns políticas (a súa participación na Revolución de febreiro), logo polo feito de que os seus dereitos recaerían hoxe en día nunha muller, María Vladimirovna Romanova ou pola suposta invalidez do seu matrimonio. 

A maioría das ligas monárquicas rusas recoñecen os dereitos da descendencia de Cirilo Vladimirovich por riba dos recoñecidos pola Asociación da Familia Romanov, a cal ve na persoa de Demetrio Romanovich Romanov o xefe natural da dinastía a pesar de non ser o home agnado.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio coa princesa Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha naceron tres fillos:

Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

  • St.AndrewOrder.png Cabaleiro da Orde de San Andrés (Imperio Ruso).
  • Seraphimerorden ribbon.svg Cabaleiro da Orde dos Serafines (Reino de Suecia, 18/07/1912).
  • Orderelefant ribbon.png Cabaleiro da Orde do Elefante (Reino de Dinamarca, 18/10/1928).[1]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jørgen Pedersen: Riddere af Elefantordenen 1559–2009, Odense: Syddansk Universitetsforlag, 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nicolas II de Russie de Henri Troyat en francés.
  • Extracto das Mémoires d'exil de Frédéric Mitterrand. Editorial Robert Laffont, París 1997. En francés.
  • Chaque matin est une grâce de Léonida Romanov. Editorial JC Lattès, París 2000. En francés.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cirilo_Vladimirovich_de_Rusia&oldid=4276756"