Claudio Movilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Claudio Movilla Álvarez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Claudio Movilla
Nacemento1931
 Castro Caldelas
Falecemento28 de agosto de 1998 e 1998
 Santander
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]
A Movilla en Castro Caldelas.

Claudio Movilla Álvarez, nado en Castro Caldelas o 3 de abril en 1931 e falecido en Santander o 28 de agosto de 1998, foi un xuíz galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na carreira fiscal en 1960 e foi destinado a Santander (1962). Expedientado polas súas ideas políticas en 1966, propuxéronlle o traslado a Pamplona e el rexeitouno e exerceu durante uns anos como avogado en Santander, ata que posteriormente accedeu ao cargo da xuíz en 1972. O seu primeiro destino como xuíz foi na sala do contencioso-administrativo da Audiencia da Coruña. En 1984 ditou a primeira sentenza en galego da época moderna.

A Leirós, Movilla e Huerga en Redondela.

De En 1986 foi elixido presidente da audiencia coruñesa, e en 1987 foi trasladado á presidencia da audiencia de Sevilla, polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o que provocou as críticas dos sectores máis conservadores da maxistratura.[1] En 1989 foi nomeado presidente do Tribunal Superior de Justicia de Cantabria, posto que exerceu durante case unha década, e onde se ocupou do xuízo ao presidente desa comunidade Juan Hormaechea. En 1997 foi nomeado maxistrado do Tribunal Supremo.

Militante de Justicia Democrática, unha organización clandestina dos tempos da ditadura, foi presidente do Ateneo da Coruña a partir de 1980. Tamén foi membro de Jueces para la Democracia. Tamén colaboraba coa Voz de Galicia como xornalista de opinión.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado por dúas veces, e tivo catro fillos.[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Claudio_Movilla&oldid=4973038"