Conversa:Omar Khayyam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Como cumpriría transcribir o nome deste persoeiro, Norrin strange (ou outros)? Grazas. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2017 ás 19:06 (UTC)

Boas Atobar. Primeiramente dicir que WP:TRL non contempla (aínda) o persa. Porén, de ampliar a política algún día, o mais probable será optar polo sistema nacional iraní. Dito sistema foi adoptado en 1966, oficializado pola UNGEGN en 1967, e modificado pola mesma en 2012. Según dito sistema o nome en persa [ عُمَر خَیّام ] se podería romanizar como:
  • عُ → O
  • مَ → ma
  • ر → r
  • خَ → Xa
  • یّ → yy
  • ا → a
  • م → m

Teño as miñas dúbidas coas xeminadas, que no caso do árabe non marcamos ao haber unha proposta galega. Porén, ao non ser fonte primaria, creo que deberíamos optar por Omar Xayyam. --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2017 ás 07:35 (UTC)

Moitas grazas, Norrin. Entendo entón que cumpriría aprobar unha política sobre transliteración similar á que se fixera para o cirílico. Eu disto entendo moi, moi pouco. Era ben que os que si sabedes nalgún momento lle metésedes man. En canto a este artigo en concreto, procede que mude a entrada a Omar Xayyam? Saúde. --Atobar (conversa comigo) 16 de outubro de 2017 ás 10:30 (UTC)
Cómpre facer unha proposta de transliteración para o persa, si. Eu agora non teño tempo, e de facer unha ampliación da política querería engadir mais linguas ademáis do persa. Penso que polo de agora o mellor é deixar o artigo co título que ten, e de aprobarse unha ampliación da política xa se moverá máis adiante. --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2017 ás 10:56 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa:Omar_Khayyam&oldid=4585943"