Comité Olímpico Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Comité Olímpico Español (COE) é o comité olímpico de España.

Historia e funcións[editar | editar a fonte]

O seu obxectivo é organizar e coordinar a presenza de España nos Xogos Olímpicos. Creouse o 11 de xaneiro de 1924 en Barcelona, e está recoñecido polo Comité Olímpico Internacional. Ten a súa sede en Madrid. O seu presidente actual é o galego Alejandro Blanco.

Membros[editar | editar a fonte]

A asemblea do Comité Olímpico Español ten aproximadamente entre 150 e 200 membros. Algúns teñen carácter vitalicio, como aqueles que foron presidentes ou secretarios do propio Comité, ou membros do Comité Olímpico Internacional (antigos e actuais). Ademais, son membros os presidentes de todas as federacións olímpicas (as federacións españolas dos deportes olímpicos), e tamén as dalgunhas federacións non olímpicas, así como algúns membros (elixidos ou representativos) que ocupan as cotas dos xornalistas deportivos, os deportistas, os adestradores, as institucións políticas implicadas (deporte e Asuntos Exteriores) etc.

Presidentes do Comité Olímpico Español[editar | editar a fonte]

  • 1912-1921 Gonzalo de Figueroa y Torres, Marqués de Villamejor
  • 1924-1926 Santiago Güell y López, Barón de Güell
  • 1926-1931 Eusebio López y Díaz de Quijano, Marqués de Lamadrid
  • 1933-1936 Augusto Pi Suñer
  • 1941-1956 José Moscardó Ituarte, Conde del Alcázar de Toledo
  • 1956-1967 José Antonio Elola-Olaso
  • 1967-1970 Juan Antonio Samaranch, Marqués de Samaranch
  • 1970-1975 Juan Gich Bech
  • 1975-1976 Tomás Pelayo Ros
  • 1976-1980 Benito Castejón
  • 1980-1983 Jesús Hermida Cebreiro
  • 1983-1984 Romá Cuyás
  • 1984-1987 Alfonso de Borbón, Duque de Cádiz
  • 1987-1998 Carlos Ferrer Salat
  • 1998-2002 Alfredo Goyeneche, Conde de Guaqui
  • 2002-2005 José María Echevarría y Arteche
  • 2005-actualidade Alejandro Blanco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Comité_Olímpico_Español&oldid=4792672"