Conversa usuario:Atobar/arquivo 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arquivo das conversas celebradas no primeiro semestre de 2009:

Índice

Guerra trinta anos[editar a fonte]

disculpome polo miña edición da guerra dos trinta anos eu son galego pero eu falo con moitos castelanismos por iso a miña edición foi un desastre coa lingua, podedes contar conmigo na maioria dos artigos de historia e outras cousas aínda que pode que non as domine moito.

P.D esou intentando revisar a ortografía e en finalizar o artigo Guerra dos trinta anos. --tito m 18:39, 13 agosto 2009 (UTC)

Dúbidas lingüísticas[editar a fonte]

Subín un texto ao galifontes, e hai unha serie de verbas que non sei como traducir (están en cursiva), a ver se lle podes botar unha ollada: wikt:O bipartidismo ao servizo do control social. --Norrin_strange (Fala-me) 15:01, 23 xuño 2009 (UTC)

Concellos de Italia[editar a fonte]

Sempre é de agrado que toda unha institución desta wikipedia che louve... hehe, agora estoulle a dar duro a Sardeña. De tódolos xeitos aproveito para facerte unha cuestión. Vexo que o cadro de caixa de información dos concellos nesta nosa wikipedia é un tanto estrafalario... Eu intentei facer un un tanto máis universal pero o modelo quedoume a medias... Ti saberías con quen podo contactar para que resivise ese modelo ou ben que cree un específico para os modelos italianos? Moitas grazas. --Krisko 17:59, 24 xuño 2009 (UTC)

Grazas outra vez, Atobar. Unha aperta. --Krisko 18:06, 24 xuño 2009 (UTC)

Antigüídades[editar a fonte]

Gracias Alejandro, decateime do erro cando estaba a facer o artigo Antigüidades.--Hugo22 19:09, 28 xuño 2009 (UTC)

Emprego doutras Normativas.[editar a fonte]

Verás, sempre me xorde a dúbida sobre se puidese ou non crear novos artigos noutra Normativa que non sexa a derradeira da Real Academia do 2003. Sabes onde podo consultalo? Grazas por adiantado.--Nonso91 00:13, 29 xuño 2009 (UTC)

predicar e dar trigo[editar a fonte]

ei meu! un pequeno tirón de orellas: Non está ben dicirlle aos/ás nov@s que respecten a primeira forma posta en ata/até, -bel/-ble..., e despois andar mudando falecido por finado.

Non o tomes a mal. Amoloume un pouquechiño. Falamos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:51, 29 xuño 2009 (UTC)

  • Boa tarde, Alejandro! Descúlpame. Mirara a tua proposta (coa que concordo) pero o certo é que non reparara na palabra en concreto. Desde hai tempo veño empregando o criterio que che recomendara Xabier (nado en... falecido en...) pero non reparara na túa proposta de finado.

Porén, penso que non é malo o uso de sinónimos. Certa homoxeneidade está ben e é necesaria, pero certa diversidade de sinónimos humaniza máis (penso eu), non dá a impresión de que os artigos están feitos con tiraliñas.
Perdón de novo polo reproche, e agardo que este debate sexa produtivo para todos.
Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:24, 29 xuño 2009 (UTC)

estilo[editar a fonte]

Bon día!

como ben me comentou Beninho hai un tempo, coméntoche agora sobre o libro de estilo. Adóitase usar a cursiva para os títulos de cd's, ep's, películas e libros, e as aspas para as cancións, poemas...

Saudiños, e ata máis ler. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:40, 30 xuño 2009 (UTC)

borrar artigo[editar a fonte]

Ola Atobar, pediríache que borrases o artigo da serie de toxicoloxía titulado: Factores de susceptibilidade en teratoxénese. A razón é que xa pasei(e corroxín algo) o seu contido o artigo principal "teratóxeno", como un epígrafe mais, xa que ese é o sitio mais axeitado para a súa ubicación. Obrigada e un saúdo.--Arquimedes 17:45, 30 xuño 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Araña. A Estrada, Galiza. 02.jpg[editar a fonte]

Acabo de ver a túa proposta. Só quería dicirche que escolliches de entre as miñas imaxes aquela que eu considero mellor de entre todas as que fixen ultimamente.

Foi algo estraño o que aconteceu ó facer a foto. Tróuxome unha alumna (pois saben que lles fago fotos a insectos) esa araña. Coloqueina nun espazo ó aire libre, e a araña non se moveu, quedou petrificada deixándome colocar a cámara sobre a mesma pedra de xeito que a nitidez puidese ser máxima. Quizais fose fortuna (foi das fotos de insectos menos laboriosas que fixen).

Se a imaxe non é mellor é porque non teño mellor cámara, por mor diso, considero que a foto é mellorable, pero é moi difícil pillar unha araña de fronte con esa definición. Hoxe mesmo intenteino con outra e o resultado foi máis ben pésimo (Ficheiro:Araña, Bastavales, Brión, Galiza, 090630 01 begin_of_the_skype_highlighting 090630 01 end_of_the_skype_highlighting.JPG).

Grazas pola proposta: De entre todas as imaxes que eu subín ultimamente, de entre todas as imaxes que fixen ultimamente, se eu puidese propor algunha, tería proposto precisamente esa-- Lmbuga / Conversa comigo  00:47, 1 xullo 2009 (UTC)

Hai dúas imaxes máis das que estou orgulloso pois cos medios que teño quedaron moi ben. Dado que cho comento, sería preferible que non as propoñas, inda que eu prefiro o esquema de proposición de imaxes de Commons ó da Galipedia (non estou de acordo co da vangloria se se propón unha imaxe cada 20, 50 ou 100 subidas). As imaxes son estas: Ficheiro:Saltón en Bastavales, Brión, Galiza 090709 01.JPG e Ficheiro:Libélula na praia da Aguieira, Nebra, Porto do Son 090719 02.JPG. Espero que che agraden-- Lmbuga / Conversa comigo  16:30, 20 xullo 2009 (UTC)

Nome "A Coroa" / "A Croa"[editar a fonte]

Ola Atobar, vendo ontes as modificacios en "Cambios recentes" sobre o artigo do Castro de Moreira seica me liei un chisco con tanto facer e desfacer... Somentes quería comentarche que por favor se outra vez tes algunha dúbida sobor da elección dun termo mo digas pra especificar correctamente no artigo o por que dun nome ou doutro (entendo que o que eu saiba como se chama o castro por aquela zona non pode constar coma referencia oficial e é necesario referencialo correctamente) e deste xeito afórrase un ter que andar modificando pra diante a pra atráis. Grazas e boa fin de semana--Lala Lugo 08:29, 3 xullo 2009 (UTC)

RE: Escuma[editar a fonte]

Pois pensaba que só se admitía "escuma". Se as dúas son válidas, coido que é mellor deixalo como estaba antes. --Toliño Fala aquí comigo 14:01, 3 xullo 2009 (UTC)

Retrete[editar a fonte]

Está completo o artigo e douche os parabéns por crealo. Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 13:34, 5 xullo 2009 (UTC)

Día do Orgullo Gai[editar a fonte]

Ola. Certamente o artigo é mínimo, pero foi un 'artigo de urxencia', por así dicilo, xa que en portada referenciábase o Día do Orgullo Gai, pero tiña a ligazón en cor vermella (isto é, o artigo non estaba creado). Fixen un borrador rápido en base aos artigos nas wikipedias portuguesa e inglesa... pero como algunhas das cousas que narran eran diverxentes, pois quedei só coas cousas comúns. Non o estendín máis por falta de tempo, por iso xa lle deixei o aviso de que era un artigo en construción, esperando que alguén o continuase.

--Rosamf 07:27, 7 xullo 2009 (UTC)

Chita[editar a fonte]

Boas, Alejandro. Borrei o artigo Chita, tal como acordamos. Por se decides volver intentalo, mándoche polo correo o contido do artigo e da conversa, para que o teñas presente na nova versión. Saúdos e ánimo para desentrañar o enredo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:44, 11 xullo 2009 (UTC)

    • Podo, claro que si. Eu teño as conversas arquivadas por anos naturais e, durante o ano en curso, vou arquivando por tacadas dunhas 50 conversas, deixando sempre como actuais as últimas 20-30 conversas. É un sistema, pero se ti prefires outro explícamo e fágocho (sempre que non me pidas gollerías, claro) Pedro --Lameiro (conversa) 22:21, 11 xullo 2009 (UTC)

Arquivo de conversas[editar a fonte]

Xa o tes feito. Como escribes e te escriben tanto, xa só un semestre é un longo documento, pero a idea era facer que as conversas actuais, as últimas, fosen máis accesibles. Non rematei de baleirar xuño porque me parecía que ía quedar moi pobre a páxina de conversa, pero cando pasen uns días e queiras pasar as de xuño ó arquivo do primeiro semestre, non tes máis que cortar e pegar todo o que queiras trasladar, desde a ventá de edición (non desde a ventá de visualización) e así arrastras tódolos formatos e todo o historial das diferentes edicións. Seguro que non tes problema ningún. Saúdos e un placer serte útil. Pedro --Lameiro (conversa) 23:11, 11 xullo 2009 (UTC)

Sobre a Desciclopedia[editar a fonte]

Espero que me desculpe se não poder me expressar em galego, mas notei algo na discussão do artigo. Vai embaixo a minha explicação sobre as diferenças de humor locais adotadas na Desciclopedia em relação à Uncyclopedia:

Desculpe a intromissão, amigos (estou escrevendo em português). Mas, voltando, a versão portuguesa da Uncyclopedia tem algumas diferenças com a sua versão original. Como certas perodias adaptadas ao humor luso-brasileiro, já que é, certamente, impossível em uma tradução a compreessão aos leitores.
Vi a versão da Inciclopedia daqui e se repararem vão notar algumas difereças entre elas. Em cada versão vernacula, cada Uncy adota o tipo de humor de seu país ou região. Digo isso, pois sou usuário da Desciclopedia e da Inciclopedia. Ou seja, já traduzi dois artigos de uma uncy à outra e é costume a adaptação nas traduções para a melhor compreensão. Outra nota, realmente não existe a versão em lingua galega da Uncy, o que não impede que seja criada, segundo o seu proprio tipo de humor. Agradeço a compreensão dada aqui. MarceloRenard2 21:15, 13 xullo 2009 (UTC)


Fauna de Galicia[editar a fonte]

Gracias Alejandro :). A verdade e que sería de boa axudar ter alguén detras corrixindo as grallas. Se che apetece botarlle unha ollada aos artigos e correxilos vai no meu perfil a "Fauna de Galicia", alí vou ir clasificando aos mamíferos galegos á vez que lles engado os modelos e as súas áreas de distribución.--Hugo22 19:17, 14 xullo 2009 (UTC)

Ranking[editar a fonte]

Alejandro, ¿cal quedáramos que era a forma propia por ranking? Acabo de comprobar que temos 92 páxinas que o conteñen, con ou sen til. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:03, 16 xullo 2009 (UTC)

Resposta ao saudo[editar a fonte]

Grazas polas túas alabanzas, para un inexperto coma min non é sinxelo atopar apoios. Aínda estou en fase -1 de aprendizaxe, pero cando busque algunha información adicional sobre retretes, acudirei a tí. Bó día. Padmon

Cambios no meu perfil coa axuda de Atobar[editar a fonte]

