Polvorín F. C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Club Deportivo Lugo B")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Polvorín F. C.
Nome Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín
Fundación 1991
Estadio Campo do Ceao
Galicia Lugo, Galiza
Presidente Flag of Galicia.svg Carmen Télez
Adestrador José Durán
Liga Terceira División
2017–18
Vestimenta Hummel
Patrocinador Estrella Galicia
Páxina web www.polvorin.gal
Na casa
Fóra

O Polvorín F. C., anteriormente Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín e tamén coñecido como CD Lugo B, é un club de fútbol galego da cidade de Lugo. Foi fundado en 1991 e trátase do equipo filial do Club Deportivo Lugo. Actualmente compite na Terceira División. Leva o seu nome en honra do Club Deportivo Polvorín, equipo que en 1953 se xuntou coa Ximnástica Lucense para fundar o principal equipo da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín foi fundada no ano 1991, tomando o nome do campo de fútbol situado na Rúa Xosé Novo Freire e do antigo Club Deportivo Polvorín, un dos fundadores do Club Deportivo Lugo xunto coa Ximnástica Lucense. A orixe do club há que procurala no SDC San Roque, equipo de fútbol que a finais dos anos 80 vivía malos momentos institucionais, con continuos enfrontamentos internos.[1] Debido a esta dificil situación o equipo divídese, e para poder competir nos anos seguintes ten que buscar o amparo do CD Castro (1990-91) e do SCD San Lázaro (1991-92). Con todo, o club quere volver ter unha estrutura propia e, nese contesto, en maio de 1951 inscribese no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia a Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín. O primeiro partido de competición oficial dun equipo da SDeC Polvorín data de setembro de 1992.[1]

Así, Na temporada 1992-93 o Polvorín bota a andar cun equipo xuvenil, un equipo cadete, un equipo infantil e un equipo alevín.[2] Ao ano seguinte a Xunta Directiva, presidida por María Dolores Real, decide a crear un equipo sénior de afeccionados que, co paso do tempo, sería o principal club da entidade. No seu segundo ano de existencia o Polvorín consegue quedar primeiro no seu grupo de Segunda Autonómica, conseguindo o ascenso de categoría. Porén, o equipo non consegue manter a categoría e descende despois de só un ano. Tras uns anos de transición, en 1999 consegue retornar á Primeira Autonómica tras finalizar a campaña en segunda posición. Esta vez a sorte sería distinta e o equipo consegue manter a categoría, mais na temporada 2000-01 descende de novo.[2]

En 2003 dimite o que era presidente do club, Manuel Núñez, poñéndose en perigo a continuidade do equipo. Finalmente un grupo de voluntarios faise cargo do mesmo baixo a presidencia de Elías Veiga. Tras salvarse ao club da desaparición, o Polvorín regresa á Primeira Autonómica en 2005, onde permanece até o ano 2009. Nestes anos consegue chegar ademais a dúas finais da Copa Deputación: a primeira en 2007 fronte á SD Outeiro de Rei, que finalizaría na quenda de penaltis, e a segunda en 2009 fronte o RC Vilalbés no Estadio Anxo Carro, que remata coa vitoria por 2-0 para os chairegos.[3] Mentres, en 2007, é nomeada nova presidenta do club María del Carmen Télez López. Desde ese momento o club segue a medrar, destacando a creación no ano 2011 da Escola de Fútbol Polvorín. O 13 de agosto de 2015 o club converteuse no filial do Club Deportivo Lugo, que naquel entón competía na Segunda División.[4]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Datos do 18 de agosto de 2017.
Posto País Xogador
POR Galicia Pablo Cacharrón
POR Galicia Manu Cedrón
POR Galicia Javi Liz
DEF Flag of Venezuela.svg Juan Bautista
DEF Galicia Pedro López
DEF Flag of Venezuela.svg Dinarte Pita
DEF Galicia Pablo Rey
DEF Galicia Asier Santalla
MED Galicia Luis Díaz
MED Galicia Marcos González
MED Flag of the Netherlands.svg Giovanni Lunger
Posto País Xogador
MED Galicia Manu Núñez
MED Galicia Agustín Pereira
MED Galicia Dani Renda
MED Galicia Javi Rey
MED Galicia Óscar Rivas
DIA España Manu Calvo
DIA Galicia Fernando Cuadrado
DIA España Dani Escriche
DIA España Coki Jiménez
DIA Galicia Denis López

Temporadas[editar | editar a fonte]

Temporada Nivel División Posto Copa do Rei
1993−94 7 2ª Rex. 10º
1994−95 7 2ª Rex.
1995−96 6 1ª Reg. 17º
1996−97 7 2ª Rex.
1997−98 7 2ª Rex.
1998−99 7 2ª Rex.
1999−00 6 1ª Reg. 11º
2000−01 6 1ª Reg. 16º
2001−02 7 2ª Rex.
2002−03 7 2ª Rex.
2003−04 7 2ª Rex.
2004−05 7 2ª Rex.
2005−06 6 1ª Reg.
2006−07 6 1ª Reg. 12º
2007−08 6 1ª Reg. 11º
2008−09 6 1ª Reg. 17º
2009−10 7 2ª Aut.
2010−11 7 2ª Aut.
2011−12 7 2ª Aut.
2012−13 6 1ª Aut. 11º
2013−14 6 1ª Aut. 16º
2014−15 6 1ª Aut. 13º
2015−16 6 1ª Aut.
2016−17 5 Pref. Aut.
2017−18 5 Pref. Aut.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "1990-1992. O nacemento do Clube". Polvorín.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  2. 2,02,1 "1992-2003. Núñez e Montero". Polvorín.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  3. "2003-2011. Un novo club". Polvorín.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  4. "Sellado el convenio de filialidad CD Lugo – Polvorín FC" (en castelán). 13/08/2015. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Polvorín_F._C.&oldid=4928726"