Clinton Engineer Works

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 36°0′48″N 84°15′45″O / 36.01333, -84.26250 (Oak Ridge)

A planta Y-12 na esquina superior dereita. As plantas K-25 e K-27 na esquina inferior esquerda, preto da planta S-50. O reactor X-10 no centro inferior.

Clinton Engineer Works (CEW) foron as instalacións de produción do Proxecto Manhattan que durante a segunda guerra mundial produciron o uranio enriquecido usado no bombardeo de Hiroshima, ademais das primeiras mostras de plutonio producido nun reactor nuclear. Consistía en varias instalacións de produción dispostas en tres localizacións principais, outras instalacións como unha central eléctrica e a vila de Oak Ridge. Estaba a uns 29 km ó oeste de Knoxville, e recibiu o nome pola vila de Clinton, a uns 13 km ó norte. As instalacións de produción estaban principalmente no condado de Roane, e a parte norte estaba no condado de Anderson. O enxeñeiro do Distrito Manhattan Kenneth Nichols trasladou o cuartel xeral do mesmo dende Manhattan ata Oak Ridge en agosto de 1943. Durante a guerra, as investigacións realizadas nestas instalacións estiveron dirixidas pola Universidade de Chicago.

Os traballadores da construción foron aloxados nunha comunidade coñecida como Happy Valley. Esta comunidade temporal tiña unha capacidade de 15 000 persoas. A vila de Oak Ridge estableceuse para aloxar ó persoal de produción. O persoal operativo chegou ós 50 000 traballadores pouco antes da fin da guerra, mentres que o persoal da construción chegou ós 75 000 e o persoal combinado ós 80 000. A vila foi desenvolvida por parte do goberno federal como unha comunidade segregada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Clinton_Engineer_Works&oldid=4579298"