Cockburn Town

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cockburn Town
Cockburn Town.jpg
Vista de Cockburn Town
Localización
Turks caicos islands sm04.png
PaísFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Territorio Británico de UltramarTurks e Caicos
Demografía
Poboación4.000 hab. (2005)
Densidadehab./km²

Cockburn Town é a capital das illas Turks e Caicos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cockburn Town atópase na illa máis grande do arquipélago das Illas Turks, Gran Turca. A arquitectura histórica das Bermudas dos séculos XVII e XIX atopase nas principais rúas da cidade. A cidade é coñecida polas súas longas e estreitas rúas e farolas antigas.

O ancoradoiro máis próximo a Cockburn Town é o de Hawk Nest Anchorage, que, aínda que protexido, só debe utilizarse con boa luz por mor do arrecife preto da entrada.

Historia[editar | editar a fonte]

É a sé do goberno desde que en 1766, Cockburn Town foi o primeiro asentamento permanente das illas, fundada en 1681 polos comerciantes de sal que chegaron ás Illas Turks e Caicos. A cidade supostamente atópase no lugar no que Juan Ponce de León chegou por primeira vez á illa.

Visitas principais[editar | editar a fonte]

Museo Nacional[editar | editar a fonte]

Museo Nacional na rúa Front

Cockburn Town é a sé do Museo Nacional de Turks e Caicos, que se atopa no edificio da época colonial Guinep House, na rúa Front. A casa crese que ten máis de 180 anos e gran parte do material da súa estrutura viñeron de naufraxios locais, incluíndo o mastro dun barco, que é un dos principais soportes do edificio. O sitio foi doado ao Museo en 1990.[1]

Entre as coleccións do Museo Nacional hai unha exposición de naufraxios, incluíndo o naufraxio europeo coñecido máis antigo das Américas, o Molasses Reef Wreck, datado en 1505.[2]

Outro exhibicións mostran a historia dos Lucaians, a Carreira espacial, selos das Illas Turks e Caicos, a escravitude e a historia do comercio de escravos, o sisal e da industria do sal, acontecementos reais, así como unha historia xeral das illas. O museo tamén mantén un xardín, que se atopa xunto á Casa Guinep.[3]

Tamén son de interese os proxectos de investigación do museo, incluíndo o seu Proxecto Mensaxe nunha Botella, lembranza de case 40 anos de mensaxes que chegaron as costas de Gran Turca.[4]

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Gran Turca
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 27 27 28 28 29 30 31 31 31 30 29 28 29,1
Media mínima en °C 23 23 23 24 25 26 27 27 27 26 24 24 24,9
Precipitación media mm 36 33 30 36 30 56 30 41 66 80 94 86 618
Fonte: Weatherbase [5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guinep House". Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Turks & Caicos National Museum. Retrieved January 29, 2010.
  2. "Molasses Reef Shipwreck". Arquivado 23 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Turks & Caicos National Museum. Retrieved January 29, 2010.
  3. Turks & Caicos National Museum. Retrieved January 29, 2010.
  4. "Message in a Bottle". Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Turks & Caicos National Museum. Retrieved January 29, 2010.
  5. "Weatherbase: Historical Weather for Grand Turk, Turks and Caicos Islands". Weatherbase. 2011.  Retrieved on November 24, 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cockburn_Town&oldid=4892041"