Concilio ecuménico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Concilio de Trento

Concilio ecuménico é unha reunión dos bispos de toda a Igrexa para decidir sobre asuntos doutrinais.

Os ortodoxos aceptan os primeiros sete, algúns teólogos ortodoxos tamén o 8º e o 9º, as igrexas ortodoxas orientais os tres primeiros, os católicos 21, algunhas confesións protestantes, como os luteranos ou os metodistas aceptan os primeiros sete con reservas, e os anglicanos tamén os primeiros sete, aínda que o 7º xera controversias no seu seo[1].

Ao longo de toda a historia, os concilios ecuménicos teñen xogado un papel moi importante na fixación da doutrina eclesiástica.

Lista dos concilios ecuménicos[editar | editar a fonte]

Primeiros sete concilios[editar | editar a fonte]

Concilios 8 e 9[editar | editar a fonte]

Para os católicos[editar | editar a fonte]

  • 8. Cuarto Concilio de Constantinopla (869-870). Deponse o patriarca de Constantinopla.
  • 9. Primeiro Concilio de Letrán (1123). Decidiuse sobre o asunto da división de poderes entre Igrexa e Imperio.

Para algúns ortodoxos[editar | editar a fonte]

  • 8. Cuarto Concilio de Constantinopla (879-880). Vólvese a darlle a súa posición ao patriarca de Constantinopla que fora deposto no Cuarto Concilio de Constantinopla dos católicos.
  • 9. Quinto Concilio de Constantinopla (1341-1351)

Concilios católicos 10 ao 21[editar | editar a fonte]

  • 10. Segundo Concilio de Letrán (1139). Prohíbense os matrimonios dos clérigos; establécese a excomuñón como pena para os ataques ós clérigos.
  • 11. Terceiro Concilio de Letrán (1179). Limítase a elección dos papas ós cardeais, condénase a simonía e prohíbese que alguén con menos de trinta anos sexa bispo.
  • 12. Cuarto Concilio de Letrán (1215). Trátase o tema da transubstanciación e a primacía do papa. Ordénase que os xudeus e musulmáns leven roupas especiais para seren distinguidos.
  • 13. Primeiro Concilio de Lión (1245). Establécese a mitra vermella para os cardenais e chámase á guerra na Terra Santa.
  • 14. Segundo Concilio de Lión (1274). Inténtase reunificar a igrexa, apróbanse as ordes franciscana e dominica e establécese o sistema de conclave.
  • 15. Concilio de Viena (1311-1312), tómanse medidas contra os templarios.
  • 16. Concilio de Constanza (1414-1418). Despois do errado Concilio de Pisa (ó que non se lle dá número porque non o convocou un papa), resolveu a crise do Cisma de Occidente.
  • 17. Concilio de Basilea (1431-1445). Inténtase de novo reconciliarse coa Igrexa Ortodoxa.
  • 18. Quinto Concilio de Letrán (1512-1517). Intento de reforma da Igrexa.
  • 19. Concilio de Trento (1545-1563). Iníciase a Contrarreforma: establécese o rito da misa e reacciónase contra o Protestantismo.
  • 20. Concilio Vaticano Primeiro (1870). Establécese o dogma da infalibilidade do papa.
  • 21. Concilio Vaticano Segundo (1962-1965). Renóvase a doutrina para aproximala ós tempos modernos (entre outros, permítese o uso das linguas propias de cada lugar na liturxia).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Claude Beaufort Moss The Church of England and the Seventh Council. Faith Press, 1957
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Concilio_ecuménico&oldid=4651445"