Conversa usuario:AMPERIO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Conversa


Benvido á Galipedia, AMPERIO!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:21, 19 decembro 2009 (UTC)

Arquivos
Replacement filing cabinet.svg
1, 2, 3, 4, 5, 6





Eduardo II[editar a fonte]

Boas, botareille un ollo e irei facendo ós poucos. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 4 de xaneiro de 2019 ás 09:03 (UTC)

Boas AMPERIO. Xa lle dei un repaso ó artigo, e só teño unha dúbida sobre o termo encabalgamento, xa que a RAG non recolle ese significado senón como recurso literario, tampouco dou atopado outro máis acaído. Se cadra outra persoa sabe. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 6 de xaneiro de 2019 ás 10:48 (UTC)
@Breogan2008:, mil grazas pola revisión. Quizais Estevoaei ou Atobar coñezan algunha outra forma de poñelo. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2019 ás 10:52 (UTC)
Mudeino por equitación, que é o termo que empregan en castelán. --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2019 ás 11:15 (UTC)
Xenial, grazas. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 6 de xaneiro de 2019 ás 11:16 (UTC)
Si, está a referirse xustamente ao que indica AMPERIO: equitación ou hípica. --Atobar (conversa comigo) 6 de xaneiro de 2019 ás 12:13 (UTC)

@Atobar:, se queres botarlle unha ollada a ver se atopas algo máis estaría ben :) --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2019 ás 12:15 (UTC)

RE:1000 artigos de novo[editar a fonte]

Non atopei información sobre eses artigos na ligazón ó currículo que indicaches, tampouco atopo no currículo a materia de relixión... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xaneiro de 2019 ás 00:28 (UTC)

É certo, as biografías de escritores non aparecen no currículo, pero o que si aparece é a materia de Lingua galega e Literatura na que se estudan a maioría deses autores. A materia de relixión non a atopei no currículo galego. A maiores estou a ver que na ligazón que me indicaches na Xunta de Galicia, as materias están divididas en catro categorías, as troncais, as específicas, as de libre configuración autonómica obrigatoria e as de libre configuración obrigatoria. Realmente hai moitas máis materias das que se indican no wikiproxecto, e non todas están reflectidas nas seccións que ten, eu entendo que o proxecto debería centrarse nas obrigatorias e nas específicas primeiro, e se a cousa vai medrando, ir ampliando contidos das materias de libre configuración. Pero o mellor sería ter axuda de algúns profesores que coñezan o currículo galego para axeitar as listas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2019 ás 10:45 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Boas, Amperio, no artigo Depuración_franquista_do_maxisterio_español coas categorías de Represaliados polo franquismo e Ensino chegará? Un saúdo e moitas grazas. Lles (conversa) 14 de xaneiro de 2019 ás 12:03 (UTC)

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:AMPERIO&oldid=5060218"