Conversa:Pico Urriellu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

En galego non existe a "j". Voto por movelo a "Laranxo de Bulnes" ou no seu defecto, o nome asturiano, que polo menos adáptase á ortografía do noso idioma. --Norrin_strange (Talk) 09:52, 13 agosto 2006 (UTC)

Non imos inventar nomes, Laranxo de Bulnes é claramente unha tradución sen a mínima tradición en galego. Urriellu véxoo ben, penso que deberá ser o título do artigo, o que non teño claro é se é mellor Picu Urriellu ou Pico Urriellu, supoño que a segunda xa que formas como monte, illa, cabo... si se traducen--Miñato 10:03, 13 agosto 2006 (UTC)

  • O cambio realizado (inda que dende unha perspectiva afectiva me gusta) pode contravir as políticas da Galipedia. Para poder mudar o artigo hai que demostrar que ese é nome oficial. A discusión é máis ampla do que os usuarios anteriores consideran e non procede a discusión mentres non se demostre que non hai nome oficial ou que Pico Urriellu é o nome oficial (pénsese noutro artigo, por exemplo, Oviedo, compárese con Xixón - Gijón, obsérvese que Oviedo e Gijón son os nomes oficiais e eses son os nomes que, segundo as políticas, deben ter ditos artigos).

Procedo a dirixirme ós usuarios anteriores para abrir diálogo antes de volver a páxina á súa anterior denominación. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:27, 31 decembro 2006 (UTC)

Picu Urriellu[editar a fonte]

Non sei se será a oficial pero na web do Parque Nacional dos Picos de Europa no mapa aparece Picu Urriellu, e non é un mapa que respecte precisamente a toponimia tradicional asturiana, pódese ver aquí[1] Naranjo de Bulnes creo que é o nome que lle deu un xeólogo alemán e que pola súa sonoridade se fixo famoso e realmente tampouco sei se algunha vez foi de verdade oficial--Miñato 19:51, 31 decembro 2006 (UTC), por certo pode demostrar alguén que Naranjo de Bulnes é oficial? tamén se pode volver a pregunta ao revés.--Miñato 19:53, 31 decembro 2006 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa:Pico_Urriellu&oldid=4585729"