Clima oceánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O clima atlántico ou oceánico é propio das zonas temperadas con gran dinamismo de correntes mariñas e ventos.

Caracterízase por unhas temperaturas suaves e abundantes chuvias por mor da proximidade ao Océano, nas costas occidentais dos continentes. Os invernos son suaves e os veráns frescos cunha oscilación térmica anual pequena (10 °C de media). As precipitacións son abundantes e están ben distribuídas aínda que cun máximo hibernal.

Rexións con clima oceánico[editar | editar a fonte]

Rexións con clima oceánico.

En Europa pódese atopar nas comunidades españolas de Asturias, Cantabria, País Vasco, zona norte de Navarra e algunhas zonas dos Pireneos occidentais. Así mesmo como en Francia e os países do noroeste europeo.

Débese lembrar que, contrariamente á crenza popular, Galicia non forma parte das rexións con clima oceánico, senón que pertence ó clima Csb.

O clima áchase ademais no sur de Chile, na costa central da Arxentina, en Nova Zelandia, Tasmania, Canadá, e Estados Unidos.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Clima_oceánico&oldid=4344248"