Conversa usuario:Atobar/arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arquivo das conversas celebradas no primeiro semestre de 2009:

Índice

Borrado de artigo[editar a fonte]

Boas noites, Atobar. Acabo de borra-lo artigo sobre Alejandro Tobar por contido insuficiente e posible copyvio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:50, 4 febreiro 2009 (UTC)

Ponte Romana de Lugo[editar a fonte]

  • Boas. Sintoo moito pero tiven que borrar o artigo Ponte Romana de Lugo xa que ao estar copiado de dúas páxinas web infrinxe as normas da Wikipedia sobre o copyright. Para calquera dúbida tes varios artigos que explican isto na axuda ou podes contactarme a mín ou outro administrador. Grazas pola túa colaboración na Galipedia. Un saúdo --Banjo tell me 14:57, 10 febreiro 2009 (UTC)
  • Volvín a revisar, vín que engadiches cousas, pero o texto segue sendo demasiado semellante ao das dúas páxinas, polo que sigue sendo unha potencial violación de copyright. Restaurei a páxina tal e coma a creaches en Wikipedia:Zona de probas, para que podas traballar nela e se tras os cambios que sexan necesarios ves que xa é o suficientemente diferente poidas volver a crear o artigo. Ademáis creo que poderías deixar unha mensaxe na taberna para que outros usuarios que posúan información ou compartan o interés polo tema podan axudarche a mudar o artigo e arranxa-lo (e/ou engadir contido) conforme xa non sexa tan semellante a estas dúas páxinas, sendo apto nese momento para ser un artigo de seu. Un saúdo --Banjo tell me 15:37, 10 febreiro 2009 (UTC)
  • Pois si, creo que sí, xa non se asemella tanto ás webs. Pola propia natureza da wiki o artigo seguramente sufra máis modificacións, engadidos doutras fontes, etc. que o mellorarán e distanciarán máis desas dúas webs, pero tal e como está agora eu diría que é válido. Saúdos --Banjo tell me 15:25, 11 febreiro 2009 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Mista futbol.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Mista futbol.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:08, 6 marzo 2009 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Ola Atobar! As imaxes que estás a cargar na Galipedia carecen de licenza e orixe. A única posibilidade de que poidan permanecer na wikipedia é que esas imaxes posúan unha licenza compatible coa Wikipedia, ou se as fotos as tomaches ti que lle deas ti esa licenza. Se as imaxes carecen deses datos ou teñen copyright, van ter que ser eliminadas. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:52, 8 marzo 2009 (UTC)

Mellora[editar a fonte]

Teño que recoñecer que cos cambios que fixeches en Zora Neale Hurston quedou o artigo moito mellor con diferencia, o meu galego é moi pobre, escribindo e lendo os artigos da Galipedia procuro aprender a escribilo un pouco mellor. --Dougweler 21:37, 8 marzo 2009 (UTC)

Borrado de imaxes[editar a fonte]

Ola, nestas últimas horas subiches catro imaxes de persoeiros e marcáchelas como liberadas no dominio público. Unha delas, cando menos, non o estaba, e tiven que borrala.

Non podemos subir imaxes que non son nosas: os fotógrafos teñen os seus dereitos, e moitas veces tamén teñen os seus dereitos as editoriais que repreoduciron orixinalmente esas fotos. Só podemos publicar como dominio público imaxes que nós mesmos creemos e liberemos no dominio público, ou ben que outros creasen e liberasen explicitamente no dominio público. Prégoche que revises as outras imaxes subidas (pois ti sabes mellor de onde as sacaches) e que, se non seren feitas efectivamente por ti diante dos paisanos, as marques para o seu borrado. ;) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:10, 8 marzo 2009 (UTC)

Para borrar imaxes. Igual ca para borrar artigos. Non borras nada: só con poñerlle o marcador {{lixo}} ao artigo ou imaxe xa pasará alguén a borralo. Se pos o marcador {{lixoporque|}} entre a | e a } podes explicar a razón, que neste caso sería "subina por erro".
Licenzas. As licenzas de imaxes son das cousas máis complicadas, pero non son imposibles. Cando leves un pouco máis de tempo entenderalo mellor.
Empezamos. Todos fomos novatos e todos cometemos erros de novato. Non pasa nada. Estamos empezando, ;)--Xabier Cid Conversa 08:48, 9 marzo 2009 (UTC)

Flickr[editar a fonte]

Ola de novo. Lin que subiras as imaxes aquelas dende Flickr. Hai certas imaxes que si se poden subir.Nesta páxina de Flickr te-las fotos con licenza Creative Commons de Flikr clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir imaxes do 1º e do 6º. Se fas click no enlace que hai en cada grupo que pon Ver máis podes facer buscas dentro do grupo.

Agardo que che sexa de axuda esta información para o futuro. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:30, 9 marzo 2009 (UTC)

Unha cousiña máis. Cando subas imaxes de Flickr á Galipedia, lembra de incluír o código {{FlickrPendente}}. A razón diso é que as imaxes de Flickr que subas poden ter unha licenza aceptable cando as sobes, pero máis tarde o usuario de Flickr pode borralas ou facerlles a licenza máis restrinxida. Se colocas ese código, os administradores saberán que hai imaxes pendentes de confirmar, revisarán que están correctas, e aceptaranas na wikipedia, independentemente do que despois diso o seu propietario en Flickr faga con elas. Non sei se me expliquei... Saudiños. --Xabier Cid Conversa 15:18, 9 marzo 2009 (UTC)

Moi ben. Subiches algunha máis de Flickr? :) Esa xa a revisei. :) Tamén aproveitei para subir un tamaño maior. --Xabier Cid Conversa 15:26, 9 marzo 2009 (UTC)

Sinatura[editar a fonte]

Nada que perdoar, que para iso estamos. Nas páxinas de conversa doutros usuarios e nas páxinas de conversa dos artigos, hai que asinar. É moi sinxelo: só tes que premer o botón que, co debuxo dunha sinatura, está na parte de riba da fiestra de edición. É o cuarto empezando pola dereita. O resultado é un código tipo --~~~~, que cando lle dás a gardar se transforma en sinatura. Tamén podes copiar ese código, pero é máis sinxelo darlle ao botón. --Xabier Cid Conversa 15:32, 9 marzo 2009 (UTC)

Tamaño das imaxes[editar a fonte]

Ben, e xa de paso... Non tes imaxes de maior tamaño? A do castelo de Dinamarca é moi pequechiña.--Xabier Cid Conversa 15:36, 9 marzo 2009 (UTC)

Imaxe mal atribuída[editar a fonte]

Ola, Atobar. A imaxe Ficheiro:Retrete tapa negra.jpg non está ben atribuída. Revisa a ligazón que puxeches, por favor. :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 00:39, 10 marzo 2009 (UTC)

Retrete[editar a fonte]

Boas! En canto ao formato non te preocupes, dinlle un repaso e agora está ben. O artigo está bastante ben, incluso ten algunhas referencias, o cal é bo :) De todas formas as ligazóns internas que faltan son a partir da sección Idade Media e seguintes. A cabeceira do artigo e a sección Antiguidade teñen ligazóns internas, algunha máis poderíase poñer nesas, pero en principio son suficientes. Sen embargo nas seguintes non hai ningunha, polo que habería que intentar poñer algunha. Póñoche un exemplo de cómo se podería cambiar o terceiro parágrafo da sección Idade Media:

"En Europa, é entón máis raro que os excrementos estean disecados. Se ben os castelos funcionaban como os mosteiros de Bután e mais os fortes indios, onde os excrementos caían ao baleiro, no caso das cidades, existían máis problemas, posto que erapoco habitual que existise un sistema organizado de colleita e evacuación dos excrementos. Os habitantes utilizaban a miúdo botes de cuartos que eran baleirados nas rúas xunto co lixo. Así, en 1671 en Berlín, os excrementos acumuláronse até tal punto diante dunha igrexa que unha lei foi aprobada para obrigar aos campesiños..."

É só un exemplo. No mesmo parágrafo aínda podería haber incluso máis, ou se algúns xa están ligados de antes pois podense omitir se non hai moita distancia de texto entre eles. En Wikipedia:Libro de estilo tes algúns consellos para esto, de todas formas calquera dúbida aquí estamos. Saúdos :) --Banjo tell me 15:43, 10 marzo 2009 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Barcas en Combarro.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Barcas en Combarro.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:39, 10 marzo 2009 (UTC)

Colocar os datos que faltan na imaxe Image:Barcas en Combarro.jpg[editar a fonte]

Teño a impresión de que a imaxe en cuestión foi realmente creada por ti.

Por mor diso, editei a imaxe e creei a caixa de datos habitual nas imaxes que se soben á Galipedia.

Se queres colocar os datos que faltan, tes que facer o seguinte:

  1. Acceder á imaxe facendo click nesta ligazón: Image:Barcas en Combarro.jpg
  2. Na parte superior, facer click na pestana (lapela) "editar"
  3. Tras "Source=" escribir "Obra propia (own work)" (sempre que ti sexas o fotógrafo). Quedaría a liña "Source=Obra propia (own work)". Sería conveniente ademais que na liña "Author=" escribises "Author=[[:gl:Usuario:Atobar]]"
  4. Gardar os cambios premendo no botón gardar.

Antes de gardar a imaxe, podes copiar esa caixa de datos para engadila a tódalas imaxes que subas que sexan realizadas por ti, dese xeito non terás problemas con elas; iso si, non esquezas nunca engadir a licenza.

Se desexas máis explicacións, faimo saber.

Se houbese máis imaxes co mesmo problema, indicaríacho a continuación.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:46, 10 marzo 2009 (UTC)

  • Non había problema ningún. Esquecín dicirche que se colocabas eses datos, podías borrar a etiqueta que marca a imaxe coma sen orixe (acabo de facelo eu). A etiqueta, ó editar a imaxe, ten este formato {{SenOrixe|data}}. Se incorporas os datos, entendo que ti mesmo podes borrala ou, se o prefires, solicitar a aquel que a colocou que a borre. Xa a borrei. Agora a imaxe non vai ter problemas.
Por outra banda, grazas polo teu traballo e por subires fotos desa calidade. Así e todo, desexoche indicar que se, sempre que ti queiras, podes subir imaxes á Galipedia con maior calidade (maior tamaño e maior peso), especialmente se entendes que son boas ou que che gustan. Hai un límite, pero nn creo que o sobrepase ninguén polo de agora, o límite de peso son 100 megas por imaxe. É conveniente que non superen os 4 ou 8 megas, pois habería persoal hoxe en día, con conexións lentas, que non as darían aberto. Non dubides en poñerte en contacto comigo para o que desexes.
Se vexo algunha outra imaxe túa con problemas, fareicho saber--Saúdos e grazas. Xan de ningures 20:05, 10 marzo 2009 (UTC)

Ligazón de interese[editar a fonte]

Grazas por faceres ese traballo. Quítasme a min de facelo.

Se queres saber as imaxes que subiches fai click aquí, apareceranche as imaxes que subiches. O facer click sobre elas (ben sobre a imaxe ou sobre o título da imaxe, dependendo do que se vexa), accedes ás mesmas.

Ollo esta ferramenta (ligazón) non sempre funciona. Ás veces non funciona durante días.

Reitero que me fagas sabercalquera dificultade que teñas. Se ben é conveniente que saibas que eu non estou presente a diario--Saúdos e grazas. Xan de ningures 20:17, 10 marzo 2009 (UTC)

Por certo, tamén podes ver as últimas imaxes subidas á Galipedia aquí. Se o desexas, fágoche eu unha relación de imaxes túas que teñan algún problema (faimo saber)--Saúdos e grazas. Xan de ningures 20:22, 10 marzo 2009 (UTC)

Conversas[editar a fonte]

Nada, non hai problema, xa te irás afacendo ó xeito común de actuar aquí. O que se fai é que cando o usuario o cre convinte (xeralmente cando xa é moi alongada a páxina de conversa) créase unha páxina de arquivo de conversas, para ir liberando espazo e á vez manter arquivadas tódalas conversas.

Por certo, xa que estou vouche comentar como engadir unha caixa de datos ás imaxes subidas dende flickr.

