Clangor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Clangor foi unha discoteca de Santiago de Compostela. Estaba situada no lugar da Ponte da Rocha, ao suroeste da cidade e bastante afastada do centro urbano.

Historia[editar | editar a fonte]

A discoteca foi aberta na década de 1980 e foi dirixida por Fernando Pereira e o seu irmán. Ademais da súa función como sala de festas e de baile, tamén organizaba concertos, como os de Godfathers, Ten Years After ou Loquillo y los trogloditas[1].

O 11 de outubro de 1990 o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive cometeu un atentado con bomba contra a discoteca. Os terroristas alegaban que a sala era un centro de narcotráfico[2]. No atentado morreron tres persoas: unha estudante, Mercedes Domínguez Rodríguez, que estaba na discoteca e os dous terroristas, Xosé Ignacio Villar Regueiro e Dolores Castro Lama. Resultaron feridas 49 persoas[3], algunhas delas de gravidade. Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada[4], pero a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.

Cultura[editar | editar a fonte]

Existe un guión cinematográfico sobre a historia que aínda non se formalizou en película[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Discoteca Clangor, proyecto de película". La Ganzúa (en castelán). 6 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2008. "
  2. "La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990
  3. "Tres muertos y 49 heridos en una ofensiva del terrorismo gallego dirigida contra los 'narcos'", El País 12 de outubro de 1990
  4. "La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe Arquivado 09/10/2010, en Wayback Machine.", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000
  5. Clangor Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Axencia Audiovisual Galega
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Clangor&oldid=4974707"