Conversa:Ribeseya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nome[editar a fonte]

Por que tomamos como válida unha forma que inclúe unha letra que non existe en galego? Hai referencias para Ribeseya en galego? Se nos baseamos en este documento vale que diga que sexa a forma oficial, pero en galego? En inglés o nome oficial de Londres é London e non empregamos esa forma en galego. --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 15:34 (UTC)

Por certo, a propia web do concello o chama Ribadesella... --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 15:43 (UTC)
Segundo Criterios para o uso da lingua (2012) da Universidade da Coruña: á hora de empregar en galego a toponimia do Estado español respectarase a lingua de partida. Así, a forma galega para a catalá «Girona» será «Xirona», aínda que se se quixer, poderá empregarse a forma propia de cada idioma. Para a denominación das localidades de Euskadi respectarase o seu criterio de cooficialidade (Bilbo-Bilbao, Vitoria-Gasteiz); con todo, de se empregar só unha forma potenciarase a autóctona («Donostia» no canto de «San Sebastián», «Errentería» no canto de «Rentería» etc.) (páxina 129). --Chairego apc (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 15:54 (UTC)
Chairego apc os exemplos que estás poñendo falan do caso do catalán e o éuscaro. Citando o texto que indicas dí: á hora de empregar en galego a toponimia do Estado español respectarase a lingua de partida. O topónimo deste concello é dobre, e insisto en que nos documentos oficiais do concello, así como na súa web empregan a forma Ribadesella. Por outra banda, a lingua oficial do Principado de Asturias e só o castelán, a diferenza do que sucede en Cataluña ou no País Vasco, onde é cooficial xunto coas linguas autóctonas. O documento que citei antes, establece que a forma é dobre Ribadesella/Riveseya, polo que tampouco se pode afirmar que a forma Ribeseya sexa a única forma autóctona, menos cando resulta controvertida, e menos aínda cando o castelán e a lingua oficial do Principado. --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 17:31 (UTC)

Como vexo que engadiches a referencia do BOPA, cito textualmente o que dí:[1]

Código
Nombre oficial hasta ahora
Nombre oficial desde ahora
56 07 00
RIBADESELLA RIBADESELLA/RIBESEYA
56 07 01
RIBADESELLA RIBADESELLA/RIBESEYA (capital)

Polo que insisto en que Ribadesella é unha forma oficial, ao igual que Ribeseya, mais se empregan de forma conxunta, ao ser só o castelán a lingua oficial de Asturias. --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 17:43 (UTC)

Referencias

  1. Boletín Oficial del Principado de Asturias (ed.). "Decreto 46/2010, de 18 de mayo, por el que se determinan los topónimos oficiales del concejo de Ribadesella" (PDF). Consultado o 3 de xuño de 2018. 
En Criterios para o uso da lingua (2012) fálase de lingua de partida (non se especifica oficial ou non oficial) e aplícase á toponimia do Estado español (non só Cataluña e o País Vasco). A lingua de partida, neste caso, sería a lingua asturiana (que é a autóctona). A referencia do BOPA indica que o nome oficial pasa a ser Ribadesella/Ribeseya, polo que temos dúas opcións:
E dálle co da autóctona. O castelán é tan autóctono en Asturias como o bable. Discordo con empregar só a forma Ribeseya, cando nin na propia Asturias se utiliza. Non é o mesmo caso que o catalán e o vasco. O asturiano non é lingua oficial. --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 18:55 (UTC)
Pode que o asturiano non sexa lingua oficial, pero a súa toponimia si que o é. --Chairego apc (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:03 (UTC)
Vale, logo haberá que usar a forma dobre, xa que a forma que se establece para a toponimia é Ribadesella/Ribeseya.--AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:04 (UTC)
Artículo 2.—

Denominaciones oficiales.

Los topónimos determinados en el presente Decreto tienen la consideración de denominaciones oficiales, sustituyedo a las anteriormente vigentes, si las hubiere.