{{Information
|Description= Descrición da foto
|Source= Enderezo exacto da imaxe en Flickr
|Date= Data en que se subiu a foto a Flickr
|Author= Nome ou alcume do fotógrafo
|Permission=
|other_versions=
}}
{{FlickrPendente}}
{{cc-by-sa-2.0}} ou {{cc-by-2.0}} (dependendo da licenza en Flickr)

Si, xa sei que é unha liada isto das imaxes (o tema dos dereitos é algo que todavía non conseguín dominar), mais a base de empeño váiselle collendo o truco. Saúdos. Alberte Si, dígame? 20:23, 10 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Pimped Out John retrete.jpg[editar a fonte]

Ola de novo. Esqueciches probablemente reparar na licenza desta imaxe de Flickr, ten tódolos dereitos reservados. Non creo que se poida manter na Galipedia. Noraboa polo teu labor --Saúdos e grazas. Xan de ningures 15:14, 12 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Caneiro do Piago - Río Miño.JPG[editar a fonte]

Propuxen esta imaxe para ser imaxe da semana. Ollo: Non se pode na Galipedia votar as propias imaxes. Olla http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Imaxe_da_Semana/Propostas --Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:18, 13 marzo 2009 (UTC)

Manu de México dice Hola.[editar a fonte]

Grazas, eu fiz as modificacións, meu galego pouco a pouco o escribo mellor, jejej. Saludos.

Graciñas polos consellos, eu sou neto dunh galego inmigrado a México ha moitos anos, lamento no ter moito fluída sua linguaxe, pero fazo o intento. jejeje, coa sua axuda eu poderei ter lembrada a lingua dos meus antepasados galegos.--Marrovi 01:44, 14 marzo 2009 (UTC)


Youtube[editar a fonte]

Pois non teño nin idea, quen máis controla de imaxes é Xan de Ningures, pregúntalle a el ou a algún dos administradores. Sinto non poder axudarte. Un saúdo.--PepedoCouto 21:55, 14 marzo 2009 (UTC)

Éche complicado. Eu non coñezo Youtube, nunca procurei nada aí. O problema pode ser semellante ó que pode ocorrer coas imaxes procedentes de Flickr. Pero Flickr é máis fiable seguro.
Os usuarios destes espazos poden colocar no dominio libre imaxes ou vídeos doutros que non están no dominio libre coma se fosen súas, é dicir, no dominio libre. Se na páxina de Youtube pon que está no dominio libre, poderíase en principio subir, pero é posible que despois sexa borrada por copyvio.
Supón que alguén sobe a Youtube un vídeo, non realizado por el, dun cantante e o pon no dominio libre. A súa acción é fraudulenta. Nun principio, o vídeo podería ser subido, pero unha mínima revisión por parte de calquera administrador ou usuario, inda que na páxina indique que o vídeo está no dominio público, se non se indica a orixe (a autoría), suporá o seu borrado.
En realidade, para poder subir con seguridade unha imaxe ou un vídeo dun espazo web, en dito espazo web teñen que aclarar non só a licenza, senón tamén o autor. Ese autor é o que debe indicar que a imaxe está no dominio libre.
Por outra banda, considera que o único formato en vídeo admitido na Galipedia e nas demais Wikipedias é Ogg Theora(*.ogg). Non se poden subir vídeos noutros formatos, pois o procedemento de codificacion dos outros formatos non está no dominio libre (eu nunca subín un vídeo).
Se me indicas a ligazón que me permita ver o vídeo podo darche a miña opinión, pero, en principio, nada do que apareza en Youtube é fiable (polo que sei), mentres que o que aparece en Flickr soe selo pois é un espazo para subir fotos de propia autoría.
Eu, persoalmente, nunca subiría un vídeo de Youtube, pero xa che digo que xamais accedín persoalmente a ese espazo; inda que vin cousas que me ensinaron outros --Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:26, 14 marzo 2009 (UTC)
Eu controlo pouco de imaxes, pero polo que sei esa imaxe foi emitida por unha canle de televisión (cando menos na imaxe hai un logo). Para poder publicar esta obra derivada (captura de imaxe dende un video subido en Youtube) a licenza ten que ser compatible coa wikipedia. Evidentemente a propietaria dos dereitos é a canle de televisión, por iso digo que hai que descubrir que canle é por se de milagre emite as imaxes con licenza compatible. Pero xa che digo que o máis probable é que non. Saúdos. Alberte Si, dígame? 23:25, 14 marzo 2009 (UTC)
  • Acabo de responderche fai uns quince minutos e debín de cerrar a páxina sen gardar.

Volvo a intentalo (menos malque volvín pasar por aquí):

Vin o vídeo, pero non encontrei na páxina ningunha mención á autoría ou a que estea o vídeo no dominio público. Inda que iso aparecese, eu mesmo solicitaría un borrado rápido por copyvio de calquera imaxe recollida dese vídeo pois o vídeo ten a icona dunha televisión americana e os programas televisivos teñen tódolos dereitos reservados.

Para publicar unha imaxe dese vídeo hai que demostrar que está no dominio público. Demostrar que unha imaxe está no dominio público non é labor dos administradores, é labor de quen a sobe á Galipedia; os administradores só constatan que o traballo está ben realizado, se ben nalgúns casos poden facer ese labor por deficiencias leves nos usuarios.

Para min a imaxe ten tódolos dereitos reservados mentres non se demostre o contrario.

Ademais, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright. Se unha páxina non indica que está no dominio público, ten tódolos dereitos reservados--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:27, 14 marzo 2009 (UTC)

Non che digo o seguinte para que te preocupes, só cho digo porque creo que é preferible comunicar o que fas cando afecta a outros. Encontrei outra imaxe de Flickr con tódolos dereitos reservados: Ficheiro:Cisternas de váter.jpg. Noraboa polo teu traballo--Saúdos e grazas. Xan de ningures 13:18, 15 marzo 2009 (UTC)
É moi fácil confundirse en Flickr, a min tamén me ten pasado. Tes razón, pensas que estás buscando baixo unha licenza e, sen te dares conta, estás a facer unha busca diferente. Eu optei por comprobar sempre a licenza antes de subir.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 13:36, 15 marzo 2009 (UTC)

Por certo, esquecín comentarche que volvín subir algunha imaxe de Flickr que ti subiches (subina co mesmo nome, o cal non varía os datos da imaxe). Fíxeno porque non estaban no tamaño maior posible (Ficheiro:Patagonia, Chile, lago dickson.jpg) e a imaxe tiña calidade suficiente como para estar nese tamaño--Saúdos e grazas. Xan de ningures 13:48, 15 marzo 2009 (UTC)

Categorizar[editar a fonte]

Ola Atobar, cando creas un artigo, no caso de ser unha tradución doutra wikipedia, debes de comunicalo no resumo. Tamén debes categorizalo nalgunha das categorías existentes. Grazas polo teu traballo e un saúdo desde Narón.--PepedoCouto 18:23, 15 marzo 2009 (UTC) Por certo, non tomes a mal os avisos que che deixen outros usuarios ou administradores. Ninguén naceu aprendido.--PepedoCouto 18:37, 15 marzo 2009 (UTC)

Categorización[editar a fonte]

Non hai fallo, que total aquí o traballo ímolo facendo entre todos. Apertas. --Iago 23:08, 16 marzo 2009 (UTC)

Afonsos[editar a fonte]

Hehehe! Non estou con iso, aínda que heino mirar. O caso é que estou lendo a enciclopedia "A Gran Historia de Galicia" que repartiron coa Voz de Galicia hai un ano e pico, e ando nesta época. Co que vou lendo, vou apuntando cousas nunha libreta e despois paso a facer correccións nos artigos da galipedia, e iso é o que fixen. O de Afonso IX-X vai ter que agardar, porque en Madrid só teño até García I. Alberte Si, dígame? 17:12, 18 marzo 2009 (UTC)

RE: Lingua[editar a fonte]

A redacción sempre se pode mellorar, claro que si. De feito calquera texto enviado por un usuario ou anónimo pode ser editado por un terceiro. Non obstante, hai algunha normas como respectar a forma elixida polo primeiro autor en casos como Galicia/Galiza, terminacións -ble/-bel, etc. Non vexo problema en que queden as formas "temporada", "acerca de", "só" ou o xerundio "retransmitindo", xa que todas son formas correctas en galego e ningunha das outras formas que cada unha ten é máis "galega" cá anterior. O que si se pode facer é ampliar a introdución e engadirlle nova información. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:26, 19 marzo 2009 (UTC)

  • Por certo, trata de asinar os teus comentarios co cuarto botón pola esquerda da caixa de edición. Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 12:28, 19 marzo 2009 (UTC)

Corrección[editar a fonte]

Feito, muchas gracias, por cierto como pongo para decir que soy de Valencia? --Ravave 12:27, 19 marzo 2009 (UTC)

Sei que Mia es Miña grazas a unha canción de Siniestro total xD, mais non me acordaba. xD--Ravave 17:37, 20 marzo 2009 (UTC)

Peter de Polvorines[editar a fonte]

Boa noite, Alejandro.

Propuxen a eliminación do artigo Peter de Polvorines, que ti creaches, porque coido que non ten transcendencia algunha nunha enciclopedia. Podes ver aquí a votación para o seu borrado.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:30, 19 marzo 2009 (UTC)

Case cometo un erro[editar a fonte]

Por pouco marco para borrar por non ter orixe a imaxe Ficheiro:Aparcadoiros de bicis.jpg. No apartado da orixe non puxeches "autoría propia". Logo deime de conta que te puxeches a ti mesmo como autor.

Recoméndoche que poñas "autoría propia" ou algo polo estilo nese apartado, os administradores e usuarios soen reparar nel e non no do autor. Grazas--Saúdos e grazas. Xan de ningures 12:30, 20 marzo 2009 (UTC)

  • É preferible que engadas ti ese dato a que o faga eu (|Source= Autoría propia ("Own work")), pois é o dato que asegura que ti es o fotógrafo e que entendes o que significa colocarse na liña de autor. Por cousa diso, indícoche as imaxes ás que sería conveniente engadirlles ese dato:
Ficheiro:Aparcadoiros de bicis.jpg
Ficheiro:Amendoeira en flor.jpg
Ficheiro:Botellos de cervexa.jpg
Ficheiro:Celtarras.jpg
Ficheiro:Cestos de amorodos.jpg
Ficheiro:Edificio de cores.jpg
Ficheiro:Evento - concerto.jpg
Ficheiro:Evento - concerto.jpg
Ficheiro:Lagos en Copenhague.jpg
Ficheiro:Mercado das pulgas en Letonia.jpg
Ficheiro:Noria en Londres.jpg
Ficheiro:Parque nacional de Canaima, Venezuela.jpg
Ficheiro:Praia colorada, Venezuela.jpg
Ficheiro:Retretes en Auschtwitz.jpg
Ficheiro:Solpor e palmeiras en Samil, Vigo.jpg
Ficheiro:Vaso de cervexa.jpg

--Saúdos e grazas. Xan de ningures 12:39, 20 marzo 2009 (UTC)

Interpretáchesme mal. Non se trata de que borres o teu nome de usuario do autor. Trátase de que escribas iso dúas liñas máis arriba, onde pon "Source"--Saúdos e grazas. Xan de ningures 12:59, 20 marzo 2009 (UTC)
  • Máis fotos nas mesmas circunstancias cás anteriores:
Ficheiro:Porta casa.jpg
Ficheiro:Parrulo común.jpg
Ficheiro:Organización.jpg
Ficheiro:Danasvej, Copenhague.jpg
Ficheiro:Fachada floreada en Granada.jpg--Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:55, 21 marzo 2009 (UTC)


Piornedo[editar a fonte]

Ola Atobar. Subin a imaxe Ficheiro:Palloza en Piornedo, Lugo.jpg a commons e eu non coñozo os lugares que levan o nome Piornedo nos concellos de Lugo para categorizala como é debido. Podes pór a ligazón máis precisa por favor. Grazas ElviraConversa comigo 23:38, 21 marzo 2009 (UTC)

Family Guy[editar a fonte]

Boas tardes, cuando he ido a dejar un mensaje a Toliño he visto tu mensaje sobre los episodios de Family Guy, sobre sí seria conveniente escribir en Gallego los nombres de los episodios (en caso de hacerlo, se tendrá que traducir del titulo español de España), a mi me parece bien, pero primero habría que hacer todas las tablas. --Ravave 18:38, 22 marzo 2009 (UTC)

Retrete[editar a fonte]

Ola Atobar! Acabo de trocar o tamaño das imaxes do artigo Retrete, eran grandes de máis, espero que non che pareza mal.--Hugo22 23:09, 22 marzo 2009 (UTC)

    • Ola, grande artigo o de retrete, o caso é que traduciches letrina abonera por latrina aboneira e mesmo nun caso deixáchelo sen traducir, latrina abonera; abono con este significado considérase un castelanismo non aceptado, propoñéndose fertilizante para substituilo, pero neste caso non sei como se debe traducir, sabes como se di noutras linguas?--RNC 16:17, 23 marzo 2009 (UTC)

Con respecto ao do artigo creado por min[editar a fonte]

Ante todo grazas por correxirme.

