Conversa usuario:Atobar/arquivo 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arquivo das conversas celebradas no primeiro semestre de 2010:

Índice

Mudanças na entrada de Cantigas de Santa Maria[editar a fonte]

Caro Atobar, gostaria de desfazer uma série de equívocos ou mentiras (prefiro acreditar que sejam equívocos) usados por ti para justificar a remoção da minha contribuição. Em primeiro lugar não apaguei/eliminei o trabalho de ninguém na entrada de "Cantigas de Santa Maria", nem te admito que digas essa mentira. Em segundo lugar, o excerto dado encontra-se escrito em galego-português. O galego-português é uma realidade histórica, não é uma invenção política minha. Em terceiro lugar, a inclusão da versão em português tem justificação plena, dado o galego e o português serem os únicos descendentes directos do galego-português. Trata-se de uma análise comparada para mostrar que o galego moderno apresenta diferenças em relação ao português. Agora vê lá se Copenhaga não te subiu à cabeça, cresce e aparece. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.83.83.90 (conversacontribucións)

Notas[editar a fonte]

Hola Atobar se podes votame unha man no artigo Cabo de Cruz, Castro, Boiro. Eu son unha persoa que naceu e que vive neste pobo, os datos dos que dispoño son veraces e ata teño fotografías de case todo o meu pobo, o que non entendo é por que hai que neutralizar, A HACHA DE CABO DE CRUZ é única atopouse entre restos romanos pero según os arqueologos que a estudaron creen que saiú do Castro da Jurita ou do Castro do Achadizo é sobre este último hai un libro escrito debido as excavacióons que se fixeron durante moitos anos e tamén os achados na zona. No tocante os nomes que poño no eido da Cultura teño que dicir que irei poñendo as referencias, e xa puxen as de fotografía pois xa falei co meu veciño e ata meu deu os nomes das obras coas que gañou diversos concursos fotográficos.Tamén dicir que o movemento socio-económico e asociativo deste pobo é impresionante contando con unha das asociacións de veciños máis antiga de toda Galicia e con numerosas asociacións como A Gamela ect. Eso tan só por dicir algunha das cousas que se foron corrixindo, tan só podo dicir que probablemente a estructuración non fose a apropiada e que haxa faltas de ortografía.Usuario:MHT 17:37, 8 abril 2010

B/Deizón[editar a fonte]

Hola Alejandro. Confirmo que é con D. e dicíano todos os vellos. Os novos xa non o din. A miña hipótese é que vén de delectio. Deizón. Tiberio Feliz 23:44, 3 xaneiro 2010 (UTC)

Sen dúbida, pode ser calquera das dúas posibilidades. A alternancia b/d non é frecuente pero podería darse tamén. En todo caso, é ben sabido que os libros non o recollen todo (nin poden, nin deben). En San Pedro (O Bolo), por así din asina. Deizón. Tiberio Feliz 00:20, 4 xaneiro 2010 (UTC)

--MHT 15:38, 8 abril 2010 (UTC)

dosmasunoarquitectos[editar a fonte]

Estimado Atobar. Ao ser estudante da Escola de Arquitectura de Madrid, fun alumna de Carlos Arroyo, Alberto Campo Baeza, Juan Herreros, Fernando de Higueras, Andrés Jaque, Rafael de La-Hoz Castanys, Luis Moreno Mansilla, Juan Navarro Baldeweg, Federico Soriano, Emilio Tuñón Álvarez e tamén de Ignacio Borrego e teño colaborado con varios dos meus profesores en ocasións puntuais. Visto que na es.W todos eles tiñan artigo, pensaba porme a escribilos para a gl.W, sen embargo empecei polo artigo de dosmasunoarquitectos porque tamén pensaba publicalo no es.W. Sinceramente, vendo a cantidade de arquitectos que teñen entrada na es.W, non creo que nesta última teña ningún problema de aceptación. Non obstante, se para vós é máis tranquilizador velo publicado antes na es.W, eu non teño ningún problema en que o artigo se borre da gl.W e logo volver a escribilo. Tamén quero resaltar que eu en ningún momento fixen un artigo de apreciación sobre a calidade das obras de este estudio, de feito hai moitos outros que me merecen moita admiración, pero como están moi publicados, resultábame moi fácil facer unha recopilación dos seus méritos.

Gracias por conversar comigo, SalvoraCóntame 1:37, 6 xaneiro 2010 (UTC)

Consulta.[editar a fonte]

Estimado compañeiro:

Como fuches tí un dos poucos aos que lles mereceu atención o meu artigo sobre a Cidade Difusa, gostaríame consultarche un par de cousiñas sobre as que teño dúbidas.

Antes que nada teño que decir que o artigo, tal e como está agora, non creo que se poida considerar rematado. Con catro parágrafos non abonda para falar dun tema que abrangue economía, política, sociedade, arquitectura, historia e mil cousas máis. Se cadra trátase de algo que, na súa extensión idonea, sería grande de máis para unha wikipedia. Porén non vexo o modo de poder dar unha idea clara de cómo é o sistema urbano característico da área comprendida entre Galicia e o norte de Portugal, en especial na súa banda costeira, se non é con este formato.

Ben, ata aquí a miña primeira dúbida.

Agora entra a segunda, que é precisamente sobre o tema escollido. Quero decir que se pode falar de outros fenómenos urbanos caracterizados tamén por unha baixa densidade de poboación e pouca intensidade de uso do solo. Todos eles poderían obedecer tamén ao título de "Cidade Difusa". O único motivo que me levou a escoller ese título é a aceptación xeral dese termo entre os urbanistas teóricos para desigar ese fenómeno urbano característico do Eixe Atlántico. Decátome de que esta denominación non está extendida ao público non especialista, e tamén de que hai outros termos, como o do propio Eixo Atlántico, que os medios de comunicación empregan sen criterio ningún distorsionando o seu significado. Se cadra habería que contentarse cun título máis como "Sistema urbano do Eixo Atlántico peninsular", máis xenérico no tema e máis específico na súa peculiaridade.

Terceiro: se é isa a alternativa máis razonable, tes idea de cómo me podo informar sobre o modo de cambiar o título dun artigo? Case non se nota que son novato nisto. Agradeceríache moito a túa axuda, ainda que so sexa dándome a túa opinión.

Un saúdo.

--Xoacas (qué me queres, amor?) 23:05, 6 xaneiro 2010 (UTC)

Re: Pregunta[editar a fonte]

Hai nesa web, polo que di esa páxina, dous tipos de licenzas: - Unha, a dos filmes: cada autor pode poñer a licenza que queira. Se non poñen licenza, teñen tódolos dereitos reservados. As licenzas compatibles coa Galipedia son PD, Cc-by e Cc-by-sa (a GFDL é rara fóra da Galipedia) - Outra, a da interface da páxina, logos, imaxes e textos exclusivos da páxina: teñen unha licenza Creative Commons, pero non permiten o uso comercial: "non fagas un uso comercial da obra" di en http://flocos.tv/axuda/licenza/

Agás que encontres un filme coas licenzas que dixen antes, non se pode subir nada. Síntoo.

Por certo mireino a toda velocidade. Pola tarde doulle outro repaso-- Lmbuga / Conversa comigo  09:39, 11 xaneiro 2010 (UTC)

Panificadora Vigo[editar a fonte]

Ok, grace. Estou a experimentar, tentarei ser máis xeitoso. Informarei e pedirevos axuda, ten que sair un bo artigo.--Uxioreinoso 22:51, 15 xaneiro 2010 (UTC)

Breogán[editar a fonte]

Un saudo, tes razón de que igual non e o sitio axeitado, cicais poderiase facer unha entrada para a xenómica do grupo celta, pero o certo e que na sua versión primitiva era un artigo falto de calidade cientifica, e si se trata de separar lenda de feito cientifico enton deberiamos traducir o libro das invasións e deixar de denigrar ao nacionalismo galego como se fai na parte inicial do artigo, pois dubido de que sexa neutral a aseveración feita no mesmo, como mostro cos datos da xenómica.--Suarez ruibal 20:01, 17 xaneiro 2010 (UTC) De certo que son novo en isto da galipedia, o que pasa e que teño un gusto por variados temas e notase una falta de calidade no artigo breogán en relación ao mesmo en outras linguas, portugues, ingles ou italiano. O certo e que na segunda metade do seculo XIX e no seculo XX a historiografía hispana divagou entre a interpretatio nacionalista española e a dos distintos grupos da peninsula. Deberiase afastar a entrada de Breogán dunha visión parcial do nacionalismo galego, mais vencellada a das tribus galaicas, mais adaptada aos resultados da xenómica.--Suarez ruibal 20:17, 17 xaneiro 2010 (UTC) Entendase ben, e certo que a lenda de Brogán ten o seu reflexo na literatura galega e no himno, mais as afirmacións iniciais de ser una lenda cristiana son falsas, sen perxuicio de terse sometido a unha "interpretatio" cristiana, o certo e que existe un mito celta previo, sendo este mito o que recibe o nacionalismo galego--Suarez ruibal 20:31, 17 xaneiro 2010 (UTC)

alteza[editar a fonte]

Segundo o manual da UDC para o uso da lingua é vosa alteza ([1]), aínda que non é o mesmo as NOMIG recoñecen un posesivo de respeto, mi, que acompaña a madre, padre e outros substantivos de tratamento (amo, señor), así e todo algunhas obras de especialistas, por exemplo a Gramática galega de Rosario Álvarez, Regueira e Monteagudo fala da existencia de todo un paradigma (mi, tu, su, noso/nosa, voso/vosa, su) deste posesivo de respeto. Habería que mirar máis fontes pero é posible que sexan correctas tanto vosa alteza como a vosa alteza, pero sempre en minúsculas segundo o regulado polas NOMIG.--RNC 15:15, 19 xaneiro 2010 (UTC)

Segundo os textos escritos (e isto é importante xa que non sabemos ata que punto reflicten realmente o que era común na lingua oral, teño por exemplo cartas dos meus avós tratándose de usted, e desde logo na fala nunca tal fixeron) o habitual era empregar vós, aínda así nas propias cantigas hai exemplos nos que os señores tratan os servos de tu. En relación a meu señor non sei se te refires a frases como esta para servizo de meu señor el rei, aínda que neste caso tamén se podía empregrar noso (vasalo de noso señor el rei; noso señor o arcebispo de Santiago), e hai algún caso illado con nostro que polo demais estaba reservado para Deus. Pero se te refires a frases do tipo: Queredes algo máis, mi señor dubido moito que se empregase a forma meu señor nese contexto.--RNC 19:53, 19 xaneiro 2010 (UTC)

anton de marcos[editar a fonte]

no tienes ni idea, pero no se puede evitar que gente como tu cometan este tipo de errores, suerte--Rokambolexko 23:19, 19 xaneiro 2010 (UTC)

Fada morgana[editar a fonte]

En resposta a tua pregunta gostariame aclara que o artigo en pdf é tamén a base de un documental do discovery Channel do cal estou a acadar datos para referenciar(paga a pena chequear o pdf ca verba spain). Dederiase facer una entrada propia só para o fenómeno óptico en térmos científicos.--Suarez ruibal 11:19, 20 xaneiro 2010 (UTC) Tratase de citar un documental, polo que estou a chequear a identifficación do mesmo, en calqueira caso a cita de fondo de espellismo náutico e dea historiografia clásica galega, de todolos xeitos espero solucionalo ben pronto--Suarez ruibal 17:28, 20 xaneiro 2010 (UTC)

Rokambolesko[editar a fonte]

Bloqueei ó usuario durante unha semana. Penso que non continuará cos malos xeitos. Un saúdo e garzas por avisares. --Alberte Si, dígame? 18:32, 20 xaneiro 2010 (UTC)

SonDeSeu[editar a fonte]

  • Ola Atobar. Penso que non fai falla referencia para afirmar que SonDeSeu é a primeira orquestra folk de Galicia (polo menos da que se ten constancia, segundo di Rodrigo Romaní). Así o pon na súa páxina web, e non o ía inventar un grupo profesional e de prestixio. Ademais é case o primeiro que poñen na páxina, curiosamente. De todas as maneiras, tendo en conta algúns dos compoñentes que forman parte do proxecto, penso que non podemos poñer en dúbida esta afirmación. Un saúdo, amigo. --Xoán Carlos Fraga 23:09, 25 xaneiro 2010 (UTC)

Etcétera[editar a fonte]

Ola Atobar. Despois de séculos por fin pasei o bot no eido dos etcéteras. Posiblemente quedara algún aillado sen mudar, mais na súa maioría coido que están. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 18:25, 4 febreiro 2010 (UTC)

Discordando. Retirada do Modelo:Sen fotografías[editar a fonte]

Bos días Alejandro. Discordo con que retires o Modelo:Sen fotografías do artigo Luís Iglesia. O artigo fala dunha persoa viva que vive e traballa en Galicia, é por elo que é moi probable que algún usuario da galipedia que vexa o marcador caia na conta da necesidade e achegue unha foto libre de dereitos de autor.


Cando dis "Se llo poñemos a este, habería que llo pór ao 90% dos artigos do mesmo rango", pois non sei que dicirte. A que artigos do rango te refires? Eses artigos cumpren tamén o que expuxen mais arriba para este? Entón a miña opinión é que si, que o modelo hai que poñelo a todos eles, igual que se poñen outras marcas a centos de artigos (sencat, seniw, ...). Que hai de incorrecto niso? O obxectivo é mellorar a calidade dos artigos.


Por todo isto pídoche que repoñas o modelo.


Un abrazo, e moitas grazas polo teu enorme traballo na Galipedia. --HombreDHojalata conversa 11:57, 7 febreiro 2010 (UTC).

Tamén se pode poñer estoutro Modelo:SenImaxe, menos ostentoso. Que opinas? --HombreDHojalata conversa 12:07, 7 febreiro 2010 (UTC).

Imaxe da semana[editar a fonte]

Fareino cando chegue a casa, que é onde teño a chuleta. Grazas polo aviso. Pedro Lameiro (conversa) 13:40, 8 febreiro 2010 (UTC)

Balón da Champions League[editar a fonte]

Ola Alejandro.

Por si che interesa. Fixen unha proposta aquí. Saúdos. --HombreDHojalata conversa 21:06, 19 febreiro 2010 (UTC).

Estás a destruír o meu traballo, prégoche que non o sigas a facer.[editar a fonte]

Bos días Alejandro.

No artigo Antonio Rodríguez Miranda retiraches un marcador {sen referencias} que eu puxen. Eu penso que todo o contido do artigo necesita referencias, segundo as políticas da Galipedia, non so unha parte.

