Clavícula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clavícula
Pectoral girdle front diagram pt.svg
Sinalada cunha frecha, á esquerda da imaxe
Clavicula sup.jpg
Clavícula, vista superior
Gray tema #49 200

A clavícula é un óso do membro superior. Trátase dun óso plano, dobre e asimétrico. Forma a parte anterior da cintura escapular.

Superficie superior[editar | editar a fonte]

É unha superficie lisa pola que pasan os nervios supraclaviculares procedentes do plexo cervical. Nos laterais existen unhas tuberosidades que serven de inserción a tres músculos:

Superficie inferior[editar | editar a fonte]

Na parte media posúe unha depresión denominada canle do subclavio, que é o punto de inserción do músculo subclavio. A ambos lados da canle insírense: por fóra o ligamento coracoclavicular (constituído por dous feixes: ligamentos conoide e trapezoide); por dentro, o ligamento costoclavicular, que une a clavícula coa primeira costela.

Bordo anterior[editar | editar a fonte]

Na parte externa insírese o deltoide e na parte interna o pectoral maior.

Bordo posterior[editar | editar a fonte]

Cara a parte externa insírese o trapecio e na interna o esternocleidomastoideo. Pola parte media discorren dous músculos que non se insiren: omohioide e os escalenos.

Epífise esternal[editar | editar a fonte]

Artéllase coa cara externa dun menisco interarticular que forma parte da articulación esternocostocondroclavicular. Na parte superior e posterior insírese o esternocleidohioide.

Epífise acromial[editar | editar a fonte]

Toda é articular. Adoita ter forma ovalada, para artellarse co acromion, formando a articulación acromioclavicular, a articulación media do ombreiro.

Galería[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Clavícula&oldid=4325787"