De todas formas non o puxen xa que non había tal categoría, no seguinte que creei xa puxen ligazóns, pero non sei en que categoría poñelo. Podes velo na miña páxina de usuario. --Hanibaal 21:12, 23 marzo 2009 (UTC)

Construción[editar a fonte]

Graciñas por avisar :) Apertas --Iago dime 22:12, 23 marzo 2009 (UTC)

A da rúa xa estaba de antes :) Deica. --Iago dime 22:31, 23 marzo 2009 (UTC)

Artigo sobre a Galipedia[editar a fonte]

Ola Atobar. Como usuario de vello deste proxecto agradezoche o teu artigo sobre a Galipedia en Vieiros. A belixerancia dalgún dos comentarios ten explicación pero non é o momento de entrar niso. Grazas por unirte a este proxecto e pola túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:16, 24 marzo 2009 (UTC)

Grazas pola resposta. Na miña opinión si que che quedou ben, paréceume que expresa dun xeito moi claro algunhas das posibilidades deste proxecto maila o pouco tempo que levas editando no wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:02, 24 marzo 2009 (UTC)

Re:Imaxe dos celtarra[editar a fonte]

Desculpa que non me dirixise a ti. Non quería darche a lata con dúbidas absurdas. Preferín preguntar. Dado que ninguén respondeu entendo que non é un logo. Se fose un logo, manter a imaxe sería difícil. O meu non é o fútbol e pouco sei da selección galega de baloncesto, tenis ou tenis de mesa. Desculpa--Xan de ningures 21:45, 24 marzo 2009 (UTC)

Categorización[editar a fonte]

Ola, Atobar, levo uns días sen poder pasar por aquí. Lembra categorizar os artigos que creas, ;) --Xabier Cid Conversa 00:22, 25 marzo 2009 (UTC)


  • Grazas. Xa me dera conta. Desque non teño un teclado ergonómico, amais de me resultaren as teclas moi duras, acostumo a escriir frecuentemente a máis próxima--Xan de ningures 00:59, 25 marzo 2009 (UTC)
  • Aproveito para comentarche outra cousa un algo conflitiva:
Estás a subir imaxes moi diferentes e que, cando menos a min, me crean dúbidas. Créanme dúbidas porque nos datos das imaxes non aparecen datos da cámara coa que foron tiradas (coma se fosen escaneadas u recollidas dunha páxina web). Créanme dúbidas porque teñen un tamaño escaso. Créanme dúbidas porque, para podelas subir, ti tes que ser o fotógrafo (non me refiro as de Flickr). Créanme dúbidas porque son demasiado dispersas xeograficamente.
Recomendaríache que de aquí en diante subises as imaxes ("todas") cunha calidade de, cando menos, 1600x1200 píxeles (como mínimo e sen seren ampliadas), pois se algunha vez aparece unha imaxe das que ti sobes nunha páxina web, eu mesmo proporía tódalas túas imaxes para borrar, "todas". O feito de subilas cun tamaño maior ó habitual ó das páxinas web dálle credibilidade á túa autoría. O peso máximo, na Galipedia, para unha imaxe, é de 20 megas. Evidentemente iso é demasiado, pero achegarse ós 2 ou superalos non é problema. Un cordial saúdo--Xan de ningures 01:15, 25 marzo 2009 (UTC)
Perdón, creo que o peso máximo é de 100 e non de 20 megas--Xan de ningures 01:18, 25 marzo 2009 (UTC)
Non hai problema. O que che digo é só unha suxerencia. É conveniente que subas algunha con maior tamaño para demostrar que estiveches nos lugares e ti podes ser o fotógrafo. Eu respetei as túas imaxes, se che digo o que estou a dicir é por ser transparente, por deixar as xousas claras e relacionarnos sen gardar nada por detrás.
Estouche a dicir o que eu faría. O problema é que no fondo da paxina das imaxes, de tódalas imaxes, hai unha ligazón que permite saber a cámara con que esas imaxes foron feitas (repara nas miñas), e iso non ocorre coas túas. Pode ser que sexan escaneadas ou tratadas cun prograa que eliminase eses datos (eu non coñezo o tal programa).
Inda se fosen escaneadas, poderían ser túas; logo non hai maior problema ca que poidan crear dúbidas; nin eu, nin ninguén pode dicir que non son túas. O problema pode xurdir se un día metes a pata e sobes á Galipedia unha imaxe que subiches a outro sitio. Nese momento a credibilidade das túas imaxes pode verse afectada.
Tras aclarar persoalmente que as imaxes son túas (ou vosas), eu xa non proporía todas (non proporía ningunha, en realidade) as túas imaxes para borrar. Desexaba oír da túa boca que as imaxes eran túas.
Fai como queiras, pero recoméndoche que procures que os demais usuarios non dubiden da autoría das túas imaxes.
Outras cousas: Noraboa polo moito que viaxaches e grazas polo teu labor na Galipedia--Xan de ningures 01:38, 25 marzo 2009 (UTC)

Esquecín utra cousa, pero é unha cousa boa. Algunhas -quizais moitas- das imaxes que subiches poderían ser propostas para imaxe da semana na Galipedia, se non as propuxen foi polo seu escaso tamaño--Xan de ningures 01:57, 25 marzo 2009 (UTC)

Ó dicir isto, acabo de lembrar Ficheiro:Aristóteles - corpo enteiro.jpg, xa sei que é un recorte, xa mo dixeches, pero se eu estivese no teu pelexo non subiría imaxes tan escasas de peso coma esa--Xan de ningures 01:59, 25 marzo 2009 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Non é necesario dar as grazas, mais gustaríame saber se tes máis información sobre as imaxes, como o concello ou a parroquia onde foi tirada para poder engadilas nas galerías de imaxes deses lugares. Un saúdo.--PepedoCouto 21:00, 26 marzo 2009 (UTC)

A foto Ficheiro:Fotos Galicia II 057.jpg non será no lugar de Vilachá, parroquia de Cangas no concello de Foz?

Sony[editar a fonte]

OK, aínda estou facendo o artigo pero grazas por interesarte tan cedo polo traballiño, agora vou marchar un momento, estaríache moi agradecido se vas correxindo os erros que vexas, e que entre a educación en galego que nos deron, a normativa que cambia cada pouco e o rollo de andar a traducir do ingles e o castelán acabo tolo da cachola xD. Un saudo --ZEph! 17:20, 27 marzo 2009 (UTC)

Grazas polos enlaces, vanme ser de utilidade. Pero nunha cousa estás trabucado, o creador do artigo non son eu. Saudos --ZEph! 22:43, 27 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Fotos Galicia II 014.jpg[editar a fonte]

Encantoume esta foto. Tiña eu claro que non tardaría en propor unha imaxe túa como imaxe da semana se as subías con maior calidade (Inda non vin as seguintes). Fixen a proposta en Wikipedia:Imaxe da Semana/Votacións. Ten ollo, na Galipedia non se poden propor nin votar as propias fotos (noutras wikipedias si). Grazas--Xan de ningures 18:33, 27 marzo 2009 (UTC)

Categoricei Ficheiro:Fotos Galicia II 046.jpg en Categoría:Imaxes de cemiterios de Galicia. Podería temén categorizarse na comarca. Nos datos das fotos indicas que foi tomada na Mariña luguesa. Agora ben, eu non podo categorizala porque non sei se a mariña luguesa se corresponde con algunha ou varias destas comarcas:
En caso de que ti tampouco o saibas non pasa nada, é pouco importante, inda que sewría preferible mesmo saber o concello. Obrigado--Xan de ningures 18:45, 27 marzo 2009 (UTC)
Tamén me gusta moito Ficheiro:Fotos Galicia II 047.jpg. A verdade é que me alegra encontrar imaxes (fotos) que non teñen tacha tecnicamente (nin seguera ocorre iso coas miñas ou coas máis das miñas). Gardareina en memoria para propola, pois acabo de propor unha imaxe dun hórreo túa e non é conveniente propor dúas imaxes seguidas co mesmo tema--Xan de ningures 18:49, 27 marzo 2009 (UTC)

A imaxe Ficheiro:Fotos Galicia II 052.jpg categoriceina en Categoría:Imaxes sobre construción en Galicia. Como a do título podería ser categorizada ademais nunha comarca, ¿sabes en cal?--Xan de ningures 18:53, 27 marzo 2009 (UTC)

Estou un pouco perdido. Ficheiro:Fotos Galicia II 057.jpg está sendo usada nun artigo que se chama Mariña de Lugo e que se corresponde cunha comarca. A denominación das categorías das imaxes debería ser idéntica (se o título dos artigos está ben) á dos artigos. Eu non sei cal das tres é a Mariña de Lugo, supoño que a oriental, pero...--Xan de ningures 18:57, 27 marzo 2009 (UTC)
Marquei a imaxe Ficheiro:DSC02062.JPG por ter un título inadecuado. Inda non che dixera nunca que se pide que as imaxes que se soben á Galipedia deben ter un título que aclare o seu contido. Sexa como sexa, a imaxe non corre ningún risco, non vai ser borrada, iso si, pode ser renomeada. Para renomeala terá que ser subida de novo con outro título. Procura, se podes, colocar un título, en diante, que teña que ver coa imaxe--Xan de ningures 19:18, 27 marzo 2009 (UTC)

Non hai xa problema co tamaño das imaxes. Súbeas do tamaño que queiras. Se algunha che parece mellor ou máis bonita, agradézoche que a subas con maior calidade. A verdade é que dá gusto reparar nas túas fotos--Xan de ningures 16:17, 28 marzo 2009 (UTC)

Incorporei a imaxe a Cangas, Foz e á Galería de imaxes de Foz. Se as outras que tiraches e que poñen "Mariña luguesa" son desa parroquia (ou de Foz) faimo saber e tamén as incorporo. Grazas--Xan de ningures 16:24, 28 marzo 2009 (UTC)
Vale. Grazas a ti--Xan de ningures 17:31, 28 marzo 2009 (UTC)

Pradeira e Pradería[editar a fonte]

Ola Alejandro! O outro día creaches o artigo Pradeira, non sei se sabías que xa existía o artigo Pradería. Creo que deberiamos fusionar ambos os dous e redireccionar un ao outro. Ti que dis?--Hugo22 13:06, 29 marzo 2009 (UTC)

redireccións[editar a fonte]

ola, Alejandro; para redireccionar unha páxina, tes que creala (potabilización) e chuzarlle o texto "#REDIRECCIÓN Auga potable" (sen aspas). Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:41, 30 marzo 2009 (UTC)

Obras derivadas[editar a fonte]

Non tiña ganas de marcar Ficheiro:Vexetarianismo.jpg para borrar, preferín abrir espazo para comentalo. En Conversa ficheiro:Vexetarianismo.jpg expreso o motivo polo cal considero que é copyvio.--Xan de ningures 18:12, 31 marzo 2009 (UTC)

Abrín, coma no caso da páxina anterior, outra páxina de conversa: Conversa ficheiro:Porta wc.JPG. Comuniqueillo a un administrador para que siga doadamente as observacións que nela se poidan facer.
Sexa como sexa, quero aclararche que o teu labor segue a ser unha ledicia para min--Xan de ningures 20:58, 31 marzo 2009 (UTC)

Aviso preformatado sobre Ficheiro:Cerca no prado.jpg[editar a fonte]

Grazas polas imaxes que sobes (Estou a probar contigo un modelo que acabo de crear para dar avisos sobre as categorías de imaxes).

