Conversa:Inlandsis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Visitas á páxina deste artigo nos últimos 30 días

Estatísticas detalladas de tráfico

Inlandsis, inlandse ou indlandis???[editar a fonte]

Veño de crear o (bosquexo de) artigo "Inlandsis da Antártida", que aparecía como ligazón vermella no artigo Terra. Pero revisando artigos relacionados para atopar duplicidades, categorías, etc. atópome con que no artigo Terra faise referencia a "indlandsis da Antártida", hai outro artigo previo co nome de "Inlandsis", e no artigo Campos de xeo refíerense e enlazan empregando o termo "inlandse" ("inlandsess" en plural). Ningún dos termos mencionados aparece no dicionario da RAG. Reclamo o consello de colegas con formación científica ou filolóxica, ou máis experiencia para arranxar o asunto en todos os artigos nos que apareza e dar homoxeneidade, Agremon, Xas, Miguelferig, HombreDHojalata, Xabier_Cid, Sobreira, Estevoaei, por invocar aos que coñezo. Grazas. --Viascos (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 23:21 (UTC)

Ola, ninguén me chamou, con permiso: Nin idea, vou ver se dou co termo nalgures. Deixo aquí a ligazón a wikidata d:Q12599 e á dbpedia.org para que sexa máis práctico de ver. Un saúdo--Maria zaos (conversa) 20 de marzo de 2018 ás 08:45 (UTC)

Ola, Viascos e Maria. Ben, creo que os problemas son múltiplos e dunha solución complexa. Porque a única solución sería que alguén desenvolvese esa terminoloxía para o galego. Pero vou por partes:

  • Campos de xeo: creo que ese nome é confuso, e a falta doutras referencias, mudaríao. O portugués di calota, o inglés cap e o español casquete. É dicir, unha extensión abovedada, coa forma dun casco. Opcións para o galego: casco, casquiño e casquete. O dicionario da RAG recolle casquete para os polos (ao meu ver un decalque do español innecesario), co cal podemos entender que o termo "casquete" é correcto. Eu preferiría casquiño no sentido de que indica un diminutivo con respecto a unha superficie máis grande (véxase despois). Ademais, e como veremos despois, casquete é confuso, porque se aplica tamén ao termo seguinte. Pero calquera que sexa a palabra seleccionada ten que, por comparación, dar a idea de ser de pequeno tamaño.
    • En calquera caso habería que corrixir o artigo, porque da súa redacción non queda claro que é un casquiño e que un inlandsis.
  • Inlandsis: o estranxeirismo sueco vén estupendamente, e esta é a forma correcta polo que puiden ver. Empregala quizais nos quita dalgúns problemas, porque esa confusión entre o que é menor e maior de 50.000 km2 está presente noutras linguas: o francés e o italiano empregan para isto tamén calotte e calotta, respectivamente, coma o portugués facía para as pequenas. Se non queremos empregar os estranxeirismo, deberiamos optar ao meu ver por "manto de xeo", que é o que fai o portugués, e non empregar "folla de xeo" (decalque do inglés). O problema é que en español tamén lle chaman a isto casquete (véxase o punto anterior) e que ademais os dous únicos inlandsis existentes son un no ártico e outro no antártico, que non son o mesmo, pero coinciden no espazo, co que a RAG denomina casquete polar. En calquera caso, e por comparación, teriamos que ir a un termo que denotase grande extensión.
    • O de orixe escandinava, que temos no artigo, creo que é incorrecto, e mesmo un pouco "desprezativo". Rollo "deses países de aí arriba". Deberiamos pór sueco.

A miña proposta:

  • Por baixo dos 50.000 km2, casquiño de xeo. Ou lomba de xeo.
  • Por riba dos 50.000 km2, inlandsis. Ou manto de xeo.
  • Para as zonas xeográficas polares, casquete polar, porque o di a RAG.

