Constantino Candeira González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Constantino Candeira González
Constantino Candeira González 1909.jpg
Constantino Candeira, retrato en Vida Gallega, 1909.
Nacemento 1851
  Ponteareas
Falecemento 15 de xaneiro de 1933
  A Guarda
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Constantino Candeira González, nado en Ponteareas en 1851 e finado na Guarda o 15 de xaneiro de 1933, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fundador da fábrica-serradoiro Candeira Hnos no Pasaxe en 1883, con estaleiro no Pasaxe, fábricas-serradoiros en Vigo, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Creou en 1927 o Consorcio de Serrerías del Miño S.A. no Pasaxe con sede central en Vigo. Foi deputado a Cortes n I República e delegado por Pontevedra na Xunta Revolucionaria de 1873, vogal e vicepresidente da Sociedad Pro Monte de 1917 a 1925, e vogal de 1912 a 1917. Foi nomeado concelleiro da Guarda como integrante do listado de maiores contribuíntes en febreiro de 1930 e nomeado alcalde polo Gobernador civil. Renunciou ao cargo o 21 de marzo "por no estar de acuerdo con las directrices emanadas desde el Gobierno Civil que chocaban con su personal filiación republicana".


Predecesor:
Manuel Lomba Peña
 Escudo de A Guardia.svg
Alcalde da Guarda
 
1930
Sucesor:
José María Álvarez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Pérez López e foi pai de Consuelo, Constantino, Carmen, Candelaria, Celso, Celia, Concha e Carlos Candeira Pérez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Constantino_Candeira_González&oldid=4615306"