Comarcas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mapa das comarcas de Galicia.
Mapa das comarcas con concellos de Galicia.

En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra.

Poboación[editar | editar a fonte]

A continuación detállase a poboación por comarcas en cada unha das catro provincias galegas:

Provincia da Coruña[editar | editar a fonte]

Das 18 comarcas da provincia da Coruña, no ano 2016 é a comarca da Coruña a que ten máis poboación, con 397.520 habitantes, mentres que en último lugar estaría a comarca da Barcala, con 10.556 habitantes.

# Comarca Habitantes
(2016)
Nº de
concellos
Concellos
Comarca da Coruña 397.520 9 Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Sada
Comarca de Santiago 165.887 7 Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra
Comarca de Ferrol 156.159 11 Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño
Comarca de Bergantiños 67.890 7 Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso
Comarca da Barbanza 66.940 4 Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira
Comarca de Betanzos 38.079 10 Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior, Vilasantar
Comarca de Ordes 36.960 7 Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo
Comarca de Noia 33.758 4 Lousame, Noia, Outes, Porto do Son
Comarca do Eume 25.000 5 A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume, Monfero
10º Comarca de Fisterra 22.000 5 Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía
11º Comarca da Terra de Soneira 17.620 3 Camariñas, Vimianzo, Zas
12º Comarca de Arzúa 16.678 4 Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro
13º Comarca do Sar 16.091 3 Dodro, Padrón, Rois
14º Comarca do Xallas 13.643 2 Mazaricos, Santa Comba
15º Comarca de Muros 13.004 2 Carnota, Muros
16º Comarca do Ortegal 12.776 4 Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira
17º Comarca da Terra de Melide 12.238 4 Melide, Santiso, Sobrado, Toques
18º Comarca da Barcala 10.556 2 A Baña, Negreira

Provincia de Lugo[editar | editar a fonte]

Dentro da provincia lucense, no ano 2016 a capital e a súa comarca ocupan o primeiro posto con 119.394 habitantes; pola contra, a comarca de Fonsagrada é a menos poboada, con 5.316 habitantes.

# Comarca Número de
habitantes
(2016)
Nº de
Concellos
Concellos
Comarca de Lugo 119.394 8 Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín, Rábade
Comarca da Terra Chá 41.290 9 Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba, Xermade
Comarca da Terra de Lemos 31.132 6 Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Sober
Comarca da Mariña Central 29.373 6 Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro
Comarca da Mariña Occidental 26.122 5 Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove
Comarca de Sarria 23.194 7 O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela
Comarca da Mariña Oriental 16.477 4 Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada
Comarca de Chantada 13.639 3 Carballedo, Chantada, Taboada
Comarca dos Ancares 10.474 6 Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro
10º Comarca da Ulloa 9.375 3 Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei
11º Comarca de Quiroga 5.406 3 Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil
12º Comarca de Meira 5.335 4 Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto
13º Comarca da Fonsagrada 5.316 3 Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz

Provincia de Ourense[editar | editar a fonte]

No ano 2016, na provincia de Ourense, a propia comarca de Ourense reunía máis da metade da poboación provincial, con 144.372 habitantes. A comarca da Terra de Caldelas é pola contra a menos poboada de provincia e de Galicia, con 3.064 habitantes.

# Comarca Número de
habitantes
(2016)
Nº de
Concellos
Concellos
Comarca de Ourense 144.372 12 Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín
Comarca do Carballiño 27.108 9 Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea
Comarca de Verín 26.556 8 Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós
Comarca de Valdeorras 26.531 9 O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras
Comarca da Limia 21.111 11 Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia
Comarca da Terra de Celanova 17.960 10 A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea
Comarca do Ribeiro 16.547 10 A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia
Comarca de Allariz - Maceda 14.268 6 Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo
Comarca da Baixa Limia 7.126 5 Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños
10º Comarca de Viana 5.983 4 A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso
11º Comarca da Terra de Trives 4.227 4 Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río
12º Comarca da Terra de Caldelas 3.064 4 Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira

Provincia de Pontevedra[editar | editar a fonte]

A provincia de Pontevedra acolle no seu seo a bisbarra máis poboada da comunidade, a comarca de Vigo, con 422.008 habitantes no ano 2016. A comarca da Paradanta é a menos poboada da provincia, con 12.663 habitantes nese mesmo ano.

# Comarca Número de
habitantes
(2016)
Nº de
Concellos
Concellos
Comarca de Vigo 422.088 11 Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo
Comarca de Pontevedra 123.583 8 Barro, Campo Lameiro, Cotobade (fusionado con Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa
Comarca do Salnés 109.937 9 Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa
Comarca do Morrazo 83.109 4 Bueu, Cangas, Marín, Moaña
Comarca do Baixo Miño 49.998 5 A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui
Comarca do Condado 41.828 5 Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño
Comarca do Deza 40.471 6 Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces
Comarca de Caldas 34.456 7 Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes 26.293 3 Cerdedo (fusionado con Cotobade, da comarca de Pontevedra), A Estrada, Forcarei
10º Comarca da Paradanta 12.663 4 Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Comarcas_de_Galicia&oldid=4792648"