Concello de Cesuras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°10′24″N 08°12′00″O / 43.17333, -8.20000

Concello de Cesuras
Escudo de Concello de Cesuras
Casa Concello, Cesuras.jpg
Antiga casa consistorial.
Situacion Concello de Cesuras.PNG
Situación
Xentilicio[1]cesurán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación2131 hab. (2013)
Área79,7 km²
Densidade26,74 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloO Forte, Bragade
Política (2013)
AlcaldeJulián Lucas Ramírez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Cesuras
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes66,99%
Na rede
www.cesuras.es
alcaldia@cesuras.dicoruna.es

Cesuras foi un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. O 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión do concello co de Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[3]

Segundo o IGE en 2013 tiña 2131 habitantes (2174 no 2012, 2225 no 2011, 2209 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurán».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

O concello tiña 79,46 km², repartidos en trece parroquias. Limitaba ao norte co Concello de Oza dos Ríos, ao sur con Mesía, ao leste, con Curtis e ao oeste con Abegondo.

Orografía[editar | editar a fonte]

Estaba formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que contaba tamén con outeiros e chans fértiles cun clima morno e de boa ventilación. Os cumios máis importantes eran os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destacaba o de Filgueira de Barranca.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Fervenza do Mendo.

O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servía de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruzamento da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.

O río Corbeiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e Castelo). O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.

Historia[editar | editar a fonte]

Conserva Cesuras castros que falan de vellos asentamentos, se ben a súa historia comeza a singularizarse a partir da época cristiá, ó estar rodeadas estas terras de importantes mosteiros coma o de Sobrado dos Monxes ou San Salvador de Cinés, que exercen xurisdicción sobre elas. Logo dos mosteiro virá o tempo dos señorios, Andrade e Traba repartirán este territorio.

En febreiro de 1809, a xente das parroquias de Carres, Cesuras, Mandaio, Trasanquelos,Loureda e Dordaño, movida polos párrocos, fai desaparecer dous escuadróns do tren de artilleria do sexto corpo do exército francés que ocupaba Galiza baixo o mando do mariscal Ney. Os soldados son soterrados nun piñeiral e o equipamento enviado ó marqués da romana que organizaba exército en Portugal. Só se salvou un cabo que dá conta do feito, provocando a represión sobre os homes e as mulleres das aldeas.[4][5]

Esta foi terra de acción da IV agrupación do exército guerrilleiro de Galiza, até a súa desaparición en 1947.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Concello de Cesuras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017
4989 5572 6408 3740 2463 2219 2225 2174 2131 {{{13}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fusión con Oza dos Ríos[editar | editar a fonte]

En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Oza dos Ríos[6].

O 11 de xaneiro de 2013 o Concello de Cesuras aprobou en pleno da corporación municipal a súa fusión co Concello de Oza dos Ríos[7]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobaron o decreto da fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos polo que se crea o concello de Oza-Cesuras.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias do antigo concello[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cesuras

Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Paderne (Santiago) | Probaos (Santaia) | Trasanquelos (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Concello_de_Cesuras&oldid=4878758"