Club Deportivo Burela Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Burela Pescados Rubén
Nome Club Deportivo Burela Fútbol Sala
Alcume(s) A marea laranxa
Fundación 2001
Estadio Estadio Municipal de Vista Alegre
Capacidade 1.200
Presidente Manuel Blanco Fanego
Adestrador Tomás De Dios López
Liga Segunda División
2016/17 15º
Vestimenta Joma
Patrocinador Pescados Rubén
Páxina web Páxina web
Na casa
Fóra

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como Burela Pescados Rubén, é un equipo galego de fútbol sala fundado en 2001 en Burela. Actualmente xoga na Segunda División.

Xogou cinco tempadas consecutivas na Primeira División entre 2012 e 2017, acadando na tempada 2013/14 un sétimo posto que lle permitiu xogar o play-off polo título, no que foi eliminado en cuartos de final.

Tenda do Club Deportivo Burela Fútbol Sala

Tamén ten un equipo feminino que xoga na máxima categoría.

Historia[editar | editar a fonte]

O conxunto laranxa xordiu en setembro de 2001 en Burela froito do xerme do antigo equipo da localidade, o Cefire Burela FS, trasladado á localidade veciña de Viveiro tras o seu paso pola División de honra na tempada 1999/00.

Iniciou a súa andaina en Primeira Nacional B pero nas súas dúas primeiras tempadas de existencia conseguiría dous ascensos consecutivos que o colocarían na División de Prata. En devandita categoría xogaría ata sete veces a promoción de ascenso a Primeira División, categoría na que debutou na tempada 2012/13.

O equipo feminino xurdiu na vila de Foz, para varias tempadas despois trasladarse a Burela, onde conseguiu o ascenso a Primeira División en 2010 e tras consolidarse na categoría, un histórico dobrete de Liga e Copa de España na tempada 2012/2013.

Entre os socios de honra do club figuran: os futbolistas Ronaldinho e Fran, o ciclista Óscar Pereiro, o xornalista Terio Carrera e o seleccionador nacional de fútbol sala José Venancio López.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 5
  • Tempadas en : 10
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en 3ª: 1

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2001/02 1ª Nacional B
2002/03 1ª Nacional A
2003/04 D. Prata
2004/05 D. Prata
2005/96 D. Prata
2006/07 D. Prata
2007/08 D. Prata
2008/09 D. Prata
2009/10 D. Prata
Tempada Categoría Posto
2010/11 D. Prata
2011/12 D. Prata
2012/13 1ª División 12º
2013/14 1ª División
2014/15 1ª División
2015/16 1ª División
2016/17 1ª División 15º
2017/18 D. Prata

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Club_Deportivo_Burela_Fútbol_Sala&oldid=4792393"