Esta imaxe sobre Galicia foi categorizada en Categoría:Imaxes de Gran Bretaña, Categoría:Imaxes pendentes de categorización.

Non é obrigatorio que categorices as imaxes que subas. Non te preocupes por categorizalas se é un inconveniente tan grave como para provocar que non subas imaxes ou que subas menos imaxes.

Así e todo, cando categoricemos algunha das imaxes que ti subas, procuraremos enviarche este aviso para que vaias coñecendo as diferentes categorías en que se poden incluír as imaxes que ti estás compartindo.

Lembrámosche que se non sabes onde categorizar unha imaxe, podes engadir nos datos das imaxes unha destas dúas etiquetas:

  • [[Categoría:Imaxes pendentes de categorización]] (para imaxes tomadas fóra de Galicia ou non relativas a Galicia)
  • [[Categoría:Imaxes de Galicia pendentes de categorización]] (para imaxes tomadas en Galicia)

Un cordial saúdo.--Xan de ningures 21:12, 31 marzo 2009 (UTC)

De nada. Grazas pola túa paciencia e polo teu labor, non son habituais--Xan de ningures 21:17, 31 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Xoguete mazinger.jpg[editar a fonte]

Ficheiro:Xoguete mazinger.jpg está moi ben categorizada, inda que a categoría non estivese creada, en Imaxes de xoguetes. Gustaríame crear esta categoría, pero non sei onde categorizar esa categoría (sería tamén unha categoría de nova creación, unha categoría superior onde categorizar esa categoría, o malo, é que non dou co nome apropiado: Categoría:Imaxes sobre ocio?, Categoría:Imaxes de ocio?

Vouno anotar na miña páxina de usuario e xa o pensarei. ¿Se tes algunha idea?

Por outra banda, volvín abrir unha conversa sobre unha imaxe túa (Conversa ficheiro:Xoguete mazinger.jpg), inda que esta vez para fundamentar que estou de acordo con que a imaxe permaneza. Fíxeno porque considero que é unha imaxe controvertida--Xan de ningures 21:32, 31 marzo 2009 (UTC)

Aceptei as túas explicacións en Conversa ficheiro:Porta wc.JPG. Mudei de opinión, inda que, como se ve na reflexión, sigo sen as ter todas comigo (ou contigo ... ou connosco)--Xan de ningures 22:31, 31 marzo 2009 (UTC)

Parafilias[editar a fonte]

Saúdos. Xa está creada a Categoría:Parafilias, co que podes meter os artigos dese tipo xa nela. Deica. --Iago dime 23:03, 31 marzo 2009 (UTC)

voyeurismo[editar a fonte]

ola Alejandro. Non é por amolar, senón por curiosidade. Non atopei no VOLG nin no Xerais "voyeur" nin "voyeurismo". Temos termo propio? Cal sería a tradución correcta?

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:36, 1 abril 2009 (UTC)

Raúl Ricardo Alfonsín[editar a fonte]

Moitas grazas, pola túa axuda por mellorar esta paxina tan boa e en especial neste momento. De madrugada fíxoseme complicado completar algúns cambios, pero estaba esperanzado que ía poder encontrarme con moitos bos e xenerosos que me brindan a súa axuda.--Ghalegho 03:46, 2 abril 2009 (UTC)

Noreg[editar a fonte]

Moitas gracias pola acollida, pos soi arxentino de pai noruegués e mai galega, Noruega é parte de min pero soo estuven eilí por curtos periodos de tempo.--Storyreffer 21:13, 2 abril 2009 (UTC)

Mira Atobar,quero darche as grazas por corrixirme os meus artigos,e borralos se fai falla.Martiño1996.

Re:Flickr[editar a fonte]

Ola Atobar.

Depende. Depende da licenza con que a imaxe estea compartida en Flickr. Indícame a imaxe, ponme ligazón a ela e explícoche todo. Se non o fas ou non podes, explícoche todo igual dentro duns momentos--Xan de ningures 23:14, 3 abril 2009 (UTC)

  • Vouche colocar os datos completos da imaxe á hora de subilos, por quitarche traballo (a min non me dá moito):
{{Information
|Description=Fectiches
|Source=http://www.flickr.com/photos/arkangel/264170641/
|Date=8 de outubro, 2006
|Author=[[http://www.flickr.com/people/arkangel/ arkangel]]
|Permission=
|other_versions=
}}
{{FlickrPendente}}
{{Cc-by-sa-2.0}}

Teoricamente, do que che puxen non debes variar nada. Se algo podes variar é a descrición da imaxe. O demais non debe ser variado para esa imaxe.

Outra cousa sería que a imaxe fose {{Cc-by-2.0}}, nese caso non obrigaría a compartila igual, inda que si obrigaría a que nas obras derivadas se nomease o autor e a orixe da imaxe de partida. Por iso, a licenza da imaxe podería ser calquera Cc-by (quizais non a 1.0 por ser anterior, non sei), ou calquera Cc-by-sa (quizais non a 1.0 por ser anterior, non sei), por exemplo {{Cc-by-sa-2.5-es}}. O que si sería obrigado é nomear o autor e a orixe.

Se tes algunha dúbida, pregúntame. Con todo, non creas que eu o sei todo. Un cordial saúdo--Xan de ningures 23:37, 3 abril 2009 (UTC)

Si é importante que coloques a etiqueta {{FlickrPendente}}. Os usuarios de Flickr poden variar a licenza da imaxe e restrinxir o uso da mesma, mesmo prohibir o seu uso. Iso non é lícito nin legal, de aí esa etiqueta. No momento en que un administrador revise a imaxe, inda que un usuario de Flickr varíe a licenza, a imaxe non poderá ser borrada e aceptaranse como válidos os datos que ten inda que na orixe non poña o mesmo.

Pregunta o que queiras. Eu responderei mentres saiba--Xan de ningures 23:42, 3 abril 2009 (UTC)

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FProblemas_varios&diff=1130521&oldid=1127332[editar a fonte]

Malia o que dixen nesa páxina, se Estevoaei continúa na Galipedia sen lle eu aceptar as desculpas, cousa que considero imposible, esquecédevos de min. Eu metín a pata, como digo nese fío, rectifiquei -aseguro- en menos dun minuto; pero o que ocorre é que eu non debía aturar o que se me dixo.

Ou Estevoaei ou eu. Vós decidides--Xan de ningures 00:41, 4 abril 2009 (UTC)

Datos insuficientes[editar a fonte]

Conversa ficheiro:Graffiti obama.jpg--Xan de ningures 01:10, 4 abril 2009 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

--Xan de ningures 01:20, 4 abril 2009 (UTC)

Ficheiro:Cregos bicándose.jpg[editar a fonte]

Marquei para borrar esta imaxe. Que sexa un Graffiti non quere dicir que sexa unha obra permanente nun espazo público español. Se tivese esas dúas condicións non tería problemas. Faltan datos--Xan de ningures 01:34, 4 abril 2009 (UTC)

O mesmo para Ficheiro:Johnny cash en graffiti.jpg. Tes que demostrar que o autor (tes que saber quen é) puxo a imaxe no dominio público.

O mesmo para as da mensaxe anterior--Xan de ningures 01:38, 4 abril 2009 (UTC)

Ficheiro:Pandeireta oca.jpg[editar a fonte]

Obra artística sen orixe. É unha ora derivada. Sen autoría. Non é de propia autoría

Ficheiro:Cregos bicándose.jpg[editar a fonte]

Obra artística sen orixe. Que sexa un graffiti non indica a orixe. Non aceptable a autoría mentres non se indiquen máis datos

Obras de Graffitis[editar a fonte]

Polo que a min respecta son dubidosas. ¿Pintáchelas ti? ¿Onde están? Non dá igual en que país estean. ¿Pódese aplicar a liberdade de panorama? Eu, persoalmente, borraríaas todas se non lles engades máis datos que fundamenten que están no dominio público: ¿Pintáchelas ti?. Supoño que si as pintaches ti, por que se non non terías a cara de dicir que che pertencen os dereitos de autoría e que ti es o autor--Xan de ningures 01:50, 4 abril 2009 (UTC)

Por favor, pare de subir imaxes[editar a fonte]

Warning sign

As imaxes que está a subir contraveñen as políticas da Galipedia

Grazas por colaborar incorporando imaxes. Así a todo, as imaxes que está a subir presentan graves deficiencias. Rogámoslle que deixe de subir imaxes mentres non teña claro o indicado en Wikipedia:Política de uso de imaxes. En caso de dúbida, pode pórse en contacto comigo seguindo o procedemento expresado en Axuda:Como contactar con outros usuarios.

--Xan de ningures 01:52, 4 abril 2009 (UTC)

Utilidade das imaxes[editar a fonte]

Por favor, se sobes imaxes, mira que teñan calidade enciclopédica e que poidan ser empregadas nalgún artigo: Non subas por subir--Xan de ningures 02:00, 4 abril 2009 (UTC)

Persoalmente[editar a fonte]

Sinto o bombardeo que che estou botando. Pero non vexo outra cousa que facer. Temos que falar. Hai tempo para falar. Non te preocupes. Sigue subindo imaxes, pero procura, mentres non falemos, que non sexan dubidosas. Eu ata luns pola tarde non creoque ande por aquí--Xan de ningures 02:02, 4 abril 2009 (UTC)

Perdoa se te sintes molesto: lembra sempre que, por moito que te poida criticar, eu sempre estou encantado de que me fagas compañía neste proxecto. Todo se andará. Seguramente, terei que recuar eu, pero se tes que recuar ti, non pasa nada. Neste proxecto, cando un recúa, queda ben--Xan de ningures 02:10, 4 abril 2009 (UTC)

Borrados[editar a fonte]

Ola, Atobar. Levo un tempo desconectado, e hoxe comecei a liquidar asuntos pendentes. Vexo que as conversas nas últimas horas foron algo máis aló, e quizais esta mensaxe sexa algo extemporánea. Logo irei chegando ás últimas cousas. Pra empezar, borrei un par de arquivos que ti subiras: un era un carteliño duns cans, no que xa había consenso para o borrado. O outro, Porta wc.JPG, merece unha explicación máis detallada:

  1. Os azulexos sitúanse a medio camiño entre o deseño industrial e o deseño gráfico/arte. É verdade que podemos xustificar que non teñen máis "deseño" cás rodas dun coche, pero ao mesmo tempo podemos xustificar que, independentemente da súa reprodutividade, son obras de arte que teñen o seu autor, coñecido ou non.
  2. As túas consideracións sobre o pintado a man, ou que fose mercado nun rastro, levan a pensar máis que se trata dunha obra onde a man anónima de alguén puxo algo artístico da súa parte.
  3. O feito de non ir asinado nin datado non nos permite considerar os prazos para a súa colocación no dominio público.
  4. Ademais, o azulexo en si ten bastante pouco valor enciclopédico. Creo que a iso se refería Xan de ningures máis arriba (sen ler as súas mensaxes con detalle). Isto é, en por si, unha razón para o borrado, aínda que tamén é difícil de determinar o valor enciclopédico dunha imaxe.

