Constantino Sánchez Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Constantino Sánchez Mosquera
Constantino Sánchez Mosquera 1935.jpg
Nacemento 1887
  A Coruña
Falecemento 7 de xaneiro de 1960
  Montevideo
Nacionalidade España
Ocupación xornalista, médico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Constantino Sánchez Mosquera, nado na Coruña en 1887 e finado en Montevideo o 7 de xaneiro de 1960, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu en clínicas madrileñas e foi profesor no dispensario de María Cristina. En 1913 embarcou para Montevideo. Ampliou estudos en París e en 1928 comezou a exercer a medicina na Asociación Española do Uruguai. Inspirou o Congreso Gallego-Americano (1920) e a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). En 1923 percorreu Francia, Alemaña, Italia e Suíza, ademais de toda España e especialmente Galicia. Pertenceu ao Ateneo da República Oriental, presidiu o Centro Gallego de Montevideo entre 1925 e 1930 e dirixiu o periódico Raza Celta. En 1935 regresou a Galicia e propuxo a creación dun Partido Liberal Gallego, pero regresou de novo ao Uruguai. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.

Era irmán de Luís Sánchez Mosquera.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Las hemorragias ocultas en las enfermedades del aparato digestivo, 1909.
  • El concepto moderno de la úlcera del duodeno, 1910.
  • Etiología y patogenia de la úlcera gástrica, 1911.
  • Páginas de vulgarización, 1926.
  • La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos, 1931.
  • Galicia y su Santo patrono el Apóstol Santiago, 1946.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Constantino_Sánchez_Mosquera&oldid=4610171"