O artigo non ten nin unha fonte bibliográfica, nin unha soa ligazón interlingüística, nin unha soa ligazón externa, ... penso que o marcador que puxen está mais que xustificado. Tal era así que ata o nome da persoa era incorrecto. Non te deches conta cando o editaches ou é que realmente non leras o artigo?

Ti desfixeches o que eu fixen pero non aportaches unha alternativa.

Estás a destruír o meu traballo, prégoche que non o sigas a facer.

E, sen referirme a este artigo en concreto, aproveito para dicirte que tampouco me parece ben (isto é unha opinión persoal miña) que recorras a Galipedia poñendo o marcador de pendente interwiki cando realmente, en moitos dos casos, o artigo non está pendente de nada, xa que as ligazóns interlingüísticas non existen por non existir o artigo noutras linguas, e o mais seguro é que non existan nunca por ser temas locais de interese para unha enciclopedia escrita en galego, máis non para unha enciclopedia escrita noutro idioma. Con ilo o que consegues e aumentar a desmesurada lista de Categoría:Wikipedia:Artigos con problemas cando o desexable sería reducila.

Por favor, volve a poñer o marcador {sen referencias} no artigo. Un saúdo e grazas. --HombreDHojalata conversa 09:07, 20 febreiro 2010 (UTC).

Axuda waughiana[editar a fonte]

E agora que acabei co artigo de Evelyn Waugh, como subo a foto?

Hai un xeito especial e directo de subir fotos doutras Wikipedias ou teño que facer o que me imaxino (gardala no meu ordenador e subila)?

Neste caso, trátase da imaxe de Waugh que figura tanto na versión inglesa como na española e algunha máis. (merda: esquecinme de asinar e de saudar. OLA!) --(XurxoLois) (fálame) 00:05, 21 febreiro 2010 (UTC)

Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado[editar a fonte]

Ola. Fixen unha suxestión aquí. A ver que che parece. --HombreDHojalata conversa 11:18, 21 febreiro 2010 (UTC).

Re:PIRA[editar a fonte]

Seguirei con el pero a modo, que a verdade é que non ando moi ben de tempo. --Norrin_strange (Fala-me) 09:24, 22 febreiro 2010 (UTC)

Re:PIRA[editar a fonte]

Seguirei con el pero a modo, que a verdade é que non ando moi ben de tempo. --Norrin_strange (Fala-me) 09:25, 22 febreiro 2010 (UTC)

Cristóbal de Acuña[editar a fonte]

Boa tarde, Alejandro;

Vou revertir (parte d) a edición que fixeches en Cristóbal de Acuña; cando Cristóbal lle levou o libro ao rei, os portugueses xa se independizaran; chegou á Europa en 1641.

Graciñas por andar atento coas grallas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:38, 22 febreiro 2010 (UTC)

"Conflictos"[editar a fonte]

Nere iritzia ematea "gatazkak sortzea" iruditzen bazaizu, nik sortutako artikulua ezabatu eta Wikipedia honetan ez dut gehiago parterik hartuko, iritzi ezberdinik irakurtzea gustatzen ez zaizuela ikusten baidut.

Si te parece que dar mi opinión es "crear conflictos", voy a borrar todo el artículo que he creado y no volvere a participar más en en esta Wikipedia, ya que veo que no os gusta las leer opiniones diferentes. --Euskalduna23:09, 22 febreiro 2010 (UTC)

Zuk aldiz nik goian esandakoa ongi ulertu duzu. Wikipedia honetan sortutako nere artikulua ezabatu dut, zuk bezalako administratzaileei esker Portugeserazko Wikipediara baidoaz. Mesedez, ez zaitez nigana berriz zuzendu.
Tu en cambio has entendido muy bién lo que te he dicho aqeí arriba. Borró mi artículo en esta Wikipedia de la cual sus usuarios se fugan a la Wikipedia Portuguesa, gracias a administradores como tu. Por favor, no vuelvas a dirigirte a mi. --Euskalduna23:09, 22 febreiro 2010 (UTC)
Zu jadanik ez zara Euskal Wikipedian ongietorria. Zu bezalako administrazaile batere objetiboak ez direnei esker Portugeserazko Wikipediara doazen asko daudela ez zait arraroa egiten (hainbat kasu ezagutzen ditut).Zuk hemen proposatutakoa "zure irizpide pertsonales", berdin zait, zure Peter Pan sindromearen zalaparta besterik ez da. Irakurri berriz, ez duzula ulertzen dirudi: Ez zaitez nigana berriz zuzendu.
Tu ya no eres bienvenido en la Wikipedia Vasca. Vuelvo a repetir que no me extraña que muchos usuarios se den a la fuga a la Wikipedia Portuguesa gracias a administradores nada objetivos como tu (conozco varios casos). Lo que aquí propongas "bajo tu opinión personal", me es indiferente, no es más que pataletas tuyas de sindrome de Peter Pan. Vuelve a lerr, ya que parece que no entiendes: no vuelvas a dirigirte a mí. --Euskalduna23:31, 22 febreiro 2010 (UTC)

Nere blokeoa hemen berdin zait zentzurik ez baitu (zuon ume jokamoldea ez bada iritzi ezberdinak ez onartzean) eta ez nau kaltetzen, eskatzegatik, bilbotar gisa jarrita: behin betiko blokeoa izan dadila, ea horrela zuon Perter Panen sindromea baretzen duzuen. Nere lankidetza hemen Euskarazko Wikipediaren artikulua idaztera mugatzen da, eta nere asmoa jadanik burutu dut. Gero arte.

Zuon jokamoldeak zuoi bakarrik eta ez besteri ez diela kaltetzenerrepikatzen dizuet: Atobar bezalako administratzaileek galiziar askoren Portugeserazko Wikipediarako ihesa sortzen du (jada ihesaldi kasu batzuk ezagutzen ditut) Euskal Wikipediak harrapatu dizuen punturaino, eta Euskarazko Wikipediarekin duzuen harremanan, zuon jokabide berri ematekoa asmoa baidut. Eta lasaitu zaitez: nigana berriz ez zuzenedu, hitzak ulertu ez dituzula baidirudi.

Mi bloqueo aquí me es indiferente ya que no tienen sentido alguno (más que vuestro comportamiento infantil al no respetar opiniones diferentes) ni me perjudica, por pedir, me pondre bilbaino: que sea un bloqueo indefinido, si así calmais vuestro sindrome de Peter Pan al leer opiniones diferentes a las vuestras. Mi única colaboración aquí se limita a escribir ese artículo sobre la Wikipedia en Euskara, y ya he cumplido con mi proposito. Repito que vuestro comportamiento sólo y únicamente os perjudica a vosotros, en estos temas: los administradores como Atobar hacen que muchos galegos se fuguen a la Wikipedia Portuguesa, para escribir allí sus artículos en galego (ya conozco varios casos de fuga) hasta el punto de que la Wikipedia Vasca ya os ha alcanzado, y repercutira en vuestra relación con la Wikipedia Vasca, porque tengo intención de informar sobre vuestro comportamiento. Y calmate un poco, ya que veo que no entiendes las palabras: no vuelvas a digirte a mi.

--Euskalduna 0:11, 23 febreiro 2010 (UTC)

combinado / cóctel[editar a fonte]

obrigado pola info; xa consultara o dicionario, pero preferín o termo "combinado". O caso é que despois mirei que existe o artigo Bloody Mary (cóctel)‎; Terei que homoxeneizar... A ver se un día destes tomamos un xuntos. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:00, 25 febreiro 2010 (UTC)

Tratado de Niza[editar a fonte]

Boas, moito mellor agora. Graciñas .D Saúdos.--Brara 16:17, 26 febreiro 2010 (UTC)Brara

Ligazóns[editar a fonte]

Xa botei o bot a pacer para mudar ligazóns externos* por ligazóns externas. Penso que xa deben de estar todas, a non ser que quedara algunha variante por aí solta. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 17:07, 27 febreiro 2010 (UTC)

Comparativa 2008/2010[editar a fonte]

Ola Alex.

Partindo das de Xabier Cid, de decembro de 2008, estiven facendo unhas contiñas que igual che interesan.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 11:17, 28 febreiro 2010 (UTC).--HombreDHojalata conversa 11:25, 28 febreiro 2010 (UTC)

Datos mantemento febreiro 2010[editar a fonte]

Non me tes que pedir permiso, fai todo o que consideres axeitado.

Se non concordo con algo xa o iremos comentando, é a forma de traballar. --HombreDHojalata conversa 13:01, 28 febreiro 2010 (UTC).

Los Piratas[editar a fonte]

Ah, vale, ía a transladar, pero bueno... Por certo, non sei esa política de considerar a Galicia como identidade, pero, tedes algunha referencia válida? Un saúdo, pero engadirei a información referenciada de todas formas... Davazpe.94 13:51, 28 febreiro 2010 (UTC)

Ahá, de acordo, grazas. Por certo, a plantilla de cita web non me vai, e a que se ten por mostra é inexistente... Veño de traballar da Wikipedia en castelán, e alí sen embargo funciona a de mostra... --Davazpe.94 14:13, 28 febreiro 2010 (UTC)

Pontesiño[editar a fonte]

Grazas pola axuda. A un novato sempre lle ven ben algún consello. Grazas --Pontesiño 14:51, 28 febreiro 2010 (UTC)

De novo[editar a fonte]

Grazas pola ligazón, pere isto é o que me pon:
Erro de permisos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A acción que solicitou está limitada aos usuarios que están nalgún destes grupos: Usuarios autoconfirmados, Administradores, Usuarios confirmados.
Voltar a "Portada".
Debe ser porque son bastante novo na Galipedia.
Un saúdo.--Pontesiño 16:23, 28 febreiro 2010 (UTC)

Administrador[editar a fonte]

Boas Atobar! Xa es administrador. Agora tes unhas cantas tarefas a maiores que podes realizar, e algúns botóns máis (borrar, protexer, bloquear). Se tes calquera dúbida sobre como facer algunha cousa xa sabes que me podes preguntar a min. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:15, 28 febreiro 2010 (UTC)

Administrador[editar a fonte]

¡Noraboa, chacho! Por partida dobre. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:17, 28 febreiro 2010 (UTC)

  • Moito ánimo nas novas tarefas! Ánimo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:06, 1 marzo 2010 (UTC)
  • Ánimo, Tobar. Vámosche dar ben de traballo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:56, 1 marzo 2010 (UTC)
    • Agora que se fixo efectiva a miña baixa como Administrador ¿cómpre explica-lo de felicitarte por partida dobre? Primeiro, polo teu nomeamento: felicidades e sorte; e segundo, porque iso abría as portas á miña baixa, do que tamén cómpre felicitarse. Agora, como usuario de a pé, intentarei seguir achegando o que poida á vez que recupera-la miña tranquilidade interior. A mandar para o que queiras (case). Saúdos e a seguir. Pedro --Lameiro (conversa) 17:54, 3 marzo 2010 (UTC)

Espazos[editar a fonte]

Boas Atobar! Primeiro déixame desculparme por non poderte contestar antes, mais é que o teñen os exames que non deixan tempo para nada. Ben, dito isto o por qué da inclusión dos espazos nos artigos responde a que como podes ver nesta ligazón [2], eu antes adoitaba respectar todos os espazos dos artigos, até lles metendo algúns extras para facilitar a súa corrección, mais segundo o que ben se me comentou dada a súa escasa funcionalidade estes debían ser evitados na maior parte do posíbel. Por iso, e como puideches ver, todos os espazos que borrara non afectaban nin se reflectían logo na redacción ou na estética do propio artigo, xa que logo, borrábaos. Espero que me entendeses agora. Un saúdo. --Nonso91 12:52, 2 marzo 2010 (UTC)

E polo que veño de ver...Parabéns por atinxires o cargo de administrador!hahaha --Nonso91 12:53, 2 marzo 2010 (UTC)

Tereino en conta, logo ;). --Nonso91 19:25, 2 marzo 2010 (UTC)

Conselliño.[editar a fonte]

Vai durmir, Tobar. Quen nos vexa aquí vai pensar que non temos outra vida. Tamañá. --Xoacas(Góstache o pemento?) 02:21, 3 marzo 2010 (UTC)

boas.no meu artigo do reactable quero subir fotos.[editar a fonte]

Queria saber como facer para subir fotos do artigo acerca do reactable escrito na wikipedia version inglesa.Seriame de gran axuda que me aconsellaras.

Un saudo.

Estou facendo un ciclo de son e o profesor dixonos que fixesemos un artigo de algo relacionado cos avances tecnoloxicos no mundo do son, estivenme informando e vin que na galipedia non habia informacion de este avance tecnoloxico,solo o fago por informar. gracias pola informacion das fotos,borrarei o maximo de espacios. un saudo

IES[editar a fonte]

Estimado Atobar: Creei esta entrada na Galipedia para que en principio, e sen restrinxir a ninguén, os meus alumnos de TIC a vaian complementando. Agradeceríache que agardases ata o remate do curso (alá por finais de xuño) para facer as correcións que consideres oportunas. Así poderei ver as súas contribucións. Grazas e saúdos: Profeticraquel.

Hartismo[editar a fonte]

Ola Alejandro.

En que quedou o tema este? (voullo preguntar tamén a Lameiro).

E aproveito para felicitarte e agradecerche a tua dedicación ó grande wikiproxecto que é a Galipedia. A verdade e que na miña torpeza nen sequera me decatara de que estabas nomeado. Para que non me volva pasar, xa engadín á miña lista de vixilancia todalas páxinas de votacións. --HombreDHojalata conversa 09:52, 4 marzo 2010 (UTC).

Usuario:Anxova leva nove meses inactivo. --HombreDHojalata conversa 11:39, 4 marzo 2010 (UTC).

Leste[editar a fonte]

Grazas pola corrección, a verdade é que foi un erro de vulto! Xa o vin en máis artigos por aí, a ver se me lembro en cales foron e os vou correxindo.--Paradanta 12:41, 6 marzo 2010 (UTC)

Evolución e mantemento[editar a fonte]

Parabéns pola túa idea de crear esa páxina de Evolución e mantemento. Léndoa veume á cabeza unha idea que creo que non hai que deixar ir: o ratio entre artigos e editores activos que sae na Galipedia é de 181,00 artigos/editor, que nos nosos predecesores na lista de wikipedias baixa a 64,49 na lingua thai e 65,89 en inglés simple, e sube de novo a 202,58 en malaio e 2705,83 en nepalí (que comeran os himalaios?). O que iso me di é que, se non mudan moito as tornas, chegaremos ao posto 39 nun medio prazo. Por curiosidade, se imos ver como están as cousas entre os reis do mambo, hai 19,69 artigos por editor activo na wikipedia inglesa (a décima parte que nós), 41,77 na alemá, 53,64 na francesa e 109,33 na española, a modo de exemplos. Creo que esta idea de produtividade do equipo que move a galipedia en comparanza co que acontece noutras wikipedias axudaranos a afastar da cabeza a sensación que ás veces gravita de que as cousas non van tan ben como poderían ir.

