Clima árido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os climas secos (áridos e semiáridos) caracterízanse por presentar un volume de chuvias (precipitación) menor do que a taxa de evaporación e transpiración.

Precipitación[editar | editar a fonte]

O limiar entre precipitación e taxa de evaporación determínase da seguinte forma:

Para encontrar o limiar de precipitación (en milímetros), multiplícase a temperatura anual media en °C por 20, súmase entón 280 se o 70% ou máis da precipitación total ocorre na metade do ano de sol alto (de abril a setembro no Hemisferio Norte, ou de outubro a marzo no Hemisferio Sur), 140 se o 30%-70% da precipitación total fose recibida durante o período aplicable, ou 0 se menos do 30% da precipitación total fose recibida nese período. Se a precipitación anual fose menos de metade do limiar do Grupo B, será clasificado como BW (clima desértico) - se fose inferior ó limiar pero superior a metade deste, será clasificado como BS (clima de estepa). Pódese incluír unha terceira letra para indicar a temperatura. Inicialmente, h significaba un clima de latitude baixa (temperatura media anual por enriba dos 18 °C) ó paso que k significa un clima de latitude mediana (temperatura media anual inferior a 18 °C), pero a práctica máis común hoxe en día (especialmente nos Estados Unidos) é a utilización de h para significar que o mes máis frío ten un temperatura media superior a 0 °C (32 °F), e de k para significar que polo menos un dos meses ten unha temperatura media por baixo de 0 °C.

Exemplos:

Algunhas áreas de deserto, situadas ó longo das costas occidentais dos continentes en zonas tropicais ou semitropicais, caracterízanse por temperaturas máis baixas das que se poden encontrar noutros lugares en latitudes comparables (debido á veciñanza de correntes oceánicas frías) e por neboeiros e nubes baixas frecuentes. Isto a pesar do feito de se contaren entre os lugares máis secos da face da Terra en termos de precipitación recibida propiamente dita. Este clima é por veces rotulado como BWn e pódense encontrar exemplos en Lima, Perú e en Walvis Bay, Namibia. Por veces engádese unha cuarta letra para indicar se ben o inverno, ben o verán, son máis "húmidos" do que a outra metade do ano. Para se incluír nun dos dous grupos, o mes máis húmido deberá recibir polo menos 60 mm de precipitación media se tódolos doce meses estiveren por enriba dos 18 °C, ou 30 mm se tal non fose o caso; e polo menos o 70% da precipitación total deberá ocorrer na mesma metade do ano que o mes máis húmido, pero a letra utilizada indica cando a estación seca ocorre, non a "mollada".

Exemplos:

Os BWks e BSks non existen. Se non se cumprisen os criterios nin para w nin para s, non se engade ningunha cuarta letra.


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Clima_árido&oldid=5039459"