-- Talk 2 me, please 20 de marzo de 2018 ás 09:04 (UTC)

A miña opinión. Inlandsis parece que procede do danés e ten un uso internacional para as extensións de xeo grandes sobre os continentes. Como é unha palabra danesa non ten sentido dicir indlandse ou indlandses. En canto a ice sheet, traducilo por folla non me parece ben (en todo caso capa de xeo), equivale a inlandsis. O casquete polar inclúe o xeo continental e o xeo flotante oceánico dos polos. Para extensións de xeo continentais menores que o inlandsis podería dicirse calota (casco e casquiño crean confusión con casquete), pero non teño referencias.-- Miguelferig(conversa) 20 de marzo de 2018 ás 11:05 (UTC)

Grazas Maria zaos, Xabier Cid e Miguelferig polas vosas aportacións. Parece que polo momento poderíamos quedar con "Inlandsis", á espera de máis referencias. Póñome a arranxar e ampliar algo os artigos citados. --Viascos (conversa) 20 de marzo de 2018 ás 21:30 (UTC)

  • Boas! En "Fundamentals of Geomorphology" cando trata de glaciares que non están definidos pola topografía pero si pola súa forma, describe os "ice sheets", "ice caps" (terrestres) e "ice shelves" (mariños). Como comentades os "ice caps" estarían por debaixo dos 50 mil km2 e os "ice sheets" por máis diso. Despois define os "Inlandsis" dicindo que "son os máis grandes e os glaciares que máis "inclúen a todo"". Defíneos (cito en inglés) "they are complexes of related terrestrial ice sheets, ice domes, ice caps, and valley glaciers". Para a Antártida define dúas Inlandsis (que serían as únicas do planeta) e en Grenlandia unha única "ice sheet". Noutros libros de xeomorfoloxía que teño a man, empregan ice sheets e ice caps do mesmo xeito (ou vd. NSIDC). Pero o uso de Inlandsis só o atopei nese libro e en publicacións en francés. Noutros, empregan directamente "ice sheet" tanto para a Grenlandia como para a Antártida. Vexo que o termo francés é "inlandsis", e que provén do danés "indlandsis". E logo, non teño claro cales serían as mellores traducións: suxiro ampliar "glaciares" e pararse alí coa terminoloxía. Espero que a referencia de arriba vos sirva dalgo. Saúdos! Mgl.branco (conversa) 20 de marzo de 2018 ás 22:49 (UTC)
Unhas cousiñas. Primeiro, parece que a terminoloxía é complexa. Segundo, non atopo referenciado que o termo veña do danés, e non do sueco. Podería ter sentido que fose do danés, tendo en conta o poderío danés no XIX (maior có sueco), pero... en sueco é ese termo, e en danés tería un d máis. Terceiro, calota non é unha palabra galega, segundo a RAG. E cuarto xa: creo que deberiamos evitar traducir directamente do inglés, especialmente se o termo resultante non é claro e definitorio. Ah, e quinto, saber que todo o que fagamos aquí deberá ser mudado no futuro cando se pronuncien as institucións, deberiamos facelo da forma máis correcta e galega posible. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de marzo de 2018 ás 08:20 (UTC)
O de que o termo é "escandinavo" atópoo en "Patterned Ground: Entanglements of Nature and Culture" de S. Harriso (Sec 1, páx. 115)
At the time Ferrar used the term 'Inland Ice', following Sandinavian use of Inlandsis which had come into usage following F. Nansen's first crossing ot Greenland Ice Sheet in 1888.
.
Mais, logo, nos artigos que debaten o termo en Bauer A., 1967 din:
[...] Based on knowledge of Rink's work published in Danish [...] his term Indlandsises as a geographical place name to distinguish the huge part of Greenland from the different, remaining part of the country. The term Indlandsisen is therefore used on Danish topographical maps as and ordinary place name, and [...] it should not be transcribed to "inland ice" or other anglicized term [...] The term "ice sheet" or "ice cover" are more correct to indicate these phenomena. The word Indlandsis should therefore only refer to the Greenland ice sheet. Of general use in Danish is the word Iskappe, normally indicating a glacier type of smaller dimensions than Indlandsisen.
B. Fristrup, 1967
First let us note that the Danish term Indlandsisen is applied to the ice of Greenland thanks to Dr. Rink, who first had the general idea of the origin and development to this immense glacier which covers Greenland. But Indlandsisen means ice of the interior, ice in the middle of the land, continental ice (glace continentale) according to the usage employed by F. Johnstruo (1890). [...] Further this term can easily be translated into English (Inland Ice) and German (Inlandeis) [...] In French there is no literal translation and as the term glace continentale is not very happy, for more than half century Indlandsis has been used. Petit Larouse gives the following definition: "INLANDSIS n.m. (mot norvég,. de in, dans, land, pays, et is, glace). Glacier continental des régions polaires recouvrant le reflief et se terminant à sa périphérie par des glaciers de valée qui atteignent la mer, ou par une barrière de flace. SYN.: callote glaciaire."
A. Bauer, 1967
Parece que se describiu en danés e logo se adaptou ao francés; e que se dubidou (ou se dubida?) de se chamarllo a esa rexión de Groenlandia ou aplicalo ás demais (ie. as dúas plataformas que cubren a Antártida). Que o termo sexa en danés creo que foi pola descrición dun explorador dalí. No artigo que cito hai algunha dúbida gramatical do termo nesa lingua, pero que non entendo ben a que se refiren. Polo que vexo agora, é preferible usar "Inlandsis" como sinónimo de "ice sheets" (casquete polar?) para as tres do planeta, e diferencialo ben de "ice caps". Eses termos non deberían "chocar" con "ice domes" e "ice shelf". Cales deberían ser as traducións de ice sheets/caps, arestora non estou seguro. Mgl.branco (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 11:49 (UTC)
Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo.JPG

