Conversa Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Afírmase que un excelente traballo, mesmo merecdor dun Premio Nobel non é publicable na Galipedia "visto que tal traballo ainda non foi publicado por unha fonte que dispoña de un comité editorial recoñecido". Chamo a atención a esta última condición: "comité editorial recoñecido". Se isto é prciso imos quedarnos con moi poucas fontes de información, xa que tal "comité editorial recoñecido" é cousa de Nature, Science e pouco máis, e a inmensa maioría de libros e revistas -e xa non digamos das webs- non teñen tal comité nin nada parecido. Pos citar dous exemplos coñecidos de todos como fonte de información na Galipedia: El País ou La Voz de Galicia. ¿Imos de deixar de recoñecelos como fontes para os nosos artigos? Pedro --Lameiro 15:51, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Tes razón Lameiro. Pero esta páxina acaba de traducirse da Wiki portuguesa e está aberta a trocos e modificacións. supoño que despois de que quede ó gusto de todos terá que votarse. AlberteSi, digame? 16:00, 8 setembro 2007 (UTC)

Si, alguén suxeriu que haberia que traducir as politicas que faltan e deixeino todo como estaba a mantenta, é mellor abrir un debate antes de cambiar algo do contido. Eu son mais partidario de estabelecer unha prelación de fontes, de fontes de maior ou menor importancia que ser tan puristas. --Emilio juanatey 16:08, 8 setembro 2007 (UTC)

Non se trata dunha política común, cun contido común a Mediawiki como pasa coa definición de Burócratas e administradores? Se fose así o que habería que pulir é a tradución pero o contido sería obrigado mantelo por Mediawiki (ver: intervención de Rocastelo en Conversa Wikipedia:Burócratas). Eu no que non me aclaro é no que son as políticas comúns a todas as wikis e cales son propias de cada unha delas, e se as que son comúns son obrigatorios uns contidos mínimos pero poden ampliarse ou non. Descoñecendo todo esto xa non sei o que é modificable e o que non, o que é oficial e o que non. Lansbricae (Ti dirás) 12:32, 17 setembro 2007 (UTC)

Todo lo que emane de es:Wikipedia:Los cinco pilares es "oficial". Son los principios del proyecto. Cosas como los procedimientos de voto, terminología, toponimia, métodos de elección de administradores... es particular de cada proyecto. Un saludo --Ecemaml (talk to me) 13:31, 17 setembro 2007 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Wikipedia:A_Wikipedia_non_é_unha_fonte_primaria&oldid=1602951"