Condado de Holanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Graafschap Holland
Condado de Holanda

século X1581

Escudo

O condado de Holanda en 1350.
Capital A Haia
Lingua neerlandés
Goberno Condado
Conde de Holanda
 • 1061-1091 Teodorico V
 • 1555-1573 Filipe III
(Filipe II de España)
Período histórico Idades Media e Moderna
 • Establecido século X
 • Tedorico V asume o título de conde de Holanda. século XI
 • Jacqueline de Baviera cede o condado de Holanda a Filipe o Bo. 1433

O Condado de Holanda (en neerlandés Graafschap Holland) foi un antigo condado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico que se estableceu no século X. En 1433 foi adquirido por Filipe o Bo, a así foi integrado nos Países Baixos borgoñóns, e despois nos Países Baixos españois, extinguíndose en 1573.

Historia[editar | editar a fonte]

Até o século IX, os habitantes do territorio holandés eran de procedencia frisoa, e a zona era parte de Frisia.

A finais do século IX, Holanda converteuse nun condado do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O primeiro conde de Holanda que se coñece con certeza foi Teodorico I, que reinou desde 896 até 931. Foi sucedido por una longa lista de condes holandeses, que até o ano 1101 coñecéronse como condes de Frisia.

Cando o conde Xoán I morreu sen descendencia en 1299, o condado foi herdado por Xoán II de Avesnes, conde de Hainaut.

Na época de Guillerme V (da Casa de Wittelsbach, 1354–1388), o conde de Holanda tamén foi o conde de Hainaut e de Zelandia.

Máis tarde, diversos enfrontamentos armados tiveron lugar até que Jacqueline I, condesa de Hainaut, se viu obrigada a ceder todas as súa posesións, incluíndo Holanda, ao seu primo Filipe III de Borgoña, coñecido como Filipe o Bo, en 1432.

Como consecuencia, Holanda converteuse en parte dos Países Baixos borgoñóns e, máis tarde, en 1477, pasou a formar parte das Dezasete Provincias dos Habsburgo (Países Baixos españois).

No século XVI, o condado converteuse na rexión europea máis densamente urbanizada, coa maioría da poboación vivindo nas grandes urbes.

Nos Países Baixos españois, Holanda era a rexión dominante do norte; a influencia política de Holanda determinou en gran medida o dominio borgoñón sobre a zona.

O último conde de Holanda foi Filipe III, máis coñecido como Filipe II, rei de España. Foi deposto oficialmente en 1581 mediante a Acta de abxuración,[1] pola que xurdiu a República das sete Provincias Unidas dos Países Baixos.

Porén, os monarcas hispánicos conservaron a intitulación de "condes de Holanda" até a paz de Münster, asinada en 1648.

Historia posterior do territorio[editar | editar a fonte]

Pola Acta de abxuración de 1581, o rei Filipe II de España tivo que conceder a autonomía da República dos Sete Países Baixos Unidos, e o Condado de Holanda, que formaba parte dela como provincia, deixou de existir como estado independente.

Desde entón, o Condado de Holanda foi gobernado por un estatúder designado polos Estados Xerais dos Países Baixos. Oficialmente o Condado de Holanda continuou existindo até 1795, cando o territorio das Sete Provincias foi transformado por Napoleón na República Bátava, república irmá da Primeira República francesa. O territorio do Condado foi dividido en catro departamentos: Amstel, Delft, Texel e Schelde en Maas.

Despois de 1813, Holanda foi novamente unha provincia, esta vez do Reino Unido dos Países Baixos.

En 1840 o territorio foi dividido en dúas partes correspondentes ás actuais provincias neerlandesas de Holanda do Norte (Noord-Holland) e Holanda do Sur (Zuid-Holland).

Soberanos do Condado de Holanda[editar | editar a fonte]

Os primeiros señores de Holanda que ostentaban o título de conde posuían a Frisia occidental; pero o título de "conde de Holanda" aparece con Teodorico V.