Iso, e que os sábados teño máis tempo libre. --Xoacas(Góstache o pemento?) 15:38, 6 marzo 2010 (UTC)

Movementos[editar a fonte]

Onte fixen unha cousiña que creo que puido contribuír a aclarar o uso de algunhas páxinas de homónimos, pero a costa de facer tabula rasa cos historiais das páxinas en cuestión.

Explícome (levarame tempo):

Quixen incorporar dous ríos chamados Gándara (Río Gándara, río Anllóns, e Río Gándara, río Mero) á páxina de homónimos correspondente. A páxina que xa existía titulábase A Gándara, e a ela estaban redirixidas as páxinas Gándara, Gándaras e As Gándaras, de xeito que só me quedaban dúas opcións: ou ben incluír nesa páxina de homónimos dous ríos que non se chamaban igual (é dicir, non eran homónimos), ou ben dividir a páxina de homónimos existente en dúas (Gándara e Gándaras) e logo incorporar os ríos a unha delas. Optei pola segunda opción, e para iso suprimín as redireccións que había, substituíndoas por parte dos contidos da páxina de homónimos orixinal, a de A Gándara.

A Continuación sobrábame a orixinal, e marqueina para borrado rápido sinalando que o seu contido xa estaba en Gándara e Gándaras (claro, fixérano eu).

Ata aquí os preliminares. Agora ven a cuestión: ao facer todo isto fixen algo do que non me decatei ata esta mañá: o historial da páxina A Gándara non foi transportado cando movín os contidos ás páxinas de homónimos novas. E logo, ao propoñer o seu borrado, desaparecería.

Penso que o que fixen había que facelo, ou era bo facelo, que non sempre unha cousa e a outra coinciden. O que xa non sei é se ao facelo, ademais do seu efecto positivo, provoquei algún efecto negativo (refírome á desaparición do historial). E sobre todo teño unha dúbida: no futuro, cando se presenten situación como esta de novo, é este o procedemento máis axeitado ou hai algún máis recomendable?

Grazas anticipadas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:34, 8 marzo 2010 (UTC)

Graciñas, home. Así da gusto, carafio. --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:39, 8 marzo 2010 (UTC)

Eu pódeche falar do tema cunha perspectiva de bastantes anos. Do ocorrido ultimamente sei menos, inda que estimo que non se empeorou; ó revés, creo que se mellorou. Sobre os últimos anos teño que dicir que se avanzou moitísimo. Fai tres-catro anos dei a alerta sobre as imaxes, daquela non estaban nin sequera marcadas as imaxes sen orixe e sen licenza. Cando os administradores nos puxemos a marcalas, encontrámonos quizais cunhas 2000 ou con máis. Hoxe, desas imaxes quedan as poucas indicadas (a min non me parecen moitas, inda que non debía haber máis cás dos últimos meses). Tras marcar as imaxes daquela, vimos que imaxes provisorias (Fair use, imaxes prohibidas de carátulas de discos...) había mogollón e hoxe quedan 4, algunha dubidosa (agunha podería non ser borrada). Agora ben, datos estatísticos non che podo ofrecer-- Lmbuga / Conversa comigo  19:40, 8 marzo 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Ben, se che digo a verdade, tampouco é o meu forte. Vouche dicir todo o que sei. Polo que sei hai unha categoría raíz (o índice): Categoría:Índice, de aí colga (ou debería colgar) todo o que hai. En Especial:Categorías podes ve-las categorías nas que están encadradas tódolos artigos, tanto se están creadas coma se non. Pola súa banda, en Especial:Categorías sen uso podes ve-las categorías que estando creadas non conteñen ningún artigo no seu interior. E se queres te-la árbore de categorías dunha determinada categoría, existe esta páxina, moi útil, na que fixen un exemplo cos Parques naturais de Galicia [3]. Agardo que che serva de axuda. A verdade é que neste eido aínda queda por traballar. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:02, 8 marzo 2010 (UTC)

A categoría raíz de todo o proxecto é Categoría:Índice. As imaxes están en Categoría:Índice > Categoría:Wikipedia > Categoría:Imaxes
No tocante ás tarefas pendentes que me parece que intentas sinalar na ligazón que puñas, as imaxes (Categoría:Mantemento de imaxes) non me semellan consideradas, pero non sei exactamente o que queres facer:
Espero que che sirva de axuda. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:54, 8 marzo 2010 (UTC)
Repara (quizais) tamén en Categoría:Wikipedia:En progreso-- Lmbuga / Conversa comigo  19:20, 8 marzo 2010 (UTC)
Eu pódeche falar do tema cunha perspectiva de bastantes anos. Do ocorrido ultimamente sei menos, inda que estimo que non se empeorou; ó revés, creo que se mellorou. Sobre os últimos anos teño que dicir que se avanzou moitísimo. Fai tres-catro anos dei a alerta sobre as imaxes, daquela non estaban nin sequera marcadas as imaxes sen orixe e sen licenza. Cando os administradores nos puxemos a marcalas, encontrámonos quizais cunhas 2000 ou con máis. Hoxe, desas imaxes quedan as poucas indicadas (a min non me parecen moitas, inda que non debía haber máis cás dos últimos meses). Tras marcar as imaxes daquela, vimos que imaxes provisorias (Fair use, imaxes prohibidas de carátulas de discos...) había mogollón e hoxe quedan 4, algunha dubidosa (agunha podería non ser borrada). Agora ben, datos estatísticos non che podo ofrecer-- Lmbuga / Conversa comigo  19:42, 8 marzo 2010 (UTC)
Importante
Estimo que non debería haber imaxes en Categoría:Wikipedia:Copyright e hai 11-- Lmbuga / Conversa comigo  19:42, 8 marzo 2010 (UTC)

Bóas. A Galipedia conta con sete categorías raíz: Categoría:Arte e Cultura, Categoría:Ciencia, Categoría:Personalidades, Categoría:Sociedade, Categoría:Referencia e Categoría:Wikipedia. Estas tres últimas non se empregan para categorizar artigos, senón páxinas de mantemento e organización da wiki. As wikipedias máis grandes (coma a inglesa, ou a española), na categoría índice, no canto de telo coma nós, abren unha nova categoría onde á súa vez van todas as demáis categorías de artigos, mentres que na categoría índice están os arquivos por tipo. A wk.es ten, nesta subcategoría as categorías Arte, Ciencia, Humanidades e Sociedad, mentres que a wk.en ten as categorías Concepts, Life, Scient, Nature e Society (no seu momento propuxen a creación dunha nova categoría raíz Natureza, pero por discrepancias sobre a súa necesidade e pola complexidade técnica de levalo a cabo, acabouse aparcando).

Descoñezo cantas categorías hai na Galipedia, porque mesmo cando quixen buscalas nos artigos sen interwikis para engadírllelos, atopeime con que non están recollidas (é frecuente atoparse categorías sen interwikis, habéndo equivalentes noutras liguas). Pode que che interese esta páxina de probas sobre categorías, limitada á categorización sobre países, que fixera para ter un modelo homoxéneo para categorizalos a todos. Na miña opinión, sería bó ter un modelo coma éste para cada tema ca se repite (países, linguas, etc) e que merece un tratamento unitario. Podemos crear diferentes páxinas coma ésta, ou ben metelo todo na mesma, tanto para orientarnos os que xa somos usuarios coma para facilitarllo ós que se vaian incorporando.

Polo que respecta ó meu xeito de crear categorías (é unha cuarta parte das miñas contribucións totais), habitualmente vounas creando segundo as necesidades de cada área, empregando a analoxía a partir das xa existentes e ramificándoas segundo me parezan máis sinxelas e lóxicas de atopar para os que vaian a empregalas. Sempre intento coordinalas coa wk.en, e en menor medida coa wk.es e a wk.pt (e en moita menor medida, con outras, coma a italiana), se ben ó ser a nosa unha wikipedia máis pequena a veces busco solucións máis pragmáticas e menos ortodoxas. Por exemplo, nós os parlamentos témolos en edificios de institucións políticas, cando o purista sería diferenciar entre a institución e a sede. Acontece que, ó ter os artigos sobre os mesmos contido tanto arquitectónico coma político, acabei tirando pola rúa do medio. Ben, espero que esto che sexa de utilidade. Saúdos. --Iago dime 20:25, 8 marzo 2010 (UTC)

Non hai de qué. Para calquera cousa non dubides en porte en contacto comigo. E un consello; pensa o da se sería convinte ter varias páxinas coma a que fixen sobre os países. Anque non abrangueran todos os temas, polo menos sería útil naqueles máis frecuentes. Saúdos. --Iago dime 20:53, 8 marzo 2010 (UTC)
Por certo, no listado da categorías raíz omitín a séptima: a Categoría:Wikimedia. Saúdos. --Iago dime 20:56, 8 marzo 2010 (UTC)

Por favor[editar a fonte]

Por favor atende o expresado en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FVandalismo&action=historysubmit&diff=1461752&oldid=1345867 (esta comunicación fágolla a tódolos administradores)

Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:41, 8 marzo 2010 (UTC)

Non hai minutos que deixar correr. Déixoo ata mañá. Agora vou deitar. Pero que abandono totalmente, seguro. Isto non pasaba noutrora. Nin sequera había que denuncialo. Os votos de alguén que fixera iso anulábanse. A resposta que deron ata o de agora os administradores é indecorosa para comigo. É máis: INSULTANTE. Creo que se acabou. Creo que se acabou sobre todo por un motivo que expresarei cando se acabe, xusto antes de copìar texto dunha páxina calquera (gran cantidade de texto) e colocalo como novo contrasinal.-- Lmbuga / Conversa comigo  00:12, 9 marzo 2010 (UTC)
TEÑO RAZÓN. É absurdo explicala razón se oque queres é templar gaitas, pero ofundamentoque eu dei non está en Flickr, esta aquí. O FUNDAMNETO É CON LIGAZÓNS NA GALIPEDIA-- Lmbuga / Conversa comigo  00:19, 9 marzo 2010 (UTC)
Por certo, nunca na miña vida escribín maiúsculas, nunca o fixen porque Prevert cando me estaba ensinando díxome que escribir con maiúsculas significaba estar enfadado. -- Lmbuga / Conversa comigo  00:21, 9 marzo 2010 (UTC)

Unha consultiña, Tobar, que eu non che controlo nada destas cousas: está permitido retirar un voto unha vez emitido? A ver se así desenguedellamos a guedella. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:45, 9 marzo 2010 (UTC)

Realmente vostede pensa que o que está pasando na miña páxina de usuario -o que está pasando é por mor da súa inanición-compensa. Por favor, bloquééme de por vida. Así acabamos dunha vez por todas. Eu non podo deixar de facer e dicir aquilo que creo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:45, 9 marzo 2010 (UTC)
Agora e tras esta discusión, solicito ser bloqueado. Co mesmo solicito que sistematicamente se apliquen as normas. Todo acontece porque non se aplican nin as de votación máis simples. En maior indefensión que ante un usuario que se quere facer pasar por bo, pero que xamais vai recoñecer o que é a realidade, que pasa de pasar totalmente de min a dicirme que o chame por teléfono (pero non me chama el a min) e dá en tratarme de "rei" publicamente (cousa que non fan nin os meus amigos); non se me pode deixar: Aseguro que non vai compensar xamais deixarme indefenso, así que o preferible é bloquearme de por vida-- Lmbuga / Conversa comigo  07:15, 9 marzo 2010 (UTC)

Saudos[editar a fonte]

Ola Atobar. Perdona por non respostar, estou retomando moi a modo :) Unha aperta --Pexego(conversa) 08:53, 9 marzo 2010 (UTC)

Gracias[editar a fonte]

Gracias por avisar. Realmente son cousas que xa sabía, pero onte á noite tiña moitas cousas na cabeza. --Xoacas(Góstache o pemento?) 18:51, 9 marzo 2010 (UTC)

RE: Contador[editar a fonte]

Estouche buscando... polo de agora non atopo ningunha ferramenta que conte as visitas ao ano directamente, pero débea haber. Mantereite informado. --Toliño Fala aquí comigo 19:15, 9 marzo 2010 (UTC)

  • Sinto non terche axudado co contador. Mágoa, porque che habería de aforrar tempo... Por certo, (onde están os meus modais?) parabéns polo artigo no Xornal, unha boa visión do proxecto. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:37, 16 marzo 2010 (UTC)

Non sei se liches o meu correo, agora vou deitar e mañá mirarei o meu. Grazas, tiña os dous pés fóra e xa teño un dentro. Se eu sigo é grazas a xente coma ti-- Lmbuga / Conversa comigo  00:34, 11 marzo 2010 (UTC)
Pois vouno ler agora, andaba por aquí e non parei no correo. Hai cousas para as que son un inepto, nunca souben como conseguir que o ordenador me avisase de que teño un correo novo. Eu míroo polas mañás, pero agora que destrocei (curtocircuíto) o meu ordenador novo verténdolle sen querer un vaso de sidra encima, mesmo o miro menos. Vou miralo, pero respondo mañá pola tarde-noite-- Lmbuga / Conversa comigo  00:49, 11 marzo 2010 (UTC)

Nowy Dwór Królewski[editar a fonte]

Please writing article Nowy Dwór Królewski. http://en.wikipedia.org/wiki/Nowy_Dwór_Królewski Answer on Polish Wikipedia Ananas96 14:21, 12 marzo 2010 (UTC)

Vaites, Tobar. Isto, polo que vexo é moito máis complicado do que parece. Agora non sei como abrir unha xanela nova para falar contigo, polo que escollo editar esta última. Podesme dicir como facelo? Grazas!

Probando a escrita[editar a fonte]

Desculpa, Tobar! Estou probando a ver se vai isto. Prometo recompensar con dúcias de artigos.

