Contusión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Contusión
Clasificación e recursos externos
Contusión na coxa dunha perna.
ICD-10 S00-S90, T14.0
ICD-9 920-924
DiseasesDB 31998
MedlinePlus 007213
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Unha contusión é un tipo de lesión física non penetrante sobre un corpo humano ou animal causada pola acción de obxectos duros, de superficie obtusa ou roma, que actúan sobre o organismo por intermedio dunha forza máis ou menos considerable.[1] Os efectos dun golpe contuso varían segundo a forza e enerxía aplicada sobre o organismo dando lugar a unha lesión superficial, como unha equimose, ou lesións sobre órganos e vísceras que poden comprometer a vida do suxeito, como unha fractura.

Cadro clínico[editar | editar a fonte]

Os signos clásicos dunha contusión son a dor, o aumento de capacidade leve ou moderada no lugar do golpe e, ocasionalmente, edema leve.[2] A contusión é unha lesión pechada que non afecta á pel, polo tanto, non é errosiva nin afecta a epiderme como no caso dunha ferida cortante ou penetrante.[3][4] A pel ou os órganos poden cambiar de cor por efecto do sangue derramado, formando hematomas e equimose.

Cando a contusión é leve, a dor é moderada e tardía, permite continuar o esforzo. Con tratamento, a súa evolución é favorable. Por tratarse dunha lesión pechada, a contusión non leva risco de contaminación externa e infección.[5]

Tratamento[editar | editar a fonte]

En contusións pequenas a inflamación mellora aplicando sinxelamente un pouco de xeo ou compresas frías. Se a contusión provén dun golpe máis forte, adóitase indicar a aplicación de xeo e elevar a parte afectada e deixala en repouso. Os golpes contusos fortes poden afectar órganos sólidos, polo que se debe consultar cun especialista en saúde.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juan Antonio Gisbert Calabuig. Medicina Legal y Toxicología (en español) (2da ed.). Elsevier. ISBN 844581415X. 
  2. Enciclopedia Microsoft Encarta Online. "Contusión". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2009. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  3. Diccionario de la lengua española de la Real Academia Española Contusión (Vigésima segunda edición).por hay del 2019 el quimico darwin creo Último acceso 18 de abril de 2009.
  4. Pedro Mata y Fontanet. Tratado de medicina y cirugía legal (en español) (3ra ed.). Universidad de Oxford. 
  5. Manual Para El Diplomado en Enfermeria (ats/due). Temario de Oposiciones. (en español). MAD-Eduforma. ISBN 8466522735. 
  6. Fernando, Luna Rosauro. Prevención de Riesgos Laborales (en español). Publicaciones Vértice. ISBN 8492598751. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Contusión&oldid=4849812"