Grazas por facilitarme algunha axuda coa ortografía do meu perfil particular. Aínda así deixei algún trazo distintivo na Língua, esperando non ter serias repercusións por iso. É preciso dicir que non lle puxen interés abondo ao idioma,de ahí os erros. Cando teña mais tempo ollarei detidamente o teu enlace, que semella interesante.--Padmon 12:26, 17 xullo 2009 (UTC)

RE: Gastronomía[editar a fonte]

Xa tiña reparado algunha vez nesta categorización de temas de/en Galicia como cousa distinta de España. Agora que me fas falar creo que quizais teña sentido cando se trate de categorizar realidades galegas pero non separar realidades asturianas, andaluzas, vascas, etc. No caso da gastronomía, cabe supoñer a existencia no futuro de 17 categorías, e aí si que non ten sentido unha "gastronomía vasca", outra "catalá" e outra galega á par dunha "gastronomía francesa", "mexicana" ou "brasileira". Eu vexo, neste caso polo menos, máis adecuado categorizar as 17 gastronomías dentro da rama "Gastronomía de España". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:57, 17 xullo 2009 (UTC)

Leixaprén[editar a fonte]

Exactamente, esa é a forma correcta, pedín que se borrase para poder mover o artigo desde leixa-pren, que é como está agora.--RNC 14:34, 17 xullo 2009 (UTC)

Edicións en lingua catalá[editar a fonte]

Ola Atobar. Esta mensaxe é para comentarche que o usuario que anda mudando o tema da lingua catalá leva unha campaña sobre ese tema en diversas wikis, sendo ese tipo de campañas contrarias as regras da Wikipedia non queda outra que desfacer as edicións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:12, 17 xullo 2009 (UTC)

Re: Modelo música latinoamericana[editar a fonte]

Que queres dicir con pechado? Que non apareza a opción de edición? --Prevertgl 20:06, 17 xullo 2009 (UTC)

Solucionado. Engadindo o campo state = collapsed o modelo aparece pechado por omisión. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:23, 17 xullo 2009 (UTC)

A fala[editar a fonte]

Bueno, referencié mi edición en el artículo de la fala. Como es un tema controvertido (y la información que aparece en el artículo está sesgada) he puesto la plantilla "Cómpre referencia" a la afirmación de que muchas veces es considerada dialecto el gallego: ya que no está escrito desde un punto de vista neutral, por lo menos que esté referenciado. Yo ya he cumplido, ahora haced lo que queráis (no seré yo quien va a decirte como debéis editar vuestra enciclopedia). Un saludo. - 83.45.16.218 20:17, 17 xullo 2009 (UTC)

Respondinche na páxina de discusión. Saúdos.--Lansbriga 20:16, 19 xullo 2009 (UTC)

Grazar pola benvida[editar a fonte]

¡Grazas pola Benvida, Atobar! Biquiños ;)--Evelinwendy 10:13, 22 xullo 2009 (UTC)

Páxina de usuario[editar a fonte]

¡Grazas por axudarme a mellorar! Xa fixen o cambio. Biquiños.--Evelinwendy 03:38, 23 xullo 2009 (UTC)

Sobre a páxina de Bosch[editar a fonte]

Saudos atobar, poderías botar unha ollada ó artígo de Bosch? Estiven a revisar, ortografía e formato wiki e tamén grazas a túa corrección penso que xa se podería quitar o cartel de alarma do artigo, pero queríao consultar antes contigo. Un saudo. --ZEph! 19:58, 25 xullo 2009 (UTC)

La fábrica de nubes[editar a fonte]

Boas, Atobar. Estes persoeiros que cita "La fábrica de nubes" sonche catro escultores que se están labrando o futuro. Manolo Paz é xa ben coñecido e temos dúas esculturas del na Galería de imaxes de Cambados; e para min que ben merece un artigo. Carlos Rial sóame moito pero non o localizo; e dos outros dous nin idea, pero é que tampouco son ningún especialista en arte. Quero dicir que existir, existen, e que non semellan ser irrelevantes, por máis que aínda non sexan demasiado famosos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:06, 29 xullo 2009 (UTC)

  • Home, éche unha opinión, pero eu son da contraria. Quero dicir que creo que nun artigo sobre unha localidade ten perfecta cabida a relación dos persoeiros que naceron alí, con toda a dificultade de definir cando se chega á categoría de "persoeiro". Iso si, semella lóxico que para merecer esa consideración de "persoeiros de sona" debería ter artigo propio. Pero ¿podemos esixirlle á persoa que recolle o nome que faga tal artigo? Pedro --Lameiro (conversa) 12:20, 29 xullo 2009 (UTC)

Noraboa -> Parabéns[editar a fonte]

Feito! Feito! o de mudar noraboa por parabéns. Non toquei o formato, de momento prefiro deixalo así, se se prefire máis grande prefiro que o troque Toliño, que foi quen puxo a mensaxe. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 00:15, 30 xullo 2009 (UTC)

RE: Nova ferramenta[editar a fonte]

Feito! Feito! Xa engadín a nova ferramenta que me pediches. Deica! --Toliño Fala aquí comigo 10:01, 30 xullo 2009 (UTC)

Persoeiros de sona[editar a fonte]

Boas Atobar, para comezar, eu non son ningun dos escultores, pero sorprendeume que non estiveran na galipedia...a categoría de escultores esta un pouco orfa (http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Escultores_galegos) ...incluso hai escultores menos coñecidos, a min parecer, dos que eu propoño (Ben, e todo moi subxectivo).Tamén quería por algún mais, pero agora non recordo os nomes... No mundo da arte sonche moito coñecidos, no google non te será difícil atopar información sobre eles...Eu tirei a pedra, os propuxen na "Lista de artigos que a Galipedia debera ter" (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Lista_de_artigos_que_a_Galipedia_debera_ter#Pintura_e_escultura), e se podo e me deixan escribirei sobre eles.

En canto ó de diversificar o tipo de edicións, ó tempo, son un neófito en isto de la wikipedia pero gústame fuchicar nela, fíxeme unha conta o ano pasado en castelán, por agora tampouco teño moitas aportacións, a tiña un pouco abandonada pero tamén querería facer cousas en galego.

Graciñas. Un saúdo.

La fabrica de nubes 10:15, 30 xullo 2009 (UTC)

Persoeiros de sona[editar a fonte]

Graciñas pola ligazón...non son galego nin o falo habitualmente aunque levo media vida vivindo aquí. Agora a ver se atopo tempo para facer os artigos en serio, recompilar, contrastar e facer que queden curriños, he, he, he.

La fabrica de nubes 10:45, 30 xullo 2009 (UTC)

¿Lavándula?[editar a fonte]

Que eu saiba, lavándula é o nome castelán da lavanda, arzaia ou cantroxo. Por outra banda, nas entradas só poñemos o nome común máis representativo, non o doblete "lavándula - lavanda". ¿Cacheite? ;) Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 30 xullo 2009 (UTC)

  • Pois ese Cumio debe ser o único que dá lavándula como nome galego. Ben, en calquera caso queda mellor "lavanda". Canto ó nome científico, Lavandula lanata, tamén é novo para min. Sempre foi Lavandula stoechas, e así o vexo no Dic. de sinónimos de Galaxia, na Guía de plantas medicinais de Galicia (A. Rigueiro, Galaxia, 1996) e na Nomenclatura vernácula da flora vascular galega (E. Losada, Xunta de Galicia 1992). Buscando na rede, vexo que a L. lanata é outra especie (alhucema), propia de Andalucía (pero non me fagas moito caso). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:56, 30 xullo 2009 (UTC)
    • Efectivamente, no Diccionario de Diccionario identifican cantroxo co castelán cantueso, pero non dan nome científico; só o fai E. Losada que o chama L. stoechas. No DRAE, cantueso é "semejante al espliego", e este é nome castelán da lavanda. No libro de Losada, son todos denominacións vernáculas da L. stoechas (cantroxo, cantraxo, cantruexo, cantueso... e lavanda e esprego). Cando lle preguntei a San Google por "Lavanda lanata" aparecéronme moitas páxinas da flora de Andalucía, Murcia e por aí abaixo, de onde supoño que non é galega, polo menos común, sendo a común a L. stoechas. Nas guías de plantas de Galicia que teño sempre falan desta especie (e non mencionan a outra) e dan os nomes lavanda e cantroxo como sinónimos.
    • O problema das denominacións vernáculas para plantas (máis que de animais, que tamén ten este problema) é que os nomes comúns mesturan especies baixo un único nome. Non son tan exactos como os botánicos nin os entomólogos, nin teñen por que selo. De aí que o mesmo nome común teña distintos nomes científicos e descricións máis ou menos diferentes segundo a fonte que consultes.
    • En resumo: entrada: lavanda; nome científico: Lavandula stoechas (a alternativa Lavandula sp non nos serve polo tema dos interwikis); sinónimos: arzaia e cantroxo; e lavándula (fonte: Cumio). Nota a rodapé: co nome de cantroxo tamén se designan outras especies semellantes, como a L. lanata.
    • ¿Pode valer? Se queres douche a referencia completa das fontes onde fun mirando todo isto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:28, 30 xullo 2009 (UTC)
      • ¡Que listo! :) Vale, fareino, pero á tardiña que por agora deixo o ordenador. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:38, 30 xullo 2009 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

agora xa sei como facelo

Grazas[editar a fonte]

Vou ver ese corrector. Grazas. --Ibérico 19:38, 1 agosto 2009 (UTC) Vexo que o corrector que recomenda a galipedia é o Ortogal. --Ibérico 06:33, 8 agosto 2009 (UTC)

Alfonso Vilar Lamelas[editar a fonte]

Como fago entón para ligar a Juán Cristóbal e Enrique Pérez Comendador ca wikipedia en Castelán onde si teñen artigos?

Graciñas.

La fabrica de nubes 09:13, 5 agosto 2009 (UTC)

ok Atobar, xa lle comentarei mañá, se teño tempo, iso a Lameiro.

Linguas[editar a fonte]

Estívenlle dando voltas á cuestión das linguas e non creo que se poida facer unha política xeral para decidir o que se debe titular lingua e o que se debe titular dialecto, hai que decidilo caso por caso seguindo fontes acreditadas, por exemplo no caso do gascón, a inmensa maioría dos estudos sobre o occitano encadran o gascón nesa lingua, é realmente difícil atopar traballos xerais do occitano que non inclúan o gascón, neste caso poño por caso quen tería que achegar referencias é o que pretendese darlle o título de lingua gascona. No aranés realmente non hai ninguén que diga que é unha lingua independente, utilízase a forma lingua aranesa pero só é iso, unha forma para denominar á variedade gascona occitana do Val de Arán. Na Galipedia á tradición é titular lingua de tal, pero non sei realmente onde está esa norma Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos, quizais engadir alí que no caso dos sistemas lingüísticos utilizarase lingua ou dialecto no título segundo sexa común en traballos e publicacións acreditadas, con excepción das linguas artificiais que deberían levar tan só o nome da lingua, xa que non é habitual falar de lingua interlingua, lingua ido ou lingua esperanto. Cóntame a túa opinión. --RNC 12:58, 8 agosto 2009 (UTC)

O caso concreto do valenciano é ben complexo, se ben é certo que a inmensa maioría dos autores e institucións culturais e políticas, tanto de Cataluña como de Valencia, consideran que valenciano e catalán é a mesma lingua, eses mesmos autores e institucións evitan denominalo dialecto valenciano, isto é por unha banda din que o valenciano é un dialecto pero a forma dialecte valencià case non se usa, preferindo simplemente valencià ou llengua valenciana, forma esta que xa se utiliza desde a Idade Media. Así Joan Veny resume bastante ben esa actitude en Els parlars catalans dicindo literalmente: Valencià -o llengua valenciana, tant se val- vol dir simplement la modalitat de català parlat o escrit a les terres valencianes, tamén o dicionario do Institut d'Estudis Catalans, o dicionario normativo do catalán, ademais de definilo como un dialecto tamén o fai como Al País Valencià, llengua catalana polo que a lingua valenciana é a lingua catalá en Valencia.