Por certo, o tema da lingua autóctona se pode reducir ao absurdo. Por exemplo, a cidade de Ceuta, segundo o artigo Linguas de España ten como lingua autóctona o árabe, e a ninguén se lle ocorreu mudar o nome por Sebta.--AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:08 (UTC)

Por sorte nese caso contamos coa definición da RAG para ceutí: De Ceuta ou dos seus habitantes. Que opina o resto da comunidade? Nome duplo Ribadesella/Ribeseya ou simplemente Ribeseya? --Chairego apc (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:12 (UTC)
Trasladei a cuestión á Taberna. Pero continúo sen ver o de empregar "Ribeseya" por que si. --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:21 (UTC)
Coido que argumentei as miñas aportacións con referencias. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:23 (UTC)
Si si, eu tamén puxen referencias para a forma dobre e simple en castelán. Insisto no feito de que nin sequera na propia web do concello de marras fan referencia algunha ao topónimo Ribeseya, por algo será. --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:29 (UTC)
Por certo, xa que sacas o tema, a recomendación que comentas di:
Ora ben, nas denominacións de lugares cunha frecuencia de uso máis restrinxida ou que designan entidades de poboación menores (cidades con menos poboación, vilas etc.) respectarase a forma orixinaria e nunca se traducirán literalmente os nomes (Jerez de los Caballeros, Villanueva de los Infante...

--AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:37 (UTC)

@AMPERIO: o castelán non é lingua autóctona de Asturias; bótalle un ollo a Lingua castelá. Respecto á última recomendación que citas, este caso non ten nada que ver con Jerez de los Caballeros e Villanueva de los Infantes; ti indicas que neses casos "respectarase a forma orixinaria e nunca se traducirán literalmente os nomes", mais Ribeseya non é unha tradución, senón unha forma propia. Non entendo os teus argumentos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xuño de 2018 ás 21:29 (UTC)
Cito dous exemplos que aparecen no artigo es:Lengua propia.
La Ley de uso y promoción del asturiano, aprobada por la Junta General del Principado de Asturias en 1998, en su artículo primero, reconoce a esta lengua como «tradicional» de Asturias, sin definirla como propia.
El Estatuto de Autonomía de Castilla y León establece que el dialecto leonés será objeto de protección por parte de las instituciones autonómicas. Su protección, uso y promoción serán objeto de regulación. A su vez, se recoge el respeto y la protección de la lengua gallega. Ambas no son establecidas como lenguas propias.

Como vemos, o asturiano non está recoñecido como lingua propia, senón tradicional. Do mesmo modo que en Castela e León o galego ten carácter de protexido, pero tampouco sen ser lingua propia. O castelán por suposto que é lingua autóctona de Asturias, en tanto que autóctono se considera "1. adj. Dicho de una persona o del pueblo al que pertenece: Originarios del propio país en el que viven. Apl. a pers., u. t. c. s..[1] Ata onde eu entendo, o castelán é lingua autóctona de España, xa que non foi traída por unha cultura allea senón que naceu na Península Ibérica a partir do latín. O asturiano, leonés, etc, tamén son linguas autóctonas, que gozan de protección, pero non teñen a consideración de "linguas propias" tal e como recollen os estatutos de autonomía. Por iso digo, que de usarse a forma Ribeseya deberíase empregar a forma dobre Ribadesella/Ribeseya, xa que o topónimo oficial é ese e non só Ribeseya. --AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 10:26 (UTC)

Na definición de 'autóctono' que dá a RAE estás a confundir país con estado, cando non son sinónimos perfectos. O castelán é lingua autóctona de España, si, pero só dunha determinada zona de España. España ten moitas linguas autóctonas, non só unha. O catalán, o galego, o vasco, o asturiano son linguas autóctonas de España. Así mesmo, o portugués é lingua autóctona de Portugal, pero non de todo Portugal. É o castelán lingua autóctona das illas Canarias? Non. É lingua autóctona de Galicia? Non; aquí a lingua autóctona é a galega. En Asturias a lingua autóctona é a asturiana. E non confundas recoñecemento legal con realidade, pois a existencia e orixe dunha lingua non vén determinada por un determinado status. Seguindo ese criterio, a lingua asturiana foi creada en 1998, pois até entón non tiña recoñecemento legal.
Retomando o uso de Ribeseya, xa deixou claro Chairego que segundo os Criterios para o uso da lingua da UdC debe respectarse a lingua de partida. Con mellor ou peor criterio o Pleno do Concello escolleu como forma asturiana Ribeseya, e a lingua propia que se fala nesa vila é o astur-leonés, segundo recolle o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, concretamente a variante oriental. Xa que logo, se a Galipedia respecta ditos criterios, debe usarse o topónimo na lingua de partida, neste caso Ribeseya. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xuño de 2018 ás 10:53 (UTC)
País: Territorio constituido en Estado soberano.[2] --AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 11:03 (UTC)
Sigo sin estar de acordo, pero non vou seguir con esta discusión que non leva a ningún lado. Como se o queredes poñer en chinés. --AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 10:58 (UTC)
  1. http://dle.rae.es/?id=4RuA840
  2. http://dle.rae.es/?id=RT371RT
  3. Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa:Ribeseya&oldid=4753153"