Conversa Wikipedia:Artigos da Diciopedia do século 21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Imaxes[editar a fonte]

@Elisardojm: grazas polo teu traballo nesta páxina, porén, coido que non ten sentido ningún incluír imaxes, máis ou menos parecidas, as da DS21, nela. Deberían retirarse as que non son exactamente as que aparecen no papel.

Esta é unha páxina de traballo. Non é un artigo enciclopédico. A función desta páxina é de referencia. É un simple índice do que hai na DS21.

Non ten nin pes nin cabeza asociar imaxes que non aparecen na DS21 á DS21.

Eu eliminaríaas todas, mesmo as coincidentes (agora mesmo das máis de 20 só 2 coinciden), porque, como digo, non engaden nada á funcionalidade da listaxe.

Non é significativo de nada que algúns artigos da DS21 inclúan imaxes e outros non, e que os que teñen imaxes teñan esas en concreto e non outras. Iso respondeu, igual que no caso dos nosos artigos, á dispoñibilidade no momento, ós criterios de maquetación etc.

Amais, dende un punto de vista práctico, xa é unha tarefa inxente completar o índice, como para investir tempo (moito tempo) en ir procurando as imaxes, que, como digo, non teñen que ver co produto editorial do que fala esta páxina.--. HombreDHojalata.conversa 2 de abril de 2018 ás 14:27 (UTC)

Como vexas, a miña idea de incluír as imaxes era para reflectir que na Galipedia se poden atopar os mesmos contidos, ou semellantes, que ós da DS21. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2018 ás 15:54 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Wikipedia:Artigos_da_Diciopedia_do_século_21&oldid=4702944"