Resumindo desde o meu punto de vista nos títulos só se debería empregar dialecto cando exista tradición segundo as referencias, e no caso do valenciano non a hai polo que titulalo dialecto valenciano non me parace moi acaído, lingua pola contra deberíase reservar para as as linguas independentes segundo as referencias, o que non é o caso do valenciano, polo tanto neste caso e noutros parecidos deberíase empregar no título só o nome da modalidade: valenciano.--RNC 11:21, 10 agosto 2009 (UTC)

  • Engadín unha referencia en valenciano sobre o tema, xa o movín para o título sen lingua nin dialecto, creo que agora queda neutral, concordas?.--RNC 13:10, 11 agosto 2009 (UTC)

Localización de imaxes[editar a fonte]

Ola Atobar. Grazas polas imaxes que estiveches e estás a subir, acabo de propor unha para imaxe da semana.

De cando en vez reviso as imaxes que sobe algún usuario. Agora procuro facelo frecuentemente pois é un outro xeito de revisar imaxes e levaba tempo sen facelo. Desta vez estaba ollando as túas. Decateime de que ás veces é difícil categorizalas por non se saber onde foron tiradas as fotos. Rogaríache que de aquí en diante procures engadir eses datos sempre que che sexa posible.

Exemplos:

  • Ficheiro:Doces diversos.jpg podería ser categorizada en Categoría:Imaxes de gastronomía en Galicia, ou en Categoría:Imaxes de gastronomía en España ou Categoría:Imaxes de gastronomía. ¿Onde a categorizo? Podería facerse tamén unha subcategoría sobre repostería.
  • Ficheiro:Ameixas amarelas I.JPG. Inda que esta imaxe poida ser tomada en calquera lugar de Galicia ou nalgúns de España, para un botánico podería ser importante -eu non o sei- saber onde foi tomada. O que si sei é que se tiveramos 10.000 imaxes de froitas de Galicia (ou de flora de Galicia, ou de fauna), o valor das imaxes non sería igual se ademais están localizadas (é unha opinión). Por certo, en Ficheiro:Lavanda II.JPG si fixeches a localización, pero inda non busquei o concello ó que pertence San Vicente do Mar.

Se che parece ben e podes engadir nas próximas imaxes que subas eses datos, inda que poidan parecer irrelevantes, por favor, engádeos. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  20:00, 11 agosto 2009 (UTC)

Modelo:Moitas referencias[editar a fonte]

Ola Atobar! Desfixen un par de edicións túas engadindo o Modelo:Moitas referencias, pois paréceme inadecuado o seu uso, pois de querer alguén imprimi-lo artigo, non aparecerían a totalidade das notas. Así pois creo que ese modelo debería evitarse, e polo tanto eliminarse, na miña opinión. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 21:07, 11 agosto 2009 (UTC)

Supoño que si que se pode facer que o recadro amose tódalas referencias, mais coido que así perdería a súa funcionalidade (a de acurta-la páxina) e sería o mesmo na práctica có Listaref|2. Non sei se pagará moito a pena. Como vexas. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 21:23, 11 agosto 2009 (UTC)

datos da Galipedia[editar a fonte]

Boas Alejandro. Na web xornal.com dis que "no caso do castelán recíbense catro entradas por minuto e nós recibimos unha cada tres", explicando que nós temos máis tempo para estudia e comproba-las modificacións. ¿De onde quitaches este dato? Grazas Pedro --Lameiro (conversa) 21:43, 11 agosto 2009 (UTC)


Aínda non sei conversar[editar a fonte]

Grazas de todas maneiras. Aprofa 10:44, 12 agosto 2009 (UTC) Ao cuarto botón comezando pola dereita xa lle dera da outra vez. A ver se agora vai.-- 11:03, 12 agosto 2009 (UTC) pois non vai, pon a data e a hora nada máis. Aínda non definira a miña sinatura no apartado das miñas preferencias. Grazas de novo. --Aprofa (fálame) 11:20, 12 agosto 2009 (UTC)

Grazas mestre[editar a fonte]

Usei o teu formato para facer a miña páxina, e voteille unha ollada a túa Guía galipédica práctica.-Deusdixital

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Loita-Tradicional-Galega-en-Santalla.jpg[editar a fonte]

Fixen unha nova proposta nesta páxina. Véxome na obriga de comunicarllo a tódolos que votaron. Desculpa as molestias. Grazas e un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  16:23, 13 agosto 2009 (UTC)

Fughetta[editar a fonte]

Eu tampouco atopei fonte ningunha que nos resolva a dúbida, nestes casos optaría por deixalo na lingua orixinal, e máis aínda no vocabulario musical que está cheo de italianismos (divertimento, frottola e tantos outros).--RNC 21:16, 17 agosto 2009 (UTC)

Thanks, but...[editar a fonte]

Thanks for your welcome message (on other Wiki's that sometimes takes months !), but right now I'm just crossing all Wiki's to check some articles about African dictators for photos. So, I was just "passing by". Nevertheless, thanks for all your work on Wiki. And who knows we'll meet again sometime ? Kind regards, Maasje 10:59, 18 agosto 2009 (UTC) (my homebase)

Dúbida[editar a fonte]

Hola Atobar, a ver se me podes axudar, teño un problemiña...Non estou moi seguro de que facer cando un persoeiro galego chámase Juan, José, Magín, etc...non sei cal é a política da Galipedia con respecto a eses nomes, non sei se téñoos que cambiar ó galego; nas miñas pesquisas atopo biografías escritas en galego pero manteñen o nome en castelán, que supoño que serán os que aparecen nos seus respectivos DNI´s...non sei se é correcto cambiarlle ó nome se non se lle cambia, por regra de tres, a un John ou a un Peter...

Gracias. La fabrica de nubes (fálame) 09:35, 19 agosto 2009 (UTC)

Gracias, vou comentalo tamén co Albert a ver que me di...

La fabrica de nubes (fálame) 09:07, 20 agosto 2009 (UTC)

De pau, paíño[editar a fonte]

Tiñas razón, Alejandro. O diminutivo de pau é paíño e non *pauciño como che dixera eu. Pregunteino ós de Termigal e confirmáronmo: está no VOLGa como nota a pau. Xa o corrixín no artigo sushi e haberá que facer unha procura a ver se aparece tamén noutros artigos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:46, 24 agosto 2009 (UTC)

O detective Conan[editar a fonte]

Ola, non pensara en que colgar o aviso para os novos episodios desatase tanta polémica. Por outra parte, preciso axuda na redacción dos textos do resumo dos episodios.


Iván Turguiéñef[editar a fonte]

O primeiro amor está traducido por Xerais, Iván Turguiéñef é o nome co que aparece o autor, non che sei se é boa ou mala transcrición, eu de ruso tampouco sei moito.--RNC 23:37, 28 agosto 2009 (UTC)


Ate, até e ata[editar a fonte]

Tes toda a razón do mundo e teño a crenza e a política de os respectar, do mesmo modo que adoito respectar outras terminacións ou formas controvertidas como as -bel e -ble, porque aínda que teña as miñas preferencias tanto me ten as formas que empregasen o autor orixinal do artigo en cuestión. Mais non hai día que non corrixa ao leilán calquera tipo de artigo e non me atope con que logo de diferentes edicións por distintos galipedistas, estes sen se decataren empregaron formas que non respectan a preferencia inicial do autor. Por iso, como creo na "coherencia" para o maior embelecemento do artigo suprimo as formas; Ben que non empregou o primeiro galipedista, ben fago un reconto e a que estea en minoría é eliminada. É moi posíbel que moitas veces erre na decisión, mais cómpre que por cada artigo prevaleza só unha forma por coherencia editorial. O ideal sería que o galipedista orixinal se encargase destas pequenas cuestións e decidise cal das formas debe ser eliminada.

De todos os xeitos a partir de agora para me aforrar estes pequenos problemiñas, porei no Resumo o por qué borro esta ou a outra forma. Moitos saúdos ;).-- 18:47, 1 setembro 2009 (UTC) -- 18:48, 1 setembro 2009 (UTC)

Vaites! É certo que aínda logo de tentar tres veces que saíse a miña sinatura non o conseguín. Certo é que coas présas sempre o esquezo. Grazas por mo lembrares de novo. Deica outra! --Nonso91 20:24, 1 setembro 2009 (UTC)

Usuario Cantigasdaterra por modificacións naweb[editar a fonte]

boas tardes.

O comentario feito anteriormente a outro usuario, foi porque eu facía algo e él o modificaba en menos de un minuto, e non tiña moito tempo para pararme a explicar o motivo do que eu quería reflexar.

Agradezo a colaboración, e teño claro que este artigo é de todo o mundo, pero confío en que o espirito de cántigas quede reflexado no mesmo. A estrucutura está moi ben tal como a organizaches,moitisimas grazas

Cántigas da terra é un coro, non unha agrupación coral. Todos os anos se realiza a xuntanza dos COROS históricos de Galiza, non das agrupacións corais. Además é con tilde no primeiro á, e o outro usuario modificaba isto cada pouco tempo, e me tiña loca.

Son pequenos cambios que din moito, polo menos para os que formamos parte do mesmo.

Consultaré a tuas páxinas para poder aprender dos artigos, xa que eu son novata nesto.

Ata a próxima

Nomes de personalidades e encabezados[editar a fonte]

Graciñas por ambas indicacións, tereinas moi en conta. O tema dos nomes múltiples é porque xeralmente en cada artigo, feito por usuarios distintos, empréganse os distintos alcumes das persoas e por riba se fai unha ligazón interna. Ao empregar a ligazón interna esta queda orfa en moitos dos seus alcumes se non se fan redireccións. Tentarei procurar os outros sinónimos e sustituílos alí onde teñan redirección para evitar ese problema en lugar de facer redireccións. Graciñas de novo pola axuda --Pexego(conversa) 10:26, 4 setembro 2009 (UTC)

Xosé/José[editar a fonte]

p. 19 del libro Me voy de Pepe Rubianes. ISBN 9788496767096.--KRLS 10:31, 4 setembro 2009 (UTC)

RE: Modelo "en xaponés"[editar a fonte]

Ese xa existe: é {{ja}} non "jp". --Toliño Fala aquí comigo 11:06, 4 setembro 2009 (UTC)

Ríos de Galicia[editar a fonte]

Hola Atobar! Gracias pola benvida. En canto ó artigo dos Ríos de Galicia tes que perdoar se metín a pata, aínda acabo de empezar agora a editar na Wikipedia.

Pretendía completar o artigo cunha clasificación máis xeográfica, para engadila ó listado alfabético. É moi probable que teña erros, intentaba organizar a estrutura desa clasificación, para podela completar entre todos. Creo que sería fundamental colocar ó inicio un índice (non sei como se fai, non teño experiencia aínda), unha introducción e unha foto bonita dalgún río de galicia. Outra alternativa que propoño é crear un artigo sobre a hidrografía de Galicia, e deixar éste só como o listado alfabético.

