Comité Executivo Central de Todas As Rusias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O Comité Executivo Central Panruso (en ruso: Всеросси́йский Центра́льный Исполни́тельный Комите́т), normalmente coñecido polas siglas ВЦИК (transliterado: VTsIK), era o máis alto poder do Estado, con funcións de corpo lexislativo, administrativo e de supervisión da República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR), vixente entre 1917 e 1937. En 1937 foi transformado no Soviet Supremo da RSFSR.

Elixido nos Congresos Panrusos dos Soviets, exercía as súas funcións entre congresos. Antes do establecemento da URSS en 1922, incluía aos membros da RSS de Ucraína e a RSS de Belarús, elixidos nos seus respectivos Congresos dos Soviets.

O primeiro Comité Executivo Central Panruso foi electo en xuño de 1917, pero non era un órgano de goberno e o seu presidente, Nikolái Chjeidze, non era o xefe do Estado ruso. Esta situación cambiou no II Congreso dos Soviets durante a Revolución de Outubro.

Durante a primavera de 1918, a crecente influencia dos partidos socialistas non bolxeviques e a posibilidade de que estes se alzasen cunha maioría nos soviets levou á expulsión dos menxeviques e dos socialrevolucionarios do VTsIK o 14 de xuño de 1918 , séndoo tamén os antigos socios de goberno dos bolxeviques, os socialrevolucionarios de esquerda, un mes máis tarde.[1] O VTsIK, privado de oposición, apenas se reuniu o resto do ano, pasando o poder estatal ao poder executivo representado polo Consello de Comisarios do Pobo (Sovnarkom), que deixou ata de remitir, como era preceptivo, ao VTsIK os novos decretos para o seu exame e aprobación.

O VTsIK representaba o poder lexislativo formalmente debido a que o principio de separación de poderes apareceu, por primeira vez nunha constitución rusa, mediante unha emenda de 1992 á Constitución da Unión Soviética de 1977. Este principio foi incluído na Constitución da Federación de Rusia de 1993.

Na Constitución da RSFSR de 1937 (en ruso: Конституция РСФСР 1937 года), se estipulaba que a máis alta autoridade osténtaa o Soviet Supremo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), de acordo coa Constitución da URSS de 1936.

Presidentes do VTsIK foron[editar | editar a fonte]

Secretarios do VTsIK foron[editar | editar a fonte]

  • Varlaam Aleksándrovich Avanésov (Secretario de 1917 a 1918) ( nado: Surén Kárpovich Martirósov; 1884-1930)
  • Abel Safrónovich Enukidze (Secretario de 1918 a 1922) (1877-1937)
  • Leonid Petróvich Serebriakov (Secretario de 1919 a 1920) (1888-1937)
  • Piotr Antónovich Zalutski (Secretario de 1920 a 1922) (1887-1937)
  • Mijáil Pávlovich Tomski (Secretario de 1921 a 1922) (Nado: Mijáil Pávlovich Efrémov, 1880-1936)
  • Timoféi Vladímirovich Saprónov (Secretario de 1922 a 1923) (1887-1937)
  • Alekséi Semiónovich Kiseliov (Secretario de 1924 a 1937) (1879-1937)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Constitución soviética de 1918
  • Constitución da Unión Soviética
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Comité_Executivo_Central_de_Todas_As_Rusias&oldid=4792669"