Ben; agora xa sei tamén asinar. Mais teño un pequeno problema. Sei como facer todo, pero non sei ONDE é que teño que escribir (para as conversas). Non aparece ningunha xanela en branco onde facelo. Poderíamos falar 1 minutiño polo messenger, Atobar? (a ver se me aclaro). É posíbel?--Comgalego 13:55, 13 marzo 2010 (UTC)

Coido que xa está[editar a fonte]

Sinto que sexas ti a víctima, Atobar! Coido que xa aprendín. É doado, si.--Comgalego 13:58, 13 marzo 2010 (UTC)

Asunto amañado[editar a fonte]

Agora si. Perfecto. Moitísimas grazas polo apoio e a paciencia. Agora vou botarlle un ollo a como é que se fan os artigos. Saudiños--Comgalego 14:01, 13 marzo 2010 (UTC)

Modelo:Cómpre referencia[editar a fonte]

Ola Alejandro.

Cando empregues o Modelo:Cómpre referencia proba a empregalo, sempre que sexa posible, detrás dun signo de puntuación e non antes. Queda moito mellor. De feito, noutras wikis, e en libros e manuais de estilo alleos á wiki, recomendan facelo dese xeito.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 12:17, 14 marzo 2010 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

  • Grazas meu. Vou pouco a pouco, teño que volver a coller ritmo. Saúdos! --Banjo tell me 21:35, 14 marzo 2010 (UTC)

Posible erro[editar a fonte]

Boas. Recentemente borraches o artigo motor de combustión argumentando que xa había outro que se chamaba motor de combustión interna. O artigo non é o mesmo, de feito, os motores de Watt, os de ciclo Stirling, o motor de Arquímedes, son motores de combustión externa, non interna, así que se fas o favor, restaura o artigo, ou responde para poder facelo eu. Na entrada motor de combustión pretendo explica-las diferenzas e poñer accesos aos distintos tipos de motor, tanto de combustión interna como externa, para dar unha idea global. Graciñas.--Dfreijeiro 09:49, 15 marzo 2010 (UTC)

E unha vez máis...[editar a fonte]

Grazas, Atobar, polas revisión que fas nas miñas edicións. Parece que últimamente non estou nada fino. Unha aperta. --Krisko 14:35, 16 marzo 2010 (UTC)

Laméntoo moito[editar a fonte]

Pois a verdade é que pretendía aportar algo do que estaba no meu poder para a Galipedia. Sobre a linguaxe empregada, permíteme dicirche que é o suficiente enciclopédica (como que está sacada dunha enciclopedia). No que ás separacións (feitos, obra, etc...) tentei seguir os teus consellos. No referente ás ilustracións, recoñezo que non dei achado o xeito de poñelas (mea culpa). Lamento moito que non dese achado co formato que me solicitades.

Sexa como for, supoño que farei moito máis pola língua traballando noutros eidos. Grazas por todo e até outra.--Comgalego 11:22, 17 marzo 2010 (UTC)

Arquivos[editar a fonte]

Non fai falla que mo digas, xa me avisaron. Un saúdo. --Davazpe 15:44, 17 marzo 2010 (UTC)

Grazas.[editar a fonte]

Pois iso, que grazas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:38, 17 marzo 2010 (UTC)

+ datos[editar a fonte]

Bon día! Actualizáronse os datos da galipedia coas estadísticas de febreiro. E o artigo editado por máis usuari@s foi... :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:48, 18 marzo 2010 (UTC)

Custo substantivo[editar a fonte]

  • Ola, só quería dicirche se se pode cambiar custe>custo no modelo dos estadios e Ficha_aeronave (se puidese ser tamén nos artigo editados, aforraríase traballo), e quedaren nese caso cambiados. Un bot non pode mudar custe>custo por sistema, porque custe pode ser pres. subx., pero neses modelos sempre é substantivo. --Xoán Carlos Fraga 19:59, 22 marzo 2010 (UTC)
  • Quero dicir que o ideal é mudar os modelos mencionados (custe>custo), para quen os use no futuro xa non cometa o erro. O ideal é que ao mudar o modelo, o cambio afectase directamente a todos os artigos creados no pasado que xa teñen ese modelo, e así faríanse moitos cambios de vez (hai bastantes artigos cos modelos estadios e Ficha_aeronave, e eu só cambiei 3 ou 4). Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:10, 22 marzo 2010 (UTC)

Spider's Web: A Pig's Tale[editar a fonte]

Hi, can you add the plot summary here at the gl wiki? This is the plot of this animation:

The story is about a pampered piglet named Walter Pembroke III who enjoys free food, a posh pen, and a flattering entry in the exclusive Barnyard Social Registry. Walt's best friend is Tiffany, a tough-talking spider who gets little respect and few handouts. But it is not the disapproval of Walt's snobby pals that is driving this pair of unlikely friends apart. It is Walt's expanding web of lies. When a cherry pie disappears, Walt blames UFO's. When a pot breaks, it is the ghost's fault. When homework goes missing, the homework ate the dog. So Noiman Ja Rahr, a sneaky snake, comes along and schemes to bring Walt to the corrupt Viperwood. It is up to the spider to convince the pig that lying does not pay.

74.249.96.205 01:41, 23 marzo 2010 (UTC)

Hi, please be advised that you're dealing with en:Wikipedia:Long-term_abuse/Bambifan101 here. Regards, Wutsje 01:58, 23 marzo 2010 (UTC)

Sobre Tamar Novas[editar a fonte]

Boas Atobar! Sobre o dato "Coñecido por:" e pór "Tamar Novas" non lle vexo o sentido, por iso mudeino por "Mar Adentro" que é como o actor se fiño mais coñecido alomenos fóra de Galiza. Penso que se non estas de acordo comigo o millor sería daquela non pór nada nese dato, xa que non esta para saber como e coñecido polo nome. Saídos. ;)

Doraemon + Shin Chan[editar a fonte]

Ola, Tobar. A ver se lle poodes botar unha visual a Doraemon e Shin Chan. O usuario 83.49.13.253 fixo unhas pequenas edicións que eu logo revertín. Veume reclamar á miña páxina de conversa e agora xa non sei se darlle a razón ou non, e máis tendo en conta que a cousa tampouco é de grande importancia. --Xoacas(Góstache o pemento?) 02:50, 23 marzo 2010 (UTC)

  • A ver! Primeiro de todo, sinto tanta molestia Xoacas de verdade. Eu só quería que o nome ficase como ela mesma o escribe, mais nada. eu poderíache da-la referencia se dalgún xeito se pode escribirche en privado, pero como ben dis, a cousa non ten importancia algunha, así que o conto pode morrer aqui mesmo ;).

Saúdos e de verdade sinto todo isto.--83.49.13.253 03:02, 23 marzo 2010 (UTC)

Unha pregunta[editar a fonte]

Ola, Tobar. Eu queríache preguntar como se pon o índice nun artigo, que non sei.

Moitas grazas

RE: Uxío[editar a fonte]

Déixamo esta noite, que xa me queda pouco que engadir. Grazas polos eloxios. Pedro --Lameiro (conversa) 20:56, 25 marzo 2010 (UTC)

  • Bueno, Atobar. Creo que xa está ben. Vouno imprimir e lelo con atención e rotula vermello na man. Pero iso será outro día. Podes meterlle man cando queiras. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:37, 25 marzo 2010 (UTC)
    • Neste caso, fixéchelo con razón de máis. O texto anterior (antes de que eu o collera) xa utilizada aos e coller o. Se agora aparecían outras formas é erro meu, ou dedos que xa escriben sós. Tranquilo. Pedro --Lameiro (conversa) 23:49, 25 marzo 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Algunhas delas haberá que volver crealas dentro duns anos ─meses se alguén se pon moito as pilas─, pero ata iso aínda queda. Non te preocupes, borra sen medo. ─ GallaecioE logo? 14:36, 28 marzo 2010 (UTC)


Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller'[editar a fonte]

Ola.

En relación á Conversa:Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller', fixen unha proposta aquí.

Chao. --HombreDHojalata conversa 22:00, 28 marzo 2010 (UTC)

Ola Alejandro. Hai novidades que igual che interesan en Wikipedia:Votacións para borrar/Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller'. Saudiños. --HombreDHojalata conversa 09:07, 29 marzo 2010 (UTC)

Discusión[editar a fonte]

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:36, 30 marzo 2010 (UTC)

Wikipedia:Efemérides destacadas/1 de abril[editar a fonte]

Ola Alejandro, desfixen os teus cambios. Penso que tal como a deixaches a frase non é correcta. --HombreDHojalata conversa 12:18, 31 marzo 2010 (UTC)

Concordo completamente contigo en todo, máis tes que recoñecer que a frase "...Franco anuncia ... a instauración dun réxime ditatorial" non é correcta, pódese redactar de milleiros de formas , pero esa non é unha das mais axeitadas (de feito no artigo 1 de abril está redactada dunha maneira diferente, unha das posibles). --HombreDHojalata conversa 13:27, 31 marzo 2010 (UTC).

os meses na cultura popular galega[editar a fonte]

Non sei se vos valerá isto. --HombreDHojalata conversa 21:11, 31 marzo 2010 (UTC).

Eu puxen "vexa" por concordar co "vexa" que sempre vai na mesma portada, a dereita, debaixo da imaxe da semana. Non creo que sexa tratar de ti, é "vexa (vostede)", o que non leva e a partícula reflexiva "-se", corríxeme por favor se me equivoco.

E a situación dentro do cadriño concorda exactamente, si te fixas, coa situación do texto "Todas as categorías" dentro do seu (a dereita, abaixo, na mesma portada), o código empregado é o mesmo.

Vou poñelo na conversa da portada entón, seguimos falando alí. --HombreDHojalata conversa 21:32, 31 marzo 2010 (UTC).

efemérides[editar a fonte]

Ola, Atobar; beizóns pola premura! Poderías darlle formato similar, por exemplo, ao do 1 de maio? Primeiro os feitos doutros anos, (dado que o encabezamento da portada é "tal día coma hoxe no ano..."), e despois, nun aparte, "Hoxe é...".

un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:05, 1 abril 2010 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Ola Alejandro, teño unha dúbida sobre como podo adaptar unha frase para colocala no artigo sobre a Alhambra que estou editando. O parágrafo é o seguinte: En su evolución, el castellano intercala entre la M y la R una B, como en alfombra, que en el árabe clásico tenía el significado de "rojez"... ¿como podería poñer isto.? Máis adiante o paragrafo continúa dicindo: Otros autores defienden que "Alhambra" es simplemente el nombre en femenino de su fundador,Abu Alahmar, que en árabe significa "el Rojo"', por ser pelirrojo. Entón xurde o problema de pelirrojo - rubio e de rojo - vermello. Se puideras axudarme estaría moi agradecido. Un saúdo--AMPERIO 14:42, 2 abril 2010 (UTC)

Boas tardes, Alejandro[editar a fonte]

Para poñer unha imaxe de Alonso non fai falla que destrúas o meu traballo, levo unhas cantas horas traballando nel e está ben feito, penso. --HombreDHojalata conversa 17:10, 2 abril 2010 (UTC).

A imaxe de Alonso paréceme perfecta. O de "pesada a lectura cargándoa de imaxes" e que "desvirtuan o artigo" paréceme que é unha opinión moi persoal túa, non responde a ningunha política oficial e eu (e seguramente algún que outro usuario da enciclopedia tamén) opino todo o contrario.

O de "hai por costume meter unha imaxe do que xa di nunha das liñas"... que queres que che diga, desfacer o que fixo un editor por "hai por costume"... eu penso que co outro sistema gañamos espazo para unha efeméride máis. As seis que marcan as políticas e maila da foto. É un resume moi pequeno das ducias que hai no artigo do día en cuestión. --HombreDHojalata conversa 17:27, 2 abril 2010 (UTC).

Tes razón, di "sería bo". Entón o motivo do cambio non é "a costume" é "a política", son cousas diferentes. Por se había dúbidas. Un saúdo. --HombreDHojalata conversa 17:40, 2 abril 2010 (UTC).

Non o podo crer! --HombreDHojalata conversa 18:03, 2 abril 2010 (UTC).

Errata en la sección de lugares de Moldes, Boborás[editar a fonte]

Hola:

En la sección de Lugares de Moldes,Boborás:

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moldes,_Bobor%C3%A1s&action=edit&section=4

están mal puestos los nombres de tres lugares:

"Laxa" debería de ser "Laxas"

"O Porto do Carro" debería de ser "Portodocarro"

"Valiñas" debería de ser "Veliñas"

En la página web del ayuntamiento de Boborás también lo han puesto incorrectamente (estoy intentando ponerme en contacto con ellos para que lo corrijan), así como en mapas que distribuyen en el Centro Etnográfico de O Carballiño (ya se lo indiqué personalmente en una visita que realicé esta Semana Santa).

Un saludo y enhorabuena por la labor que lleváis a cabo.

Digo que NON leva til.[editar a fonte]

Iso é o que eu dicía. Revisa o historial, verás que o que fixen eu foi quitarlla. Abur. --Xoacas(góstache o pemento?) 16:06, 6 abril 2010 (UTC)

Til[editar a fonte]

O que eu teño instalado é unha extensión para Firefox que se chama "Dicionario de Galego 2.2.1", emprégoo directamente na caixa de edición do Firefox, sen necesidade de andar co Open Office. --Xoacas(góstache o pemento?) 17:28, 6 abril 2010 (UTC)

Susto[editar a fonte]

Perdin como una paragrafo da paxina http://gl.wikipedia.org/wiki/Talking_heads Por que puña que alguen a editara mentres eu, e non a guardou, pero casi non perdin nada (2 liñas) e xa esta resolto. Pensoo traducir enteiro, tranquilo. O unico foi unha "cagada" miña. que nomeei a paxina Talking heads e non puxe Heads con mayusculas, é un gran erro, todas as demais wikis a teñen en mayuscula. Pode arranxarse?