PD: ese parágrafo xa o escribén na páxina de conversa do artigo, tampouco sei se é correcto facelo.--Iagocasabiell 14:27, 4 setembro 2009 (UTC)

Refrán[editar a fonte]

Hai varios que expresan esa mesma idea, pero para min o máis propio sería "Poñe-lo carro antes cós bois". Pero para que teñas onde escoller, toma nota:

  • Inda non pariu a cabra e xa o cabirto mama.
  • Fillo non temos e xa nome lle poñemos.
  • Inda non asamos e xa pingamos.
  • Non digas pillei o gato mentres non o teñas no saco.

¿Válenche? A mandar, Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 4 setembro 2009 (UTC)

Supoño que depende da intención que lle queiras dar, pero así, de repente, ocórreseme "Cada un na súa casa e Deus na de todos" ou "Cada un achega a brasa á súa sardiña". ¿Busco máis? Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 4 setembro 2009 (UTC)

Goya[editar a fonte]

Hola, hai algún problema en traducir o artigo en castelán, que nesa wikipedia é destacado? Que protocolo debo seguir, se podo facelo?

Las Provincias[editar a fonte]

Mi nivel de galego non dona para muito e non podo fazer artigos grandes como os que eu fago na wikipedia en español. mais preteno fazer edicións pequenas. Os artigos que eu empezo son infraesbozos a maioria. --Ravave 16:23, 5 setembro 2009 (UTC)

Historía urbana[editar a fonte]

Boas Atobar ! Vexo que ti tamén andas a mellorar artigos de historias urbanas, o de colaborar só pode dar calidade os artigos. Veño de darme conta que hai dous puntos donde facemos traballo contrario :

  • nas cabeceiras retiras a ligazón do nome da cidade, exemplo aquí. Por pensar que é importante eu intento dar ligazón de seguida a unha palabra importante e "enciclopedica", se esa palabra importante do titulo non se atopa solta na primeira frase, poís poño a ligazón na expresion que recupera o titulo en negriñas.
  • retiras ligazóns externas que representatan ilustración do texto exemplo aquí. Non me parece correcto co editor que as puxo cando teñen sentido, eu indo de presa levoas en rodapé, pero cando teño tempo, retiroas si están rotas e gustariame poder cando é posible mudalas pola imaxe si existe en commons e gustariame cando non hai imaxe en commons engadirlle unha lenda que se vexa nas notas.
    A ver si podemos falar disto, e combinar os camiños da calidade. Saúdos ElviraConversa comigo 20:53, 5 setembro 2009 (UTC)
Póis vamonos entender de seguida Atobar. O tema das historias das cidades non é dos meus temas máis predilectos, pero unhas IPs fixeroon tanto traballo que necesita valorización "wikipedista" e eso dame a posibilidade de axudar un pouco sen derramar moito o galego. Concordamos en que cómpre dar prioridade a un título en negriña ( eu hasta diria compré iniciar o artigo co titulo en negriñas) e intento facelo, no caso das historías urbanas resulta mui dificil (sobre todo cando no se domina o galego), trato engadir de seguida o nome da cidade, en negriña e con ligazón a cidade. Tamén concordo contigo de que non se poden deixar ligazóns externas no corpo do artigo, só deben ser ligazóns internas ou ligazóns a sección "notas". Sen contar a historias das cidades galegas, temos máis de 60 historias urbanas (Categoría:Historia de cidades tamén intento levar a cabo a ordeación alfabetica polo nome das cidades), xa anduven harmonizando algo na cuarta ou terceira parte. O ideal sera de trocar esas ligazóns por imaxes de commons e cando non é posible, levar esas ligazóns a sección "ligazóns externas" engadindo unha lenda. Esto é moito traballo. DE momento intento harmonizar os artigos "wikificando" un pouco. Moitas grazas pola túa contesta vou seguir a poucas o que comezei agora que nos aclaramos. Boa noite Atobar e ata outra, da gusto colaborar ElviraConversa comigo 22:22, 5 setembro 2009 (UTC)

RE: Artigos destacados[editar a fonte]

En primeiro lugar hai que diferenciar termos: non é o mesmo "artigo destacado" ca "artigo de calidade". O primeiro é o que sae na Portada porque é un artigo bo e ben escrito, mentres que o segundo tería que pasar uns criterios máis esixentes (Wikipedia:O que é un artigo de calidade). Ben, estes segundos serían os dignos de levar a estreliña ({{Artigo de calidade}}). Polo de agora aínda non temos ningún de calidade, pero estase traballando nos artigos Castelao, Irmandades da Fala, Albert Einstein e mais Evolución estelar. A ver se para finais de ano podemos aprobar algunha candidatura unha vez rematados os devanditos artigos. Nas respectivas conversas podes atopar as "tarefas pendentes". Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:27, 6 setembro 2009 (UTC)

RE: Datas de nacemento e falecemento[editar a fonte]

Non hai fallo, Atobar. Grazas polo aviso. --Krisko 15:32, 6 setembro 2009 (UTC)

Leonés, asturiano[editar a fonte]

Creo que por detrás desas edicións hai unha tirapuxa sobre cal debe ser a relación do leonés co asturiano, ata hai pouco a maioría dos poucos autores de lingua leonesa escribían adaptando as normas da ALLA, o máis coñecido Roberto González-Quevedo que é membro da ALLA, pero desde hai uns anos desde a concellería de cultura da cidade de León promóvese o leonés como unha lingua independente do asturiano, rexeitando calquera axuda da ALLA e por suposto as súas normas, esta concellería diríxea Abel Pardo da UPL, e entre outras cousas promove a forma llïonés fronte ao llionés ou lleonés dos sectores afíns á ALLA, por iso a denominación de llïonés como forma politizada. Os asturianos e leoneses que concordan en que asturiano e leonés é a mesma basicamente a mesma lingua califican a política do concello leonés de secesionismo lingüístico. Un par de artigos para ilustrar a situación [1] e [2]. Para unha posición acorde cos partidarios da independencia da lingua leonesa, está a Llionpedia que non forma parte da wikipedia e está patrocinada pola concellería de cultura de León, artigo lingua leonesa: [3] ou o artigo Grupo Lingüístico Llïonés. Tamén [4] --RNC 21:59, 7 setembro 2009 (UTC)

Lista das estrelas máis luminosas[editar a fonte]

Home a idea é boa, pero os artigos desas estrelas son moi profundos é difíciles de traducir, por riba o seguinte artigo que quería traducir era o das lúas de Haumea, para completa-la categoría de Haumea, máis tarde irlle pouco a pouco dando ás lúas de Neptuno, que aínda non hai un só artigo delas, e eso que son unha morea boa de lúas; con todo se non lembro mal teño boa parte dos "templates" que se usan na wiki inglesa para face-los artigos de estrelas, así que se alguén se anima .... Pero de momento voume centrar en tentar completar máis a Categoría:Sistema Solar que boa falla lle fai. Habería que facer un portal de astronomía ;) --Xabier Cancela (fálame 18:54, 8 setembro 2009 (UTC)

Introducción personalidades[editar a fonte]

Grazas polo apunte, Atobar. Tentei poñelo no artigo de Audrey Tautou, se ves que falla algo máis xa me dis. Abur!--Lala Lugo 22:40, 9 setembro 2009 (UTC)

RE: Xogadores do Dépor[editar a fonte]

Supúxeno. De todos os xeitos cando poño así é para referirme máis ben á Liga onde xoga o equipo. Ao estar así en xeral nas wikis que adoito consultar (inglesa e española), pois paréceme ben que así quede. Grazas polo aviso, sempre ao pé do canón, Atobar. Unha apertiña. --Krisko 09:00, 11 setembro 2009 (UTC)

Dúas cousiñas[editar a fonte]

Mudei dúas modificacións que fixeches, que non teñen ningunha importancia, pero prefiro explicarchas para o futuro.

  • Os topónimos inclusivos en galego escríbense con parénteses, non con comas. É dicir, É Houston (Texas) e non Houston, Texas. Outra cousa é que a convención dos títulos dos artigos teña que ser con comas por problemas de recursividade, pero iso non impide que respectemos a forma de escribir os topónimos digamos románica, fronte á anglosaxoa.
  • As ligazóns externas teñen que servir para ampliar, de forma moi substanciosa, o contido: a web de Patrick Swayze, o clube de fans, unha web que recollese as súas mellores escenas cinematográficas ou unha clase de baile. Unha referencia a un xornal galego non é unha ligazón externa. Pode empregarse, se fose necesario, para ampliar os contidos do artigo, ou para achegar algunha referencia (por exemplo, con respecto á causa da súa morte), pero non é nin pode ser unha ligazón externa.

Ando un pouco apurado agora, así que non expliquei ben isto, non dubides en comentarmo e explícocho máis tarde con máis vagar. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 10:45, 15 setembro 2009 (UTC)

Re: Dúbida cunha etiqueta[editar a fonte]

Ola Atobar. Vou tentar dar unha explicación xeral desde o principio: se o artigo ten menos de douscentos caracteres (sen contar marcadores, formato, cabeceiras, imaxes, ligazóns externas,...) entra nos criterios de eliminación rápida, nese caso pódense dar dúas situacións que se amplie para que non sexa borrado (hai que valoralo en cada caso porque o artigo pode ter eivas ou razóns que aconsellen non amplialo). En canto a marcar os artigos como en progreso (mellor na súa subcategoría correspondente) ocorre que moitos usuarios novos usan ese marcador, mesmo hai moitos marcadores en progreso que están de antigo e non foron retirados cando os artigos medraron, ou o criterio seguido non foi o mesmo segundo o usuario que o puxo. Na práctica hai uns cantos marcadores que sobran e habería que retirar (por exemplo case todas as parroquias da Coruña teñen o marcador en progreso mentres as doutras provincias sendo semellantes apenas o teñen). O criterio debera ser, por expresalo dalgún xeito, en canto a unidades de información. Iso non implica que necesariamente se refira á extensión do artigo, un artigo pode non ser moi extenso e ser completo abondo para non levar o marcador en progreso porque define ben un concepto ou achega a información suficiente para entendelo, paralelamente noutros casos artigos con máis extensión non achegan datos bastantes, iso pode verse nas páxinas adicadas a certos concellos que inclúen o formato mínimo pero nada máis. Non hai unha regra escrita en pedra en canto a cando poñelo e cando non, cando o artigo supera o estado embrionario e poida considerarse que achega a información suficiente para ter entidade propia pode retirarse o marcador en progreso (por exemplo, os artigos dos lugares dos concellos levan o marcador lugares en progreso ata que se completan todos os modelos das parroquias, é unha convención que se instaurou na práctica e que serve para controlar que marcadores de parroquias faltan; neste momento non lembro outros casos pero de seguro que os hai). Tes razón que depende moito da intuición, do uso habitual e hai certo grao de indefinición. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:16, 15 setembro 2009 (UTC) Engadido: acabo de lembrar outro caso, nas páxinas de efemérides cando hai menos de tres entradas levan o marcador efemérides en progreso. --Prevertgl 17:29, 15 setembro 2009 (UTC)