En todo caso, e na conxunción destes catro factores, optei por borrar a imaxe. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 21:09, 4 abril 2009 (UTC)

Borrei tamén a foto do xoguete Mazinguer por razóns semellantes. Sobre os xoguetes que representan ou están baseados en banda deseñada rexe, cando menos, o mesmo © cá para esas creacións iniciais. Neste caso o xoguete é o centro e obxectivo da foto, co cal debe ser borrada. --Xabier Cid Conversa 21:13, 4 abril 2009 (UTC)

Ola de novo, :) As imaxes que subiches de grafittis (Graffiti obama.jpg, M.A Barracus - Equipo A.jpg, Johnny cash en graffiti.jpg, Telebasura.jpg, Cregos bicándose.jpg) poden estar sometidas a dereitos de autor. As obras artísticas situadas en exterior, se estas están en exterior, poden ter unhas limitacións á súa reprodución dependendo do país onde fosen tomadas. Prégoche que completes a súa información, para saber se poden seguir ou non. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:41, 5 abril 2009 (UTC)

Máis de grafittis[editar a fonte]

Ben, :) Grazas polo que estás facendo. O das licenzas de imaxe é algo non moi complexo, pero con millenta reviricoques. Así que non te desanimes se algunhas das imaxes que sobes son borradas por motivos que non coñeces. Explícoche un pouco:

  1. As fotos tomadas a obras artísticas no exterior poden ampararse, segundo os países, na liberdade de panorama; é dicir, na posibilidade de que se consideren as obras parte da "paisaxe", e polo tanto carezan de dereitos. Isto varía de país en país, e varía ademais segundo o que: por exemplo, nos Estados Unidos pódense sacar fotos de edificios, pero non fotos de esculturas ou grafittis (aos que se lles aplicaría a regra habitual sobre dereitos de autor, que se basean na data de falecemento). Por iso hai que borrar os grafittis de Dinamarca e dos Estados Unidos.
  2. Ademais, no caso particular deses estarcidos, non estamos a falar en moitos casos de obras artísticas orixinais, senón de obras derivadas que, á súa vez, violan o © (ou non, se piden permiso, pero é dubidoso que o fagan). É o que pasa co grafitti de Johnny Cash: podería ser admisible dependendo de onde se fixese o grafitti, pero reproduce unha fotografía anterior sobre a que existe un ©.
  3. Nos outros dous casos, os grafittis madrileños, son aparentemente admisibles, pero é necesario que completes a información: fundamentalmente lugar de execución (sendo o máis preciso que poidas), e de ser posíbel, autoría e, xa de postos, data de execución da fotografía. Non é que sexan datos imprescindibles estes dous últimos, pero poden axudar a clarificar debates que no futuro se produzan sobre esas mesmas imaxes.

Vou pois mudar a marca, porque non teñen un problema de ©, senón de falta de información.

Xa sabes, calquera dúbida que teñas pregúntame, que o que sei dígoo, e o que non, busco información, ;) E sempre hai marxe pra que meta a pata e haxa que rectificar. --Xabier Cid Conversa 19:38, 5 abril 2009 (UTC)

A que está ao aire libre non hai problema. Pode quedar con que indiques que é de Madrid. Ese é o dato imprescindible (todos os datos a maiores son benvidos, pero non son imprescindibles). Se completas eses datos na ficha da foto, abondaría. O problema é a que non está sacada na rúa, senón nun bar ou nunha casa. Entón non se pode aplicar a liberdade de panorama, e é unha creación artística que ten os seus dereitos de autor. Esa cal é? Porque esa si que habería que borrala directamente. --Xabier Cid Conversa 22:39, 5 abril 2009 (UTC)

PP[editar a fonte]

Acabo de reverter unha edición túa. Creo que non é oportuno facer polémica hoxe mesmo nese artigo. En todo caso, o motivo da reversión é que o artigo é moi breve: é dicir, con ser un matiz que podería incorporarse nun artigo completo, é desproporcionado que nun artigo de dez liñas se lle dediquen tres ao que outros partidos poidan pensar da primeira formación. Non sei se me explico ben, :) --Xabier Cid Conversa 14:16, 6 abril 2009 (UTC)

  • Xa lle dei un último aviso ao usuario. Á próxima edición similar cáelle un bloqueo, aínda que sempre sería mellor non chegar a estes puntos que tanto odio... Grazas polo aviso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:53, 6 abril 2009 (UTC)
  • Síntoo, Atobar, estaba facendo outra cousa. Menos mal que estaba Toliño por aí. :) --Xabier Cid Conversa 15:10, 6 abril 2009 (UTC)

Graciñas[editar a fonte]

Graciñas polos parabéns. O certo e que xa estou rexistrado como Usuario:Fanfurriñeiro. Saúdos.

Tempo[editar a fonte]

Ola, Atobar. Vexo que avisaches a unha IP de vandalismo. Na esmagadora maioría dos casos dese tipo (os que poñen un insulto no medio dun artigo aleatorio) son xente que non recunca, ou que se o fai é dende outra IP. Son xente que non se vai ver moi afectada polo que lles digas, aínda que sexa nun ton conciliador, porque se voltan á wikipedia será unicamente pra comprobren que o seu insulto segue aí. Recoméndoche que non perdas o tempo con eles. É máis, podería darse o caso de que por casualidade visen a mensaxe no momento e que che montasen un cristo, porque o seu respecto polas normas é moi moi escasiño. ;) (é só un conselliño, o que fixeches non é incorrecto en absoluto). --Xabier Cid Conversa 21:49, 6 abril 2009 (UTC)

Novas categorías[editar a fonte]

Boas noites. Mira, quería pedirche un favor; cando vaias a crear unha serie de artigos sobre o mesmo tema (coma con parafilias, ou compositores de Francia), e os vaias a ubicar nunha categoría que aínda non existe, por favor avísame para que poida suxerirche algunha xa existente, ou ben creala sobre a marcha, que se non despóis é o dobre de traballo :) Grazas! --Iago dime 22:15, 6 abril 2009 (UTC)

Grazas ;) Esta última xa a tes lista. --Iago dime 22:19, 6 abril 2009 (UTC)

RE: Vandalismo[editar a fonte]

Ás veces hai enderezos IP que o único que queren e deixar constancia do vandalismo no historial, polo que despois de facelo desfano. Creo que o proceso a seguir é borrar as edicións do historial para non darlle ese pracer. Póñome agora con iso. Grazas polo aviso e saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:57, 7 abril 2009 (UTC)

Sobre Copenhague e Dinamarca[editar a fonte]

Hej Atobar,

Por se estás interesado en amplia-la información sobre Copenhague (porque polo que vexo a galería de fotos é ben escasa) colgo aquí unhas imaxes do Tívoli, que ó meu entender é un dos puntos máis característicos de Copenhague, especialmente no Nadal, que é cando lle chantan a decoración que aparece nas fotos. Unha vez dentro é moi recomendable zampar uns cantos gofres e outras lambuzadas, así coma entrar nas tendas e mercadiños que venden agasallos típicos desas datas.

Paréceme tamén importante resaltar dous puntos de ocio que merece a pena visitar cando se viaxa a Copenhague. O primeiro deles é a pista de patinaxe de Osterbro, á que penso que se pode chegar coa liña de bus 1A desde a estación central; é un sitio do máis divertido pra pasar unha tarde levando unhas cantas cuadas, e ademáis teñen o negocio moi ben montado porque os patíns alquílanse alí mesmo e non son nada caros... O segundo punto en cuestión require dun pequeno desprazamento ata Lyngby, concretamente ata o campus da DTU (Danmarks Tekniske Universitet); trátase dun parque de acceso pra todo o mundo con cervos que están ceibes por tódalas suas extensiois; antes de chegar ó parque hai que cruzar un bosque e dende o parque pódese baixar por unha pendente ata a costa, chegando a unha estrada que está toda ocupada con casiñas ó longo da beira do mar. Calquera persoa na DTU pode informar de como acceder ó parque, porque coido lembrar que non estaba moi ben indicado...


Vi ses

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Tivoli_Nadal_(1).JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Tivoli_Nadal_(2).JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Tivoli_Nadal_(3).JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Pista_de_patinaxe_en_Osterbro.JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Parque_cervos_Lyngby_(1).JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Parque_cervos_Lyngby_(2).JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Parque_cervos_Lyngby_(3).JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Parque_cervos_Lyngby_(4).JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Parque_cervos_Lyngby_(5).JPG


--Lala Lugo 18:28, 7 abril 2009 (UTC)

Lacazán?[editar a fonte]

Xa sei que non es lacazán :), máis ben todo o contrario, estás a traballar moito dende que chegastes. Enténdote perfectamente, eu hai moitísimas cousas da wiki que non controlo, e prefiro deixar aviso para que algúe máis familiarizado con ese tema en concreto se encargue. É máis, oxalá todos os que crean novos artigos tiveran o detalle de deixar aviso de Pendente categoría, no canto de publicalos sen máis; así é como dou chegado mellor a eses artigos, entre eles os que ti estás a traducir. Apertas ;) --Iago dime 14:33, 8 abril 2009 (UTC)

En resposta...[editar a fonte]

Hola Atobar, pois sí, estudei en Dinamarca fai uns anos, estiven durante un ano enteiro pero o pouco danés que sabía xa se me esqueceu. Tentarei facer un artigo nestes días inda que con iso de que son vacaciois vaime dar un pouco de preguiza... Xa vos manteño informados. Abur! --Lala Lugo 18:17, 8 abril 2009 (UTC)

mais/máis[editar a fonte]

Pois si, estás no certo. A de veces que cometín ese erro, mi madriña... Bueno, moitras gracais! --GallaecioE logo? 19:34, 13 abril 2009 (UTC)

Imaxes de Agolada[editar a fonte]

Ola Atobar, pois lamentablemente non teño ningunha imaxe propia de Agolada. A verdade é que fai pouco que empecei con isto das fotos dixitais e aínda non me cadrou de tirar ningunha de Agolada. Cando vaia por alí farei algunhas. O que si che podo dar é o enderezo do blog de Manuel Busto [1] que ten moitas fotos de Agolada, e algunhas do val de Carmoega que che interesa. Se queres podo contactar con el que seguramente terá máis das que aparecen publicadas no blog. Espero terche sido de axuda. Saúdos--Xas (fálame) 22:19, 13 abril 2009 (UTC)

Tivoli[editar a fonte]

Boas Atobar, en bici a Viborg?! Xa tedes ganas... Eu cando estiven ahí non collía a bici nin por erro, co meu bono de transportes ía que chutaba a tódolos sitios. Mañá conto remata-lo artigo, posiblemente atascarei coas fotos e coas ligazóns así que preguntarei. Grazas e abur!--Lala Lugo 22:55, 13 abril 2009 (UTC)

Vandalismo do usuario:85.91.87.250[editar a fonte]

Ola Atobar, eu non son administrador. E ao respecto do bandalismo, parece que algunhas contribucións son axeitadas, só hai que revisalas e traducilas ao galego.--Xas (fálame) 10:23, 14 abril 2009 (UTC)

    • Non, tes razón, a este hai que bloquealo xa.--Xas (fálame) 10:27, 14 abril 2009 (UTC)
    • Un pequeno apuntamento sobre esa ip. Creo que non hai que bloquear xa que polas edicións semella a ip dun centro escolar, así que cabe supor que as edicións de hoxe corresponden a un alumno irresponsable. O bloqueo prexudicaría a tódolos demais alumnos. Saúdos. Alberte Si, dígame? 18:40, 14 abril 2009 (UTC)

Boas[editar a fonte]

Boas, só dicirte que lin o teu artigo en Vieiros. Moi bo, en serio. Unha aperta. --Bandeira galega nacionalista.svg Norrin_strange (Fala-me) 22:36, 14 abril 2009 (UTC)

  • Aproveito o tema :). Xa bloqueei a ip, un pouco tarde, sintoo, pero pillachesme liado. Grazas polo aviso. Saudos! --Banjo tell me 13:14, 15 abril 2009 (UTC)

Referencias Tivoli[editar a fonte]

Ola Atobar, teño un pequeno problema coas referencias, a número [6] é a mesma que a número [3] pero non consigo cambiarlle o número e poñerlle o [3]. Moitas gracias pola tua axuda, o artigo parece outro! Abur!--Lala Lugo 17:56, 15 abril 2009 (UTC)

Redirección[editar a fonte]

Xa está, grazas!--Lala Lugo 19:26, 15 abril 2009 (UTC)

Enfermidades e costumes[editar a fonte]

Bóas. Verás, no canto de enfermidades xa existe a Categoría:Doenzas, e dentro dela a Categoría:Doenzas infecciosas, e a Categoría:Costumes xa a tes lista. Saúdos. --Iago dime 20:44, 15 abril 2009 (UTC)

  • Feito! Feito!. --Iago dime 20:57, 15 abril 2009 (UTC)

Movida[editar a fonte]

Listo, anque non metín as dúas movidas na mesma categoría, porque antes habería que ampliar toda a categoría "Arte e Cultura". Saúdos. --Iago dime 10:08, 16 abril 2009 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Moitas grazas polo comentario e os ánimos, seguirei traballando o mellor que poda, e tamén moitas grazas polas correccións e a axuda por suposto.

