Congreso Internacional de Numismática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Congreso Internacional de Numismática -CIN- (en inglés: International Numismatic Congress -INC-) é o encontro de ámbito internacional máis importante da comunidade numismática mundial. Celébrase cada seis anos e está organizado polo Consello Internacional de Numismática.[1]

A partir da sétima edición do CIN, que tivo lugar en Copenhague en 1967, no marco deste encontro científico sae á luz unha nova tiraxe da serie Survey of Numismatic Research, publicación na que acreditados numismáticos internacionais especialistas en diversas áreas fan unha revisión crítica da bibliografía do sector aparecida desde a anterior edición do Congreso.[2]

A partir do sexto congreso (Roma, 1961) estableceuse unha periodicidade de seis anos, coa única alteración do celebrado en Londres en 1986, sete anos despois do anterior e só cinco anos antes do seguinte.

Congresos[editar | editar a fonte]

A seguir, indícanse por orde cronolóxica os 15 concresos celebrados ata 2015, así como a previsión dos dous seguintes. Indícase en cada caso a data e o lugar de celebración:[3]

Edicións de Survey of Numismatic Research[editar | editar a fonte]

  • A Survey of Numismatic Research, 1960-1965 (Copenhague, 1965).[16]
  • A Survey of Numismatic Research, 1966-1971 (Nova York, 1973).[17]
  • A Survey of Numismatic Research, 1972-1977 (Berna, 1979).[18]
  • A Survey of Numismatic Research, 1978-1984 (Londres, 1986).[19]
  • A Survey of Numismatic Research, 1985-1990 (Bruxelas, 1991).[20]
  • A Survey of Numismatic Research, 1990-1995 (Berlín, 1997).[21]
  • A Survey of Numismatic Research, 1996-2003 (Madrid, 2003).[22]
  • A Survey of Numismatic Research, 2002-2007 (Glasgow, 2009). Texto en liña[23]
  • A Survey of Numismatic Research, 2008-2013 (Roma, 2015).[24][25]

Medallas do congreso[editar | editar a fonte]

En cada edición do congreso emítese tamén unha medalla conmemorativa. Estas son algunhas das máis salientebles:

  • A do CIN de París de 1900 foi deseñada polo pintor, escultor, gravador e medallista francés Daniel Dupuis (1849-1899), autor dos deseños de diversos billetes e moedas de Francia e da Indochina Francesa, así como da medalla conmemorativa da Exposición Universal de París de 1889.[26][27]
  • A medalla do CIN de Bruxelas de 1910 está dedicada ao numismático Ernest Babelon, cuxo busto aparece no anverso, deseñado por Devreese, en tanto que o reverso foi obra de Rudolf Bosselt.[28]
  • A medalla conmemorativa do CIN de Londres de 1986, deseñada por Robert Elderton, conmemoraba simultaneamente o 150 aniversario da fundación da Royal Numismatic Society.[29]
  • A medalla de 2015 (Taormina, Sicilia) foille encargada aos deseñadores Picchiani & Barlacchi en colaboración coa Associazione Italiana Arte della Medaglia. O deseño da medalla condensa 25 séculos de tradición numismática siciliana.[30][31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "International Numismatic Congress". En International Numismatic Council.
  2. "Survey of Numismatic Research". En International Numismatic Council.
  3. "The International Numismatic Congress", En Coinbooks.org.
  4. "The International Numismatic Congress at Brussels". En American Journal of Numismatics, and Bulletin of the American Numismatic and Archaeological Society. Vol. 26. Nº 2. Outubro de 1891. Páxinas 25-27.
  5. Cumont, G.; De Witte, A. Congrès international de numismatique organisé et réuni à Bruxelles. J. Goemaere. Bruxelas. 1891
  6. "The International Numismatic Congress". En American Journal of Numismatics (1897-1924). Vol. 35. Nº 3. Xaneiro de 1901. American Numismatic Society. Páxinas 75-77.
  7. Comte de Castellane, H.; Blanchet, A. Congrès international de numismatique réuni à Paris. Société Fraçaise de Numismatique. 1900.
  8. "History of de Society. Part 3: 1904-1936". The Royal Numismatic Society.
  9. Allan, J; Mattingly, H.; Robison, E. Transactions of the International Numismatic Congress : organized and held in London by the Royal Numismatic Society, June 30-July 3, 1936, on the occasion of its centenary. B. Quaritch Ltd. Londres. 1938.
  10. "Congrès international de numismatique". En Bulletin des bibliothèques de France (BBF). 1962. N° 1. Páxina 38.
  11. "Congrès international de numismatique 1997 : Berlin". En WorldCat.org.
  12. Kampmann, U. "The Proceedings of the International Numismatic Congress Glasgow 2009". En Coins Weekly.
  13. "Messina/Taormina 2015". International Numismatic Council.
  14. "The XVI International Numismatic Congress". Universidade de Varsovia.
  15. "Warsaw hosting the INC Congress in 2021". International Numismatic Council.
  16. A Survey of numismatic research 1960-1965. International Numismatic Commission. Copenhague. 1967.
  17. A Survey of numismatic research, 1966-1971. International Numismatic Commission. Nova York. 1973.
  18. Carson, R. A. G. et al. A Survey of numismatic research, 1972-1977. International Numismatic Commission. Berna. 1979.
  19. Price, M. A survey of numismatic research, 1978-1984. International Association of Professional Numismatists. Londres. 1986.
  20. Hackens, T. A Survey of numismatic research, 1985-1990. International Association of Professional Numismatists. Bruxelas. 1991.
  21. Morrisson, C. et al. A Survey of numismatic research, 1990-1995. International Numismatic Commission. Berlín. 1997. ISBN 9788885873001
  22. Alfaro, C.; Amandry, M; Burnett, A. A Survey of numismatic research, 1996-2001. International Numismatic Commission. Madrid. 2003. ISBN 9780871842008
  23. Amandry, M.; Bateson, D. A survey of numismatic research : 2002-2007. International Association of Professional Numismatists. 2009. ISBN 9781902040950
  24. "Survey of Numismatic Research: Survey 2008-2013". International Numismatic Council.
  25. Arnold-Biucchi, C.; Caccamo, M. Survey of numismatic research : 2008-2013. Arbor sapientiae. International Association of Professional Numismatists. 2015 ISBN 9788897805427
  26. "The Paris coin for the International Numismatics Congress". Museu Nacional d'Art de Catalunya.
  27. Ficha de Daniel Dupuis. Biblioteca Nacional de Francia.
  28. "Collection online. Museum number 2004,0506.4". The British Museum.
  29. "History of the Society. Part 4: 1936-1976". The Royal Numismatic Society: "Medal created to celebrate the 150th anniversary of the Royal Numismatic Society and the holding of the Tenth International Numismatic Congress, 1986 (by Robert Elderton)".
  30. "P&B coins the AIAM medal". Picchiani & Barlacchi.]
  31. "25 secoli di numismatica siciliana per la medaglia del XV CIN". En Il giornale della Numismatica. 7 de abril de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Congreso_Internacional_de_Numismática&oldid=4983821"