Condes en Frisia occidental[editar | editar a fonte]

  • 833-855 : Xerolfo I, conde en 839 no pagus de Westrachi ao leste do río Vlie.
  • 885-916 : Xerolfo II, conde en 885 no Kennemerland, morto ante de 916, fillo ou neto do precedente.
  • 916-959 : Teodorico I (ou Dirk I), morto despois de 939, probabelmente fillo do precedente.
  • 959-988 : Teodorico II (? 930 † 988), neto do precedente.
    Casado con Hildegarda de Flandres, filla de Arnulfo I.
    O 25 de agosto de 985 recibe do emperador Otón III todas as terras situadas entre os ríos Mosa e o Vlie.
  • 988-993 : Arnulfo (? 951 † 993), fillo do precedente.
    Casado en 980 con Lutgarda, filla de Sigfrido de Luxemburgo.
  • 993-1044 : Teodorico III (980 † 1044), fillo do precedente.
    Casado con Otelandis (993 † 1044), filla de Bernardo I, margrave de Nordmarck.
  • 1044-1049 : Teodorico IV († 1049),fillo do precedente.
  • 1049-1061 : Florencio I (1017 † 1061), irmán do precedente.
    Casado contra 1050 con Xertrudis de Saxonia, filla de Bernardo II Billung, e de Eilika de Schweinfurt. Morto sen descendencia.
    En 1063 Xertrudis de Saxonia casa con Roberto o Frisón que gobernou o Condado durante a minoría de idade de Teodorico V.

Condes de Holanda[editar | editar a fonte]

  • 1061-1091 : Teodorico V (1052 † 1091), fillo do precedente, inicialmente baixo a rexencia de Roberto o Frisón, toma o título de "conde de Holanda".
    Casado con Otelinda (ca. 1054 † 1124), probabelmente de Saxonia.
  • 1091-1122 : Florencio II o Gordo (1085 † 1121), fillo do precedente.
    Casado contra 1113 con Petronila de Lorena (1086 † 1144), filla de Teodorico II, duque de Lorena, e de Edwige de Formbach.
  • 1121 - 1157 : Teodorico VI (1114 † 1157), fillo do precedente.
    Casado con Sofía de Luxembourg-Salm (1117 † 1176), herdeira de Bentheim, filla de Otón de Luxembourg-Salm, conde palatino do Rin, conde de Bentheim e de Rheineck, e de Xertrudis, señora de Frisia.
Armas dos condes de Holanda
  • 1157-1190 : Florencio III (1141 † 1190), fillo do precedente.
    Casado en 1162 con Ada de Escocia, filla de Henrique de Escocia, conde de Northumbria, e de Ada de Warrenne.
  • 1190-1203 : Teodorico VII († 1203), fillo do precedente.
    Casado en 1186 con Adelaida de Clèves, filla de Arnaldo I, conde de Clèves, e de Ida de Lovaina.
  • 1203-1207 : Ada (1188 † 1223), filla do precedente.
    Casada en 1203 con Luís II († 1218), conde de Looz.
    Despois da morte de Teodorico VII, a súa filla Ada procurou tomar posesión do Condado; pero foi vencida por Guillerme, irmán do conde defunto.
  • 1207-1222 : Guillerme I (1167 † 1222), fillo de Florencio III, destrona á súa sobriña.
    Casado :
    1. en 1197 con Adelaida de Güeldres († 1218), filla de Otón I, conde de Güeldres e de Richardis de Wittelsbach.
    2. en 1220 con María de Brabante († 1260), filla de Henrique I, e de Matilde de Boulogne e de Alsacia.
  • 1222-1234 : Florencio IV (1210 † 1234), fillo do precedente e de Adelaida de Güeldres.
    Casado con Matilde de Brabante (1200 † 1267), filla de Henrique I, duque de Brabante, e de Matilde de Boulogne e de Alsacia.
  • 1234-1256 : Guillerme II (1227 † 1256), fillo do precedente, até 1240 baixo a tutela do seu tío Otón, bispo de Utrecht.
    Foi elixido Rei de romanos o 3 de outubro de 1247.
    Casado en 1252 con Isabel de Brunswick († 1266), filla de Otón I o Neno, duque de Brunswick, e de Matilde de Brandeburgo.
  • 1256-1296 : Florencio V (1254 † 1296), fillo do precedente, toma Zelandia e intitúlase conde de Zelandia.
    Casado en 1270 con Beatriz de Flandres († 1296), filla de Guido de Dampierre, conde de Flandres, e de Matilde de Béthune.
  • 1296-1299 : Xoán I (1284 † 1299), fillo do precedente.