Un saúdo!--Adorian 20:18, 16 abril 2009 (UTC)

votación[editar a fonte]

Abrín unha votación n'A Taberna sobre o tema das organizacións paramilitares/aramadas/terroristas... --StarryPlough.svg Norrin_strange (Fala-me) 21:21, 16 abril 2009 (UTC)--StarryPlough.svg Norrin_strange (Fala-me) 21:20, 16 abril 2009 (UTC)


Atobar,o que ocorre cos meus artigos,cos que eu fago,non sei o que ocorre,eu intento facelos o mellor que podo e eu penso que non estan tan mal.Martiño1996

Refoxeiro[editar a fonte]

Non tes por qué desculparte. Fas moi ben en vixiar vandalismos e poñernos sobre aviso, non así eu que reaccionei demasiado tarde. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:42, 17 abril 2009 (UTC)

Corrección[editar a fonte]

Grazas! Como se di entón? Síntoo, o meu normativo tá un pouco desfasado...--Lala Lugo 16:50, 18 abril 2009 (UTC)

RE: Corrección[editar a fonte]

Esquéceo, xa sei como se dí que acabo de ve-lo título da mensaxe (son de efectos retardados...)

Ferry[editar a fonte]

Para min é facer un uso innecesario dun anglicismo. En galego creo que deberiamos empregar transbordador. Que che parece a ti?--PepedoCouto (dimo aquí) 19:40, 18 abril 2009 (UTC)

Conversa[editar a fonte]

Boas Atobar. Eu son novo na galipedia. Teño unha mensaxe túa, de momento estou dando paos de cego, nin sequera sei se vas recibir esta mensaxe. Se a recibes escríbeme e falamos, que eu non sei se estou facendo as cousas ben. Saúdos. Luís. X.l.dean.ben (conversa)

IP[editar a fonte]

Acabo de boquea-la ip, o seu comentario, así como o andar desfacendo edicións sen motivo, eran merecedoras dun bloqueo. Púxenlle dúas semanas para evr se recapacita. Se volve nas mesmas haberá que adoptar medidas similares. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 17:04, 19 abril 2009 (UTC)

Mentres estea por aquí tentareino controlar. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 19:34, 19 abril 2009 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

A conta dunha corrección nunha páxina editada por min, pasei pola túa páxina e vin algunha das túas realizacións. Gustáronme moito. O tradutor ou o contador están moi ben. Grazas! Por certo, tamén vin os comentarios que te deixaron ó artigo de Vieiros... teimas dese xeito hóuboas sempre, e confusións entre unha liña neutral e as opinións particulares son moitas veces difíciles pola teima que hai detrás das opinións particulares.

Un saúdo. --Agremon(contacto) 21:33, 19 abril 2009 (UTC)

81.32.121.76[editar a fonte]

  • Boas, si xa me dín conta do tema, está "fichao" :D. Non borrei o artigo de Contixe xa que ao mellor se pode arranxar e salvar... O outro que marcaches si, xa que era curto de máis. Van dous avisos para a ip, ata as 6 da tarde andarei por aquí vixiando :) --Banjo tell me 10:48, 20 abril 2009 (UTC)

Podes proceder a crea-lo artigo da revista co texto que fixeches antes. Se non che deu tempo a copialo, dimo que cho paso. Saúdos. Alberte Si, dígame? 15:33, 20 abril 2009 (UTC)

Cousiñas[editar a fonte]

Ola, Atobar. Un par de cousiñas que levo uns días pensando en dicirche:

  • Os títulos: os artigos non se deben crear na gl.wiki (outras wikis seguen outras normas) polo nome de carné do paisano, senón pola forma máis simple co que é coñecido. Así, o artigo non debe ser María Teresa Táboas Veleiro, senón Teresa Táboas.
  • Os lugares: a regra habitual é prescindir da provincia se estamos falando de Galicia. Con dicir o concello abondaría e non fai falta poñer Allariz, Ourense; Vigo, Pontevedra; ou Láncara, Lugo. En todo caso, o que non é correcto é Láncara, Lugo, senón Láncara, provincia de Lugo, posto que Lugo leva á cidade.
  • Aínda que non hai unha forma superdefinida, é máis frecuente expresar a data de nacemento e falecemento con letras (nado en, falecido o) ca con parénteses. Queda ben máis elegante.
  • Nalgunhas biografías que che lin ultimamente —a verdade é que levo bastante tempo out, e non me tomes isto ao pé da letra; ao mellor cadráronme esas e outras distintas non as vin— están un pouco atrapalladas. Tenta facer bloques de información:
    • as datas e a definición de quen vén sendo
    • a formación
    • a traxectoria
    • as obras
    • a vida persoal
    • notas
    • véxase tamén.

Non ten por que seguirse sempre, pero axuda moito a estruturar os datos.

  • A indexación por categoría debe facerse sen acentos. A razón é que o sistema está pensado para alfabetos estándares, sen códigos raros, e tanto as letras acentuadas como os eñes ou as cedillas van despois do Z. Deste xeito, Méndez, Mariño, Muñiz e Muradáns ordenaranse alfabeticamente Mariño, Muradáns, Muñiz e Méndez. Por iso o que temos que facer é Mendez, Marino/Marinno, Muniz/Munniz, Muradans.

E nada máis, parabéns polo teu traballo e esforzo. Sei que teño unha cousa pendente, pero agora mesmo a teño tapada con outros correos que non podo mover. A ver se mañá lle dou a tacada necesaria. --Xabier Cid Conversa 19:32, 21 abril 2009 (UTC)

Artigo Gerhard Ertl[editar a fonte]

Ola Atobar. Grazas por correxirme os meus erros, eu acabo de empezar e aínda non sei facer moitas cousas. Mira, un par de preguntas. No das categorías hai algún criterio ou simplemente lle pos o que queiras?. Ademáis, gustaríame preguntar se alguén sabe cando fas un artigo e queres que outras páxinas doutros idiomas teñan links a él se se pode facer dalgunha maneira ou hai que editar todas as páxinas x.l.dean.ben (conversa comigo)

Contixe[editar a fonte]

Grazas, Atobar, pola túa paciencia e atención. Eliminei en Contixe, Tourón, Ponte Caldelas boa parte da información sospeitosa -ou non referenciada- e protexín o artigo durante un mes. Aínda así, haberá que seguir pendentes porque non creo que isto sexa suficiente fronte a ese usuario. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 22 abril 2009 (UTC)

Salsa[editar a fonte]

Bóas. Tes lista a Categoría:Salsa, Categoría:Personalidades da salsa e a Categoría:Estilos de baile, por se te animas a seguir por ahí. Saúdos. --Iago dime 21:33, 22 abril 2009 (UTC)


Dudas lingüística[editar a fonte]

Perdona que te moleste, pero es que tengo unas dudas sobre la ortografía del gallego:

  • ¿Diptongo sería diptongo o ditongo?
  • ¿Acción sería acción, ación, azón o aczón?
  • ¿Obtuvo seró obtivo o otivo? --Chabi 09:34, 1 maio 2009 (UTC)

Muiños do río Arnego[editar a fonte]

Pois o que sei é polos mapas. Empezo pola desembocadura no embalse de Portodemouros: Muiño de Navaza en Fonte de Brántega (Brántega), moi preto da Ponte da Balsiña; outro en O Carballo (Toiriz, Vila de Cruces) tamén moi preto da ponte da estrada Cruces-Agolada; o Muiño de Vilariño en Cadrón, perto da Ponte Vilariño; tres máis preto de Parada en Parada, un deles case ao pe da Ponte dos Cabalos; tres máis entre Gurgueiro e Parada; un moi preto do lugar da Igrexa, en Pedroso; outro en A Penela e finalmente outro preto da Ponte de Artime en Álceme.

O que non sei é cal será o seu estado hoxe. E pode que haxa algún máis que non aparece nos mapas... Espero terche axudado en algo. Saúdos. --Xas (fálame) 16:53, 1 maio 2009 (UTC)

Electronic Arts‎[editar a fonte]

Ola Atobar. Grazas por achegar máis contidos ao artigo Electronic Arts‎. Volvín poñer sede no canto de sé na descrición da fotografía por tratarse do termo correcto. Sé refírese ás dioceses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:30, 1 maio 2009 (UTC)

RE: Ramón Piñeiro[editar a fonte]

Home, claro que sería interesantísimo conseguir algunha fotografía. Tamén no Centro Ramón Piñeiro teñen na sala de reunións como media ducia de fotografías preciosas, pero o problema é o rollo dos dereitos e da cesión destes dereitos, que na wikipedia sonche un verdadeiro lío. Supoño que Galaxia non debería negarse a ceder unha foto, pero non sei como habería que facelo. Coméntao con Xabier que é agora o noso experto en imaxes e dereitos. Por outra banda, grazas ó teu seguemento e correccións no artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:11, 1 maio 2009 (UTC)

Pois mañá á mañá doulle unha volta e pénsoo... Saudiños --Xabier Cid Conversa 09:00, 3 maio 2009 (UTC)

Contixe[editar a fonte]

Bufffk, miña nai querida. Non sei cantas ips xa ten bloqueadas, pero cabe supor que é a mesma persoa coa teima de Contixe. A ver se non dá máis a lata. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:09, 4 maio 2009 (UTC)

Contrasinal[editar a fonte]

Feito o cambio. Grazas por avisar. Un saúdo --Jordav 17:47, 4 maio 2009 (UTC)

RE: Tamaño das referencias[editar a fonte]

Si, é algo do que ando á espera de inspiración. Polo de agora non dei atopado o problema. Non sei se é o modelo ou algún parámetro do software. Téñoo en tarefas pendentes. Ás veces cómpre agardar e velo todo a máis distancia no canto de fixarse no mínimo detalle. Síntoo. Saúdos e bo traballo! --Toliño Fala aquí comigo 18:17, 4 maio 2009 (UTC)

  • Feito! Feito! Creo que xa arranxei o problema. Copiei o código da versión do modelo na Wikipedia en inglés que sempre é unha boa referencia nestes casos. Se dá algún outro problema avísame. Deica loguiño! --Toliño Fala aquí comigo 18:31, 4 maio 2009 (UTC)

Servizo[editar a fonte]

Grazas por responderme esa dúbida, menos mal que me avisaches de que ese dicionario estaba desfasado porque cando tiña dúbidas era un dos lugares onde verificaba. Anotado. Un saúdo --Jordav 18:26, 4 maio 2009 (UTC)

Río Támega[editar a fonte]

Ola Atobar, esta páxina xa existe hai que avisar a un administrador.--PepedoCouto (dimo aquí) 11:28, 5 maio 2009 (UTC)

Fotos de Rabal[editar a fonte]

Fotos de Rabal, Oímbra Porque teño que porlle o cadro as fotos se xa dixen que eran miñas e de dominio publico, por xa llo puxen, pero non sei si o faria ben,(nin tan sequera sei moi ben se ti es o que me dixeches o do recado) a paxina que sae na foto e a do meu pobo pero son eu quen modifica a paxina e fai as fotos. Bueno en resumen so é unha cousa, antes de borrarme nada decindeme o que hai que facer. Quen é o administrador e como lle demostro que as fotos son miñas (a paxina na que entraches tamen a fago eu)

RE:diferenza/diferencia[editar a fonte]

Boas! pois cun bot pode facerse de maneira case automática. O cacharro conéctase e recolle as páxinas que conteñen "diferencia", logo pódese ir mirando unha por unha e cambiandoo, pero sen ser a man, só confirmando caso por caso (para asegurar) e o bot xa fai o cambio. Engádoo ás miñas tarefas pendentes de bot, que xa teño unhas cantas, a ver si antes deste fin de semana podo facelo. Saudos --Banjo tell me 09:52, 6 maio 2009 (UTC)

Toponimia[editar a fonte]

Pois non che son eu perito nesta cuestión. Aquí guiámosnos pola seguinte política: Wikipedia:Toponimia, que para o caso que indicas corrsponde á sección "Toponimia de España". Esa política está un pouco na picota (véxase: Wikipedia:A Taberna (políticas)#Linguas e toponimia), sobre todo para o caso de topónimos internacionais. Eu ando atento a ver se sacan esta base en liña [2], que coido que se é boa podemos tomar como base. Creo que non che respondín directamente a pregunta, mais na ligazón de wikipedia:Toponimia está a política oficial, que polo de agora é o que hai que seguir. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:27, 6 maio 2009 (UTC)

Ficheiro/Arquivo[editar a fonte]

Aínda que creei o articulo como archivo por que o teclado xogoume unha mala pasada, despois movino a arquivo porque pensei que eran sinónimos. É máis, en digalego na entrada de fichero sinala como sinónimo arquivo. Un saudo --Jordav 19:01, 7 maio 2009 (UTC)

Artigo Tchaikovsky[editar a fonte]

Ola Atobar, non pasa nada, grazas pola túa axuda, o certo é que levo unhes días pelexando coa biografía porque é realmente extensa e esta semana ando un pouquiño curta de tempo. A ver se a finde me chega a máis. Grazas e abur!--Lala Lugo 19:44, 7 maio 2009 (UTC)

  • Obrigado por reportarme a información do vandalismo. Desta vez tardei bastante máis porque acabo de chegar a casa. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:39, 7 maio 2009 (UTC)

Sobre o articulo Acceso[editar a fonte]

Chámame a atención, ao primeiro (xa aprendín algo hoxe) o modo de expresarte, con tanta suficiencia (ese resumo de edición "corrixo amplamente") ou o comentario na etiqueta de que necesita corrección (¿ese é o tipo de aclaración que se supón debe de levar esa etiqueta?).

