Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Delegación provincial en Pontevedra.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) é o colexio profesional oficial de arquitectos de Galicia. Forma parte do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sede do COAG en Vigo, obra dos arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera.

Esta Corporación de Dereito Público foi creada por Decreto de 2 de maio de 1973, mediante segregación do antigo Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia,[1] contando nese momento con 120 colexiados. O 16 de novembro de 1999 a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais aprobou os seus estatutos[2].

A sede central do COAG está en Santiago de Compostela, e ten delegacións na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Dende 2005 ostenta o cargo de decano-presidente Celestino García Braña e ao 19 de marzo de 2007 contaba con 3146 colexiados. Foron decanos: Andrés Fernández-Albalat Lois (1973-1977); Xosé Bar Boo (1977-1979); Juan José González-Cebrián Tello (1979-1981); Xabier Suances Pereiro (1981-1983); Miguel Silva Suárez (1983-1986); Arturo Conde Aldemira (1986-1989); José Manuel Rey Pichel (1989-2003); Teresa Táboas Veleiro (2003-2005).

No ano 2010 o Proxecto Terra, un proxecto educativo posto en marcha polo COAG, recibiu o Premio Nacional de Urbanismo.[3], e, no 2011, o premio da Crítica Galicia de Iniciativas Culturais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Vivenda. Decreto 1025/1973 [1], de 2 de maio, polo que se crea o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  2. Decreto 293/1999 [2], do 28 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; modificados parcialmente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Decreto 254/2008 [3], do 23 de outubro.
  3. Premios Nacionales de Arquitectura, Vivienda y Urbanismo 2010.[Ligazón morta] Ministerio de Fomento. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Colexio_Oficial_de_Arquitectos_de_Galicia&oldid=4884690"