Despois de Xoán I, os condes de Hainaut herdan os Condados de Holanda e de Zelandia.

Casa de Avesnes[editar | editar a fonte]

Hainaut Modern Arms.svg
  • 1299-1304 : Xoán II de Avesnes (1248 † 1304), igualmente conde de Hainaut (Xoán I), fillo de Xoán de Avesnes e de Adelaida de Holanda, ela mesma filla de Florencio IV.
    Casado en 1270 con Filipa de Luxemburgo (1252 † 1311), filla de Henrique V, conde de Luxemburgo, e de Margarita de Bar.
  • 1304-1337 : Guillerme III de Avesnes (1286 † 1337), conde de Hainaut (Guillerme I) e de Holanda, fillo do precedente.
    Casado en 1305 con Xoaana de Valois (1294 †1342), filla de Carlos de Valois, conde de Valois, e de Margarita de Anjou.
  • 1337-1345 : Guillerme IV de Avesnes (1307 † 1345), conde de Hainaut (Guillerme II) e de Holanda, fillo do precedente.
    Casado en 1334 con Xoana de Brabante, filla de Xoán III, duque de Brabante e de Limburgo, e de María d'Évreux.
  • 1345-1354 : Margarita I (1310 † 1356), condesa de Hainaut (Margarita II) e de Holanda, irmá do precedente.
    Casada en 1324 co emperador Luís IV de Baviera (1282 † 1347).

Casa de Wittelsbach[editar | editar a fonte]

Hainaut-Bavaria Arms.svg
  • 1354-1358 : Guillerme V de Baviera (1330 † 1388), conde de Hainaut (Guillerme III) e de Holanda a partir de 1356, fillo da precedente, disputoulle á súa nai os condados de Holanda e de Zelandia que ela abandonou en 1354.
    Casado en 1352 con Matilde de Lancaster (1335 † 1362), filla de Henrique II, conde de Lancaster, e de Isabel de Beaumont.
  • 1358-1404 : Alberte I de Baviera (1336 † 1404) conde de Hainaut e de Holanda, irmán do precedente.
    Casado :
    1. Con Margarita de Brieg (1342 † 1386), filla de Luís de Silesia-Liegnitz, duque de Brieg, e de Inés de Goglau.
    2. En 1394 con Margarita de Clèves (1375 † 1411), filla de Adolfo I de La Mark, conde de Clèves, e de Margarita de Juliers.
  • 1404-1417 : Guillerme VI de Baviera (1365 † 1417), conde de Hainaut e de Holanda, fillo do precedente e de Margarita de Brieg.
    Casado en 1385 con Margarita de Borgoña, filla de Filipe II o Intrépido, duque de Borgoña, e de Margarita, condesa de Flandees.
  • 1417-1433 : Jacqueline de Baviera (1401 † 1436), condesa de Hainaut e de Holanda, filla do precedente.
    Casada en 1418 con Xoán IV de Borgoña (1403 † 1427), duque de Brabante, fillo de Antonio de Borgoña e sobriño de Xoán sen Medo.
    Recoñeceu en 1428 a Filipe o Bo como herdeiro dos seus dominios, que ela abandonou formalmente en 1433.

Casa de Borgoña[editar | editar a fonte]

Philip the Good Arms.svg

Casa de Habsburgo[editar | editar a fonte]

Armes Philippe de Habsbourg et Jeanne de Castille.png

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Condado_de_Holanda&oldid=4849606"