Cabo de Cruz, Castro, Boiro[editar a fonte]

== Cabo de Cruz, Castro, Boiro == Hola Atobar se podes votame unha man no artigo Cabo de Cruz, Castro, Boiro. Eu son unha persoa que naceu e que vive neste pobo, os datos dos que dispoño son veraces e ata teño fotografías de case todo o meu pobo, o que non entendo é por que hai que neutralizar, A HACHA DE CABO DE CRUZ é única atopouse entre restos romanos pero según os arqueologos que a estudaron creen que saiú do Castro da Jurita ou do Castro do Achadizo é sobre este último hai un libro escrito debido as excavacióons que se fixeron durante moitos anos e tamén os achados na zona. No tocante os nomes que poño no eido da Cultura teño que dicir que irei poñendo as referencias, e xa puxen as de fotografía pois xa falei co meu veciño e ata meu deu os nomes das obras coas que gañou diversos concursos fotográficos.Tamén dicir que o movemento socio-económico e asociativo deste pobo é impresionante contando con unha das asociacións de veciños máis antiga de toda Galicia e con numerosas asociacións como A Gamela ect. Eso tan só por dicir algunha das cousas que se foron corrixindo, tan só podo dicir que probablemente a estructuración non fose a apropiada e que haxa faltas de ortografía, e tamén que son novata nesto da informática e na galipedia.Usuario:MHT 17:47, 8 abril 2010

Historia da lingua galega[editar a fonte]

  • Ola, Atobar, encantado de falar contigo. Oíche, esta frase que comeza a sección do seculo XXI non parece obxectiva; eu estou de acordo con ela (a pesar de non a redactar eu), pero invita á acción e o artigo se é enciclopédico só debe ser informativo. Olla a cursiva (que é miña):

>>Ás portas do século XXI a nosa lingua segue a se manter viva, protexida pola lexislación vixente, e cun elevado número de falantes. Só queda, pois, facer camiño tomando como exemplo o teimudo labor daqueles que, dentro e fóra de Galicia, nunca deixaron de fomentar a presenza e a contribución do pobo galego ao mundo. --Xoán Carlos Fraga 15:24, 9 de abril de 2010 (UTC)

  • Agora mesmo só se me ocorre isto, a ver que che parece:
Ás portas do século XXI a nosa lingua segue a se manter viva, protexida pola lexislación vixente e cun número de falantes importante. Así e todo, a situación real é que está a punto de mudar de lingua maioritaria a minorizada, pois a gran maioría dos falantes aséntase na terceira idade e tamén debido a que as novas xeracións teñen o castelán como lingua materna en maior porcentaxe, como xa dixemos máis arriba. --Xoán Carlos Fraga 15:43, 9 de abril de 2010 (UTC)

Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes[editar a fonte]

Ola.

Na páxina do título fixen unha proposta que igual é do teu interese.

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 12:22, 10 de abril de 2010 (UTC)

Cabo de Cruz, Castro, Boiro[editar a fonte]

Graciñas pola túa aclaración, eu irei dando datos e o que queira que os vaia poñendo, teño que aclarar que Cabo de Cruz non é un núcleo poboacional senón que é o nome co que se coñece a parroquia do Castro en toda a bisbarra do Barbanza. Eu son colaboradora e coadministradora de varios espazos na interne entre eles a paxina oficial de Cabo de Cruz www:/cabodecruz.org e colaboro habitualmente con www.cabodecruz.net, www.iespraiabarrana.blogspot.com, e www.boirocidadan.net na sección de asociandonos e no tocante ao espazo que ten a A/VV A Unión e a Asociación de Festas do Carme do Cabo da Cruz. Logo teño artigos de prensa onde podería sacar moita máis información sobre datos pero teño que ir revisandoos todos por que algúns artigos datan de antes do ano 1950 onde se fala de Cabo de Cruz e xa das súas festas i persoas. Tamén hai un pequeno erro no tocante os lugares da parroquia do Castro, pois os núcleos poboacionais se podo poñereinos en canto recupere a acta da sesión plenaria onde se tomou o acordo e darche os nomes correctos. Podes poñerte en contacto comigo a través do mail que é maryhermo@gmail.com que é o meu nome e adicome á poesia.--MHT 16:21 10 abril 2010 Un saúdo.

Cabo de Cruz, Castro, Boiro[editar a fonte]

Boas noites. No que se refire ao Noménclator da Xunta, podo dicirche que xa o consultei co Concello e os cambios foron admitidos no referente ao Lugar Xián que é Xión e ao de Cabo de Cruz que non se trata dun lugar senón dun pobo e tamén que se comunicaron novos núcleos poboacionais debido a densidade de poboación en cada un dos lugares, por poñer un exemplo Xión tan so conta con 6 vivendas e dúas deles estan deshabitadas. Supoño que aínda non actualizarían o Noméclator, pero de todos os xeitos ei poñerme en contacto de novo co Concello de Boiro para indicarlle o que sucede e que aínda non aparecen no Noméclator e dado que estan sinalizados os lugares pode dar lugar a erros con respecto aos visitantes que se achegan ata este pobo. Ademáis temos un rueiro feito, e están sinalizadas todas as rúas da parroquia e dende a asocición de veciños estamos traballando no tema para que leven a trámite o proxecto. Podes mirar o rueiro na pestana RUEIRO na web oficial de Cabo de Cruz dada que si é unha páxina recoñecida como oficial. E tamén podes mirar nela outros datos como a historia e o turismo que foron extraidos de diferentes arquivos, dende os arquivos do arzobispado de Santiago de Compostela ata libros de historia e turismo do Concello de Boiro, ou dos arquivos do Centro arqueolóxico do Barbanza, e foi un traballo de anos para acadar toda esa información e reducila ao máximo posible dado o espazo do que dispoñíamos que era ben pouco e por iso utilizamos para as fotos, foro e anuncios espazos gratuítos que apesares de que teñen publicidade como é axena a web podemos librarnos de que nos corten o da oficialidade. Teño unha pregunta en Cabo de Cruz temos unha perruqueira que destaca e fai desfiles ao longo de todo o mundo o problema é que teño que porme en contacto con ela aproveitando que agora vai facer unha sesión privada de fotografía para non sei que revista de perruqueira para que me poña ao tanto e poder poñer referencias, e tamén da súa irmán que é estilista no mundo do cine e televisión de feito na serie Libro de Familia aparece o seu nome nos títulos de crédito. E falar co escultor que supemos de que existía i era noso veciño de toda a vida cando uns extranxeiros nos preguntaron por el; como digo eu cousas da vida que non sempre se coñece o traballo de moita xente dado que nos pobos pequenos non se lle da a importancia que teñen. Un saúdo. Esqueceume o da firma que me resulta case que imposible entender como poder poñela ben. --MHT--

RE:Ian Fleming[editar a fonte]

Boas tardes, grazas por avisar. Xa sei que teño que engadirlle texto, o que pasou foi que olvidei de poñer enuso mentres buscaba a información. Un saúdo--AMPERIO 13:04, 11 de abril de 2010 (UTC)

Unha cousa, os títulos dos libros que escribíu este home como fago con eles, deixoos en inglés, en castelán ou os poño en galego?. Digo en castelán por que en España o nome que teñen estes libros está neste idioma e non foron traducidos ao galego. Que fago?. Un saúdo--AMPERIO 13:48, 11 de abril de 2010 (UTC)
Pois os deixo en galego--AMPERIO 19:22, 11 de abril de 2010 (UTC)
Home pois non sei se os haberá. O que sí é que na TVG teñen postas as películas en galego e traduciron os títulos. Pero vounos poñer de todos modos en inglés e se cadra poño ao lado a tradución ao galego--AMPERIO 19:34, 11 de abril de 2010 (UTC)
Xa está. Poderías botarlle un ollo a ver se serve así?--AMPERIO 19:57, 11 de abril de 2010 (UTC)

Medios de comunicación no século XXI e outras cousas[editar a fonte]

Se podes botarlle unha ollada a Conversa:Historia da lingua galega para saber se pode valer o dos medios de comunicación en galego no século XXI, ou se aínda está verde. Realmente hai tantas cousas verdes na Galipedia, pero o proxecto vai medrando do traballo voluntario e é normal -isto foi unha reflexión á parte-. Penso que o da radio podería mellorarse, e estiven por poñer que era inxusto que RNE-Radio 4 en catalán si pero en galego non; cal é o criterio do poder estatal para esta uniformización cultural en español na Galiza? Alégrome de que os cataláns teñen peso político en Madrid, e non creo que se lles ocorrese aos de Madrid quitarlles a Radio 4, a ver se aprenden moitos políticos galegos que andan/andaron por Madrid (sexan do partido que sexan) e reclaman o que nos pertence. Ou os galegos non pagamos os impostos como os demais españois? Inxusto é, pero isto non o imos poñer no artigo. En resumo, o borrador pode ser un inicio, e quen saiba máis que o mellore. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 17:15, 12 de abril de 2010 (UTC)

  • Revisei a lingua e redacción de Barriga Verde, penso que pode valer. Creo que lle chega coa etiqueta de Cómpre referencias, pois a neutralidade creo que a cumpre. Tu que opinas? --Xoán Carlos Fraga 13:05, 14 de abril de 2010 (UTC)
  • Sobre os sinónimos. Nesa listaxe final a maioría son erros, polo menos a maioría. Comprobeino no VOLGA en liña, que dá salpedrés e salabreada como formas válidas (en verde as dúas, correctas polo tanto). No de esquirol creo que tes razón, é tolerada e aconséllase crebafolgas (haberá que indicalo), e toupo tamén é tolerada (haberá que indicalo). Mañá comprobo se houbo algún caso máis de entrada tolerada. Perdoa por corrixir talvez de máis. --Xoán Carlos Fraga 23:44, 14 de abril de 2010 (UTC)
  • Estou comprobando que había varias toleradas: noutronte, amistade e cruño tamén. Vai ser mellor desfacer os meus cambios e listo (salvo o de salpedrés). --Xoán Carlos Fraga 23:49, 14 de abril de 2010 (UTC)
  • Non foi traballo en balde, así tamén aprendo a non sancionar palabras toleradas, pois pensaba que a maioría eran erros. A lista está ben como unha axuda (sobre todo neo-falantes ou falantes moi castelanizados) e como un exercicio mental para calquera persoa, tamén. Foi un pracer argallar na lista (cunha pequena desfeita no final, que se rectificou grazas ao teu aviso). Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 23:57, 14 de abril de 2010 (UTC)
  • De que fonte tirache o de en porrancho (=nu), o VOLGA non trae a entrada porrancho. Mais curiosamente o dicionario Século 21 de sinónimos de Galaxia-cumio recolle en porrancho. --Xoán Carlos Fraga 11:31, 15 de abril de 2010 (UTC)
  • O Albert Galiza xa deixou na Historia da lingua galega, hai unhas poucas horas, constancia do documento do IGE. Penso que o deixou ben clariño e constátase como os datos do uso do galego segue decrecendo, polo que de se tomaren medidas nalgún sentido polo poder político, deberían ser as de protexer o emprego do galego nos máis diversos campos (aínda que o goberno actual da Xunta vai pola dirección contraria, en termos globais polo menos). De todas as maneiras, grazas polo aviso. Saúde. --Xoán Carlos Fraga 20:46, 15 de abril de 2010 (UTC)
  • Ola Atobar. No exemplo que puxeches (na Wikipedia:Listaxe de sinónimos útiles para galipedistas) en cadaquén, "Cadaquén colleu cadansúa bici e foron todos de paseo até Viveiro", paréceme incorrecto o uso do cadansúa. Fíxate que o "cadanseu" equivale a "cada un o seu", e son intercambiábeis; mais non me cadra "Cada un colleu cada un a súa bici" (que é o teu exemplo), porque é unha redundancia repetir o cada. Non sei se me entendes. Con respecto ao uso do cadanseu-cadansúa temos que ter coidado, porque está moi estendido o seu mal emprego (na literatura, na televisión, na prensa, no uso oral cando non se aprendeu ben). Eu teño escoitado unha vez espontaneamente "Os homes levaban cadaseu carabelo" (coa variante cadaseu) e pouco máis, porque en realidade na lingua oral vaise perdendo (agás no rural e en persoas de 50 anos para arriba, que se conserva ben). De onde sacache o exemplo? (e perdoa a miña indiscreción). --Xoán Carlos Fraga 16:26, 17 de abril de 2010 (UTC)

eliminado de artigos[editar a fonte]

Boa tarde, Alejandro! Un asunto: ao mover e eliminar un artigho, é importante asegurarse de que non quedan ligazóns pendentes cara a el. Dígoo polo artigo de *carroña -> prea; aínda quedan ligazóns que dirixen a carroña. Un saudiño! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:04, 16 de abril de 2010 (UTC)

bandeiras[editar a fonte]

Grazas pola corrección. --Imxavitooh.

Espazo[editar a fonte]

Pois sabes que tes razón? Xoacas(non che sinto?) 22:04, 19 de abril de 2010 (UTC)

¿?[editar a fonte]

Ola, vin que quitaches a miña edición no artigo de carballo calero e non comprendo o por que, posto que mesmo nese artigo hai unha imaxe dun libro no que aparece o nome como carballo non carvalho. Creo que estaría ben deixar o de ricardo carvalho se se pon ó lado o de que tamén é coñecido polo seu nome que é carballo. Sen máis. Un Sáudo--83.58.20.114 20:09, 21 de abril de 2010 (UTC)

  • Pois entón pode moverse a Lista de dinosauros, non é? Ou que che parece? Penso que o artigo viña ben por 2 razóns: 1.- Non tíñamos a lista de dinosauros, e 2.- Eliminamos artigos orfos, porque así quedan ligados con este. Cumpría amañarlle o da bandeira, a ver se o soluciono. Se non te convence a lista, tu avisa. Sáudos. --Xoán Carlos Fraga 13:08, 22 de abril de 2010 (UTC)

novas traducións[editar a fonte]

Ola Atobar! Graciñas polo convite, pero creo que ata o 15 de xullo me vou limitar a crear e/ou traducir artigos relacionados con Galiza (personalidades, patrimonio...) ou co que estea relacionado con clase. No verán xa veremos. Amais, eu non che son moi bo cos idiomas, e quitando o castelán e o portughés pouco podo traducir. De todas formas, botando un ollo así por riba, vin que de casualidá foron creados algúns recentemente (síndrome de Asperger, por exemplo), a ver se pouco a pouco se vai azulando a lista.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:31, 22 de abril de 2010 (UTC)

  • Ola Atobar, saúdos. Non pensas que é mellor borrar Antropónimo e deixar Antroponimia. A verdade é que o primeiro ten pouca información e non sei se encaixa ben no segundo. Non sei, igual era fundilos dunha vez ou borrar o primeiro. Que opinas? --Xoán Carlos Fraga 21:08, 22 de abril de 2010 (UTC)

Lusismo[editar a fonte]

O percentual de defensores da teoria lusista não interessa. Saber "quantos" é secundário.

O fato importante é que se trata de uma ideia conhecida e difundida. Mesmo que não sejam unânimes, o lusismo e o reintegracionismo são conceitos de valor enciclopédico.

Não faças politicagem na Wikipedia. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Popotão (conversacontribucións)

Concordo!--Popotão 11:13, 2 de xuño de 2010 (UTC)

Respeito é bom e eu gosto![editar a fonte]

Primeiramente, sou usuário registrado e minhas contribuições por aqui são tão ou mais importantes que as tuas, logo, não me venhas com este tom arrogante fazer ameaças!