Pero claro, cando se anda así pola vida, tropézase. É curioso que se necesite a revisión dun experto no tema cando eu son un enxeñeiro informático (aínda que se cadra iso para ti non é suficiente), ou como dás por feito que estou traducindo cun tradutor automático directamente (grazas por faltarme dicindome co meu galego é insuficiente).

Por certo, mirando as revisións, chamoume a atención que máis que castelanismos, o que me corrixiches é a forma de dicir as cousas (que non me parece mal, son hispanofalante e loxicamente moitas veces utilizarei expresións non suficientemente galegas), agora, moitas veces parecía que querías que parecesen máis cambios dos que hai....

Parrafos que aparecen totalmente en vermello nas diferenzas e con todo só cambian dúas palabra. Outras que aparece todo o parrafo en vermello e non hai ningunha diferenza (supoño que será pola altura na que está do texto)....

Pero o que me chamou máis a atención foi o cambio do titulo dun apartado de Ban a Baneo (pensei, "ben, será incorrecto en galego") para ler na seguinte linea "Un ban ou baneo". Se dás como válido na seguinte liña Ban, ¿porque cambias o título?

Agora ben, a min non me importa que corrixas e o que digas no articulo (levo moitos articulos e coñezo ben a wikipedia, o que a move e o que a sustenta), pero modera as túas formas, porque nun proxecto como a wikipedia, non creo que esas actitudes teñan cabida.

Un saúdo--Jordav 20:42, 7 maio 2009 (UTC)

Neste caso ti aprendes de min, noutros casos eu aprendo de ti e así avanza o proxecto.--RNC 17:53, 8 maio 2009 (UTC)

Piñeiro[editar a fonte]

¡Que vergonza! Hai xa como 15 días que me regalaron este libro/disco/dvd (de feito, forma parte da bibliografía do artigo) e ata que non mo dixeches ti nin me enterara que contiña tal dvd co documental sobre o noso home. Hoxe póñome con el. Moitas grazas, Atobar. Pedro --Lameiro (conversa) 19:01, 9 maio 2009 (UTC)

Mensaxe na Euskal Wikipedia[editar a fonte]

A "taberna" na Euskal Wikipedia é Txokoa (aqui). Já pus a tua mensage. Saúdos, --Orereta 22:19, 9 maio 2009 (UTC)

Mina e minaría[editar a fonte]

Boas tardes. O caso é que xa temos un artigo minaría que creo que cadra máis. Proporíache levar (fusionar) este texto de mina a minaría e borrar logo o primeiro. Dálle voltas e xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 14:12, 10 maio 2009 (UTC)

Galego moderno[editar a fonte]

A miña formación no galego seguiu as primeiras Normas Ortográficas e, polo que dis, pode resultar anticuada. Eu son, xa o viches máis veces, dos de ó/ós e move-lo, e estou a anos luz de até, -bel/-beis e opcións semellantes; non digamos xa da opción Galiza. Xa vexo que estas opcións "modernas", consecuentes ás novas Normas de 2003 (polo menos ao e mover o) xa non son cousas dos do non, senón que se están impoñendo inexorablemente, ben ó meu pesar, na literatura, na administración e mesmo na Real Academia. Sei -témome- que terei que abaixa-las orellas e acepta-lo inevitable, pero a min non me sae. Nin te imaxína-lo que me costa respecta-la primeira opción do editor cando estou a corrixir algo xa escrito. Pero bueno, que non teño maior obxección a que fága-los cambios que indicas (permíteme leva-la miña resistencia só ata o punto de non facelo eu). As miñas razóns non son de fondo, senón estéticas, o que indica que que tamén as estéticas son particulares. Normal. A verdade é que os problemas da wikipedia (fiabilidade, vandalismos, diferencias de tratamento) se ven incrementados na Galipedia co problema do noso dobre sistema de escribir que, no fondo, parece incoherente. De verdade e sen segundas: podes face-los cambios cando queiras que non me vai parecer mal en absoluto. Unha única cautela que seguramente sobre: respecta as citas textuais, que corresponden ó que escribiu cada autor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:36, 10 maio 2009 (UTC)

  • Efectivamente, mesa camilla é un castelanismo, por iso está escrito en cursiva. Pero prefiro que quede así porque é unha denominación xa institucionalizada. Piñeirismo e mesa camilla (a súa, non calquera) son xa historia deste país. Pedro --Lameiro (conversa) 23:21, 12 maio 2009 (UTC)
    • ¡Serás teimudo...! :) Vale, xa te-la túa "mesa braseiro". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:57, 13 maio 2009 (UTC)

Barómetro[editar a fonte]

Moitas grazas.Non son unha esperta nisto e por iso os meus artigos son mínimos,pero coa axuda iranse mellorando!grazas!--Aldocampo 13:32, 11 maio 2009 (UTC)aldocampo

uranio[editar a fonte]

Ola Alex; Grazas polo aviso; xa retirei o marcador de "en uso" que esquecera. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:36, 14 maio 2009 (UTC)

Dúbidas[editar a fonte]

Non sei se iste é o xeito de proceder habitual entre os galipédicos, pero a entrada sobre a Cidade Difusa non pretendía ser outra cousa que un embrión do que espero poder facer un artigo serio próximamente. Escribino e deixeino durmir por hoxe, que xa non son horas de seguir. É certo que o dato sobre a data da chegada dos suevos a Galicia púxeno de memoria, pero convencido de que era ese. Quero decir que si tivera dúbidas optaría por prescindir del. Se cadra debería traballar un pouco máis pola miña conta antes de publicar nada. Non sei. Admítense suxestións. Por certo, a túa mensaxe anterior, falando do artigo da Colmea, non a vira ata hoxe. Non son un wikífilo habitual, só participo cando me da a arroutada. Lamento non che ter contestado antes. Agora que xa descubrín cómo funciona isto, prestareille máis atención. --Xoacas 23:45, 16 maio 2009 (UTC)

imaxes manifa galego[editar a fonte]

Segundo Vieiros, o seu material está baixo licenza creative commons (ver isto), así que supoño que as súas imaxes poderían ser subidas. --Norrin_strange (Fala-me) 09:03, 18 maio 2009 (UTC)

  • Non, o que vou facer é preguntar directamente a Vieiros. --Norrin_strange (Fala-me) 15:24, 18 maio 2009 (UTC)
    • Ola Atobar. Perdoa pola tardanza en responder. E a resposta é que nin as imaxes de Vieiros nin aquelas de Flickr que me amosaches poden ser empregadas na Wikipedia, por non ser compatibles as licenzas. Un dos requirimentos para usarse é que se permita o uso comercial e as obras derivadas. Ademais, cando unha licenza CC é copatible, na propia páxina da licenza adoita pór Approved for Free Cultural Works, como por exemplo aquí. Alberte Si, dígame? 14:37, 20 maio 2009 (UTC)

-ción vs. zón[editar a fonte]

Moitas grazas pola túa resposta. A verdade é que teño problemas coa ortografía porque non séi se é AGAL ou RAG. Sempre tento escrever en RAG mas cando teño dúvidas (se é galego o castelán o que escrevo) tendo ao portugués e por isso supoño que terei erros na ortografía.

¿Sabes cal é a proposta que ten os partidos políticos sobre o galego? Sempre veo que se defende o monolingüismo mas en normativa AGAL. Parece que ninguén quere ter a ortografía RAG.
Também quero aproveitar (perdoa se tomo moita liberdade) p'ra te perguntar a túa opinión sobre a ortografía do galego. Cal é mellor ou se é necesario p'ra a supervivenza da língua estar máis cerca da lusofonía.

Moitas grazas pola túa axuda (perdoa os erros de ortografía que seguro que terei)--Chabi 20:58, 18 maio 2009 (UTC)

Seo e peito[editar a fonte]

Atobar, de onde tiras a definición primeira que dás de seo, mirei en todos os dicionarios e en todos hai unha clara distinción entre seo e peito, só para o caso das femias dos mamíferos son sinónimos.--RNC 18:17, 19 maio 2009 (UTC)

Que mama, seo e peito sexan sinónimos ninguén o pon en dúbida, a cousa é que non en todos os casos funcionan como sinónimos, por moito que camada e cama sexan sinónimos nalgúns casos (por exemplo o lugar onde dormen os animais salvaxes) a cama dun cuarto non é unha camada.--RNC 18:54, 19 maio 2009 (UTC)

Grazas polas correccións sobre o artigo Matamá (Santa María de Matamá) Engadirei referencias no momento no que as verifique. Terei máis coidado co uso da lingua. Saúdos.--Albeitar 11:09, 20 maio 2009 (UTC)

Imaxes de Ramón Piñeiro[editar a fonte]

Síntoo, pero non me deu o calendario para facer as xestións que se precisaban ao respecto. Desculpa por estas semanas de ausencia. Non sei se poderei ter un mellor ritmo nas vindeiras, pero tentareino. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 17:05, 21 maio 2009 (UTC)

Consellerías[editar a fonte]

Ola, Atobar. Fixen o troco que pedías pero moi sabiamente me atallou Lameiro levándome ao rego: aínda que a forma lingüisticamente recomendada é consellaría, o certo é que o nome oficial deses departamentos é consellería de Tal. Así que os modifiquei de novo ao revés. --Xabier Cid Conversa 18:56, 21 maio 2009 (UTC)

Personalidade[editar a fonte]

Ola. Sobre o de personalidade/persoeiro, eu escribo sempre a primeira forma por manter a que se viña empregando dende o comenzo, pero se pensas que é mellor a outra, coméntallo aos demáis e, se están dacordo en mudar, non teño inconvinte en empregala no futuro. Coma ben dis, esta é unha palabra propia do galego. Saúdos --Iago dime 18:28, 23 maio 2009 (UTC)

Ola Atobar. Pois si, púxeno adrede, facendo o xogo de palabras. Aproveito para parabenizarte polo traballo que fas. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 13:59, 24 maio 2009 (UTC)

Colexio de Quintela-Moaña[editar a fonte]

Nos sei moi ben como se conversa, estamos iniciando esto.Creo que nos correxiches algo na páxina de Iván, graciñas.Tentamos ir facendo cousas sobre Moaña cos alumnos maiores do cole, e estamos aprendendo. Se agradecen todas as axudas e suxestións--Colexio de Quintela-Moaña 18:49, 28 maio 2009 (UTC)

Correccións Propias[editar a fonte]

Tes moita razón por regra xeral procuro non cambiar sufixos coma -bel/-ble...etc. Pero ás veces atopo incoherencias nunha mesma páxina, é dicir, atopo que unhas veces o editor emprega un adxectivo coa terminación en -ble e aqueloutro coa terminación en -bel. Por iso, adoito soamente trocar aquelas terminacións que nese artigo me parecen incoherentes (aínda que por min é certo que cambiaría moitos termos e sufixos) mais tendo a controlarme neste aspecto. Pois moitas grazas, xa que logo, por terme avisado desta cuestión é , sen dúbida, de agradecer. Eu seguirei corrixindo na médida das miñas posibilidades os erros que tope por aí, que incribelmente (si, eu uso as formas en -bel hahaha) hai a feixes en moitas das páxinas que levo visitado.

