Conversa usuario:Anxo Núñez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Anxo Núñez Fernández!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.pngOrtografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 10:55 (UTC)

Referenciar[editar a fonte]

Ola, Anxo. Calquera contido que engadas debes referencialo. Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 10:55 (UTC)

Daquela non pode quedar. A Wikipedia (pode revisar a guía de edición) non é fonte primaria e tampouco non admite investigacións orixinais. Todos os contidos que recolle foron primeiramente expostos en publicacións acreditadas. Se nalgún momento deses coa denominación que propós (seguramente como santo Ourente e non *san Ourente; á parroquia é Santo Ourente de Entíns), non dubides en achegala para podérmola incluír como denominación alternativa válida. Por outra banda, para conversar cun usuario, tes que facelo tal cal o fixeches pero, no canto de ao comezo da páxina, ao final. E que non che esqueza asinares as mensaxes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 15:00 (UTC)

páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola, Anxo.

Segundo as normas adoptadas na Galipedia polas persoas usuarias, os contidos das páxinas de usuario non se deben borrar, senón que deben quedar arquivados. É por iso que recuperei as mensaxes que outros compañeiros che deixaron. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de outubro de 2018 ás 08:51 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Anxo Núñez Fernández. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de outubro de 2018 ás 09:02 (UTC)

Ría de Muros e Noia[editar a fonte]

Boas Anxo, desfixen o teu engadido no artigo xa que non é un feito consolidado, é unha marca publicitaria coa que os concellos queren que se coñeza, pero polo momento isto aínda non sucede. E como podes consultar en Wikipedia:O que a Wikipedia non é, non se pode facer publicidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2018 ás 13:39 (UTC)

Proposta de borrado de María Xosé Suárez Castro[editar a fonte]

Boas, o artigo María Xosé Suárez Castro está proposto para borrado por non ter relevancia enciclopédica, podes facer comentarios sobre este tema en Wikipedia:Votacións para borrar/María Xosé Suárez Castro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2019 ás 12:40 (UTC)

Manuel González López[editar a fonte]

Boas, o artigo Manuel González López, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2019 ás 15:55 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Anxo_Núñez_Fernández&oldid=5177085"