Se me permitides opinar, porque pasaba por aquí para dicir outra cousa, creo que a etiqueta de "en progreso" debería ser unha etiqueta a evitar. Creo que o seu uso debería ser para aqueles artigos nos que estamos traballando, pero non dunha maneira tan intensiva como para causar problemas de edición (marcador en uso). A razón é que toda a wikipedia é un gran "en progreso", onde non hai artigos rematados nunca. Pola mesma razón que todos os artigos poderían levar a etiqueta 'en progreso', poderían non levar ningunha. --Xabier Cid Conversa 06:43, 16 setembro 2009 (UTC)
  • Outro engadido: a miúdo cando un usuario utilizaba o marcador en progreso nun artigo que estaba comezando coa súa inclusión indicaba que era un artigo aínda incompleto, se se trataba dun colaborador habitual podía sinalar a vontade de melloralo ou cun usuario ocasional moitas veces significaba que estaba pedindo axuda para amplialo ou un xeito, con artigos mínimos, para evitar o seu borrado. Lembrei tamén outro dos usos, no caso dos papas o marcador papas en progreso adoita usarse cando o texto ten unha información mínima que apenas supera os douscentos acaracteres dos que falaba nunha mensaxe anterior. Pola miña banda irei revisando algúns artigos da categoría en progreso a ver se se poden eliminar os marcadores. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:49, 17 setembro 2009 (UTC)

Témporas[editar a fonte]

Ola, Atobar. Creo que nun caso como de témporas, onde hai un editor claro e recoñecible, ademais de deixar o aviso na páxina do artigo, estaría ben que falases co editor, e que lle explicases a el directamente cales son os problemas do artigo e como pode amañalos. As benvidas xenéricas son moi frías, e as posbilidades que temos de interactuar cos novos editores e formar con eles unha relación máis persoal non as deberiamos deixar escapar, ;) Que che parece? --Xabier Cid Conversa 06:46, 16 setembro 2009 (UTC)

oh, non te estreses por iso. :) parabéns polo teu traballo. --Xabier Cid Conversa 14:23, 16 setembro 2009 (UTC)

José Calvo Sotelo[editar a fonte]

Irei facendo pero este mes non me podo comprometer a moito que ando moi liada. Saúdos.--Aprofa (fálame) 08:23, 16 setembro 2009 (UTC)

Moda[editar a fonte]

De frases feitas sabe moito máis Lameiro, eu só podo dicir que son dúas expresións diferentes. Estar de moda é estar de actualidade unha cousa ou ben que se leva, mentres que estar á moda é estar conforme ao estilo da época ou do momento. Está de moda ir ler á praia pola tardiña pero ese rapaz está á moda. Tamén existe a expresión á moda de: Este peixe está á moda de Portugal--RNC 16:41, 16 setembro 2009 (UTC)

Historiografía nacionalista española[editar a fonte]

Ola Atobar! Seica liches un libro ben interesante. Estou seguro que o é porque lin un do autor que me encantou. Polo que semella no libro fálase da historiografía tradicional española encol do reino de Galiza, polo que coido interesante que se puideres engadiras unhas liñas ó respecto en Reino de Galicia#O Reino de Galiza e a historiografía tradicional española, engadindo a referencia. Este artigo está quedando moi cuco, aínda máis, vai camiño de artigo de calidade. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 01:56, 17 setembro 2009 (UTC)

Graciñas[editar a fonte]

Grazas polos consellos e pola axuda, procurarei a partir de agora facelo así. Un saúdo, Atobar. FleaRHCP Conversa

Linguas nórdicas[editar a fonte]

Ola Atobar, non entendo o que me escribiches en Linguas nórdicas, cal é o problema?--Hugo22 18:05, 18 setembro 2009 (UTC) Xa me decatei, gracias, non reparara niso, pensei que te referías ás primeira imaxe. Por certo, se tes tempo e che apetece, poderías botarlle unha ollada ao artigo Variedades lingüísticas e lingua estándar. Penso que son moi interesantes, a ver se cun pouco máis de tempo podo relacionalos máis co galego.--Hugo22 18:30, 18 setembro 2009 (UTC)


Torres de Arneiro[editar a fonte]

Hola Atobar, entiendo que te guste más la versión que pones tú en el Tema de las Torres de Arneiro,porque es la película que se vendió desde siempre, pero esa no es la realidad. Primero no son militares alemanes los que instalan eso, la base la hacen personas de pueblos próximos, la instalación de equipos y antenas lo hace gente de C. Lorenz que es la empresa que creó el sistema de navegación y que aunque también era alemana no era Telefunken, era la competencia. Los alemanes utilizaron ese sistema de navegación durante 2 años de guerra pero la estación era española, pertenecia al Ejercito del Aire, pues este lo compró por una cantidad nominal. Nunca fué bombardeada ni se estropeó por lo que jamás tuvieron que traer piezas los aliados, aunque de haberse estropeado tampoco podian traerlas pues eran equipos hechos a mano y como tal no habia recambios en las tiendas como puede haberlos ahora para cualquier aparato electronico.

En cuanto a Rozas no fue una base alemana,tampoco se creó para el radiofaro, para el radiofaro de ser necesario una pista seria mas que suficiente pues las valvular eran pequeñas y en un junker 52 cogian cientos, asi que tres pistas como tenía al principio y tres hangares de 2.600 m cada uno como que era algo exagerado. Rozas era una base aérea, en esa época era la única base aérea del noroeste, que no el único aeródromo.

Bueno cualquier duda no me importa aclarartela --Foucelhas 19:59, 18 setembro 2009 (UTC)

Dionisio Gamallo[editar a fonte]

Ola, Atobar. Puiden ver coa edición de Dionisio Gamallo Fierros que estás á que salta. Felicidades.--Agremon(contacto) 14:04, 20 setembro 2009 (UTC)

OpenID[editar a fonte]

Ola, Atobar. Como vexo que andas por aí, por que non lle botas un ollo ao texto do artigo? A min cústame entender algunhas partes, pero súploo porque sei de que están falando, pero era ben que alguén con non demasiados coñecementos de como funciona OpenID lle puxese os pés na terra a este artigo, ;) Ti como estás nesa allada?--Xabier Cid Conversa 12:58, 27 setembro 2009 (UTC)

Os meus trocos[editar a fonte]

Ante todo gracias pola paciencia que estás a ter comigo. Primeiro dicirche que os cambios que fago nalgunhas webs os fago apoiados en libros; non se me ocurre sacalos da manga. Enquanto a referencias; levo media semana fazendo 2 ou 3 artigos; e teñen que estar plagados de referencias; mais eu vexo outros artigos que non amosan nin a primeira. En fin; se queredes referéncias eu poño referencias.Xeol'oartabro 20:51, 29 setembro 2009 (UTC)

Graciñas polo teu traballo[editar a fonte]

Ola Atobar, eu non veño máis que darte as grazas polo inmenso traballo que estás a facer. Moitas grazas, que todo vai ben --Pexego(conversa) 21:09, 29 setembro 2009 (UTC)

Sherlock Holmes[editar a fonte]

Tentarei facelo, con respecto aos nomes dos libros levo tentando moito tempo atopar algunha edición en galego e non vin ningunha, por iso os deixo en inglés, aínda que tampouco estou de todo seguro que non haxa tradución ao galego. E por suposto calquera cousa en que podas axudar é benvida, ademais é probable que ao ser tanto texto cometese bastantes fallos de lingüística.

Un saúdo e grazas.--Adorian 12:22, 30 setembro 2009 (UTC)

Os meus artigos[editar a fonte]

Eu coido que non teño un galego RAG tan malo coma ti dis; alen de estar acostumado a escribir no padrón AGAL. Ainda sendo así; gracias polo teu consello; mais adicolle bastantes horas a wikipedia e é moi sinxela de usar. Estudei programazón e familiarizome rápido con estas cousas; o que me leva mais traballo é o tema das referencias e cousas así. A etiqueta EN USO permite 1 mes para a edición de cada artigo; e coido que co tempo que lle estou a adicar será abondo para rematalo con moitísio tempo de antelación.--Xeol'oartabro 23:06, 30 setembro 2009 (UTC)

Amorodeira[editar a fonte]

Si tes razón, como podes ver Amorodeira era o primeiro nome que lle tiña posto. Pero estou no traballo e a única ferramenta de chequeo que coñezo é esta: [5] Despois de facer o artigo con nome Amorodeira doume por chequear e traducir 'fresera' nesa páxina e como normalmente faino ben e poñía Amorodoeira mudeino sorprendido, olla que puxen borrar por erro meu. Graciñas polo aviso, darei volta atrás. --Pexego(conversa) 13:51, 1 outubro 2009 (UTC)

  • E graciñas tamén porque non coñecía a páxina da RAG --Pexego(conversa) 13:53, 1 outubro 2009 (UTC)
    • Pois graciñas de novo por compartires as túas ferramentas, heilles sacar bo partido. --Pexego(conversa) 15:17, 1 outubro 2009 (UTC)

Reversións[editar a fonte]

Ola Atobar. É mellor que o deixes estar un anaco, non pasa nada aínda que as páxinas queden sen contido uns minutos xa virá un administrador que as recupere. É peor blanquear e recuperar continuamente que esperar cando xa se fixo varias veces. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:04, 2 outubro 2009 (UTC)

Grazas polo teu traballo nestas últimas horas. --Xabier Cid Conversa 17:16, 2 outubro 2009 (UTC)

Martiño[editar a fonte]

Bos días Atobar,que tal andamos.Esta é a primeira vez que che escribo,e esta vez vou ser eu quen te de un consello.Metete nos teus asuntos e deixame en paz dunha vez.Non quero ser maleducado pero quero que non me volvas a escribir nengun mensaxe,ESTA CLARO.As correccións xa as fago eu sen que me den a tabarra todolos días,asi que non quero volver a ver nengun aviso de novas mensaxes pola tua parte.Esta claro repitoche.Tamen quero que NON me volvas a prohibir facer artigos coma fixeches a outra vez.Te cres moi intelixente e moi importante,so porque escribiches un libriño,xa te vin no xornal Vieiros.Tamen vin que nun mensaxe te agadeceron o teu tabrallo na Galipedia.O unico que fas na galipedia é estorbar e incordiar aos demais.Plo menos a min,non me deixas en todo o día.Primeiro foi Alber galiza e despois ti,o del durou menus dun mes pero o tu xa leba un ano,xa e hora de que aclare as cousas.Espero que esto che sirva de lección,SEÑOR DON IMPORTANTE ALEJANDRO ATOBAR. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Martiño1996 (conversacontribucións) 3 de outubro de 2009; 17:06

Bo traballo[editar a fonte]

Ola Atobar. Estás facendo un gran traballo na procura da mellora deste proxecto, por desgraza ás veces iso implica escoitar exabruptos e recibir mensaxes airados. Aínda que a Galipeida adoita ter un ambente amable, por desgraza en ocasións hai momentos pouco agradables. Espero que esa realidade non te desanime e sigas traballando na mesma liña. Moitas grazas pola túa colaboración, é moi importante contar coa túa axuda para que o wiki siga medrando e mellorando. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:51, 3 outubro 2009 (UTC)

  • Concordo con Prevert. Desexo engadir ademais que ninguén mellor ca min pode entender un exabrupto, pois eu tiven tendencia a expresarme algunha vez mediante eles, pero o exabrupto do usuario en cuestión é incriblemente brutal, nin eu concibo que se poidan dicir palabras coma esas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:27, 3 outubro 2009 (UTC)
    Tamén concordo co dito por Prevert. Temos que seguir colaborando sen temer de ter discrepancias entre nós, sempre de boa fé e sempre con amabilidade. E esto ti respetalo moito e eu agradezcocho. Saúdos ElviraConversa comigo 19:36, 3 outubro 2009 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Completei o arquivo Herpetoloxía con datos da Wikipedia española. Sorpréndeme a similitude dos datos da wikipedia española e os que ti escribiches no artigo. Sorpéndeme porque se os copiases da wikipedia española deberías -entendo eu- facer mención á orixe no resumo da edición. Sorprénderíame tamén por non teres incorporado o artigo enteiro (eu son dos que pensa que é mellor un artigo completo ca moitos incompletos).

