Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Personalidades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Personalidades[editar a fonte]

Engadir unha mensaxe


Temas pendentes[editar a fonte]

  • Resolver relacións entre categorías Personalidades de...
  • Mensaxes relacionadas
  • Desenvolver as subcategorías de Personalidades da política
  • Mensaxes relacionadas

Debate[editar a fonte]

Intervención de Xosé sobre solapamento de categorías[editar a fonte]

Corresponde á edición 207179 do 25 de setembro de 2006 na páxina Wikipedia:Wikiproxecto_Categorías/Índice_temático_de_categorías.

  • Hai solapamento entre tres categorias: Category:Personalidades históricas, Category:Personalidades da política e Category:Políticos. Esta última está dentro da segunda. A primeira divídese en Category:Militares e Category:Monarcas. Penso que non hai un criterio claro para facer esta división. Propoño que se debata aqui se se manteñen estas categorias ou se se reducen e, en calquer caso, que se acorde un texto que identifique claramente como asignar cada personalidade a cada unha das categorias e que se coloque na páxina de categorias correspondente. Xosé (✉) 16:54, 25 setembro 2006 (UTC)

Material de traballo[editar a fonte]

Personalidades históricas
non se atopou nada

Inclúo como material de traballo as árbores das categorías personalidades, personalidades históricas e personalidades da política. --Prevert(talk) 09:38, 29 setembro 2006 (UTC)


Políticos[editar a fonte]

Non estou moi seguro de que sexa este o sistema e o estilo axeitado ás páxinas de debate de categorías. Por favor, corrixídeo como vexades.

O problema, que xa foi suscitado na Taberna, é que hai un número elevadísimo de entradas na categoría Políticos. De feito, debe haber uns 600 na actualidade. Eses non están clasificados de ningunha forma, e creo que sería necesario.

Unha posibilidade sería combinar unha subcategorización xeográfica (políticos de Galicia, políticos dos Estados Unidos, políticos do Reino Unido) cunha subcategorización técnica, que dalgunha forma xa está creada (presidentes da Xunta, presidentes da Comisión Europea, secretarios xerais da ONU, presidentes da República francesa...). --Xabier Cid 09:42, 19 outubro 2006 (UTC)

Symbol support vote.svgConcordo --Xosé (✉) 12:35, 19 outubro 2006 (UTC)
  • Vexo ben a subcategorización xeográfica e a subcategorización técnica, pero creo que se han de crear en diferentes niveis. Propoño clasificar primeiramente considerando a subcategorización xeográfica:
Category:Personalidades da política na CEE (recollería os que teñen cargos en Europa)
Category:Personalidades da política en Galicia
Category:Personalidades da política en Francia

Posteriormente, como subcategorías das anteriores, atenderíase á clasificación técnica --Lmbuga Commons - Galipedia 16:56, 19 outubro 2006 (UTC)

Por outra banda creo que podería proceder que Category:Personalidades históricas fose eliminada, pois pasados os anos, tódalas personalidades son históricas. Os monarcas poderían incluírse en Category: Personalidades da política--Lmbuga Commons - Galipedia 14:25, 25 outubro 2006 (UTC)

  • Estou de acordo co que di Lmbuga, semella unha solución sinxela que se pode por en marcha inmediatamente. Así e todo estaría ben coñecer a opinión de Sobreira que ten traballado moito na categoría personalidades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:21, 25 outubro 2006 (UTC)
  • Symbol neutral vote.svgNeutro Carallo, lino e pensei que opinara, pero vese que non. Creo que non é algo que sexa urxente, antes habería que rematar coas 700 páxinas de category:PendenteCategoría. De tódolos xeitos, creo que calquera opción que se tome debería conservar o comezo "Personalidades da/e/o/as/os" --Sobreira (parlez) 19:32, 30 novembro 2006 (UTC)


Semella haber acordo en canto a subcategorizar Personalidades da política e eliminar Personalidades da historia. En conclusión e a falta dalgunha precisión posterior xa se pode poñer en marcha o aquí exposto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 11 decembro 2006 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Wikipedia:Wikiproxecto_Categorías/Personalidades&oldid=582961"