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Todo iso que comentades está moi ben, mais non deixan de ser investigacións orixinais. Para determinar cal é a forma do nome que temos que empregar o que hai que facer é procurar o que din as fontes en galego. Na DS21 non dou atopado entrada con ningunha das formas (islandsis, islandse, indlandis, indlandsis, inlandse ou inlandsis). Porén, no DEGU e na EGU:

  • "inlandsis*". Diccionario enciclopédico galego universal 34. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 90. ISBN 84-7680-429-6. [ing] s m XEOG Grande acumulación de xeo, cun espesor medio na parte central, superior ós 2.000 m. Actualmente hai dous grandes inlandsis: o de Groenlandia (1.660.000 km²) e o da Antártida (máis de 13.000.000 km²) 
  • "inlandsis*". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 384. ISBN 84-7680-288-9. [escandinavo] s m XEOG Grande acumulación de xeo que, en forma de lente biconvexa, cobre unha superficie extensa, cun espesor medio na parte central, superior ós 2.000 m. Os máis grandes son o de Groenlandia (1.660.000 km²) e o da Antártida (máis de 13.000.000 km²)  --. HombreDHojalata.conversa 21 de marzo de 2018 ás 15:59 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Grazas por esas referencias en galego!: mágoa non ter acceso dixital a elas. HombreDHojalata, comentei o anterior para axudarlles a Viascos, Xabier e Miguel co que falaran e atopar o termo que fose o máis adecuado (se é Islandsis ou Indlandis) ou axudar coa tradución (se fose preferible), e sobre a etimoloxía do termo (e ver se era do danés ou doutra das linguas escandinavas). As citas que mencionei aquí foron un libro xeral de xeomorfoloxía (Fundamentals of Geomorphology), un libro de difusión científica (Patterned Ground), e un artigo científico en "Journal of Glaciology" (da IGS para a Ed. Cambridge) do 1967 no que revisan o termo e a súa definición, e que (polo que entendín) describiu por primeira vez Hinrick Rink en 1877. Entendo que son fontes acreditadas, verificables e secundarias (ie. son textos da "comunidade académica" "publicado por fontes reputables e revisadas"). Pódese dubidar con que o artigo científico sexa fonte primaria, pero nel non describen ese termo por primeira vez senón que o revisan outros autores décadas despois; así que entendo que é máis ben unha fonte secundaria. Paréceme ademais un bo recurso para mellorar a definión. Como atopaches do DEGU e EGU, as fontes que citei tamén empregan o "inlandsis". Deica! Mgl.branco (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 21:34 (UTC)

Si, grazas. Igual non me expresei ben antes. Desculpas. Referíame á busca da modalidade máis axeitada, en galego, da palabra en cuestión. . HombreDHojalata.conversa 21 de marzo de 2018 ás 21:46 (UTC)

Ben, parece que xa temos algunhas referencias e que o nome pode quedar en "inlandsis". Queda aquí constancia de todo elo. HombreDHojalata xa engadíu as referencias ao artigo Inlandsis. Mgl.branco, se atopas o xeito de encaixar o que atopaches no artigo sería perfecto. Grazas a todos polas interesantísimas aportacións.--Viascos (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 23:37 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa:Inlandsis&oldid=4681503"