Estou discutindo contigo civilizadamente, responde pois com o mesmo nível de educação! Deixei claros meus argumentos e tu deixaste os teus, se vieres de grosserias receberás do mesmo!

Não deixes que tua tacanhice e estupidez prejudiquem este projeto transformador que é a Wikipedia!! Passar bem. --Popotão 00:42, 23 de abril de 2010 (UTC)

Ubuntu[editar a fonte]

Agora me poño! :) ─ GallaecioE logo? 14:39, 24 de abril de 2010 (UTC)

contadores de edicións[editar a fonte]

ola, Atobar! A ver se me podes axudar; non atopo un contador de imaxes subidas; neste aparecen todas as imaxes cargadas por usuario (tanto en :gl como en commons), pero habería que ir contando e é un lío porque tarda en cargar, que as imaxes pesan. Sabes dalgún contador que sinale o número, sen máis? Tampouco te ralles demasiado, é simples curiosidade.

Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:17, 24 de abril de 2010 (UTC)

Polacos[editar a fonte]

Gracias por el comentario, Atobar. Como puedes ver, coincide exactamente con mi opinión, casualmente expresada en la página de discusión de César por lo que veo el mismo minuto exacto que la tuya. Saludos, --Manuel Trujillo Berges 19:15, 24 de abril de 2010 (UTC)

Revogacións[editar a fonte]

Ola.

Por si fora do teu interese.

Segundo a política oficial en vigor da Galipedia Wikipedia:Elección de administradores#Procedementos, pechouse esta solicitude e pasouse á votación en Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Andre Engels.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 11:21, 25 de abril de 2010 (UTC)

Grazas, compañeiro[editar a fonte]

Desculpa, Atobar, sempre me esquezo...--Krisko 16:39, 25 de abril de 2010 (UTC)

Carballiño[editar a fonte]

¿E que tén máis peso? ¿Ese documento ou o VOLGa? Eu diría que o VOLGa. [ Furagaitas * ] 11:49, 26 de abril de 2010 (UTC)

Grazas de todas formas por andares pendente; neste caso (creo que) non me enganei, pero podería ser. Como podes ver no tema anterior da miña páxina de conversa, non é a primeira contradición que atopo entre as referencias de léxico. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 12:10, 26 de abril de 2010 (UTC)

Monarquía Hispánica[editar a fonte]

Saudos Atobar, xa sei que non existiu o termo tal e como o coñecemos agora, pero en historiografía emprégase para definir á Monarquía Española, de ahí que creara a redirección, saquei a idea da redirección das miñas clases de historia no colexio non fai tampouco excesivos anos e como referencia póñoche o termo en wiki es e wiki pt e unha búsqueda en googe con mais de 127.000 resultados para o termo: aquí. Estou bastante familiarizado co mundo da historiografía e asegúrote que se emprega con frecuencia o termo.--Carronada 14:45, 26 de abril de 2010 (UTC)

Sei que ninguén me deu vela neste enterro, pero coincido coas observacións de Carronada. Monarquía hispánica si que é un termo moi utilizado en libros de historia e demais para referirse á Monarquía Española. Un saúdo, e perdoade por meterme na conversa.--193.153.199.140 14:49, 26 de abril de 2010 (UTC)
Perfecto, concordo coa creación da páxina de homónimos, xa que explicaría moito mellor o termo que unha simple redirección. Saudos e gracias.--Carronada 15:42, 26 de abril de 2010 (UTC)
Púxenlle a referencia pero non sei se quedou ben así.--Xentenatural 22:07, 26 de abril de 2010 (UTC)
  • Non sei quen anda facendo vandalismo en Vicente Araguas. Meteron varias cousas de terrorismo polo medio. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 12:32, 27 de abril de 2010 (UTC)

Reis e Numerais[editar a fonte]

Agradezoche a túa mensaxe Atobar. Como ben sei o tema dos numerais é complicado, máis entendo de debemos adecuar o punto de vista dos medievalistas especializados que escriben en galego. Con isto, non quero facer cambio no numerais, apenas valorar o noso numeral e desde logo facer constar o numeral que outros autores en lingua extranxeira lle aplican. Sinto ter perdido a conversa sobre o de Afonso X, mais o que explico é o modus operandi das wikis en xeral e que podes ver comparar: Carlos I de España vs Charles V, Holy Roman Emperor.--Alexandre Vigo 15:09, 27 de abril de 2010 (UTC)

Grazas pola túa mensaxe Atobar, en canto ao tema de Carlos I e Carlos V, sinto discrepar, penso que a comparativa non é só xusta, senón incluso ben ilustrativa. Coloquei referencias bibliográficas a cada un dos reis "asturianos" (designacións que fai a historiografía nacionalista española desde o século XIX, e directamente rexeitada polos únicos libros sobre os reis galegos escritos en galego), mais aínda asi non entendo porque ficaron en balde.
Concordo contigo que isto debe ser ratificado e falado pola galipedia, mais novamente tamén me sorprende o feito de que na galipedia sexa preciso "consensuar" as mudanzas, mais non as edicións. Durante estes anos, porque non se consensou ese artigo?, acaso porque reflicte a perspectiva dunha historia oficial nun determinado estado?, ou porque eran dados collidos sen revisión de outras wikis que rexeitan calquer perspectiva "minoritaria" ou "periférica"?. Porfavor entende que me sinta contrariado, e non tomes isto a mal, acepto toda crítica e en definitiva estarei encantado de "consensuar" por fin, estes temas, chaves para a miña aportación neste proxecto chamado galipedia.--Alexandre Vigo 23:40, 27 de abril de 2010 (UTC)
Grazas de novo pola túa resposta Alejandro, entendo ben o que dis, aínda que felizmente discrepe en certos puntos, por iso, e entendendo que é un tema longo demáis para sere explicado na taberna, coido que é máis acertado facelo en cada artigo, pois cada un é un mundo, e non todos están nun mesmo saco que poidamos consensuar enteiramente, é dicir, o debate de se Silo é un rei asturiano, ou un princeps da Gallaecia, non ten nada que ver co numeral que poida levar o rei galaico-leonés Afonso VIII/Afonso IX para a historiografía castelanista. É dicir, entendo que debemos chegar a un acordo, mais de facelo de taberna teriamos que falar nunha mesma conversa de máis de 20 ou 30 artigos, e chegar a un acordo salvando todos os matices, persoalmente coido que é titánico demáis incluso para a galipedistas.--Alexandre Vigo 11:21, 28 de abril de 2010 (UTC)
Grazas pola túa mensaxe Atobar, coñezo ben o traballo de Carlos Baliñas e tes razón pois é un dos autores que se postulan máis contrarios a esta visión historiográfica e máis continuista en canto á historiografía tradicional española. Se ben o que coñezo do seu traballo en galego é algo escaso e orientado á temática social en especial, tes razón encol de que pode ser un contrapunto ao revisionismo máis actual sen dúbida.Por iso, vou deixar o tema ata a túa volta á espera de acadar un consenso ou unha decisión. Un saúdo.--Alexandre Vigo 17:57, 30 de abril de 2010 (UTC)
Por certo, procurando na rede atopei un artigo que me fai reflxionar Jalikiya ou reino de León, en fin, este tema polo que vexo non é novo para ti, estou seguro que poderemos acadar consenso.--Alexandre Vigo 18:08, 30 de abril de 2010 (UTC)
Ola de novo Alejandro, procurando na rede atopei outro historiador que refrenda as teses do reino de Galicia, tal e como fan Teixeira, López Carreira, Barbosa, Nogueira e outros. Francisco Carballo. Un saúdo.--Alexandre Vigo 14:32, 2 de maio de 2010 (UTC)

Solicitud BOTijo[editar a fonte]

Hola. El ranking de artículos populares saldrá a partir de mañana en gl:Usuario:Emijrp/Popular articles (similar a [4]). Si quereis ponerlo en el namespace Wikipedia: o Plantilla: decidme el título en gallego. Me han parecido interesantes las estadísticas que has hecho, las miraré más detenidamente, a ver si les encuentro alguna aplicación añadida. Intento llevar los scripts de BOTijo a todos los idiomas, pero es algo que consume mucho tiempo y lo hago poco a poco. Así que de vez en cuando irá apareciendo un ranking nuevo o algo así en Galipedia. A parte, si quereis alguna herramienta en concreto, podeis pedirme e intentaré ofrecerla tan pronto como pueda. En ese caso, sería buen momento para pedir flag. Saludos. emijrp (discusión) 20:35 27 abr 2010 (UTC)

historiografía[editar a fonte]

  • Ola, concordo totalmente en que debe haber consenso, de feito non fixen ningunha edición sobre este tema (só unha vez e revertín a miña propia edición ao saber que xa se falara do tema). Penso que o DEGU tamén é unha obra de referencia, e supoño que non foi feito por unha única persoa, senón por un equipo que tivo que asesorarse ou que tiña algún historiador. Pero concordo en que hai que consultar o maior número de fontes posibles. --Xoán Carlos Fraga 14:19, 28 de abril de 2010 (UTC)

A Cruña[editar a fonte]

Perdón logo, era aquí onde responder o de http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_usuario:213.60.12.177

Ademais do comentado simplemente dicir que non dás nen un só argumento polo que deba ser eliminado.

"Cruña" existe en galego e polo tanto tem que redirixir a "A Coruña". E aqui o deixo, fai o que queiras. --213.60.12.177 13:22, 29 de abril de 2010 (UTC)

Novo artigo Formulario web[editar a fonte]

Ola Alejandro, xa facía tempo que non escribía nada para a Galipedia. Recentemente creei o artigo "Formulario web", agradecería unha revisión por calquera usuario con mais experiencia, e comentarios que axuden ademais a respectar o formato da Galipedia. --Nilopa 17:38, 5 de maio de 2010 (UTC)

Revelar identidades?![editar a fonte]

Perdóame Alejandro, pero non revelo nada, so preguntei. Fixácheste no signo de interrogación? Pareceume recoñecer un vello amigo, mais nada. Revelaría se eu soubera algo desa ip que non souberan os outros usuarios, máis non é o caso. É imposible revelar nada se non posúes ningunha información privilexiada, sinxelamente.

Saudiños --. HombreDHojalata.conversa 21:28, 6 de maio de 2010 (UTC)

  • Ola, podes borrar Manuel Mariño del Río?, que fixo un gracioso. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 11:05, 7 de maio de 2010 (UTC)

Benvinguda[editar a fonte]

Hola, moltes gràcies per la benvinguda. Fins a la propera, --Padaneis 14:57, 8 de maio de 2010 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Ola, poderías borrar a imaxe Olympicdeck.jpg que subín hoxe. Acabome de dar conta de que xa existe unha imaxe igual en commons Boat_Deck_2nd_Class_Promenade.gif. Perdón pola molestia. --AMPERIO 19:36, 9 de maio de 2010 (UTC)

Til e acento[editar a fonte]

  • Ola Atobar, encantado de falar contigo. Til é sinónimo de til de nasalidade, pódelo comprobar en calquera dicionario galego ou mesmo a Galipedia o explica ben, o acento é un signo ortográfico (á leva acento e non til). Por iso o corrixín. Xa que estmos, por que non arranxas o da Historia de México (que non ten sentido partilo en 2)? Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 21:41, 9 de maio de 2010 (UTC)
  • Ola Atobar, grazas. A verdade a anatomía non é a miña especialidade, pero gústame aprender disto, e como me gustan tamén os modelos nos artigos (ao daren un aspecto e tamén didactismo bos), pois metinme cuns modelos de Sexualidade, Sexo e Anatomía. E despois retoquei algún artigo. A verdade é que é bon que teñamos bos artigos nestes temas pois, por distintos motivos (curiosidade, coñecemento, aburrimento...), deben ser bastante consultados. Saúdos e ánimos tamén para ti polo mantemento que andas facendo. --Xoán Carlos Fraga 10:35, 14 de maio de 2010 (UTC)

Categoría caixas de información[editar a fonte]

  • Ola, Atobar. Non sei que debín facer mal, porque os artigos Seo e vaxina saen na categoría:Caixas de información, e non deberan. Non sei se é que deixei algo mal posto no modelo:Anatomía (xa probei varias cousas e nada), ou se o fallo está noutro sitio. A ver se podes saber algo disto. Saúde. --Xoán Carlos Fraga 22:41, 14 de maio de 2010 (UTC)

Charlotte's Web 2[editar a fonte]

Me gustaría ter escrito isto co título correcto Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure, pero ela estaba protexida. Axuda? 68.220.168.222 23:14, 14 de maio de 2010 (UTC)

Estatuto do 36[editar a fonte]

Ola. Sobre o do Estatuto do 36, tes razón, non é un foro. Precisamente, xa que é unha enciclopedia, espérase dela que refira a verdade e non únicamente unha parte interesada da historia. E o plebiscito de xuño é unha vergoña na que a República e o galeguismo, desgraciadamente, fixeron os mesmos manexos dos que tanto acusaron ao réxime da Restauración, un pucherazo intolerable. Esas ocultacións comprometen todo o demáis, por moita verdade que sexan, pois denotan falta de honradez intelectual e utilización selectiva do pasado. Entón a cuestión é: e certo ou non o que engadín, e merece figurar na enciclopedia, ou é mellor seguir ca visión beatífica da historia na que os pecadiños dos nosos santos esquécensenos para non estropear o belén. Por ise camiño remataremos como na Unión Soviética, retocando ata as fotos e construindo sobre unha mistura de verdades e mentiras. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.189.158 (conversacontribucións)

Pregunta[editar a fonte]

  • Ola, Atobar. Sabes por que se borraron algunhas películas de animación como The fox and the found? É que de repente desapareceron e gustaríame saber o motivo, porque lle puxera o cadro de fichafilme. Máis nada, saúdos. --Xoán Carlos Fraga 18:25, 15 de maio de 2010 (UTC)
  • Grazas pola resposta. Outra cousa, na Galipedia hai algúns nomes de países que non seguen o criterio RAG, e ao mellor deberían mudarse (en principio é o lóxico, mais se non fixo pode haber algunha razón). Olla esta páxina de Norrin Strange [5], aí vense nomes distintos na Galipedia e no criterio RAG (comprobado na EGU). Por certo, non existe ningún recurso en liña para saír destas dúbidas sobre topónimos? Eu busquei e non encontrei. Tampouco te mates moito con isto, non é importante (penso eu). Saúdos e beizón. --Xoán Carlos Fraga 23:45, 15 de maio de 2010 (UTC)
  • Grazas pola resposta. Outra pregunta, na Galipedia non temos o artigo Comarca (Terra Media) referido ao legendarium de Tolkien, mais existe tal artigo en galego en Wiki lingue [6]. Non se pode traer o artigo para a Galipedia?, non son proxectos intercambiábeis? Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 18:27, 16 de maio de 2010 (UTC)
  • Grazas pola resposta, Atobar. Se é unha tradución, neste caso non me interesa porque habería que ir comparando cos nomes das traducións ao galego (non coinciden co español, de onde procede esa tradución do artigo do wikilingue) e non me apetece. Faremos outras cousas. Oes, que propós que faga de mantemento (algo sinxelo)?. --Xoán Carlos Fraga 20:18, 16 de maio de 2010 (UTC)
  • Ola Atobar, como vai? Non pode pasar alguén un bot que mude tonada>toada (nas páxinas requiridas hai 137 ligazóns e vexo que todas son referentes á música -sudamericana sobre todo-). Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 19:28, 17 de maio de 2010 (UTC)