Non sei se os datos da wikipedia española son correctos. Se ti tes idea do asunto e non os ves correctos, bórraos. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:58, 3 outubro 2009 (UTC)

Desculpa se che parece mal[editar a fonte]

Dóeme na vista a mensaxe http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario%3AAtobar&diff=1307855&oldid=1307107 . Quizais non se permita borrar mensaxes das páxinas de discusión, pero a min gustaríame borrala. Se o desexas, solicítoo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:22, 3 outubro 2009 (UTC)

Citas[editar a fonte]

Ola, Atobar. O das citas...

  1. 1 Copias unha a unha en Galicitas, cada unha no artigo do seu autor. Eu non teño nin idea de galicitas, a verdade. Son proxectos irmáns, pero a min ben me chega con este.
  2. 2 Despois, sen borrar o contido, pos un marcador de lizo e explicas que xa as moviches pró seu sitio. E daquela un administrador a borra. --Xabier Cid Conversa 00:44, 5 outubro 2009 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Solucionado. Grazas por avisares. --Alberte Si, dígame? 12:25, 5 outubro 2009 (UTC)

Citas[editar a fonte]

Sen problemas. Conto con rematalo esta tarde. Un saúdo! --GallaecioE logo? 05:18, 6 outubro 2009 (UTC)

Prolingua[editar a fonte]

Ola Atobar, imaxino que terás máis apoios, mais no caso de que o precises, póñome á túa disposición no tema de prolingua. Con esto non me ofrezo a ir e contra das normas, senón que no caso de que se precise estou disposto a atopar un camiño para levalo cabo. Saúdos --Pexego(conversa) 11:39, 7 outubro 2009 (UTC)

  • Boas de novo. Certo, xa sei que non é polos intereses ou promocións senón non tería sentido a mensaxe que te deixei, senón polo debate da taberna na que se discute se tí eres ou non parte interesada, e como aínda estades a debater eu ofrézome a colaborar contigo no desenvolvemento do artigo no caso de que a discusión non vaia adiante, porque eu non son parte interesada, eso é todo, ofrézome como un apoio no caso de que se precise :) . Por outra banda teño alerxia ás tabernas, gústame máis facer artigos de botánica ;) --Pexego(conversa) 12:00, 7 outubro 2009 (UTC)
  • Desculpa se enredei, foi erradamente con intención de colaborar no proxecto. Poño o punto e sigo no meu --Pexego(conversa) 14:01, 7 outubro 2009 (UTC)
  • Faltaría máis, teño as dúas cousas na casa, se podo subo as imaxes esta noite. Eu tamén pensara en crear o artigo pero non sabía se sería procedente, alégrame que tomases a iniciativa. Saúdos. --Aprofa (fálame) 14:15, 8 outubro 2009 (UTC)
  • Subín os arquivos como quedaramos, en caso de que queiras utilizar algunha das outras fotos colgadas en Flickr, súbea e logo eu lle cambio a licenza.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:PROLINGUA_PIN.JPG

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bono_de_ProLingua.jpg

Saúdos e grazas.--Aprofa (fálame) 23:04, 8 outubro 2009 (UTC)

Gustame moito como quedou o artigo e xa no caso concreto das fotografías, xenial, o bono era un escaneado normal pero a do PIN que non é boa e non me acababa de convencer moito (pero non tiña máis tempo) encántame como quedou na entrada, tiña pensado mellorala pero xa case deixo esa. Grazas.--Aprofa (fálame) 16:03, 9 outubro 2009 (UTC)

O detective Conan[editar a fonte]

Perdón, axúdame a arranxar o artigo dos episodios de O detective Conan. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.222.34 (conversacontribucións) ás 16:49 do 9 de outubro de 2009 (UTC)

Fridtjof Nansen e Galicia[editar a fonte]

Ola Atobar. Por si che vale de algo, a fragata Fridtjof Nansen foi construída nos estaleiros ferroláns de Navantia. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 13:00, 10 outubro 2009 (UTC)

Resposta de Willy[editar a fonte]

Entendo a necesidade de compartirmos o formato común da wiki. Agora estíveno estudiando e tentarei correxir o par de artigos xa editados. O que non comprendín é onde teño que inserir a caixa Babel na páxina de usuario, xa me enterarei.

--Willy 07:47, 12 outubro 2009 (UTC)

Wikipedia:Benvidos[editar a fonte]

Hola Atobar. Muchas gracias por la bienvenida. Como puedes ver desconozco la lengua; pero al llevar más de dos años en Wikipedia en español, tener cuenta unificada y ser reversor, todos los días reviso muchos artículos. Por eso el día 10 añadí una interwiki en Luis Aguilé. Si necesito cualquier cosa relacionada con la Galipedia, ya sé a quien acudir. Un cordial saludo. Antón Francho 19:20, 12 outubro 2009 (UTC)

Grazas polo apoio Alejandro[editar a fonte]

Ainda que nos artigos nos que pretendo colaborar ou engadir, a nivel técnico (informática), non teño moitas dúbidas, e sei que é necesaria a máxima colaboración para darlle vida a Galipedia, podo garantir que si necesito moito apoio en canto a revisións da redacción dos mesmos, ademais das correccións dos erros en Galego que con toda seguridade haberá.

Agradecerei que ti ou calquera dos usuarios da Galipedia, mais expertos na lingua galega é no estilo de redacción, revisárades os meus artigos, dentro das vosas posibilidades de dispoñibilidade, e corrixades sen nengún reparo, calquera erro ou incorrección na redación que consideredes.

Como novato que ainda son na Galipedia, tamen me gustaría recibir calquera consello que mellore o meu formato wiki, xa que ainda necesito tempo e consellos para asimilarlo, e adaptarme do mellor xeito o formato recomendado pola Galipedia.

Por exemplo, ainda non provei a engadir ningunha imaxen (tampouco o intentei ata o de agora, por falta de tempo). Unha forma rápida de ensinarme, pode ser facelo calquera de vos como usuarios expertos nun dos artigos que participo, e logo editando as mesmos, podo aprender rápidamente como se fai.

No meu perfil, actualizarei a lista de artigos nos que participo ou engado.

Grazas de novo

--Nilopa 12:19, 16 outubro 2009 (UTC)

Eu diría pelota brincadeira.--RNC 13:41, 17 outubro 2009 (UTC)
Como curiosidade aquí podes ver o uso da pelota brincadeira: [6]--RNC 13:56, 17 outubro 2009 (UTC)

Pobos/Tribos celtas[editar a fonte]

Ola Atobar, desculpa a miña inmensa demora no que me escribiches encol do artigo de Tribos celtas, voulle botar un ollo detidamente. Estiven pensando nel, e creo que deberan estar todos os pobos celtas/celtizados da Peninsula Ibérica, e poño "celtas/celtizados" porque como saberás parece haber esa eterna discusión entre autores galegos, se os galaicos eran celtas ou sinxelamente estaban celtizados (influidos polos celtas), reservome a miña opinión no persoal, pero aplicando isto podemos explicar que se integran no artigo pobos celtas ou celtizados, realmente é moi dificil dicir cando unha cultura "é" ou "deixa" de ser ou cambia etc.., pois iso coido que é mellor asi, a ver que che parece. Un saudo enorme, e moitisimas grazas por me escribires.--Alexandre Vigo 14:05, 17 outubro 2009 (UTC)

Grazas, compañeiro[editar a fonte]

Graciñas pola benvida e tamén polos consellos, dos que tes toda a razón do mundo. Traballando estou, nelo. Un saúdo. P.D.: Creo que aínda estou un pouco verde... O monstro da ria

Meses[editar a fonte]

En realidade que dúas palabras sexan sinónimas non quere dicir que se utilicen exactamente nos mesmos contextos, estou pensando por exemplo en xaponés e nipón que son sinónimas, pero nun texto académico dificilmente diriamos "os nipóns" (aínda que nada o prohiba) , que si é habitual escoitar na televisión, xa que hai detrás unha tradición de uso; é certo que mes de Santiago é sinónimo de xullo pero non hai tradición de dicir o 5 do mes de Santiago, ou o 5 de santos, aínda que en teoría nada o prohiba. Resumindo, segundo eu o vexo si que se podería pero hai a tradición de non o facer así. Esa é a miña visión persoal, de feito non recordo ler nada sobre iso e podería estar errado, sinto non che poder aclarar máis as cousas.--RNC 20:35, 18 outubro 2009 (UTC)

Xavier Lama[editar a fonte]

Atobar: son Manuela e refírome ao biografado realacionado cun premio que agora poñedes nun lugar principal. É posible que eu non poida modificalo, pero encargeuielle a un compañeiro de Facultade que non o coñece ao autor en cuestión para que faga unha biografía de xeito obxectivo. A miña queixa baséase en que cada vez lle dades máis protagonismo á polémica do premio utilizando un texto que che reitero que é absolutamente sesgado, porque recolle só a opinión dunha das partes. Volovo repètir que se adiantou ao coñecemento público do segundo dictame do xurado para explicar as súas razóns. No propio Vieiros dous días despois o voso biografado explicaba as súas razóns polo miúdo. Paréceme curioso (non sei qué intereses tedes) en perseverar no dato polémico desde unha perspectiva parcialísima e interesada. Cal é o voso interese en patrimonializar unha biografía sobranceando dun xeito absoluto ese dato e terxiversándoo ademais como se quixerades estigmatizar ao autor?--Manuela 00:13, 25 outubro 2009 (UTC)

Disney[editar a fonte]

Do they need a template? For the movies? 68.220.175.248 16:39, 25 outubro 2009 (UTC)

Quere que o modelo. 68.220.190.119 23:59, 25 outubro 2009 (UTC)

Coido que significan un modelo para as animacións de Disney. 69.85.235.3 15:37, 26 outubro 2009 (UTC)

No inglés, temos en:Template:Disney_theatrical_animated_features. Falo inglés mellor. 69.85.235.3 18:35, 26 outubro 2009 (UTC)

Well, I think maybe it would be good to have one here too. Maybe once they have all the movies? Anyway, I really think it should have it in Spanish. Should I ask Tolino? 69.85.235.3 15:06, 27 outubro 2009 (UTC)

Imos indo[editar a fonte]

--Oburgo 01:29, 26 outubro 2009 (UTC) Parece que xa o sei facer, grazas e boas noites.

