Consello Xeral de Arán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sede do Consello Xeral de Arán, en Vielha.
Carlos Barrera, Síndico de Arán.

O Consello Xeral de Arán (en aranés: Conselh Generau d'Aran) é o órgano de goberno autónomo do Val de Arán. Constituíuse oficialmente tralas eleccións de 1991 e está formado por 13 membros. Segundo a Lei 16/1990 do 13 de xullo (DOGC 1326 de 3 de agosto) sobre o réxime especial do Val de Arán, está integrado polo Síndico de Arán (Sindic), polos Conselleiros Xerais (Conselhers Generaus) que funcionan en Pleno e pola Comisión de auditores de Contas (Comission d'Auditors de Compdes).

Circunscricións[editar | editar a fonte]

O Val de Arán divídese en seis circunscricións, correspondentes aos seis terçons históricos. O Consello Xeral está integrado por 13 membros elixidos por cada unha destas circunscricións do seguinte xeito:

A elección directa dos conselleiros xerais, convocada por decreto autonómico, realízase de acordo coa lexislación electoral vixente, mediante listas pechadas e segundo o sistema D'Hondt.

Competencias[editar | editar a fonte]

O Consello Xeral de Arán ten competencia plena en todo o que faga referencia ó fomento e ó ensino do aranés e da súa cultura, de acordo coas normas de carácter xeral vixentes en toda Cataluña no campo da política lingüística e educativa. Ademais, a Generalitat ten que ceder ó Consello Xeral competencias e servizos polo menos sobre as seguintes materias:

  • Ensino.
  • Cultura.
  • Sanidade.
  • Servizos sociais.
  • Ordenación do territorio e urbanismo.
  • Turismo.
  • Protección, conservación e administración do seu patrimonio histórico artístico.
  • Protección da natureza, montaña e vías forestais.
  • Agricultura, gandería, pesca, caza e aproveitamento dos recursos forestais.
  • Salvamento e extinción de incendios.
  • Xuventude.
  • Ocio e tempo libre.
  • Deportes.
  • Medio ambiente.
  • Recollida e tratamento de residuos sólidos.
  • Salubridade pública.
  • Estradas locais.
  • Transporte interior de viaxeiros.
  • Artesanía.

Ademais, correspóndenlle as facultades que a lexislación da Generalitat recoñeza ás comarcas en relación coas actividades e servizos de competencia municipal, a asistencia ós municipios e a cooperación con estes, a planificación territorial e as actuacións especiais de montaña. O Consello Xeral exerce tamén as competencias que lle delega ou lle asigna a Administración da Generalitat de acordo co que establece a lexislación do réxime local. O financiamento das competencias se fará con

  • Ingresos de dereito privado.
  • Taxas pola prestación de servizos e a realización de actividades da súa competencia.
  • Contribucións especiais en impostos do Estado e da Generalitat establecidas a favor das entidades comarcais.
  • Subvencións e outros ingresos de dereito público.
  • Ingresos procedentes de operacións de crédito.
  • Ingresos que se deriven dos acordos de cooperación establecidos coa Generalitat.
  • Multas.
  • Outros que se poidan establecer.

Tamén corresponden ó Consello Xeral participacións nos ingresos provinciais cando se asuman as competencias da Deputación de Lleida e as contribucións dos municipios do Val de Arán.

En 1993 se lle asignou un 1,86% do total da dotación do FEDER, En 1999 lle foron transferidas competencias en educación (elaboración e produción de libros de texto e material didáctico en aranés, formación permanente do profesorado en lingua e cultura aranesa, auxiliares de conversación en aranés, actividades de implantación da reforma educativa e desenvolvemento en lingua aranesa, xestión dos servizos de comedor e transporte escolar e formación ocupacional) e servizos e funcións en materia de transporte interior de viaxeiros. En 2000 se lle transferiron competencias en sanidade e gandería e pesca e en 2003 en formación ocupacional no ámbito da escola de hostalería e servizos sociais.

Composición[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Consello Xeral de Arán
Partido 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015
Convergéncia Democratica Aranesa - Partit Nacionalista Aranés (CDA) 7 7 9 7 6 7 7
Unitat d'Aran (UA) 6 4 2 5 6 5 5
Partit Renovador d'Arties-Garòs (PRAG) 1 1 1 1 1
Unió Popular Aranesa (UPA) 1
Unió Democràtica Aranesa (UDA) 2
Total 13 13 13 13 13 13 13

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Consello_Xeral_de_Arán&oldid=5118906"