Breogán[editar a fonte]

Ola! O caso do nome é algo complicado, oficialmente é "Leche Río", aínda que case todo o mundo dicimos "Leite Río" (mesmo nas retransmisións da televisión). No caso da empresa, o seu nome oficial é "Leite Río S.L.", porén o que anuncian é o seu produto "Leche Río"... de tódolos xeitos eu tamén prefiro poñer "Leito Río", as veces que poño o nome castelán era por ser o "oficial". Creo que me liei coa explicación, pero agora mesmo o arranxo. Un saúdo e grazas.--Adorian (fálame) 20:00, 20 de maio de 2010 (UTC)

Efemérides[editar a fonte]

Ola. A ver se lle podes editar a data de nacemento a Marcial Valladares en Wikipedia:Efemérides destacadas/20 de maio‎ segundo o que di a páxina de conversa. Está protexida e eu non podo. Grazas. Xoacas(non te me poñas así) 23:01, 20 de maio de 2010 (UTC)

petición de artigo[editar a fonte]

Ola, Alejandro! Anímaste a facer o artigo do meu novo vicerreitor de extensión universitaria, Xosé Henrique Costas González? A ver se o pillo nalgures e lle tiro unha foto pa ilustrar.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:32, 21 de maio de 2010 (UTC)

Senref[editar a fonte]

Non lembro ter falado deste tema antes, pero agradézoche a indicación. Saúdos. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 17:12, 25 de maio de 2010 (UTC)

Bloqueo IP[editar a fonte]

Ola. Expoño aquí o problema que me xurdiu. Son profe dun aula de informática. Non temos moitos cursos nos que traballemos coa Galipedia, pero hoxe, tratando de explicarlle a uns profes como darse de alta atopámonos coa mensaxe de IP bloqueada por ti. Non entendo moi ben que poido pasar, pero supoño que é un erro pois teño control sobre ela, só se usa para cursos de profesores. Pregaríavos que revisárades o tema. Grazas. O enderezo IP é 85.91.87.244)--Sgbenxa 17:30, 25 de maio de 2010 (UTC)Benxamín

Re:IP (85.91.87.244)[editar a fonte]

Pois xa vai. Moitísimas grazas. Espero transmitirlles a todos as normas básicas de traballo para que ninguén utilice de xeito incorrecto a Galipedia e ningunha outra wiki.--Sgbenxa 17:50, 25 de maio de 2010 (UTC)

Fusionei 2 artigos[editar a fonte]

  • Ola, Atobar, saúdos. Xuntei a información de mentón con queixo (anatomía), e deixeina no segundo, pois o primeiro é un castelanismo (e é o que lle toca desaparecer da Galipedia). Foi fácil porque había moi pouca cousa nos 2. Agora penso que un administrador deber incluír o historial do artigo que vai ser borrado por estar duplicado, por iso che deixo a nota. Ti mesmo, eu non sei se teño que facer algo máis (nunca fusionara artigos, penso). Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 13:13, 26 de maio de 2010 (UTC)
  • Vale, Atobar. Iso está feito. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:01, 26 de maio de 2010 (UTC)

Friedrich Kellner[editar a fonte]

Ola, Atobar. Thank you for the welcome. I am sorry I do not speak Galego, and I greatly appreciate the help with the Friedrich Kellner page. His WWII anti-Nazi diary has particular importance for all Europeans. An exhibit of his WWII diary is now at the Dwight Eisenhower Presidential Library in Kansas. I will try to contact some other Galipedia editors, as well, for additional help. Once again, Grazas for the help. Scott --Rskellner 13:21, 26 de maio de 2010 (UTC)

COMO CREAR UN WIKIPROXECTO[editar a fonte]

Ola a Atobar!! Deixoche copia da mensaxe que xa deixei no Taboleiro de Administradores:

Despois de case un ano aquí estamos outra vez os de Toxicoloxia de Farmacia, da USC, facendo os nosos pinitos. Este curso estamos rematando xa alguns temas, que iremos colgando cando os teñamos listos. De feito un xa o publicaron onte (Submisión química). O caso é que a min, que son a profesora, pareceme voa idea poder crear un Vikiproxecto chamado TOXICOLOXIA, no que se poderían incluir os temas elaborados o curso pasado e os de este. Deste xeito seríanos mais facil irnos organizando de cara o futuro. O problema é que non sei facelo, e solicito a axuda de quen mo poida crear, si o considerades oportuno. Os temas que estamos elaborando son, entre outros: Cardiotoxicidade, hepatotoxicidade, analise de drogas en pelo, dose letal 50, test de Ames, metodos alternativos de evaluacion da toxicidade e métodos in vitro, paraquat, nefrotoxicidade, etc. Espero as vosas novas. Saúdos --Arquimedes 21:21, 28 de maio de 2010 (UTC)

Aparellos[editar a fonte]

  • Vaia cos aparatos e aparellos. Eu, persoalmente, en caso de dúbida con palabras que non están recollidas no galego medieval, iríame ao portugués porque é máis apropiado cos criterios iniciais da RAG; pero tamén haberá quen prefira o contrario porque é máis popular a outra (popular dquela maneira, porque aparato dixestivo non é palabra popular e se alguén o dice é porque o leu ou o escoitou en castelán). Ao final valen as dúas formas, e depende dos dicionarios a preferencia (algúns só admiten unha válida). Grazas pola referencia. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:07, 28 de maio de 2010 (UTC)

grazas[editar a fonte]

Moitas grazas por atender tan pronto a miña petición. Respecto o da constancia, a verdade é que despois do traballo que me deron os do ano pasado pensei en non repetir a experiencia. Pero este curso (trátase dunha materia de 2º cuatrimestre) propúnxellelo os alumnos e apuntárenseme moitos, así que en eso andamos outra vez. As normas este curso son mais estrictas, pero eles interprétanas dun xeito mais laxo, xa sabes... Xa veremos como rematamos! Un saudo--Arquimedes 07:24, 29 de maio de 2010 (UTC)

Tiro de corda[editar a fonte]

Creo que tivemos algún conflito de edición no artigo de Tiro de corda, a culpa foi miña porque retirei o marcador de en uso demasiado axiña cando aínda non tiña rematado de retocar o artigo. Bótalle outra visual por se desfixen algo que non debía. Saúde e moitas grazas!--Paradanta 11:49, 29 de maio de 2010 (UTC)

Marcadores[editar a fonte]

Paréceme ben--. HombreDHojalata.conversa 18:24, 30 de maio de 2010 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas por facelo por min. Un saúdo--AMPERIO 14:01, 31 de maio de 2010 (UTC)


Atobar[editar a fonte]

Ola, que tal meu amigo, estou sendo irónico. Xa sei que non nos levamos ben, pero non fai falla que me estes a amolar todo o dia, e estar espiando cada movemento que fago viva a tua vida e eu a miña.Usuario:Martiño1996

Voltar[editar a fonte]

Boas Atobar! Aquí o texto case íntegro do contestado ao compañeiro Xoacas:

Veño de ler o que me deixaches na miña páxina de conversa verbo de voltar e cómo, e atopei moi interesente esta historia, a seguir cóntoche. Resulta que, para a miña sorpresa, o verbo voltar non se recolle no VOLGA, cando estou case por pór a man no lume a que foi unha das palabriñas introducidas na normativa de 2003. Xa que logo, ao ver por min mesmo que tiñas razón que no VOLGA non aparecía recollido este verbo púxenme a pescudar no VOLGA outras palabras de recente "normativización" para a RAG. Así, atopeime que palabras como alén ou aquén, tamén de recente inclusión, estaban recollidas nel, mais, por exemplo, após (preposición introducida nesta mesma normativa) e que segundo o Dicionario Xerais da Lingua si é unha forma galega, non aparece no VOLGA (podes consultar esta mesma páxina Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos, na que secunda un poquiño máis as miñas palabras). Así foi como, sen querer, me atopei perante o dilema de me cuestionar a actualización do VOLGA. De todos os xeitos como arestora non me podo pór a rebuscar nos meus apuntamentos de filoloxía, eu aínda estou sacando a carreira, e teño a maioría dos manuais e dicionarios en Tui, por non falar dos exames que hai sobre estas datas, non podo sacarche máis probas de que voltar é unha forma, polo menos segundo o que me consta até agora, tan aceptada como volver. Podería darche argumentos ou comentarche que a proposta de mínimos, por non falarmos da de máximos, desde sempre incluíu o verbo voltar como forma aceptada, polo que, ben puido ser unha das palabras que, como che digo, se aprobou na, para min, fallida normativa da concordia do 2003. Así e todo, como gosto, e debo, de aportar máis fontes que as que, tristemente, podo aportar ás toas, hei falar co compañeiro Xoán Carlos Fraga, filólogo xa coa carreira rematada, para ver se pode darme ou quitarme razón sobre a inclusión ou non de voltar na actual normativa.
Finalmente, e sen tantas historias o cómo que eu acentuei, neste caso, obviamente non ten nin debe de levar til, ao revés do que pasa no castelán por exemplo que si levaría. Se o acentuei, con moi pouco tino, foi porque a miña mente viu unha anfiboloxía, cousa que volvendo ollar para a oración, salta á vista que non é tal cousa.

Saúdos. --Nonso91 19:16, 1 de xuño de 2010 (UTC)


Non che teño ningún problema en que se cambia de voltar a volver, é máista, eu mesmo acabo de lle suxerir a Xoacas que o faga, se aínda non o fixo. Simplemente, sinto bastante curiosidade, en coñecer o por qué non aparece recollido no VOLGA ese verbo, que na miña opinión é normativo segundo a normativa actual, xa que, segundo as mesmas fontes de "carácter oficial" após adoece da mesma invisibilidade no VOLGA que voltar. De aí que teña curiosidade en saber por qué non aparecen recollidas como válidas, máis nada. Saúdos. --Nonso91 19:32, 1 de xuño de 2010 (UTC)
Un alivio saber que, polo menos, após non vai correr a mesma sorte que o verbo voltar. Porque supoño que voltar, ao non aparecer nin no catálogo da RAG nin no VOLGA, si consideras que non se empregue na galipedia, non si? E descoida que, no caso de que matine e descubra outro caso dalgunha palabriña así, volo comentarei. Grazas pola referencia e un saúdo. --Nonso91 13:54, 2 de xuño de 2010 (UTC)

Eunuco[editar a fonte]

Dame tempo. Xoacas(sólo la puntita) 00:17, 2 de xuño de 2010 (UTC)

Unificación de cuentas[editar a fonte]

Hola Alejandro, para unificar las cuentas en es:wiki deberías pedirlo aquí. Un saludo, Agus ferrocarril 03:58, 3 de xuño de 2010 (UTC)

De nada, fue solucionado por un bibliotecario de es:wiki. Un saludo, Flag of Argentina.svg Agustín M. 23:27, 4 de xuño de 2010 (UTC)

Movemento punk[editar a fonte]

Botareille un ollo ao artigo a ver que se lle pode facer. Un saúdo. --Beninho 06:56, 3 de xuño de 2010 (UTC)

RE: Actualización das páxinas requiridas[editar a fonte]

Para responder remítoche o texto que ten a propia páxina ao comezo: Esta información é da memoria caché. Última actualización: 11:06, 22 de outubro de 2009. Neste momento están desactivadas as actualizacións nesta páxina. Os datos que aparecen aquí non se refrescarán. Vai ser que non é posible. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:55, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Modelo:Fi[editar a fonte]

Perdón que me meta. Proba agora, Alejandro. (en finés) --. HombreDHojalata.conversa 21:54, 6 de xuño de 2010 (UTC)

  • Daquela (cando me deixaches a mensaxe) non estaba creado o modelo. HombreDHojalata encargouse de facelo e agora xa está. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:53, 7 de xuño de 2010 (UTC)

Ramón Chao[editar a fonte]

A idea é que se trata dun artigo que non ten a menor referencia. Polo que respecta á súa veracidade, o artigo pódese crer ou non con iguais motivos. Calquera referencia que se poida engadir sería de agradecer. Xoacas(sólo la puntita) 22:24, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Portais[editar a fonte]

  • Ola, Atobar. A verdade é que vexo noutras wikipedias portais interesantes, e na Galipedia hai uns 4 ou 5. Entendo que, debido a que hai tanto que facer, este tema foise deixando. Así e todo, eu case me animaba a facer un portal. Tampouco entendo moito porque teñen os portais teñen que levar o nome de quen os fai, sería mellor que fosen sen ese nome, aínda que haxa unha persoa como principal creador (ou iniciador). Eu case me animaba a facer un portal copiando o modelo doutra wiki, e destacando artigos bos da Galipedia. Non sei se valerá a pena. Un portal de Anatomía gustaríame. Non fagas moito caso, son divagacións a deshora. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 21:56, 7 de xuño de 2010 (UTC)


Atobar[editar a fonte]

Mira teño unha dubida, cantas veces te poden bloquear hata que xa non poidas voltar a entrar na galipedia, eu xa levo tres..... --Usuario:martiño1996 9 de xuño de 2010

Categoría:poetas[editar a fonte]

Ola, Atobar! Estou a comprobar que na categoría Poetas hai moi poucos artigos incoporados. Estiven categorizando varios artigos de poetas pero aínda así quedan un montón. Pero aínda foi maior a miña sorpresa cando vin que na categoría Poetas de Galicia hai moi poucos artigos, faltando algúns da talla de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Celso Emilio Ferreiro, por poñer algúns exemplos. Sorprendeume tanto que non seguín categorizando por se houbo algún acordo no seu momento de deixar a todos simplemente na categoría de Escritores de Galicia. Se ocorreu iso, non concordaría, porque penso que a poesía ten relevancia de seu para dispór dunha categoría propia. Penso que habería que categorizar toda a actividade poética por linguas e procedencia, como mínimo, aínda que tamén son consciente de que se trataría dun traballo inxente e para o que quizáis aínda son demasiado novato para afrontar eu só. Saúdos!--Paradanta 19:15, 10 de xuño de 2010 (UTC)