Lingua Galega[editar a fonte]

Ola Atobar! Verás, se incluín esas breves liñas foi porque me estrañou que se borrasen anteriormente (porque se mal non recordo esas mesmas liñas aparecían hai uns meses no artigo en galego) ao igual que aparecen nas outras edicións da wikipedia en castelán, catalán ou portugués (aínda que nesta última se engaden unha serie de aspectos a maiores.) Por iso, e xunto o feito de que a galipedia ten que dar unha visión neutral do tema, e ese aspecto como ben sabemos e un dos punto ou argumentos nos que xira a postura reintegracionista, xulguei que debería ser reincluído, para dar así unha visión global e neutral do que se considera lingua galega. Se o consideras máis oportuno podo pór isto mesmo na páxina de conversa dos outros usuarios, pero interesábame saber o teu punto de vista de por qué esas liñas non se deben incluír no artigo na galipedia e si aparecen como "fidedignas" nas outras. Saúdos! ;) --Nonso91 15:44, 26 outubro 2009 (UTC)

Nunha cousa si que comporto a túa mesma opinión sobre que as "teimas" reintegracionistas si que cansan. Malia todo, como ben dis isto non é un foro, así que non vou entrar nese polémica por non banalizar este tema. De todos os xeitos, eu tamén concordo coa túa postura de que nos encabezados ten que aparecer a información básica e principal dos artigos que resuma a esencia de todo o artigo en si, por iso, se se comeza falando do que é a lingua galega (aínda que a opinión maioritaria sexa esa sen lugar a dúbidas), débese pór de forma sinxela e sucinta as diferentes definicións da mesma porque senón o artigo xa non é neutral porque se lle dá preferencia a unha forma sobre a outra por moito que esta sexa a maioritaria. Non sei se expliquei moi ben o que quero dicir, porque non é entrar no eterno debate do que é ou deixa de ser a lingua galega, senón expor as diferentes opinións, se é o encabezado de forma breve, que se teñen da mesma aínda que sexan minoritarias porque senón ao eludirmos unhas desas diferentes opinións pecamos, no meu punto de vista reitero, de falta de rigorosidade no tocante á neutralidade. Mais quizais teñas razón e debamos trasladar esta conversa que mantemos por aquí á conversa da páxina. Saúdos e grazas por mo contestares axiña. Vémonos na outra páxina de conversa supoño ;).Deica...! --Nonso91 16:32, 26 outubro 2009 (UTC)

Feito! Xa puxen a miña opinión verbo disto na páxina de conversa. =) --Nonso91 17:04, 26 outubro 2009 (UTC)

Moitas gracias pola tua intervencion,asombrame o rápido que funciona esto pensaba contrastar algún dos datos, cando teña información e fotos tratarei de engadilos un saudo

gracias[editar a fonte]

gracias pola tua intervencion non esperaba que fose tan rápida estou pendente de confirmar algunhas obras e tamen de buscar fotos

Gracias II[editar a fonte]

Hola Atobar! Gracias pola benvida. Un saúdo. Yone Fernandes 20:30, 28 outubro 2009 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Boas, Atobar,

Grazas pola mensaxe de benvida. Pido-lle para, sempre que poidas, verificar miñas contribucións, pois aínda estou aprendendo a lingua galega. Unha aperta, Isaac Mansur Conversa 17:48, 2 novembro 2009 (UTC)

Cinema[editar a fonte]

Contesto, Alejandro, porque non quero que creas que estou cabreado nin nada parecido, pero sabendo que non hai nada máis que dicir. Bueno, quizais si. Xa sei, e desde o primeiro momento así o recoñecín, que o VOLGa os considera sinónimos. Esa parte, repito, ninguén a discute. Pero aí non se acaba a discusión. Se fosen realmente sinónimos equivalentes ¿que explicación lle dás ós datos do CORGA?: 3.089 ocorrencias de cine fronte a 498 de cinema (que en boa parte están relacionados cunha realidade portuguesa). Se fosen realmente sinónimos equivalentes ¿que explicación lle dás á escolla dos editores da Galipedia?: 1.265 ocorrencias de cine fronte a 390 de cinema. ¿Por que os editores da Galipedia deron preferencia a cine na categorización fronte á alternativa cinema? Non me digas que Galipedia non é referencia, que non estamos falando de referenciar un artigo. ¿Non te di nada esa desproporción entre dúas formas teoricamente sinónimas? ¿Aínda non sabes que os sinónimos exactos son unha excepción? Bueno, vale, deixémolo estar que xa está ben de darlle voltas. Creo que neste caso estás equivocado, pero non deixa de se-la miña opinión, sen maior importancia. Veña, que un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:26, 5 novembro 2009 (UTC)

Re: Bot (a partir de)[editar a fonte]

Ola Atobar. Grazas polo aviso. Puxen o bot a funcionar e polo de agora só detectou 85 páxinas nas que facer cambios que xa corrixín. Outro día volvereino pasar para ver se corrixe o resto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:48, 6 novembro 2009 (UTC)

BIBLIOGRAFIA MARTIÑO SARMIENTO[editar a fonte]

Habrás de perdonar que me dirija a ti en castellano, ya que no sé escribir en gallego normalizado, sí sólo en el chapurreado que oí cuando niño, y que como Martín Sarmiento casi tengo olvidado. Me parece que ha sido un acierto lo de hacer una página para la bibliografía de Sarmiento, pero ya no me parece tanto lo de la "bibliografía selecta", porque creo que en esa bibliografía selecta pintan poco Beramendi y Alonso Montero, y sí deberían figurar, creo yo, Antolín López Peláez, José Luis Pensado, Antón Costa Rico, Pilar Allegue Aguete, Henrique Monteagudo, José Santos Puerto, María Álvarez Lires, entre otros. Saludos--83.52.5.65 15:39, 9 novembro 2009 (UTC)

joseeulogio[editar a fonte]

hola, moi boas teño avisado a un amigo arquitecto para que engada informacion aos datos aportados por mín, esperade algo estou seguro do que digo, pero non teño datos nin bibliografía espero ampliar o artigo nun futuro próximo moitas gracias por todo --Joseeulogio 22:01, 9 novembro 2009 (UTC)

Correos[editar a fonte]

Oficina de correo, así figura no DRAG, aínda que correos tamén ten uso en plural, bardante excepcións os plurais non aparecen nos vocabularios e tampouco nos dicionarios, nestes casos hai que procurar nas observacións que se dan nas definicións (por exemplo en castelán no DRAE tampouco aparece correos, hai que procuralo en singular, aínda que logo para oficina de correo indique que é sempre en plural), no Ir Indo figura en plural en casos como servizo de correos--RNC 16:39, 11 novembro 2009 (UTC)

Non sei se che entendín, esa Post Office refírese a algo relacionado coa USPS, entón sería Servizo Postal dos Estados Unidos (tradución literal) ou Servizo de Correos dos Estados Unidos para o concepto xenérico pero se é a USPS en particular, é unha empresa e os nomes das empresas non se traducen. --RNC 16:53, 11 novembro 2009 (UTC)

Re: Bot (ademais)[editar a fonte]

Ola Atobar. Hoxe ando sen tempo así e todo o de 'ademáis' é unha desas tarefas para o bot doadas de facer, xa está feita. Grazas por avisar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:33, 12 novembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol.JPG[editar a fonte]

Revisa por favor o teu voto pois propuxen unha nova versión da imaxe.

Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:23, 12 novembro 2009 (UTC)

  • Graciñas. Agradézoche que o valores, inda que eu simplemente son un transmisor do labor feito por un alumno moi ben asesorado. O único mérito que teño é que conseguín que me pasasen o herbario (ás veces hai que loitar, inda que esta vez non) e escanealo. De tódolos xeitos, grazas de corazón-- Lmbuga / Conversa comigo  22:04, 13 novembro 2009 (UTC)


Acentos e grazas[editar a fonte]

Es ben rápido facendo correccións. Grazas por esa corrección homoxeneizadora no artigo de Trapero Pardo, que quería facer algo pequeniño e saíume tan grande que ata teño índice :-D

Pero teño unha dúbida: por que non aparece Xosé Ramón Gómez Besteiro, outro artigo que veño de crear, cando o busco? Probei con acentos e sen acentos, con maiúsculas e sen elas, pero non me sae. Teño que chegar a el dende o artigo da Deputación de Lugo. Fixen algo mal? Hai que poñer os acentos co código? Ou é que dende que creo algo ata que se pode ver pasa un longo ratiño?

Unha aperta. Por certo, es ti este? --XurxoLois 23:46, 14 novembro 2009 (UTC)


Contesto aquí?[editar a fonte]

Aínda que levo rexistrado dende o 2006, o certo é que non controlo un carallo disto. Por exemplo: onde che contesto ao teu comentario sobre Gómez Besteiro? Aquí, no mesmo texto que me deixaches ou onde?

Agora toleáchesme coa revisión de Cacharro. Fraguista, dis? Cacharro sempre foi por libre, como ben sabemos os que vivimos en Lugo. E o de "cómpre referencia" para o de Banet é algo que deixei na revisión que fixen hoxe pero que eu non metín cando creei o artigo hai tres anos. De feito, estiven pensando en quitalo, pero agora vou buscar a famosa referencia: a ver se a teñen no arquivo dalgún xornal.

E despois, a ver se escribo algo sobre Cifras e letras (a versión galega): o meu lado friki quere entrar na Galipedia. --XurxoLois 23:58, 14 novembro 2009 (UTC)

Re: Bot (tamén)[editar a fonte]

Ola Atobar. Acabo de ver a túa mensaxe, estes días non teño tempo ningún a ver se podo facelo a principios da semana que vén. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:01, 17 novembro 2009 (UTC)

Bandeira e comportamento[editar a fonte]

A bandeira anterior é a orixinal. --Keepscases 23:03, 18 novembro 2009 (UTC)

De acordo á referencia [7], non existe a provincia co mesmo nome, pero fontes oficiais din que si. [8] [9] Entón, a fonte [10] non é oficial e é falsa. --Keepscases 23:31, 18 novembro 2009 (UTC)

Artigo Carlomagno[editar a fonte]

Non estou moi conforme co de "mazacote", é un termo algo ofensivo, eu percibino así. Se comparas o artigo con versións noutras linguas, sobre todo en inglés comprobarás que as introducións son longas e amazacotadas. A miña pretensión era mellorar o artigo galego introducindo pouco a pouco a información que aparece noutras linguas e algunha da que dispoño referenciada, pero o caso é que me cortaches en seco e non sei moi ben por onde tirar. Espero a túa amable resposta

Artigo Carlomagno[editar a fonte]

Lin a túa resposta. Grazas polos consellos e tentarei traballar na liña que marquedes.--XINDIRIZ 09:54, 20 novembro 2009 (UTC)

Xosé Miguel Suárez Fernández[editar a fonte]

Flipoume ler a súa mensaxe. Non lle teño ningunha relación co Xosé Miguel Suárez Fernández. Nen sequera tiña oído del ata onte á noite, cando me deu por buscar cousas relacionadas co eonaviego (xamais estiven por aló) en youtube. Vin un vídeo sobre el, fixen unha procura en google, e sorprendeume que a pesar de ser un escritor eonaviego tiña un artigo na Uiquipedia asturiana e non na galega. Se te fixases no artigo asturiano, verías que o artigo foi escrito por un usuario rexistrado hai meses. Limiteime a traducir o artigo asturiano ao galego, aínda que había unha frase que non entendín moi ben no orixinal, e creo que podería ser mellor escito. --93.97.220.219 11:16, 21 novembro 2009 (UTC)

Nova Galicia - Reino e Provincia[editar a fonte]

Nesta referencia, di Marrovi, o estado de Jalisco era a provincia de Galicia, pero o artigo é sobre o reino de Galicia cos estados de Nayarit, Zacatecas, Colima e Aguascalientes. O artigo é sobre o Reino de Nova Galicia e non sobre a Provincia de Nova Galicia. Ademais esta referencia non é oficial, é un simple sitio dun mozo chamado Juan Manuel Gabino Villascán. Non é ningún sitio de goberno e moito menos non é un sitio que avale a historia. --Keepscases Talk? 21:22, 23 novembro 2009 (UTC)

Merci ![editar a fonte]

¡Grazas pola Benvida, Atobar! Merci pour tes souhaits de Bienvenue, Atobar Face-smile.svg ! Au plaisir, --Wikinade 11:13, 26 novembro 2009 (UTC)

Hola[editar a fonte]

Hi, grazas for welcoming me here - unfortunately I don't speak Galego, so I will be working mostly on interwikis and transferring files to Commons. But maybe some time in the future, when I learn Galego, who knows... Lukasz Lukomski 13:56, 27 novembro 2009 (UTC)

Sobre Xulio Formoso[editar a fonte]

Hi Atobar! Eu son a súa filla, unha das súas tres. Perdoame meu mal galego, non estou acostumada a escribilo nin moito menos falalo.

