Consello Escolar de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O  Consello Escolar de Galicia, creado en 1986, é un foro de reflexión, expresión e achega de ideas dos representantes de todos os sectores sociais na política educativa de Galicia, realizando funcións de asesoramento verbo dos proxectos de lei ou dos regulamentos que haxan de ser propostos ou dictados pola Xunta no ámbito da Comunidade Autónoma.

O Consello Escolar de Galicia, tal e como aparece na Lei 3/1986, do 18 de decembro de 1986, dos Consellos Escolares de Galicia, está integrado por:

a) Oito profesores dos niveis educativos correspondentes do ámbito non universitario de Galicia, propostos polos sindicatos ou asociacións profesionais, que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativos.

b) Cinco pais de alumnos, a proposta das Confederacións ou Federacións de Asociación de Pais de Alumnos en proporción á súa representatividade.

c) Tres alumnos, propostos polas Confederacións de Alumnos, de distintos niveis e especialidades, en proporción á súa representatividade.

d) Dous representantes do persoal de administración e servicios dos centros docentes do ámbito non universitario, designados polas centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas.

e) Dous titulares de centros privados, designados polas organizacións correspondentes en proporción á súa representatividade.

f) Tres representantes propostos polas centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas.

g) Dous representantes propostos polas organizacións empresariais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas.

h) Tres profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade.

i) Seis representantes da Administración Educativa, propostos polo Conselleiro de Educación.

l) Cinco en representación dos Consellos Escolares Territoriais.

ll) Oito representantes da Administración Local, propostos polas Federacións ou Asociacións de Concellos.

n) Dúas personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo Conselleiro de Educación.

ñ) Un representante do Seminario de Estudios Galegos, proposto polo seu órgano de representación.

o) Un representante do Consello da Xuventude de Galicia.


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Consello_Escolar_de_Galicia&oldid=5277574"