RE: Proposta a imaxe da semana[editar a fonte]

Deixáchesmo sinxelo de arranxar... ;) Estaba todo correcto agás que hai que engadir manualmente a proposta a Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións: neste caso engadindo o código {{agradeWikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Seimeira de Vilagocende.JPG}} por debaixo do texto <!-- LISTA DE PROPOSTAS --> (tal que así). Só era iso. Tes as instrucións detalladas no cadro que hai en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas ou mesmo ao creares a proposta, cando che sae este texto. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:23, 2 xuño 2009 (UTC)

Re: Xogadores do Dépor[editar a fonte]

Moitas grazas, Atobar. E todos os que quedan aínda por poñer! --Krisko Conversa 15:05, 2 xuño 2009 (UTC)

artigos novos[editar a fonte]

boas, Alejandro! A raíz dunha dúbida que teño (eu tiña entendido que a acronimia e o Blend eran diferentes, pero as interwikis de inglés e castelán ligan unha coa outra), fágoche unha proposta. Anímote a traducir artigos sobre morfoloxía coma acronimia, sinapsia, xustaposición, disxunción, parasíntese, prefixo, interfixo...

E xa se conseguises aclararme a dúbida sería incrible. Segundo os meus apuntamentos, Blend é por exemplo cando se colle a primeira parte dunha palabra e toda unha segunda palabra (por exemplo, international + net = internet), e a acronimia dáse cando se colle a primeira parte dunha palabra, e a última doutra (como información + automática = informática. É isto correcto?

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:09, 5 xuño 2009 (UTC)

sinapsia / sinapse[editar a fonte]

Ola Alejandro; acabo de buscalo no Volg, e é sinapse, non sinapsia.

Grazas pola explicación de acronimia! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:27, 5 xuño 2009 (UTC)

    • Home, pero nos cadernos de fraseoloxía, aparecen en cursiva as palabras en castelán. Sinapsia en castelán, pero sinapse en galego. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:42, 5 xuño 2009 (UTC)

ip[editar a fonte]

A ip que me reportaches xa foi bloqueada por un administrador global, que andivo atento ó vandalismo na Galipedia. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:19, 6 xuño 2009 (UTC)

Península Ibérica[editar a fonte]

Grazas por pensares en min, mais creo que a curto prazo non vou poder poñerme co artigo. Aínda teño un artigo pendente de rematar co marcador enuso, o da Operación chumbo fundido. Ademais tamén teño comprometido amplia-lo artigo de Castelao, co obxectivo de votalo para artigo de calidade, xa que acaba de ser propossto en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Así que polo de agora dame que non vai poder ser. A ver se máis adiante... Alberte Si, dígame? 16:57, 6 xuño 2009 (UTC)

Lei Marcial[editar a fonte]

¡Ola boas! Esta é a miña primeira conversa, síntoo se hai erros. Creara o outro día o artigo (o esquelete aínda que cun concepto semellante pouco hai que dicir) co nome de Lei Marcial. Vin que modificaches certas cousas e paréceme ben, vese polo teu historial que terás máis xeito facéndoo, non o cuestiono. O que quería preguntarche é cal é a normativa con respecto a certas opcións lingüísticas do galego. Explícome. No meu artigo estaba escrito sempre "à" e "ò" e no canto disto modificaches poñendo "ao". Quería saber se hai algunha folla que explique criterios xerais para que sexa todo un pouco homoxéneo. Unha sorte de folla de estilo. O mesmo coa segunda forma do artigo "-lo". Somos poucos os que aínda o empregamos na escrita. Un link se existe tal páxina chegarame para aclara-lo punto. Moitas grazas. [[Usuario:Exemplo|Wargolth]] ([[Conversa Usuario:Wargolth|fálame]]) 21:23, 6 xuño 2009 (UTC)

Whigfield[editar a fonte]

Olá, gostaria de agradecer pela correção do artigo da Whigfield. Como pode ver em minha página de usuário sou um usuário brasileiro e não falo galego. Apesar disto, resolvi contribuir.

Tive a idéia de traduzir o artigo quando comprei um livro de poesias galegas de onde tinham além da versão em português continha a versão oroginal em galego. Em tempo, esse artigo eu também tinha criado na Wikipédia lusofona a partir da tradução da versão espanhola do mesmo. Trata-se de uma versão pro galego do artigo em espanhol. Perdoe-me se estou escrevendo em português. MarceloRenard2 14:52, 7 xuño 2009 (UTC)

Tradução em galego:

Hola, desexa as gracias por correção do artigo da Whigfield. Como pode ver na miña páxina de usuario son un usuario brasileiro e non falo galego. A pesar disto, resolver contribuir.

Tivo a idea de traducir o artigo cando compras un libro de poesía galegas de onde tiñan Ademais da versión en galego continha a versión oroginal en galego. En tempo, este artigo eu tamén tiña creado na Wikipedia lusofona a partir da tradución da versión española do mesmo. Trátase dunha versión pro Galego de artigo en español. Perdoando me se estou escribímoslle en portugués. MarceloRenard2

Nick Drake[editar a fonte]

Ola Alejandro. Graciñas por lembrarme o do marcador enuso do artigo de Nick Drake. Retireillo (aínda que non rematei de traducilo) por se alguén quere contribuír nel. Saúdos.--Caronium 17:53, 7 xuño 2009 (UTC)

Re: Whigfield[editar a fonte]

Enganou-se, meu caro eu não traduzi direto do espanhol e sim da minha versão traduzida em português. Segundo não sou bem um editor da Wikipédia lusófona e sim da Desciclopédia. Tenho poucas edições da Wikipédia. MarceloRenard2 23:44, 8 xuño 2009 (UTC)

Ton[editar a fonte]

Ola, Atobar. Grazas polas correccións. Hai moitas moi boas. Noutras poucas metes a pata, :D. Noutras, finalmente, mudas o ton, hehe, e estaba así a mantenta. E non é que eu non saiba escribir formal, é que creo que as normas deben ser precisas, pero non demasiado formais. Ese é o modelo da en.wiki. Non é un xulgado, senón unha lista de consellos de buenri. Ao mellor non está conseguido ese buenri, que pode ser, :), pero esa era a idea de utilizar frases máis simples. Voulle dar unha revisión aos trocos agora, ok? :)--Xabier Cid Conversa 14:36, 9 xuño 2009 (UTC)


Resistencia[editar a fonte]

Tiñas razón en galego denomínase resistencia e non resistor. Moitas gracias Atobar!

Emilia Pardo Bazán[editar a fonte]

Ola Alejandro, poderías dicirme se podes ver enteiro o artigo sobre Pardo Bazán, a mín so me deixa velo ata Rexionalismo.--Hugo22 19:36, 9 xuño 2009 (UTC)

Ligazóns a través de espazos de nomes[editar a fonte]

Ola Atobar. Quizais non o saibas, por iso escribo esta mensaxe, pero deben evitarse as redireccións entre espazos de nomes. Os espazos de nomes identifícanse polo prefixo diante dos dous puntos (:) agás no caso dos artigos que non levan prefixo. Por exemplo: Wikipedia:, Conversa:, Imaxe:, Modelo:, Categoría:, etc. Os espazos de nomes teñen un tratamento especial no software MediaWiki que é o que se utiliza en Wikipedia. Polo tanto Listaxe de sinónimos e Lista de sinónimos non deberían apuntar cara Wikipedia:Listaxe de sinónimos útiles para galipedistas‎ ‎por tratarse dunha ligazón entre espazos de nomes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:10, 11 xuño 2009 (UTC)

Pois si, algo diso hai. Tamén semella que andamos polo mesmo camiño ata o punto que as veces me recoñezo no que estás facendo :-) Moitas grazas polo teu traballo nuns tempos tan duros para a lingua e a cultura galega. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:39, 12 xuño 2009 (UTC)

Península Ibérica[editar a fonte]

Estes días case nin teño tempo para pasar pola Galipedia, e aínda teño por aí algún artigo en edición que quixera completar, poreino na miña lista de colaboracións para máis adiante.--RNC 20:20, 11 xuño 2009 (UTC)

  • Boas. Son novo aquí, así perdoa a ignorancia... Supoño que deixasteme unha mensaxe, co cal iniciei a miña primeira "conversa". Moitas grazas polo detalle e unha aperta.usuario:Sr71.

Ben¡ o meu primiero tirón de ourellas na galipedia ¡¡ vou probar a asinar...--Sr71 23:58, 12 xuño 2009 (UTC) un saúdo ¡

RE: Noruega[editar a fonte]

Pois lendo a conversa e consultando a wikipedia de inglés (que sempre é boa referencia), e mentres non saian definitivamente as denominacións oficiais en galego dos países (nese momento deixaremos de usar os títulos dobres), estou de acordo co cambio. Queres que cho faga eu? --Toliño Fala aquí comigo 12:24, 13 xuño 2009 (UTC) Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 12:32, 13 xuño 2009 (UTC)


Traballos toxicoloxia[editar a fonte]

Grazas pola axuda e comprension. Estamos (estou, porque os rapaces agora andan cos exames...)a corrixir os poucos, pero pouco a pouco faremos algo aceptable..penso.Tes razon de que se non se cumplen uns minimos non se deben aceptar. Este ano foi o primeiro, e desbordoume un pouco, pero penso que dos erros tamén se aprende, e espero que para o proximo curso o fagamos mellor.. Grazas e ata pronto. Arquimedes (Esta mensaxe deixona Arquímedes ás 23:51 do 13 xuño 2009, pero esqueceu asinar.)

Agradecementos[editar a fonte]

Moitas grazas por correxir o meu artigo, sei que teño algunha que outra falta de ortografía e é por que non acostumo a escribir no PC en galego, pero espero poder correxir iso cedo, por que quero contribuír á Galipedia co que poida. ;)

Non me movo moi ben pola Galipedia polo momento, así que espero haber posto isto no lugar indicado, se non, espero as túas indicacións, jajaja.

P.D. Grazas polos links, botareilles unha ollada. Deica loguiño! Yavanno (Estas mensaxes deixounas Yanavo ás 23:26 e 23.27 do14 xuño 2009, pero esqueceu asinar.)

Correccions Toxicoloxia[editar a fonte]

Grzas por todo, eu creo que xa estou a piques de tirala toalla, porque de momento estou corrixindo o mais grosero, e creo que a este paso non acabo antes de vacaicóns. Grazas de novo e ata logo--Arquimedes 23:36, 15 xuño 2009 (UTC) Xa ves que aprendin o da firma, jaja...

re bienvenida:[editar a fonte]

Gracias por la bienvenida :) Manuelt15 15:51, 16 xuño 2009 (UTC)

Maximiliano I[editar a fonte]

Ola Atobar, vexo que acabas de crear a pax Maximiliano I. Non sei se te deches conta de que ese artigo xa esta creado co título Maximiliano I de México. Saúdos. --Xas (fálame) 14:06, 19 xuño 2009 (UTC)

Forca[editar a fonte]

Boas, Atobar. Xa temos o artigo aforcamento, breve de máis. Valora se procede pasar aquel texto a Forca ou inserir este naquel, pero manter os dous non parece lóxico. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:19, 21 xuño 2009 (UTC)

Grazas, Atobar. Si a miña traducción é por máquina, a miña lingua principal é o inglés, pero a miña familia están en español. Fun criada nos Estados Unidos, pero non falan español.

I was interested in the Pescara Airport and tried to fill in the historian article, you would have been able to do it better. The info comes from the English Wikipedia and websites. He has written a few books, but too much for me to go into. I was also going to do the British Caledonian and BAC 111 articles as well. Grazas ao Benvido, or I should say, thank you for the Welcome. --ZorroRegistrarse 10:19, 22 xuño 2009 (UTC)

Thank you, your skill of languages puts me to shame. I will be back in a few days to help in the other articles and will tell you where I have been. The language I will study over time, please be patient. Anything you want to know or for me to look up, please ask and I will do all I can. --ZorroRegistrarse 10:31, 22 xuño 2009 (UTC)

Galicia irredenta[editar a fonte]

Aproveitando que andas por aquí, poderías mirar o artigo Galiza irredenta?, non sei se é cousa miña pero para min que está moi lonxe do espírito neutral, que che parece?--RNC 13:54, 22 xuño 2009 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Atobar/arquivo_1&oldid=4289754"