Sobre "partes interesadas"[editar a fonte]

Hola Atobar: Te remito copia del mensaje que envié al tablero de administradores. Es acerca de "las partes interesadas" que tu mencionas. Preferí hacerlo en castellano. Mis excusas por eso.

En todo caso el artículo no lo creé yo. Lo hizo Zumbi, después PepedoCouto lo mejoró y el mismo Atobar le agregó algunas cosas menores. Lo que he tratado de hacer es, con toda humildad, mejorarlo, agregarle información importante y corregirle algunas cosas inexactas. Nada de lo que está ahí es incorrecto o inexistente. Se le pueden agregar documentos y conexiones a diferentes páginas de la red para demostrar cada aspecto. Creo que "partes interesadas" somos todos los que de buena fe obviamente, redactamos, creamos o mejoramos un artículo para darle más peso y consistencia. Por ejemplo hay una parte importante que es la relación que tuvo mi padre y mi abuelo Julio Formoso con Celso Emilio Ferreiro mientras este vivió en Caracas y las cosas que hicieron juntos durante esos años. Esto casi no se conoce y solo la gente cercana y familia directa de Xulio Formoso o de C.E.Ferreiro (Es decir "partes interesadas") pueden saberlo. Pregunto: ¿El hecho de ser "parte interesada" descalifica todos estos aportes inéditos a la enciclopedia en particular y a la historia en general?. ¿El hecho de ser "partes interesadas" impediría que se dieran a conocer?. Por ejemplo, la foto donde aparecen mi abuelo Julio Formoso, Celso Emilio Ferreiro y José Sesto que está en el artículo de Ferreiro fue tomada por mi padre cuando tenía 17 años, en la terraza de la casa de Chacao en Caracas en donde vivieron 20 años. Pregunto ¿Al ser "parte interesada" no debería haber subido esa foto al artículo?. Y créanme que hay muchas y muy buenas fotos más del gran Celso Emilio tomadas por mi abuelo totalmente inéditas. En fin, son tantas preguntas que no terminaríamos nunca. En definitiva, mi sincera recomendación es que no se hagan tantos problemas, amigos. Creo que deben borrar todas mis contribuciones y vuelvan a la edición original que hizo Zumbi y todos tan contentos y felices y se termina la discusión y nos podemos ir a comer perdices. De hecho, si yo fuera administrador ya las hubiera borrado. Es solo Sentido Común que una vez más parece ser el menos común de los sentidos. Fue un placer haberlos conocido amigos. Les deseo suerte con SU Galipedia

Denniselynn

Hemicordados[editar a fonte]

Ola, supoño que cambiaches a imaxe dos graptolitos por unha cuestión de estilo, non si?. A cuestión é que eu a puxera ali (e conste que me levou un pouco de tempo facelo) por que nesa parte parte superior do artigo fixen referencia a eles, así que se non é por estilo ou outro motivo que descoñezo creo que ten máis sentido deixala onde estaba, xa que na parte inferior, onde está agora e onde eu a tiña eu antes de cambiala, non se concecta ben co texto ao que se refire a imaxe. En calquera caso é só unha opinión e acepto deixala onde ti queiras.--Calrosfking (FÁLAME) 18:44, 3 decembro 2009 (UTC)

Isabel Salazar[editar a fonte]

Xa sabía quen eras, Atobar. De feito, atoparme contigo na Galipedia foi o que me fixo acordarme do listado de deputados de Lugo que teño no ordenador da casa e decidín compartilo cos galipedas. Xa levo catro: Xosé Manuel Barreiro, Francisco Cacharro, que estaban de antes, e agora Isabel Salazar e Luis Ángel Lago Lage.

Pero teño unha discrepancia contigo: puxéchesme "Valedor do Pobo" e non é correcto. Ela estaba na comisión do Parlamento español que se relaciona co Defensor del Pueblo (por iso linquei co artigo da Wikipedia en castelán) e non na do Parlamento galego que se relaciona co Valedor do Pobo. E, por certo, vexo que vou ter que ampliar a miña lista de tarefas, porque acabo de decatarme de que non hai artigo sobre o Valedor do Pobo. Están as biografías de todos os que o foron, pero non o artigo, ou polo menos non o atopei.

Periodista eu? De onde sacas iso? --(XurxoLois) (fálame) 01:00, 29 novembro 2009 (UTC)

RE: {{Gobernante}}[editar a fonte]

Fíxeno antes de recibir a túa mensaxe! Arestora funciona cos dous parámetros "DESPOIS" e "DEPOIS", cómpre mudar todos os últimos polo primeiro cun bot. Por outra banda, non entendo o que me dis do amarelo. --Toliño Fala aquí comigo 13:10, 29 novembro 2009 (UTC)

Converxencia XXI[editar a fonte]

Ola Atobar! Non borrei o artigo, movino a Converxencia XXI, porque vinteún non é en galego (en todo caso sería vinte e un). Ademais restaureino bastante. Aínda que lle queda algunha voltiña máis. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:22, 29 novembro 2009 (UTC)

Conduto arterioso[editar a fonte]

Ola! Acabo de redactar o artigo do conduto arterioso e non me deras tempo a que lle puxera as interwikis e puxécheslle a etiqueta de falta de iw. Xa as ten. Quítoo desa categoría? Un saúdo Silverfox 23:37, 4 decembro 2009 (UTC)

récord[editar a fonte]

Entón é que non entendo eu o VOLGa. Récord vén marcado con asterisco e "Sin: marca>". Na introdución explica que "cando o sinónimo vai seguido do signo > (léase 'mellor') indica que se rexeita como normativa a forma da entrada (por ser castelanismo, invento, erro gráfico, etc.)". Pola contra, noutros casos marca os sinónimos cun "=>" (como tal, recopilar) e neste caso "quere dicir que esta forme é preferida á que aparece como entrada, pero que a forma da entrada non é incorrecta". Asú, deduzo que recopilar e recompilar son dúas formas correctas pero prefírese recompilar, pero récord é incorrecta e a forma lexítima sería marca; como acontece con subasta (incorrecta) e poxa (correcta). ¿Éche así a lectura das explicacións do VOLGa ou non? Pedro --Lameiro (conversa) 00:07, 5 decembro 2009 (UTC)

  • O que che dixen vén na edición en papel do VOLGa, editado no 2004. Haberá que crer que desde aquela cambiaron o criterio, e que a versión en liña é a máis actualizada. ¡Cando sentarán a cabesiña! Acepto récord como animal de compañía. Pedro --Lameiro (conversa) 00:24, 5 decembro 2009 (UTC)

Cine e cinema[editar a fonte]

Pero ¡que volteiro es! Deixa o cinema en paz, porfa. Na edición en papel, o Volga consideraba sinónimos completos, equivalentes, cine e cinema, pero iso xa cho dixen. Eu sempre o admitín, pero tamén teño en conta o uso rexistrado, así que sigo prefirindo cine como animal de compañía. A coidarse, que chove a dios dar auga. Pedro --Lameiro (conversa) 11:58, 5 decembro 2009 (UTC)

lesma e aligacha[editar a fonte]

Aligacha está abonado por Aníbal Otero (en Rúa-Petín) e Rivas Quintas (en Quiroga). Tamén por Eladio Rodríguez, Franco Grande e Carré, que o toman de Aníbal Otero. Podo poñe-las referencias exactas, se o cres necesario, pero entón habería que aplicalo a tódolos sinónimos (neste e en tódalas outras entradas). E aínda quedaría a cuestión de explicar por que se dan estes 5 sinónimos e non os 40 máis que ten este bicho e non se citan. Outra vez a dúbida sobre qué hai que referenciar e qué non. Ti dirás. ¿Coñeces o Diccionario de diccionarios de Antón Santamarina? Pedro --Lameiro (conversa) 12:17, 5 decembro 2009 (UTC)

Papas[editar a fonte]

Boas Atobar!
Tes que perdoar pola tardanza : dende o 20 de novembro non teño acceso a internet na miña casa. Claro que sí recollo o papa e si descubres outros podes engadilos na miña páxina de usuario directamente (sección Tarefas) sin perder tempo para pedirme permiso. Teño confinaza en ti e doucho o permiso sin problema ningún. Saúdos e gracias polo aviso Elvira (conversa comigo) 20:31, 5 decembro 2009 (UTC)

Páxina de desambiguación[editar a fonte]

Ola. Non sei se te decataches de que existen dous artigos da órbita, un do concepto astrolóxico e outro do concepto anatómico. Que opinas dunha páxina de desambiguación sobre órbita que conduza a órbita (astroloxía) (ou algo así) e órbita (anatomía)? --Silverfox 00:29, 6 decembro 2009 (UTC)

comas[editar a fonte]

Pois tes razón antes do etc non se pon coma, o que xa non sei é se un bot pode traballar ben, sen erros, coas comas.--RNC 16:58, 6 decembro 2009 (UTC)

  • Non teño ningún problema con que o etc non leve coma diante, nin poño en dúbida a autoridade do libro que mencionas de "Ortografía", un dos meus libros de cabeceira, pero preséntaseme unha dúbida: ¿que cabida teñen os teóricos da lingua dentro dunha páxina titulada "Normativa oficial do galego"? ¿non debería conter só o que estea contido nas Normas RAG? [conste que non lembro se isto da coma e do etc está ou non nas Normas, a pregunta é máis de procedemento que referida a este punto concreto]. O que xa non estou tan aberto é á validez deses puntos suspensivos tan antiestéticos. Pensade, pensade. Pedro --Lameiro (conversa) 17:40, 6 decembro 2009 (UTC)

gracias[editar a fonte]

Primeiro, gracias pola benvida, non sabía moi ben que facer para colaborar, e aínda estou un pouco perdida por aquí, pero xa me aclarei un pouco. Só unha dúbida: a páxina de usuario edítase da mesma maneira que un artigo calquera? Quero dicir, edítoa e xa está? Graciñas --Jackirtash 21:10, 9 decembro 2009 (UTC)

perdoa que te moleste outra vez[editar a fonte]

E como fago para engadir o babel, o dos idiomas. Seguramente non sexa aquí onde debo preguntar, pero non me aclaro...--Jackirtash 21:22, 9 decembro 2009 (UTC)

Mi gozo en un pozo[editar a fonte]

Velaí che van varias fórmulas equivalentes:

  • ¡Alá vai!
  • ¡Alá vai canto Marta fiou!
  • ¡Alá vai o que Marta fiou!
  • ¡Alá vai todo polo río abaixo!
  • ¡Torceuma a demo!
  • ¡Saíume grila [unha cousa]!
  • ¡Saíume a pita choca!
  • ¡Saíume o tiro pola culata!
  • ¡Saíume un aborto de ra!

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:30, 10 decembro 2009 (UTC)

Re:Votacións[editar a fonte]

Graciñas polo aviso, coido que vou demasiado rápido. Saudos--Jackirtash 16:56, 10 decembro 2009 (UTC)

Re: Prebot (tamén (2))[editar a fonte]

Feito. Noutro momento fago o de Copenhaguen. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:02, 15 decembro 2009 (UTC) Engadido: Copenhaguen, feito. --Prevertgl 12:10, 15 decembro 2009 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Atobar/arquivo_2&oldid=1444695"