Conversa Wikipedia:Administradores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Please make link to meta[editar a fonte]

Please help me! to make a link to m:Administrators of various Wikipedias in Article. I hope make link like a see also section ,and if possible, please update meta page when your langage adminstrators condithion will be changed. Thanx!--Suisui 12:57, 14 Jun 2004 (UTC)@meta

Política ou proposta[editar a fonte]

Descoñezo se o contido desta páxina é unha política oficial da galipedia, aprobada seguindo as normas de votacións ou unha proposta xa que non atopo o debate por ningures. ¿É común a todas as wikis? Lansbricae (Ti dirás) 11:44, 15 setembro 2007 (UTC)

Se se trata dunha proposta eu aportaría que os cargos de administradores nunca fose vitalicio, xa que pola propia natureza das súas funcións (máis cargas e máis obrigas) a persoa que as asuma estaría obrigada de por vida cousa que non creo moi apropiada. Se se tratase dun título nobiliario ou galardón dalgún tipo si estaría xustificada a característica de vitalicia. Creo que eses cargos debereían estar suxeitos a un temporalidade determinada, e renovacións periódicas mediante sistemas participativos de votación por parte de toda a comunidade, co que os administradores tamén se sentirían respaldados no seu labor e a confianza depositada neles por parte da comunidade sexa renovada pola mesma. Lansbricae (Ti dirás) 13:09, 15 setembro 2007 (UTC)

  • Nen unha cousa nen outra. É unha páxina informativa sobre un rol técnico e depende do software. As decisións sobre como se escollen si poden ser obxecto de políticas propias. --Xosé (✉) 19:19, 19 setembro 2007 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

    • Coido que se fai necesario incluir aquí unha ligazón á política sobre elecciónd e administradores recén aprobada. Do mesmo xeito tamén se debería ter en conta a diferencia entre os administradores elexidos mediante esta política (de momento ningún) e os elexidos por outras vías. Non vou entrar a valorar os sistemas utilizados con anterioridade pero si creo que debería informarse da diferencia que co tempo existirá entre uns administradores e outros. Lansbricae (Ti dirás) 19:22, 7 novembro 2007 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Wikipedia:Administradores&oldid=4555905"