Graciñas igualmente. Consultareino con Estevo que anda máis por aquí ca Iago. Saúdos!--Paradanta 19:34, 10 de xuño de 2010 (UTC)

Re:edicións[editar a fonte]

Moi ben, quedoume claro. --83.54.182.19 20:01, 10 de xuño de 2010 (UTC)

Hola.[editar a fonte]

Por favor, deja de tocar mi página de discusión, se supone que puedo borrar lo que yo quiera de allí :-) De todas formas yo solo vengo a revertir vandalismo, ya que patrullo por IRC. Saludos. --Diego Grez 00:22, 12 de xuño de 2010 (UTC)

Re:Redirección[editar a fonte]

Seino, Atobar. Estaba a facer agora o artigo redireccionado. Adianteime, pois. --Krisko 09:55, 12 de xuño de 2010 (UTC)

Faíscas da lingua[editar a fonte]

Ese e moitos máis. Amplía sen medo--. HombreDHojalata.conversa 10:15, 12 de xuño de 2010 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Eu son o canario en castelán e agora estou galego Do aprender un pouco (de aí a miña ortografía) Desculpe-me. Moitas grazas por organizar elementos.--81.37.85.173 11:07, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Isto coido que antes de; Carnaval de Santa Cruz de Tenerife

Ola! Te quiero pedir ayuda![editar a fonte]

Buenos días, perdóname no sé casi nada de gallego aunque lo entienda... Me llamo Claudi Balaguer/Capsot y estoy llevando a cabo una campaña de recogida de soporte para la creación de un Chapter Wikimedia de la Asociación "Amical de la Viquipèdia" en catalán que hasta ahora no se ha conseguido ya que no tenemos un estado propio... y si no os molesta intentaría conseguir algunas muestras de soporte aquí. Te quiero pedir, si tienes tiempo y lo quieres hacer, que traduzcas el texto de la plantilla siguiente (i también el Viquipedistes que donen suport a Wikimedia CAT en gallego (espero que entiendes las cosas en catalán), lo puedes pegar a la parte catalana. Moitisimas grazas por tu atención y más aún si me haces este favor. Hasta la próxima, que te vaya todo bien y te deseo un verano estupendo, Capsot 11:52, 14 de xuño de 2010 (UTC)

<div style="float:left;border:solid #909090 1px;margin:1px" class="plainlinks"> {| cellpadding="1" cellspacing="0" style="width:238px;background-color:#D0E9FF;" |- | style="width:45px;height:45px;background-color:#fff;text-align:center;font-size:14pt" | [[Imachen:Wikimedia Català logo.svg|115px|Wikipedia]] | style="font-size:8pt;padding:4pt;line-height:1.25em" align="center" | {{#switch:{{{1}}}|bal=Don|val=Done|nord=Jo doni|#default=Dono}} suport al chapter <br />'''[[meta:Wikimedia CAT|Wikimedia CAT]]'''.<br />I vós? [http://meta.wikimedia.org/w/index.php?title=Wikimedia_CAT/Members&action=edit Si us plau, signeu en senyal de suport].<br/><hr />I support the '''[[meta:Wikimedia CAT/en|Wikimedia CAT]]''' chapter.<br />Don't you? [http://meta.wikimedia.org/w/index.php?title=Wikimedia_CAT/Members&action=edit Please, give us your support].<br/> |}</div>[[Categoría:Viquipedistes que donen suport a Wikimedia CAT|<noinclude>*</noinclude>{{PAGENAME}}]]<noinclude> {{-}} [[Categoria:Plantilles d'usuari d'altres projectes]]

Categoría:Poetas de Galicia[editar a fonte]

De seguir entón o teu criterio e o de Xas habería entón que "cargarse" a categoría, porque non tería moito sentido que aparecesen uns poetas si e outros non. Por exemplo, Celso Emilio Ferreiro tamén escribiu prosa polo que non tería cabida nesta categoría, o que sería absurdo porque foi na poesía onde máis destacou e, sen embargo, outros poetas "menores", ao escribiren só poesía, si figurarían.

Con todo, sigo a pensar que pagaría a pena a distinción entre xéneros literarios. Saúdos!--Paradanta 14:32, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Dailymotion[editar a fonte]

Grazas,e perdoa polos despistes ;)

Ramón de Valenzuela[editar a fonte]

Xa engadín a fonte, podes mirar se sirve asi? --AMPERIO 15:59, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Home tampocuco fai falta montar un escandalo por unha foto, se tal borraa e xa esta.--AMPERIO 16:01, 14 de xuño de 2010 (UTC)
Si a verdade e que sí, en máis dun artigo tentei poñer unha imaxe da wikipedia en inglés e non foi posible e tiven que deixalo sen imaxe ou con outra peor, pero bueno, que se lle vai facer. Respecto a esta imaxe, sendo unha imaxe que está no dominio público e que é sobre un personaxe que xa finou, pensei que non habería ningún problema, pero bueno, non se nace aprendido.--AMPERIO 16:07, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Imaxe, tarefas pendentes[editar a fonte]

Ola Alejandro, cando subiches esta imaxe puxécheslle o marcador {FlickrPendente} "(Esta imaxe, publicada orixinalmente en Flickr, non foi revisada por un administrador que confirme que a licenza que se visualiza arriba é válida)".

Poderías indicar a dirección da imaxe en Fickr para poder cambiar o marcador por estoutro: {FlickrRevisada|... ... ... ?

Ou retirar o marcador {FlickrPendente} no caso de que non sea correcto.

Grazas, un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por HombreDHojalata (conversacontribucións)

Ups! Perdoa, esquecín poñer a ligazón á imaxe: Ficheiro:Amendoeira en flor.jpg--. HombreDHojalata.conversa 19:52, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Ocorre o mesmo con Ficheiro:Aparcadoiros de bicis.jpg. Non sei se haberá algunha máis, se queres podes botar unha ollada en Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente --. HombreDHojalata.conversa 20:02, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Moitas grazas[editar a fonte]

Grazas por la traducción. Un fuerte saludo también y os deseo muchísimo éxito y bon traballo! Que te vaya todo bien! Boa noite! Capsot 20:11, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Alba Adriática (produtora)[editar a fonte]

Pero na Galipedia xa existe Alba Adriática (Por iso puxen o de produtora),ese lugar do que eu tampouco oíra falar nunca,entón, ¿Como fago? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Marcoos44 (conversacontribucións)

Virxe[editar a fonte]

La Virgen del Pino é o santo patrón de Gran Canaria e da Virxe da Candelaria é o santo patrón de Illas Canarias. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.35.202.20 (conversa • contribucións)

Sobre o galego de Asturias e Asturias[editar a fonte]

As entradas referidas a Asturias non hai unha soa que se salve, hai que facer moito. Tampouco entendo na cuestión lingüística estar a firmando decote a cuestión da "controversia", a ALLA e os asturianistas terán a súa "controversia", pero os que defendemos o galego sabemos que iso é galego, non precisamos facerlles ningunha publicidade. Eles mesmos nas súas edicións recortan as alusións a nosoutros. Por tanto, nosoutros debemos estar á marxe destas supostas "controversias", que son políticas e de taberna. Non se pode ter na Galipedia unha entrada referida ao galego onde non se inclúa claramente o Eo-Navia e esteamos xogando a ambigüidade, de lingua, galego, fala de transición e demais. O noso é galego e así o defendemos, o resto penso que sobra e moito. Saúdos. Aenlle. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Aenlle (conversacontribucións)

El Progreso[editar a fonte]

Xa pero aínda así non dicíades que non se podía cambiar a nación e/ou estado e que compre respetar a edición do primeiro editor?. E por favor non o tomes como un ataque.--AMPERIO 14:06, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Home non estou moi dacordo co que dis, pero o administrador es ti e non eu.--AMPERIO 14:11, 17 de xuño de 2010 (UTC)
Moi ben, se esas son as normas haberá que cumprilas. Desculpas se che molestou o comentario de antes sobre o de administrador. De todos modos e cambiando de tema, ó final a foto de Ramón de Valenzuela que foi o que lle faltaba máis información sobre a fonte ou que?--AMPERIO 14:22, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Radicalidad[editar a fonte]

  • Radicalidad é galego? Ah, outra cousa, en cales fontes podo ver no entanto?--81.63.126.204 16:59, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Dende Møllegade 18, non podes bloquear nada de por vida, nin sequera para uns 10 segundos, es moi parviño para iso, por iso non deberías chulearte tanto. Nin aínda se colles todos os meus IPs e che dera millóns máis, perdes o tempo con parvadas. Se non escribo algo máis é pola miña vontade, non pola túa.--85.1.237.132 21:31, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Alexander Vigo[editar a fonte]

Olá Alejandro, moitisimas grazas por avisarme, Alexander Vigo foi o nome que collin na wikipedia en inglés (xa que Alexandre Vigo xa estaba collido polo visto), e agora facendo unha edición de imaxe, sen darme conta o usuario saltoume á galipedia coma se nada para sorpresa miña, que non sabia que disto. Por iso, si, Alexander Vigo é o nome que escollin para a wiki inglesa, cada día aprendo máis con todo isto! :). De todos xeitos, moitisimas grazas por estar alerta, e non creas que esquezo o que teño pendente. Unha aperta.--Alexandre Vigo 12:16, 18 de xuño de 2010 (UTC)

RTP[editar a fonte]

Por que borraches o artigo?? Estaba editandoo!!!--83.38.34.74 14:04, 18 de xuño de 2010 (UTC)

Por certo xa sei que esta wikipedia é só en galego, pero non me deixaches tempo para traducilo ao galego. --83.38.34.74 14:07, 18 de xuño de 2010 (UTC)
Non agora deixao estar, xa non o vou facer. E como se pon eses carteis de en uso ou en tradución?

República Galega[editar a fonte]

Creo que te refires a isto: Wikipedia:A Taberna (novas)#El Pueblo Gallego. Non era un artigo sobre a República Galega, pero habería que crealo e máis coas referencias que aportas. Se te animas eu boto unha man. Saúdos. Xas (conversa) 17:05, 19 de xuño de 2010 (UTC)

Henrique Rabuñal[editar a fonte]

Ola, Atobar! Deixín unha mensaxe na páxina de conversa de Henrique Rabuñal; Bótaslle un ollo?
Agradecido! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:17, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Onde?[editar a fonte]

Ola Alejandro.

Lembras onde tiraches Celtarras.jpg?

Grazas--. HombreDHojalata.conversa 20:40, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Re: Bugs Bunny[editar a fonte]

Sim obrigado pelo aviso, não pudi terminar o texto devido a falta de tempo. O artigo é tradução da versão portuguesa da Wikipedia, caso alguém se interesse em ajudar.

Uma observação, gostaria de saber a a palavra Periquito se grafa periquito ou periquiño em galego. Havia visto a forma periquiño grafada num dicionário Castellano/Galego.

Atenciosamente, MarceloRenard2 14:13, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Grazas, como disse encontrei em um dicionário Gallego/Castellano da Vox. MarceloRenard2 16:40, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Breogán[editar a fonte]

Ola Atobar! Escribo porque penso que rematou o prazo de votación para artigo de calidade do Breogán. Agora que acabou o prazo simplemente a administración ten que dar a súa conformidade ou non? Moitas grazas pola atención.--Adorian (fálame) 22:39, 22 de xuño de 2010 (UTC)

fieshta![editar a fonte]

Ola, Atobar! Vin que moviches o artigo sobre o sinxelo dance, pero mantiveches a maiúscula en "Parar"; é por algo especial? Eu creo que o título correcto é "A festa non vai parar", así aparece no myspace do autor, e amais en galego non se adoita usar maiúsculas neses casos. Móvelo ti de novo? Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:41, 23 de xuño de 2010 (UTC)

1.000 artigos[editar a fonte]

Moitas grazas Atobar. Agora a seguir traballando que isto nunca se acaba jeje. Un saúdo. --Beninho 00:20, 24 de xuño de 2010 (UTC)

Sabuxo, Sabuxo Español[editar a fonte]

Moitas grazas polo comentario, Atobar, se queres pásate polo artigo e dime se as referencias agora están ben, as que non teñen artigo intentarei solucionalas creando novos artigos. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por DTabCam (conversacontribucións) . --Atobar (conversa comigo) 15:06, 26 de xuño de 2010 (UTC)

Lista de voces e locucións latinas[editar a fonte]

Olá! De certo que semellan a mesma ferramenta pero tiña en mente engadir algún tipo de información adicional sobre o uso das mesmas no galego. Por outra banda a categoría inclúe loucións e non voces e, por último, a Wikipedia en galego está tan chea de listaxes do máis diverso que crin que era unha práctica común o facelas. Grazas pola corrección, un saúdo. Woden 10:42, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Mike Stern[editar a fonte]

Vaia! Si que es rápido, meu! ;P Andaba a buscar máis información para ampliar o artigo sobre Mike Stern, daquela coido que o mellor será engadir o {{enuso}} ou agardar a telo máis completo para publicalo, nonsí? Woden 10:42, 28 de xuño de 2010 (UTC)

O apóstrofo no galego[editar a fonte]

Vexo que engadiches un apóstrofo a anos 70 para convertilo en anos '70. Esta é unha forma moi en uso no inglés pero o certo é que a normativa oficial do galego nada di deste uso do apóstrofo para indicar unha década cando se da por suposto o século ao que pertence. E non só iso, senón que indica que no galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo polo que baixo o meu criterio "anos 70" debería quedar deste xeito. Descoñezo se tedes algún criterio concreto sobre este uso na Wikipedia en galego mais, de non ser así e como se indica nas normas da mesma, coido que debería prevalecer o criterio do autor do artigo. Un saúdo. Woden 10:42, 28 de xuño de 2010 (UTC)

A ti polo teu traballo ;) --Woden 11:28, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Pregunta[editar a fonte]

que es un afago?? gracias. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rokambolexko (conversacontribucións)

Diario 1921[editar a fonte]

Boas Alejandro. Converteches en formato cita un comentario de Castelao que eu escribira dentro do texto. Volvín a darlle esta forma porque, como verás, hai unha chea de citas entre o texto. Demasiadas para darlle formato cita, e non ten moita lóxica que unhas vaian así e outras non. Que non che pareza mal o re-cambio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:42, 30 de xuño de 2010 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Atobar/arquivo_3&oldid=4435666"