Consellería de Relacións Institucionais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Consellería de Relacións Institucionais foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa relación con outras administracións, especialmente a administración do estado. As súas competencias pertencen na actualidade á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Historia[editar | editar a fonte]

A consellería de Relacións Institucionais foi creada en 1990 por Manuel Fraga no seu primeiro goberno, aparellada á responsabilidade de servir de portavocía ao goberno autonómico. En 1993 convértese nunha consellería sen carteira para Asuntos Parlamentarios, ata que en 2001 é asumida pola consellería de Presidencia. En 2005, coa chegada do bipartito formado por socialistas e nacionalistas, a responsabilidade pasa a ser da Vicepresidencia para a Igualdade e o Benestar, da que se fai cargo Anxo Quintana. En 2009 reincorpórase aos asuntos da consellería de Presidencia

Conselleiros[editar | editar a fonte]

  • Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1990-1997). Conselleiro de Relacións Institucionais e Voceiro do Goberno. A partir de 1993 levará o título de conselleiro sen carteira para Asuntos Parlamentarios.
  • Xoán Manuel Diz Guedes (1997-2001). Conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais.


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Consellería_de_Relacións_Institucionais&oldid=4708944"